"Tordoia"

2019

(Ultima actualizaci??13-09-2019)

VI Festival As Cores do Outono (A Pobra do Brollón)

- concertos- festivais- As Cores do Outono-

Sábado 14 de setembro

Chega a 6ª edición de As Cores do Outono, festival folk de entrada libre e gratuí­ta na área recreativa Samugueiros (A Pobra do Brollón).

O festival celébrase en horario de tarde-noite. Arranca ás 19:30 co espectáculo familiar ‘Concerto singular’, unha comedia musical e xestual da compañía Píscore, gañador do premio do público no Festiclown 2018.

A partir das 21:00 comezan os concertos. Empeza o músico ourensán Magín Blanco, cun espectáculo para público familiar.(...)

(Ultima actualizaci??05-07-2019)

XX Romaría Galega na Pontagra (Tordoia)

- Festa- Romarías- Airiños dos Carrís- Brisas do Quenllo- Moañesa de Música e Danza- Faíscas da Pontagra-

Sábado 13 de xullo

Airiños dos Carrís

Brisas do Quenllo

Moañesa de Música e Danza

A.C. Osorio Gutierrez

Novxs Bailadorxs

A Cuadrilla do Pan Quente

Faíscas da Pontagra

Os Trovadores

As Lavercas

XX Encontros de Música Tradicional de Carboeiro

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??30-05-2019)

- Festa-

Sábado 1 de xuño no Mosteiro de Carboeiro

OS ENCONTROS DE MÚSICA TRADICIONAL CELEBRAN A VIXÉSIMA EDICIÓN EN CARBOEIRO

Di o tango que vinte anos non son nada. Para a Santa Ferreña, tan ben acompañada no cartel, sono todo. A Asociación Intercultural Santa Ferreña celebra dúas décadas da cita ineludible coa música e cultura tradicional, coma sempre, o primeiro sábado de xuño, este ano o día 1, no Mosteiro de Carboeiro.

O sábado 1 de xuño, o Mosteiro de Carboeiro acolle os Encontros de Mús(...)

Curso de afinación na Pontagra (Tordoia)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??15-02-2019)

- concertos-

Os 20 anos venhen cheos de actividades

O próxima 17 de febreiro...Curso de afinación

Se es ghaiteirx ou pretendes selo, anótate xa

Foliada de Pandeireta en Tordoia

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??15-02-2019)

- Festa-

Sábado 16 de febreiro a partir das 21h en Pontepedra - Cabaleiros (Tordoia)

Foliada aberta, coa participación de:

- A.C. Nunca é Tarde

- Sementes do Arte de Ordes

- Folque Ruada da Silva

- Trouleiros de Lesta

- San Martiño de Cerceda

- Pandereteiras das Encrobas

- Pandereteiras de Rodís

- Os Xeitosos de Trazo

- A.C. O Castro de Figueiras

- Camiño Real de Poulo

- Xentiña de Trazo

Organiza: A.C. Nunca é Tarde

2018

2017

(Ultima actualizaci??08-07-2017)

XVI Festival Retrouso e IV Retro-Foliada (Cela - Bueu)

- Festa- festivais- Retrouso de Cela-

Xa está aquí, un ano máis, o FESTIVAL RETROUSO!!!

Convidámosvos a que veñades ao Eirado de Cela (Bueu) o vindeiro sábado 8 de xullo a partir das 21:00h.

Nesta XVI edición contaremos coa participación do grupo Pousos da Area de Marín e Andorinhos de Espargo que chegan dende a localidade de Aveiro, no país veciño.

Ademais, as distintas formacións da nosa asociación farán coma vén sendo habitual a súa actuación de baile, de gaita e de pandeireta.

E tralo gran éxito acadado nos anos ante(...)

2016

(Ultima actualizaci??20-11-2016)

Monográfico sobre o maneo en Vigo

- concertos-

Sábado 26 de novembro ás 10:00h

Ceip Lope de Vega (R/ Emilia Pardo Bazán 121, Vigo).

O maneo é unha das variantes máis comúns da jota na comarca de Bergantiños. Cando na copla (punto), ten un toque diferenciado e característico o do resto das jotas de toda a xeografía galega. Tamén se extende, en menor medida a zona de Ordes (Tordoia e Trazo).

