"SonDeSeu"
Rematados os concertos de verán temos xa en cociña unha nova xira de outono baixo o patrocinio do Concello de Vigo polos centros culturais da cidade viguesa. Poderedes vernos o 10/10 no CC. de Valadares. 17/10 na SDC. Helios de Bembrive. O 24/10 no CC. de Beade e o 31/10 na SCDA de Matamá. Quedades todxs moi convidadxs!
Vindeiros concertos da OFG SonDeSeu Xira Beiralúa 2019. 27/07/19 GONDOMAR 18/08/19 PONTECALDELAS 23/08/19 CARBALLO 24/08/19 PLASENCIA
Xoves 11 de xullo: Desde as 19:00h: Semente da Arte Galega, Loureiro Verde, Acordeóns de Valladares, Padereiteiras e Gaiteiros de Rueiro e Gaitas de Pardavila. Desde as 22:30: SONDESEU Orquesta Folk de Galicia Venres 12 de xullo: Desde as 19:00h: Froles Novas, Pandeireta e Acordeóns de Helios, Lembranzas Galegas e Asubío Desde as 22:00h: HEREDEIROS DA CRUS TONY LOMBA E ELIO DOS SANTOS Sábado 13 de xullo: Desde as 11:00h: Andarela, A Buxaina, Gaitas de Atlántida(...)
SondeSeu en Vigo - Illas Cíes Patrimonio da Humanidade Sábado 2 de febreiro, con Rosa Cedrón, Vanesa Muela, Luís Peixoto, Xuacu Amieva, Toño Domínguez, Orfeón Treixadura e O Fiadeiro. A orquestra folk SondeSeu ofrece un concerto moi especial o vindeiro sábado 2 de febreiro no Auditorio Mar de Vigo, dedicado á promoción das Illas Cíes como Patrimonio da Humanidade e organizado polo Concello de Vigo. Nel presentarán o seu quinto disco, ‘Beiralúa’, que saíu á rúa o pasado maio. Este novo traballo convida á danza colectiva, á colaboración de artista(...)
2018
Programa musical do San Froilán (Lugo) PROGRAMA Xoves 4 de outubro de 2018 21.00 h Os Pelúdez entre nós + Los Gofiones + Cabezudos no pregón. 21.00 h Pasarrúas da charanga Clave de Sol pola rúa da Raíña, pr. Maior, Ruanova e pr. da Soidade 21.15 h Concerto de Los Gofiones na pr. de Santa María 22.15 h Concerto da Orquestra Folk Sondeseu + invitados: Vanesa Muela, Xuacu Amieva e Luis Peixoto, os mestres de Sondeseu, Begoña Riobó, Javier Feijoo Xisco, Anxo Pintos, Xosé Liz, Xaquín Xesteira e Rodrigo Romaní, (...)
Próximo destino, Miranda de Ebro. O patio do Colexio Altamira acolle mañá, 7 de setembro, o concerto de Sondeseu OFG a partir das 22:00 hrs., nunha viaxe trans-arraiana na que compartimos camiño e escenario con Vanesa Muela, Luis Peixoto e Xuacu Amieva. Alí nos vemos
PROGRAMACIÓN COMPLETA DA ROMARÍA 2018! Esta semana, o baile e música tradicionais enchen A Coruña cunha Romaría de Santa Margarida que pecha as festas #maríapita18. * Actividades previas que van dende unha exposición de traxes da Asociación Etnográfica Sete Espadelas en comercios, a presentación de "Mulleres de Gargamala" con Arredor da Tradición en Bar-Ambigú (Tempo Novo-Relámpago), singladura tabernaria e unha interesante xornada con Brincadeira sobre o traxe. * Obradoiros e actuac(...)
A orquestra de folk de Galicia, Sondeseu, presenta en Rianxo o seu novo traballo Beiralúa. O concerto terá lugar o vindeiro sábado 21 de xullo ás 23.00 horas na Praza Castelao. A proposta está organizada polo Concello de Rianxo co patrocinio de Aluminios Cortizo e enmárcase no programa Verán Cultural 2018, coincidindo coa celebración da Festa da Xouba e da Feira do Libro.
881 anos despois, desde o Concello de Tui, festexaremos esta efeméride do Século XII cunha fin de semana cargada de actividades e dous concertos destacados. Contaremos coas actuacións de SondeSeu Orquestra Folk o venres 6 de xullo e Teresa Salgueiro o sábado 7, ambos, na rúa Compostela. Haberá un acceso solidario. Colocaranse un par de furnas ubicadas nas rúas Betanzos e Mondoñedo para que a xente poida facer unha doazón para os afectados de Paramos e Guillarei. Ademáis dunha exposición p(...)
