"Sondeseu"
2020
SonDeSeu OFG en confinamento. Mar de Vigo 2020, versión 62 móbiles 2 Versión de Mar de Vigo, tema arranxado por Rodrigo Romaní presente no 1º CD de SonDeSeu de título homónimo. A gravación foi realizada dende 62 móbiles sen edición de audio posterior agás na ecualización e panoramización. Gravado polas músicas e músicos de SDS na semana do 13 ao 19 de abril. Edición final de vídeo e mestua de audio: Rodrigo Romaní
A Orquestra Folk de Galicia SonDeSeu será protagonista da Cerimonia de Apertura da Braga Capital da Cultura do Eixo Atlântico 2020. Será o vindeiro sábado 8 de febreiro no Altice Forum Braga en torno ás 22:00h hora portuguesa. O concerto de SonDeSeu contará cun convidado de excepción. O ilustre músico portugués, Daniel Pereira. Coa súa achega, a orquestra estreará un arranxo de Rodrigo Romaní sobre un vilancico da tradición oral portuguesa, A entrada é de balde.
2019
Rematados os concertos de verán temos xa en cociña unha nova xira de outono baixo o patrocinio do Concello de Vigo polos centros culturais da cidade viguesa. Poderedes vernos o 10/10 no CC. de Valadares. 17/10 na SDC. Helios de Bembrive. O 24/10 no CC. de Beade e o 31/10 na SCDA de Matamá. Quedades todxs moi convidadxs!
Vindeiros concertos da OFG SonDeSeu Xira Beiralúa 2019. 27/07/19 GONDOMAR 18/08/19 PONTECALDELAS 23/08/19 CARBALLO 24/08/19 PLASENCIA
Xoves 11 de xullo: Desde as 19:00h: Semente da Arte Galega, Loureiro Verde, Acordeóns de Valladares, Padereiteiras e Gaiteiros de Rueiro e Gaitas de Pardavila. Desde as 22:30: SONDESEU Orquesta Folk de Galicia Venres 12 de xullo: Desde as 19:00h: Froles Novas, Pandeireta e Acordeóns de Helios, Lembranzas Galegas e Asubío Desde as 22:00h: HEREDEIROS DA CRUS TONY LOMBA E ELIO DOS SANTOS Sábado 13 de xullo: Desde as 11:00h: Andarela, A Buxaina, Gaitas de Atlántida(...)
SondeSeu en Vigo - Illas Cíes Patrimonio da Humanidade Sábado 2 de febreiro, con Rosa Cedrón, Vanesa Muela, Luís Peixoto, Xuacu Amieva, Toño Domínguez, Orfeón Treixadura e O Fiadeiro. A orquestra folk SondeSeu ofrece un concerto moi especial o vindeiro sábado 2 de febreiro no Auditorio Mar de Vigo, dedicado á promoción das Illas Cíes como Patrimonio da Humanidade e organizado polo Concello de Vigo. Nel presentarán o seu quinto disco, ‘Beiralúa’, que saíu á rúa o pasado maio. Este novo traballo convida á danza colectiva, á colaboración de artista(...)
2018
Programa musical do San Froilán (Lugo) PROGRAMA Xoves 4 de outubro de 2018 21.00 h Os Pelúdez entre nós + Los Gofiones + Cabezudos no pregón. 21.00 h Pasarrúas da charanga Clave de Sol pola rúa da Raíña, pr. Maior, Ruanova e pr. da Soidade 21.15 h Concerto de Los Gofiones na pr. de Santa María 22.15 h Concerto da Orquestra Folk Sondeseu + invitados: Vanesa Muela, Xuacu Amieva e Luis Peixoto, os mestres de Sondeseu, Begoña Riobó, Javier Feijoo Xisco, Anxo Pintos, Xosé Liz, Xaquín Xesteira e Rodrigo Romaní, (...)