A música sempre é interpretada por pandeiretas.

Destaca, tamén, na realización dos puntos, xa que, adoitan facerse cuns adiante/atrás arrast(...)

(Ultima actualizaci??08-07-2016)

XVII Romaría Galega na Pontraga - Tordoia

- festivais-

Sábado 09 de xullo

A Pontraga , Numide - Tordoia

Xa están en marcha os preparativos para a gran romaría do vrao na Pontraga, unha festa sen ighual!

Será ben recibida toda a xente que queira arrimarse, xantar, ver unha miagha de folclore do noso, tomar un vermú, parmar, xoghar...e como non bailar, tocar, cantar, beber, comer.

Este sábado 9 de xullo teremos parranda dende primeira hora:

pola mañanciña...Banda de Gaitas e Grupo Infantil Brisas do Quenllo

Sesión Vermú coa Cuadrilla do (...)

(Ultima actualizaci??28-04-2016)

56ª NOITE DE TASCA EN SANTAIA-TORDOIA

- Festa-

VENRES 6 de MAIO

No bar RIOS

(fronte ao cruceiro de Santaia de Gorgullos)

Rendiremos unha merecida homenaxe a Josefa Juncal Barreiros, pandereteira máis coñecida como JOSEFA DE BASTAVALES, nacida nesta parroquia hai 83 anos, e que foi a 1ª protagonista das "Noites de Tasca", na súa 1ª edición celebrada no ano 2008.

Contaremos cas actuacións da:

A.F. ANCORADOIRA, de Culleredo,

e a A.C. FOLQUE RUADA, da Silva-Cerceda.

Despois, FOLIADA aberta á participación de todos.

VIDE TOCAR CON N(...)

(Ultima actualizaci??01-04-2016)

RUADA DE CABALEIROS na Pontraga (Tordoia)

- Festa-

Sábado 16 de abril dende as 21:30h

2015

(Ultima actualizaci??17-09-2015)

cursos do pichel 2015/16 (Compostela)

- concertos-

A associaçom cultural a Gentalha do Pichel é um projeto autogerido, que se sustenta a partir do trabalho, ativismo e achegas económicas das pessoas associadas.

Os cursos, além de serem um espaço de convívio e aprendizagem, som umha ajuda económica para manter o centro social, por isto pedimos o teu compromisso à hora de fazer o pagamento no início de cada mês.

Sem matrícula. Depósito dumha mensalidade a maiores a começo do curso que será devolta no caso de avisar com um mês de antecedência(...)

(Ultima actualizaci??10-09-2015)

Tordoia Grupo (Ordes) - Curso 2015/2016

- concertos-

Abertas as inscrición para gaita, percusión e baile, ata finais de setembro. deixando unha mensaxe cerrado na páxina do facebook, ou dirixindose ao comité ou os venres de 18h30 a 21h nos locais

(Ultima actualizaci??11-07-2015)

XVI Encontro na Pontraga

- concertos-

O sábado 11 de xullo teremos parranda dende primeira hora:

Banda de Gaitas e Grupo Infantil Brisas do Quenllo

Sesión Vermú e Xantar Popular

XVI Encontro de Música e Baile Tradicional cos grupos…

A.C. Brisas do Quenllo da Pontraga, Tordoia

Os Rueiriños de Oleiros

Os Serranos de Águeda

Novxs Bailadorxs da Pontraga

LUDOTECA BRINCALHONA e MÚSICA A TUTIPLÉN

o CE ORQUESTRA PANTASMA!!

e...MÚSICA NA NOITE PRA BAILAR E DESFRUTAR CON:

Cuadrilla do Pan Quente

Zan(...)

(Ultima actualizaci??18-04-2015)

Ruada en Cabaleiros (Tordoia)

- Festa-

Xa está chegando a VII Ruada en Cabaleiros e ven coa forza toda!

A máis sonada da redonda!

Non vos esquezades de reservar o día,que adispois veñen os choros.

Engraxade os zocos, ou levade os tenis a botarlle unha goma nova....que ademáis este ano temos pista do trinque!!

Festa na Pontepedra, en Cabaleiros

Festa, A Nosa!!!!!!

2014

(Ultima actualizaci??25-12-2014)

53ª NOITE DE TASCA EN TORDOIA (A CORUÑA)

-

NOITE ESPECIAL ADICADA AOS CANTARES DE REIS.