SondeSeu presenta Beiralúa en Cangas Sábado 19 de maio ás 21h no auditorio municipal de Cangas, presentando o novo disco, 'Beiralúa'
2017
2016
SonDeSeu + Convidados no Concerto inaugural do Culturgal 2016 (Pontevedra) Venres 2 de decembro ás 21:30h Pazo da Cultura de Pontevedra. Rúa Alexandre Bóveda. Pontevedra. Con Rosa Cedrón, Orfeón Treixadura, Toño Dominguez
Concerto de Begoña Riobó e Xosé Liz na Arca da Noé (Vilar de Santos) 15 de julho, às 22h00, aterram na Arca, Begoña Riobó e Xosé Liz. Begoña Riobó está considerada como a violinista com maior projeção do atual panorama musical galego. Na sua destacada trajectória artística fez parte das bandas de Carlos Núñez, Susana Seivane ou Sondeseu, entre outras. Xosé Liz é um músico muito conhecido na cena folk galega. Multi-instrumentista toca o bouzouki, a mandolina, guitarra, flauta e coloca música em documentários, filmes, peças de teatro, assim como colabora nos proj(...)
Xuño '16 nas Crechas (Compostela) Mércores 1 e 8 22.30h 1€ FOLIADA COA BANDA DAS CRECHAS Xoves 2 21h 5€ BEGOÑA RIOBÓ E XOSÉ LIZ Begoña Riobó é, actualmente, a violinista con maior proxección no panorama musical galego. Cunha destacada traxectoria artística, na que formou parte das bandas de Carlos Núñez, Susana Seivane, Anxo Lorenzo ou Sondeseu, presétase como a primeira violinista folk galega en liderar o seu propio proxecto. Sábado 11 21h 4€ SEGUE-ME À CAPELA “San Joanices, Paganices e Outras Coisas de Mulher” SEGUE(...)
Domingo, 24 de Abril / 20:30 h. Obal é un grupo de tres músicos galegos formados principalmente na música popular do país. Neste proxecto exploran outras tradicións musicais centroeuropeas co baile como nexo. Para eso fan uso de tres instrumentos de son tan particular como o bouzouki, a zanfona e o nyckelharpa, de orixes distantes entre si, e cos que establecen unha conversa entre eles e o baile. A bourré, o scotish, mazurka, brandle, rondó, círculos, etc., conforman a súa paleta de músic(...)
2015
Obradoiro de percusión miúda en O Fiadeiro (Vigo) Sábado, 28 de novembro entre 10:00 y 14:00 O OBRADOIRO O obradoiro de percusión miúda ten como obxectivo introducir aos alumnos nestes instrumentos, ás veces esquecidos nas aulas de percusión tradicional. Os contidos programados están estruturados en tres bloques: - Organoloxía e os instrumentos de percusion miúda (tarrañolas, cunchas e culleres) - Rudimentos técnicos - Patróns rítmicos O obradoiro terá unha orientación principalmente práctica, centrado en adquirir(...)
Concerto da OFG SonDeSeu en Cangas do Morrazo A OFG SonDeSeu dirixida por Rodrigo Romaní, ofrecerá un concerto no Auditorio Municipal de Cangas o sábado 31 de outubro ás 20:30hs. dentro da programación de "Mil festas máis para a lingua galega", da Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingíüística. A entrada será de balde ata completar o aforamento. O repertorio estará composto polos temas que aparecen no seu último traballo chamado "Danzas Brancas".
I Festival Intercéltico Son do Pazo (Mos) Venres 4 e sábado 5 de setembro Venres 4 22:00 - Sondeseu 23:30 - Riobó 01:00 -A Vacaloura Vermella 21:00 21:45 22:30 23:30 00:50 Sábado 5 12:00 - Sesión vermú a cargo da Banda de Gaitas Marino Tapiega e Tapia de Casariego de Asturies e a banda Aireiños do Castelo de Mos 21:00 - Airiños do Castelo 21:45 - Marino Tapiega 22:30 - Uxía 23:30 - Budiño 00:50 - Os Dabaixo Haberá exposición de coiro, instrumentos tradicionais e obradoiros de artesanía Acampada de bald(...)
Treixadura e Riobó na Foliada Nordestía en San Ciprián (Cervo) Os días 10 e 11 de xullo San Ciprián reunirá a numerosos grupos de música folk e popular galega na Foliada Nordestía, coincidindo ademais coa celebración das Festas do Carme. O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, os membros da Asociación Clan, Ricardo García e Marcelino Bermúdez, que organiza esta iniciativa, e o presidente da Comisión de Festas do Carme, José Ramón Soto, presentaron o cartel e os detalles deste evento musical. A primeira actividade terá lugar o venres día 10, a partir das 19(...)
A OFG SondeSeu ao vivo. Concerto didáctico no Centro Cultural de Beade. 24 de abril. 20:30hs OFG SONDESEU ciclo de concertos didácticos sábado 24 de abril Centro Cultural de Beade 20:30hs. Entrada libre e de balde ata completar aforamento O presente ciclo de concertos didácticos da OFG Sondeseu, pretende aproximar ao público da cidade a un coñecemento máis profundo da súa orquestra folk, prezando o funcionamento desta fórmula musical que se deriva da tradición e entendendo as claves que os músicos utilizan para crearen novas pezas con materiais antigos.Nestes concertos explicam(...)
