"Taghaitai"

2017

(Ultima actualizaci??22-09-2017)

lll Festa do pan de millo en Tenorio (Cerdedo-Cotobade)

- concertos-

A parroquia de Tenorio vai celebrar o sábado 23 de setembro, a III Festa do Pan de Millo e Ovo de Cotobade, que contará co pregón de Xurxo Souto, ex líder da banda Os Diplomáticos de Monte Alto, e con once actuacións musicais, así como unha chea de actividades para todos os públicos. A cita gastronómica foi presentada onteá en Carballedo polo presidente municipal, Jorge Cubela, e representantes da comisión organizadora, integrada por membros da Asociación Cultural Foula.

A festa arrancará a m(...)

2016

(Ultima actualizaci??31-07-2016)

III NOITE DOS MOUCHOS -DARBO (Cangas)

- concertos-

Sábado 13 e domingo 14 de agosto

Duas sesión vermut sábado e domingo . Sesión infantil sábado tarde e domingo a mañan .

O festival comenzará as 21h, con Virutas de Ébano ( Lois , Jandro , Julia e Jenny) Taghaitai ( Ivan costa, Lola de Ribera, Edelmiro e Manolo Maseda.), Anxo lorezo , Los Niños De Los Ojos Rojos e Ultraqans.

Vinde bailar e brincar.

2015

(Ultima actualizaci??26-11-2015)

1ª FOLIADA SOLIDARIA polo pobo Sirio en Baio (Carballo)

- concertos-

Sábado, 28 de novembro ás 19h no Auditorio de Baio

Un grupo de alumnos e alumnas do IES Maximino Romero de Lema de Baio de “Artes escénicas e xestión cultural”, asignatura de nova creación no centro impartida por Manolo Maseda, o director do mesmo, embarcaranse o próximo 28 de novembro nunha aventura solidaria.

Estes rapaces e rapazas sensibilizáronse moi profundamente no tráxico panorama actual de Siria, e acompañados polo seu mestre, decidiron organizar un festival benéfico que terá lug(...)

(Ultima actualizaci??20-08-2015)

I Festa do pan de millo e ovo en Tenorio - Cotobade

- concertos-

Sábado, 29 de agosto ás 13:00

Tenorio-Cotobade

O día 28 de agosto ás 12.00h farase a presentación do evento no Concello de Cotobade, diante dos medios de comunicación e amenizado polas pandereteiras " Do Val de Quireza"

O día 29 de agosto a partir da 13.00h comenzará o evento co pregón a cargo de "Miro Magariños". Haberá menú degustación e sesión vermouth amenizada pola banda de gaitas " Foula".

A partir das 17.00h xogos populares, hinchables... para os máis pequenos e ás 19.00h (...)

(Ultima actualizaci??04-07-2015)

XXII FESTIVAL DO RÍO CASTRO en Narahío

- concertos- festivais-

Sábado 4 de Xullo.

· As 12 da mañá chegada de merendas.

· As 15:30 xogos tradicionais para nenos e nenas coa Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional,adxunto o logo da asociación.

· As 17:30 María Fumaça "Xiqui,Xoque"

· Campionato de deporte Popular ,Tiro de corda, serrado de tronzador , chave.

A Noite a partir das 22:00

· María López,concerto de Zanfona.

· Vai Rañala Meu.

· Taghaitai Manila.

. O Sonoro Maxín.

2013

(Ultima actualizaci??19-10-2013)

Grelo Folc 2013 - Monfero

- concertos-

Sábado 19 de Outubro no Mosteiro de Monfero

O XANTAR:

a TUTTI churrasco

A partir das dúas

Prezo: 12 €

Anotarse: oabordelo@gmail.com ou

679 251 163 / 667 782 774

O NABICIÑA:

A partir das 17:00h

para os pequerrechos e pequerrechas da casa,

MARÍA DA PONTRAGHA

O MAGO FIZ

OS CONCERTOS:

A partir das 22:00h

Pandereteiras BOUBA

TAGHAITAÍ

Os TRES TREBóNS

Familia Caamagno

OS CARTOS:

Colabora! gasta un peso!:

super CAMISOLAS por 10€.

e rifas, moitas rifas!!