VIDE CANTAR CON NÓS!

(Ultima actualizaci??31-10-2014)

52ª NOITE DE TASCA EN TRAZO (A CORUÑA)

- Festa-

Venres 7 de novembro, a partir das 21:30 hNa cervexería O BARRIL en Campo (Trazo)Cos grupos:FAÍSCAS DA PONTRAGA (Tordoia)eOS XEITOSOS DE TRAZO

Ademáis rendirémoslle unha merecida homenaxe ao mestre gaiteiro "Mariano", de 87 anos, que foi o primeiro director da agrupación dos Xeitosos durante 25 anos.

E despois FOLIADA para que participedes todos.Non faltedes!!!

Colabora coa organización:  O Concello de Trazo, Os Xeitosos de Trazo e Meigamoura.

(Ultima actualizaci??18-07-2014)

XV Romaría galega na Pontraga (Numide. Tordoia. A Coruña)

- Festa- festivais-

Xa están en marcha os preparativos para a gran romaría do vrao na Pontraga, unha festa sen ighual!

Será ben recibida toda a xente que queira arrimarse, xantar, ver unha miagha de folclore do noso, tomar un vermú, parmar cara o circo, xoghar...e como non bailar, tocar, cantar, beber, comer….

Este sábado 19 de xullo teremos parranda dende primeira hora:

Banda de Gaitas e Grupo Infantil Brisas do Quenllo

Sesión Vermú e Xantar Popular

XV Encontro de Música e Baile Tradicional cos grup(...)

(Ultima actualizaci??12-07-2014)

Repichocón (Cariño)

- concertos-

A Agrupación Folclórica San Xiao do Trebo de Cariño quere convidarvos a pasar un día de festa e boa música tradicional.

A festa comenzará a partir das 18:00h do 12 de xullo, para que calquera idade poida disfrutar das actuacions de:

- A.F. San Xiao do Trebo (Cariño)

- Grupo de Danzas Pais de San Roque (Cangas)

- Banda de gaitas Alfaia (As Pontes)

- A.C. Brisas do Quenllo (Tordoia)

As 20:30h farase un breve descanso (para comer antes de seguir coa festa..) e retomarase ás 22:(...)

(Ultima actualizaci??06-06-2014)

XV ENCONTROS DE MÚSICA TRADICIONAL NO MOSTEIRO DE CARBOEIRO

- Festa-

7 DE XUÑO DE 2014 NO MOSTEIRO DE CARBOEIRO (SILLEDA)

13h. SESIÓN VERMÚ a cargo dos grupos da bisbarra

· Poxa das andas e PROCESIÓN DA SANTA FERREÑA (acompañada polos cabezudos de VIRAVOLTA e os papamoscas de SANTISO)

- APERTURA DA EXPOSICIÓN:

'A PROCESIÓN VAI POR DENTRO' adicada ás manifestacións folclóricas arredor das procesións en Galicia, acompañada polos títeres do Museo da Marioneta, Casa do Títere (Lalín)

- FEIRA DE ARTESANÍA: instrumentos tradicionais, coiro, abalorios, xoguet(...)

(Ultima actualizaci??25-02-2014)

48ª NOITES DE TASCA EN TORDOIA

- Festa- entroido2014- Noites de Tasca-

VENRES 7 MARZO,  a partir das 21:30 hNa Cercecería BRINCADEIRA (na praza do concello da Pontepedra-Tordoia)NOITE DE TASCA ESPECIAL ENTROIDO!O protagonista desta noite será o grupo:O CAPITÁN CO GHALLETOda A.C.D. Galanía de Muros (A Coruña)Despois... FOLIADA!!!Vide tocar con nós e disfrazados, haberá agasallos!

O CAPITÁN CO GHALLETO, naceron como grupo de gaiteiros dentro da A.C.D. Galanía de Muros, da man de Serxo Núñez Martínez. Eles son, Marcos, Laura, Jessica, María, Iván, Manu, Chema e Ja(...)