Próximo destino, Miranda de Ebro. O patio do Colexio Altamira acolle mañá, 7 de setembro, o concerto de Sondeseu OFG a partir das 22:00 hrs., nunha viaxe trans-arraiana na que compartimos camiño e escenario con Vanesa Muela, Luis Peixoto e Xuacu Amieva. Alí nos vemos
PROGRAMACIÓN COMPLETA DA ROMARÍA 2018! Esta semana, o baile e música tradicionais enchen A Coruña cunha Romaría de Santa Margarida que pecha as festas #maríapita18. * Actividades previas que van dende unha exposición de traxes da Asociación Etnográfica Sete Espadelas en comercios, a presentación de "Mulleres de Gargamala" con Arredor da Tradición en Bar-Ambigú (Tempo Novo-Relámpago), singladura tabernaria e unha interesante xornada con Brincadeira sobre o traxe. * Obradoiros e actuac(...)
A orquestra de folk de Galicia, Sondeseu, presenta en Rianxo o seu novo traballo Beiralúa. O concerto terá lugar o vindeiro sábado 21 de xullo ás 23.00 horas na Praza Castelao. A proposta está organizada polo Concello de Rianxo co patrocinio de Aluminios Cortizo e enmárcase no programa Verán Cultural 2018, coincidindo coa celebración da Festa da Xouba e da Feira do Libro.
881 anos despois, desde o Concello de Tui, festexaremos esta efeméride do Século XII cunha fin de semana cargada de actividades e dous concertos destacados. Contaremos coas actuacións de SondeSeu Orquestra Folk o venres 6 de xullo e Teresa Salgueiro o sábado 7, ambos, na rúa Compostela. Haberá un acceso solidario. Colocaranse un par de furnas ubicadas nas rúas Betanzos e Mondoñedo para que a xente poida facer unha doazón para os afectados de Paramos e Guillarei. Ademáis dunha exposición p(...)
SondeSeu presenta Beiralúa en Cangas Sábado 19 de maio ás 21h no auditorio municipal de Cangas, presentando o novo disco, 'Beiralúa'
2017
2016
SonDeSeu + Convidados no Concerto inaugural do Culturgal 2016 (Pontevedra) Venres 2 de decembro ás 21:30h Pazo da Cultura de Pontevedra. Rúa Alexandre Bóveda. Pontevedra. Con Rosa Cedrón, Orfeón Treixadura, Toño Dominguez
Concerto de Begoña Riobó e Xosé Liz na Arca da Noé (Vilar de Santos) 15 de julho, às 22h00, aterram na Arca, Begoña Riobó e Xosé Liz. Begoña Riobó está considerada como a violinista com maior projeção do atual panorama musical galego. Na sua destacada trajectória artística fez parte das bandas de Carlos Núñez, Susana Seivane ou Sondeseu, entre outras. Xosé Liz é um músico muito conhecido na cena folk galega. Multi-instrumentista toca o bouzouki, a mandolina, guitarra, flauta e coloca música em documentários, filmes, peças de teatro, assim como colabora nos proj(...)
Xuño '16 nas Crechas (Compostela) Mércores 1 e 8 22.30h 1€ FOLIADA COA BANDA DAS CRECHAS Xoves 2 21h 5€ BEGOÑA RIOBÓ E XOSÉ LIZ Begoña Riobó é, actualmente, a violinista con maior proxección no panorama musical galego. Cunha destacada traxectoria artística, na que formou parte das bandas de Carlos Núñez, Susana Seivane, Anxo Lorenzo ou Sondeseu, presétase como a primeira violinista folk galega en liderar o seu propio proxecto. Sábado 11 21h 4€ SEGUE-ME À CAPELA “San Joanices, Paganices e Outras Coisas de Mulher” SEGUE(...)
Domingo, 24 de Abril / 20:30 h. Obal é un grupo de tres músicos galegos formados principalmente na música popular do país. Neste proxecto exploran outras tradicións musicais centroeuropeas co baile como nexo. Para eso fan uso de tres instrumentos de son tan particular como o bouzouki, a zanfona e o nyckelharpa, de orixes distantes entre si, e cos que establecen unha conversa entre eles e o baile. A bourré, o scotish, mazurka, brandle, rondó, círculos, etc., conforman a súa paleta de músic(...)