(Ultima actualizaci??19-06-2013)

Taghaitai en Ferrol (Programa TOXOS: ESPALLANDO CULTURA)

- concertos- Taghaitai- Toxos e Froles-

O Real Coro "Toxos e Froles", no marco do programa "Toxos: Espallando Cultura", ó grupo Taghaitaí, formado por Manolo Maseda, Edelmiro Fernández, Lola de Riveira e Iván Costa.

O concerto será o vindeiro Sábado 29 de Xuño, ás 20:30 horas, no noso Local Social, na rúa Magdalena 220.

Estades convidados!!!

(Ultima actualizaci??11-05-2013)

Taghaitaí en Salason (Cangas)

- concertos- aPenultima- salason-

Domingo 12 de Maio a partires das 21h

Catro Portos de mar unidos por un fío musical chamado "Tradición".

Toda a Costa galega, dende Moaña ata Burela pasando por Ribeira, fai que este grupo navegue musicalmente entre o Atlántico e o Cantábrico para enchernos de salitre vital.

Taghaitaí!!! é un grupo atípico onde os haxa. A súa primeira actuación xurde coa finalidade de inaugurar un Cruceiro en Manila (Filipinas). Anos máis tarde deciden xuntarse de novo para tocar nunha goleta atracada ao (...)

2012

(Ultima actualizaci??24-06-2012)

XV Festival Música Na Noite (Calo - Teo)

- concertos- Música Na Noite- O sonoro maxín- A compañía do ruido- Leo i arremecághona- Cempés- Taghaitai- festivais-

VENRES 6 DE XULLO

O sonoro maxín (Ourense), Los Mighty Calacas (México), A compañía do ruido (Ribeira) , Desequilibrio mental (Teo) , Leo i arremecaghoná (Santiago de Compostela)

SÁBADO 7 DE XULLO

Os Cempés (Ferrol), Taghaitai (Santiago de Compostela), Vai rañala (Fene), Devotos do folclore 300 (Teo), Homen Banda (Brasil)

Acampada de balde

(Ultima actualizaci??20-04-2012)

REVOLUÇOM DOS CRAVOS Na Gentalha (Compostela) COM CEIA, DISCO E CONCERTO DE TAGHAITAí!

- concertos- Gentalha- Taghaitaí-

Festa galego-portuguesa para comemorar o 25 de abril

sábado 28 de abril no C.S O Pichel

21h00

- ceia portuguesa: entradas, caldo verde, bacalhau e papas de arroz. Vinho verde e café.

- apresentaçom do novo disco duplo: 25 de abril Sempre!

(Com temas de discos inéditos e documentaçom surpreendente)

- Saudaçom das companheiras do Projeto "Amigos maiores que o Pensamento"

22h30

- concerto: TAGHAITAÍ!!! TOUR DE BAIXURA + estreia da coral GAITA ARMADA

* É obrigatório ter bono(...)

Xira-Presentación de TAGHAITAI

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??13-04-2012)

- concertos-

Catro portos de mar unidos por un fio musical chamado tradición. Toda a costa galega, dende Moaña ata Burela pasando por Ribeira, fai que este grupo navegue musicalmente do Atlántico ao Cantábrico enchéndonos de salitre vital. Catro ellos mariñeiros (Lola de Ribeira, Manolo Maseda, Edelmiro Fernández e Ivan Costa), como decía a canción, e todos metidus nun bote.. nunca mellor dito. En definitiva, unha festa mariña dende o mar das ondas, un foguete sonoro entre bateas... Festa!!!

13 de Abril -(...)

2010

(Ultima actualizaci??01-09-2010)

I Festival de baile e música tradicionais LEMBRANZAS DA RÍA

- Festa- Lembranzas da Ría-

[Sábado, 04 de Setembro do 2010 ás 22h. en Praza das Pontes (Cangas do Morrazo)]

A asociación cultural Lembranzas da Ría celebra o seu primeiro festival de baile e música tradicionais, e faino como peche ás Festas do Cristo de Cangas do Morrazo.

O Festival terá lugar na Praza das Pontes en Cangas (ao lado do concello, onde se fan todos os concertos do verán) e a data elixida será o sábado 4 de setembro ás 22h., día en que rematan as Festas do Cristo.

O Festival contará coa participación(...)