2013

(Ultima actualizaci??20-09-2013)

43ª NOITES DE TASCA EN TORDOIA (A CORUÑA)

- Festa- NOITES DE TASCA- OS VIQUEIRAS- OS CAMPANTES DA BAÑA- TORDOIA-

Arrancamos a 6ª tempada das NOITES DE TASCA. Celébranse os primeiros venres de cada mes, de outubro a xuño, en distintos lugares da comarca de Ordes, organizadas pola Asociación OS VIQUEIRAS DE ORDES.

Agardámosvos no BAR LEO en Castenda da Torre (Tordoia) o día 4 a partir das 21:30 h., o protagonista desta NOITE será o grupo OS CAMPANTES DA BAÑA e despois, coma sempre, remataremos cunha gran FOLIADA á que estades todos convidados.

VIDE TOCAR CON NÓS!

(Ultima actualizaci??15-08-2013)

FESTAS EN CASTENDA- TORDOIA (A Coruña)

- concertos- Brisas Do Quenllo- Os Viqueiras-

Xoves 15 de Agosto: Brisas Do Quenllo

Venres 16 de Agosto: Os Viqueiras de Ordes

(Ultima actualizaci??12-08-2013)

XIV Romaria Galega na Pontagra (Tordoia - A Coruña)

- concertos- Romaria Galega na Pontagra- Brisas do Quenllo- Castro-Meda- O Ghusto do Boi- Bouba- festivais-

Sábado 17 de Agosto

12h Banda de gaitas e grupo infantil Brisas do Quenllo, sesión vermú a cargo de Os Pelexos de Montaos e xantar popular.

16:30h XIV Encontro de Música e Baile Tradicional

Asociación Floclórica Santiaguiño de Boimorto

Grupo Churia da A.C. Castro-Meda de Zas

Brisas do Quenllo de A Pontagra

Ademáis haberá xogos populares e Rodarirodari (contos do tranvía) cos monicreques de Fantoches Baj.

E, xa á noitiña, festa con

O Ghusto do Boi, Bouba, Cuadrilla do Pan Quen(...)

(Ultima actualizaci??24-05-2013)

XIV Encontros de Música Tradicional no Mosteiro de Carboeiro (Silleda)

- Festa- Carboeiro-

1 DE XUÑO DE 2013 NO MOSTEIRO DE CARBOEIRO (SILLEDA)

13.00. SESIÓN VERMÚ a cargo dos grupos da bisbarra

· Subasta das andas e PROCESIÓN DA SANTA FERREÑA

(acompañada polos cabezudos de VIRAVOLTA)

-APERTURA DAS EXPOSICIÓNS:

· "OS NOSOS TESOUROS" exposición adicada aos nosos 'Tesouros

Vivos' e acompañada polos títeres do Museo da Marioneta, Casa do

Títere (Lalín)

-FEIRA DE ARTESANÍA:

instrumentos tradicionais, coiro, abalorios, xoguetes, cerámica,

títeres, bixutería... (...)

(Ultima actualizaci??20-02-2013)

Foliadas en Couso (A Estrada)

- Festa- Asociación Cultural Maghúa- A Fervenza de Ouzande-

As 22h da noite no Campo da Festa da parroquia de Couso

VENRES 22 DE FEBREIRO

Bouba (Tordoia)

Maghúa (A Coruña)

VENRES 22 DE MARZO

Trébede (Pontevedra e Marín)

Seixebra (Moraña)

VENRES 26 DE ABRIL

Os Regatos de Matamulleres (Callobre)

Retrouso (Ouzande)

As Ruadeiras de Loimil

VENRES 24 DE MAIO

..

2012

(Ultima actualizaci??11-11-2012)

Magosto en Rarís (Teo)

- Festa-

Venres 16 de Novembro a partir das 20h na Casa Común de Rarís (Teo)

A.C. Rosalía de Castro de Cacheiras

Pandereteiras SILANDEIRAS

As Chispas de Compostela

Asociación Musical O Recobio de Vaamonde

O Ghusto do Boi (Lestedo)

XIRIA Música Tradicional (Oza - Teo)

Son do Souto (San Fins)

Os Ke Hai (Callobre)

Os Faiscas da Pontagra (Tordoia)

A Requinta da Laxeira (Saradón)

Os Esfolladores de Illobre

(Ultima actualizaci??28-07-2012)

XIII Romarí­a Galega na Pontagra

- Festa- Pontagra-

Un ano mais celebramos na Pontraga a Romaría Galega.

Facémola este sábado dia 28 e este é o programa:

Banda de Gaitas Brisas do Quenllo

Grupo Infantil de Trasmonte

Xantar Popular

XIII Encontro de Música e Baile Tradicional cos grupos…

Faragullas (Teixeiro)

San Xiao do Trebo (Cariño)

Brisas do Quenllo (A Pontraga-Tordoia)

Xogos populares da mao da Asociación de Xogos Tradicionais de Compostela

O fantástico contador Celso Sanmartín

Orquestra Os Modernos, Bouba, Os Pelexos, Zanfonistas(...)

(Ultima actualizaci??05-07-2012)

XXXIII Concurso de Baile Tradicional Xacarandaina

- concertos- Xacarandaina- Cantigas e Agarimos- Xiradela- Vai de Roda-

8 de xullo de 2012 no Pazo da Opera de A Coruña

CATEGORÍA A: ata 8 anos inclusive

- “D” Escola de Muiñeira de Cantigas e Agarimos- Santiago ........... Moliñeira de Murias de Rao

- “Chipiricuetos” da A.X. Xiradela – Arteixo .............Muiñeira de Piñeiro de Xaviña (Coristanco)

- “A Telleira” do Centro Cultural A Ponte Vella - Teo .............Moliñeira das Nogais

CATEGORÍA B: de 9 A 12 anos inclusive

- “Carabullos” da A.C. Xacarandaina.............Muiñeira de Buscás (Ordes)

- “C” d(...)

(Ultima actualizaci??25-06-2012)

Asociación Cultural Trépia - Cursos Monográficos de Verán

- concertos- Trepia-

Aberta a inscrición até o 30 de xuño!

Do 2 ao 31 de xullo convocamos a segunda edición dos cursos monográficos de verán da A.C. Trépia.

As sesións programadas para este ano son:

História e tipoloxias do traxe tradicional

Música tradicional galega contemporánea

Metodoloxia e técnicas da recolleita

Pasamaneria e bordado ao ar

Peiteado e maquillaxe para o traxe tradicional

Polifonia aplicada ao canto tradicional

Percusión tradicional (culleres, lata, tixola, pandeiro, cunchas...)

Ba(...)

(Ultima actualizaci??13-04-2012)

Ruada Cabaleiros 2012

- Festa-

Despois de tres anos de non parar, por cuarto ano consecutivo chega a sonada, a esperada...

Ruada de Cabaleiros (Ruada da Pontepedra para os mais localistas).

A organización corre da man da Asociación Cultural Brisas do Quenllo da Pontraga, pero precisamos colaboración pois, tal como o palleiro non se fai sen palla, a festa non se fai sen bos festeiros.

Queremos, logo, contar con todas e todos vós para facer, entre todos, unha festa do melloriño. Con cantador@s, tocador@s, beilador@s...

(...)

2011

(Ultima actualizaci??07-10-2011)

9ª Edición das NOITES DE TASCA en TORDOIA

- Festa- Noites de Tasca- Os Viqueiras-

 

“Os Viqueiras” continúan un ano mais ca organización das Noites de Tasca na comarca de Ordes, de outubro a xuño, todos os primeiros venres de cada mes. Este venres día 7 comeza a 4ª tempada que se celebrará no Bar CALVIÑO na Pontepedra, a partir das 10 da noite.Contamos ca presenza do mestre gaiteiro Evaristo de Sofán, de 78 anos, gran artesán, ferreiro e coleccionista de instrumentos antigos.Despois dará paso á Foliadana que poden participar todos os músicos e grupos que o des(...)

(Ultima actualizaci??03-10-2011)

VOLVEN AS "NOITES DE TASCA" na comarca de Ordes (A Coruña)

-

O grupo de gaitas "Os Viqueiras" seguen organizando, unha tempada mais as "Noites de Tasca" (todos os primeiros venres de cada mes, desde outubro ata xuño).

Nesta edición a cita é na Pontepedra, en Tordoia, o venres día 7 a partir das 10 da noite. Contan ca presenza do mestre gaiteiro EVARISTO DE SOFAN, gran artesán e coleccionista de instrumentos. Despois, Foliada ca participación de todos os músicos, grupos e bailadores que se acheguen ao Café-bar CALVIÑO.

Saúdos!

(Ultima actualizaci??06-09-2011)

IV Foliada de Música Tradicional en Ouzande (A Estrada)

- concertos- Fervenza de Músicas- A Fervenza de Ouzande-

A partir das 21:30 da noite do 9 de setembro de 2011 no Campo da Festa de Ouzande, A Estrada. Compartiremos festa cos grupos:

- Retrouso (Ouzande)

- Os Xeitosos de Trazo

- Gharatuzas (Santiago)

- Reviravolta (O Pino)

- Faíscas da Pontraga (Tordoia)

Haberá polbo e churrasco, servizo de bar, venda de camisolas do X aniversario da asociación, e toda a festa que queiras.

Campo cuberto.

(Ultima actualizaci??19-07-2011)

XII Romarí­a Galega na Pontraga!!

- Festa- Romaría Galega na Pontagra- Vai de Roda-

Un ano mais celebramos na Pontraga (Tordoia) a Romaría Galega.

Este ano facémola o dia 23 de Xullo e este é o programa:

Grupo de Baile e Banda de Gaitas Brisas do Quenllo

Grupo de Baile Camiño Real de Poulo

Cuadrilla do Pan Quente

Antón Castro "de cantar e de contar"

XII Encontro de Música e Baile Tradicional cos grupos...

Os Serranos (Águeda)

Buxainas (Cedeira)

Brisas do Quenllo (A Pontraga-Tordoia)

Vai de Roda (Rianxo)

Pilarica (Valladolid)

Tropa de (...)

(Ultima actualizaci??10-06-2011)

A Rúa de Cuntis

- Festa- Ruada-

Coma nos vellos tempos

Moitos foron os puntos da nosa xeografía nos que un cruce de camiños era o lugar idóneo para xuntarse e así distraerse ao son das pandeiretas e gaitas dos traballos nas leiras.

Lugares coma a aldea de Vilariño (Cuntis) no que as mozas e mozos da redonda, incluso achegados e achegadas dende concellos limítrofes coma o de Caldas de Reis, cantaban e bailaban á luz do candil. Martes, xoves, sábado...calquera día da semana era bo para pasar unha tarde, ás veces noite, ao (...)

(Ultima actualizaci??25-03-2011)

Ruada en Cabaleiros!

- Festa- Ruada- Brisas do Quenllo- Tordoia-

Un ano máis xúntanse os vell@s beiladores e tocadores da redonda de Tordoia pra pasar unha noite ben adevertida, xa saberedes que máis festeiros e rumbantes nos hai!!

Vide tod@s á Ruada en Cabaleiros, que será o 2 de Abril na Sala Calviño, a bailar, cantar, tocar, beberlle un algo ou "parmar" un pouco.

*Haberá sitio onde durmir.

Asociación Cultural

Brisas do Quenllo

A Pontraga - Tordoia

(Ultima actualizaci??19-02-2011)

26ª Noite de Tasca en Trazo

- Festa- Noites de Tasca-

O vindeiro venres 4, a partir das 22:00 h na Parrillada "CAMPO"en Trazo, celebraremos

a 26ª edición das Noites de Tasca ca presenza do grupo FAISCAS DA PONTRAGA (de

Tordoia) que tocará nesta noite de Entroido antes de comezar a Foliada.

Animávovos a participar no Concurso de Aturuxos, xa vamos pola 6ª eliminatoria e

queda pouco para a semifinal.

Colaboran: O Concello de Trazo e a Asociación OS XEITOSOS DE TRAZO.

(...)

2010

(Ultima actualizaci??14-10-2010)

IIIº Encontro Europeu de Folclore Galego, en Xenebra

- Maghúa-

18h15 -18h45 : ACD Tordoia

18h45 - 19h15 : A Roda Lausanne

19h15 - 19h45 : Irmandade Galega Xenevra

19h45 - 20h30 : A Nosa Galiza Xenevra

20h30 - 21h00 :Sementeira de Basilea

21h00 - 22h30: Cea

22h30 - 02h00: MAGHÚA

(Ultima actualizaci??15-07-2010)

A.C. Brisas do Quenllo » Blog Archive » Xa ta aquí­ a”¦XI Romarí­a Galega na Pontraga!!

- Festa- Pontagra- Rebulir- Brisas do Quenllo- Retrouso de Cela-

Xa temos o programa para a Romaría Galega que este ano facemos o dia 17 de xullo….

- Grupo de Baile e Banda de Gaitas Brisas do Quenllo

- Cuadrilla do Pan Quente

- Teatro con TalitaKumy

XI Encontro de Música e Baile Tradicional cos grupos…

- Rebulir (Ramirás – Ourense)

- O Carballo das Cen Polas (Reboreda – Redondela)

- Banda de Gaitas de Riotorto (Riotorto – Lugo)

- Escola Etnográfica de Cacia (Aveiro – Portugal)

- Retrouso de Cela (O Morrazo – Bueu)

- Brisas do Quenllo (A Pontra(...)

(Ultima actualizaci??23-06-2010)

FESTA PECHE DO CURSO DE REBULIR

- concertos-

A Escola de Baile e Música Tradicional Rebulir, de Ramirás, chega ao final do curso cunha mochila cargada de recordos dun curso que resultou esgotador pola cantidade de proxectos desenvoltos, pero tamén con moitos soños e ilusións aínda por cumprir de cara a un futuro.

Para dar peche a esta singradura, preparase para o vindeiro Sábado 26 de Xuño unha xornada de actividades dirixidas aos alumnos, pero tamén a familiares e amigos. Así, no Centro Sociocultural de O Picouto (...)

(Ultima actualizaci??18-06-2010)

X Foliada e Romarí­a do Lecer

- concertos- Foliada- Xacarandaina- O Fiadeiro- Cantigas e Agarimos-

A tradicional Foliada, que os últimos anos se viña realizando no paseo das Pontes, celebrarase este sábado no Parque de Sta. Margarida. Aínda que estaba previsto facelo nos Xardíns de Méndez Núñez, a programación de diversos actos impide que finalmente se realize alí.O sábado día 19 de xuño realizarase, como anticipo á Romaría, unha festa coa que se pretende recuperar outra tradición galega moi popular: a Foliada, festa nocturna de carácter tradicional na que a xente se reunía para cantar, (...)

(Ultima actualizaci??22-04-2010)

"19ª Noites de Tasca" en Tordoia (A Coruña)

- concertos- Noites de Tasca-

19ª Edición das "Noites de Tasca na comarca de Ordes".

O próximo venres día 30 na cervexaría O Dolmen na Pontepedra-Tordoia.

Actuarán OS CARUNCHOS, os membros da Asociación San Xulián de Cabaleiros e todos os que vos animedes a participar.

Agardámosvos.

2009

(Ultima actualizaci??20-10-2009)

23-25 outubro: Espazo Activo da Ulla. A.C. San Campio

- concertos- Cé Orquestra Pantasma- Os Cuchufellos- Requinta da Laxeira- Gaita de Sarandón- Retrouso- Vedra- A Fervenza de Ouzande-

Os vindeiros dí­as 23, 24 e 25 de outubro terá lugar en San Miguel de Sarandón - Vedra o Espazo Activo da Ulla; un programa de actividades alternativas para os xóvenes; aberto ao público en xeral.

Venres 23 de outubro, Casa da Cultura

20:00 h. FORM-ARTE: Mesa redonda: “Asociacionismo, participación e cultura”.

22:00 h. TEATR-ARTE: Grupo de Teatro Tira e Afloxa. Obra: “Onde vai o cabalo de Santiago”

* Sábado 24 de outubro

Casa da Cultura

18:00 h. ANIM-ARTE: Obradoiros altenati(...)

(Ultima actualizaci??21-09-2009)

III Zumbadoiro en Lugo. FESTIVAL DE MÚSICA TRADICIONAL

- concertos- A Volta do Agro- Tear de Llerena- Gaita de Sarandón-

O Obradoiro de Cultura Tradicional A Volta do Agro organiza o sábado 26 de Setembro o III Zumbanocoiro en Lugo. Os concertos comezarán ás 19 h na Praza do Campo Castelo.

Trátase dun festival de música tradicional no que participarán: A Volta do Agro (Lugo), Bouba pandereteiras (Tordoia), O Tear de Llerena (Pontevedra), A Gaita de Sarandón (Vedra).

(Ultima actualizaci??11-08-2009)

As Nosas Músicas, 2009 en Couso - A Estrada

- concertos- Nosas Músicas- Couso-

VENRES 14 DE AGOSTO no Campo da Festa de Couso - A Estrada.

Comenzamos pola noitiña . 21:00h.

Serán .

DE TORDOIA A TOUTÓN

TREBOEIROS DA MUIMENTA

para continuar

PABLO SEOANE

ARDENTÍA

TIRULEQUE

MAGNIFIQUE BAND dos HOMES SEN MEDO

para rematar FOLIADA ABERTA ata que sexa de día.

Tamén anunciar que o día 15 e día 16 de agosto continuamos de PARRANDA e estamos todos convidados as Festas Patronais da Parroquia.

FESTAS DA NOSA SEÑORA E O SANTISIMO.COUSO 2009

Dia 15: NO(...)

(Ultima actualizaci??20-07-2009)

X Romaria Galega na Pontraga - Tordoia

- Festa- festivais-

Grupos de baile de tódalas idades e de distintos puntos da xeografía, teatro de rúa, xantar popular, o Cego do Viso, Bouba Pandereteiras, Tombalobos Orquestra....

Acheghádevos ata a Pontraga o 25 de Xullo para axudarnos a facer unha boa festa!!!!

(Ultima actualizaci??18-03-2009)

Ruada en Cabaleiros (Tordoia)

- Festa-

Dende a Asociación Cultural Brisas do Quenllo queremos convidarvos á Ruada que organizamos en Cabaleiros o venres 3 de Abril.

Actuarán o gaiteiro Flor da Maquía, os pandereteiros e bailadores da Pontraga, as pandereteiras de Cabaleiros, as pandereteiras de Anxeriz, as pandereteiras de Viladabade e a Banda de Lesta... arrimádevos á Sala Calviño de Cabaleiros (Tordoia) e ven bailar e tocar con nós.

Un saúdo.

A.C. Brisas do Quenllo.

A tradición dos cantos de Nadal

- concertos-

PANXOLIÑAS, MANUELES E CANTOS DE REIS

Bocixa/ Raquel Rey . ANT TV pasou un serán con Maghúa, un

grupo da Coruña, convidado a un serán no concello ordense de

Tordoia, que mantén a tradición dos cantos de Nadal e de Reis.

Amais, falamos con algúns veciños que nos contaron como se vivía

antes o Nadal. Non hai tantos anos (e aínda hoxe, de feito), o mellor

xeito de celebrar estas festas era botando cantareas e sacando

puntos, a golpe de gaita e ferreñas. No noso cantigueiro tradic(...)

2008

(Ultima actualizaci??18-12-2008)

RUADA EN SANTAIA (TORDOIA)

- Festa-

Xa sabedes!

Achegade-vos a Santaia de Gorgullos (Tordoia), ao bar Becerra, para

desfrutar dunha noite de festa acompañados polo grupo Maghúa,

polos Panxoleiros de Santaia, por Flor da Maquía e por Bouba

Pandeireteiras....

Apartir das 22.00 h do 26 de natal.

Organiza A.C. Brisas do Quenllo

(Ultima actualizaci??16-12-2008)

7ª Noites de Tasca

- Festa- Noites de Tasca-

Rematamos o ano 2008 cun especial Nadal

cheo de música e panxoliñas.

Vémonos no Bar Calviño na

Pontepedra-Tordoia (A Coruña)

o venres 26.

Un saúdo e FELICES FESTAS!!

(Ultima actualizaci??01-12-2008)

III Festival de Baile e Música Tradicional Rebulir , o 20 de nadal en Ramirás

- Festa- Retrouso de Cela-

- Sábado día 20 de Decembro, no Polideportivo de O Picouto (Concello de Ramirás),

III Festival de Baile e Música Tradicional Rebulir coa participación dos grupos:

Retrouso de Cela (Bueu), Brisas do Quenllo (Tordoia),

Etnográfico Vila Praia de Ancora (Portugal), Castro Floxo (Ourense)

e Rebulir (Ramirás)

Ademáis:

- Sábado día 27 de Decembro. Obradoiro de Xogos Bailados

para todas as idades as 17:00 h no Local de Rebulir.

- Sábado día 3 de Xaneiro. Inauguración da Exposición(...)