Rodrigo Romaní ao vivo no auditorio municipal de Vigo En “As Arpas de Breogán”, Rodrigo Romaní presenta un traballo dedicado ao son da arpa céltica e á súa utilización dentro do folk contemporáneo creado a partir da música tradicional. Temas de composición propia e adaptacións de temas tradicionais e mesmo da música cultura compoñen un variado repertorio que engancha pola súa sonoridade e orixinalidade. Primeiramente concibido para dúas arpas, voces, contrabaixo e percusión en formato de cuarteto, presenta outros instrumentos como ocarinas ou guim(...)
O Concello de Vigo promove O CANTO DAS ILLAS", un espectáculo musical e audiovisual no Auditorio Mar de Vigo os días 20, 21 e 22 de febreiro, en apoio á candidatura das Cíes como Patrimonio da Humanidade. O espectáculo estará composto de catro bloques escénicos nos que se estreará unha composición encargada especialmente para "O Canto das Illas", e interpretadas por artistas de diferentes estilos. Entre os distintos bloques integraranse os elementos audiovisuais: o videomapping (proxec(...)
2014
A OFG SONDESEU EN CONCERTO. 11 DE OUTUBRO. PAZO DA CULTURA DE NARÓN. 20:00HS O vindeiro 11 de outubro ás 20:00hs. a OFG SonDeSeu estará no Pazo da Cultura de Narón presentando o seu cuarto traballo discográfico "Danzas Brancas". A orquestra folk SonDeSeu comparte palco e noite musical con Bellón- Maceiras. A OFG SONDESEU EN CONCERTO. 11 DE OUTUBRO. PAZO DA CULTURA DE NARÓN. 20:00HS
Begoña Riobó presenta en Carballo o seu primeiro proxecto en solitario como violinista Begoña Riobó é, actualmente, a violinista con maior proxección no panorama musical galego, e preséntase o venres 22 de agosto en Carballo para dar a coñecer o seu primeiro proxecto en solitario como violinista folk: "Riobó". Artista completa que, ademais do violín, domina á perfección instrumentos como a zanfona e a arpa céltica, é, ademais, artista de presenza nacional e internacional, xa que forma parte das bandas de Carlos Nuñez, Susana Seivane, The Chieftains, Anxo Lorenzo ou Sondeseu. A(...)
2013
KEPA JUNKERA RENDE HOMENAXE Á MUSICA DE GALIZA Kepa Junkera, un dos músicos mais importantes, influintes e internacionais do momento, edita co selo galego FOL MÚSICA un dos proxectos máis ambicioso da sua carreira: un traballo discográfico rodeado das mellores formacións e artistas da actual escena tradicional de Galicia. En “GALIZA” a trikitixa, o tradicional acordeón diatónico vasco, fóndese á perfección coas gaitas, as voces, os pandeiros, as arpas, os acordeóns... para crear un universo de música tradicional perfecto. O eixo musical GALIZA-EUSKALHERRIA tivo moitos achegamentos ao longo dos anos, pero nunca estivera tan ben representado como neste dobre álbum de KEPA JUNKERA. “GALIZA” conta cunha presentación espectacular: un libro de 23 x 23 cm, de tapas duras, 50 páxinas con ilustracións, fotos e textos, e sairá á venda o 19 de Novembro.
(..)
A Orquestra Folk SondeSeu grava na ETRAD o seu 4º álbum discográfico. A Orquestra Folk SondeSeu está a gravar na ETRAD esta 1ª fin de semana de xullo as músicas que integrarán o cuarto traballo discográfico da formación. Tres anos despois do premiado "Barlovento" (Premio Opinión ao mellor disco folk 2011 e Premio da Crítica de Música 2011), SondeSeu convirte o Auditorio Milladoiro da ETRAD no seu estudio para firmar nove temas que están a ser rexistrados polo estudio móbil de "Casa de Tolos". Agardamos o resultado desta banda, pioneira nacida do seo da Escola Mu(...)
2014
Infogauda / Moledo A música continua a dominar o míªs de agosto no concelho de Caminha. Hoje, dia 21 de agosto, o Auditório António Pedro, junto í Praia de Moledo, vai servir de cenário a um concerto de música folk pelo grupo galego Riobó í s 22 horas. A entrada é gratuita. Os espanhóis Riobó (Folk) sí£o formados por Begoña Riobó (violino), Xose Liz (bouzouki e mandolina), Marcos Campos (gaita galega, whistle e acordeí£o), Fernando Pérez (flauta e requinta) e Fernando Barroso (guitarra acú(...)
PRESENTACIÓN DA ORQUESTRA DE MÚSICA TRADICIONAL GALEGA (OMTG) en A Coruña Sábado, 24 de maio, ás 19:30 no Forum Metropolitano (A Coruña) “A educación musical debe ser social, non individual. A música acompáñanos desde que nacemos cun axóuxere ou un canto de berce até que morremos cos sinos da igrexa” A ORQUESTRA DE MÚSICA TRADICIONAL GALEGA (OMTG) é unha proposta do profesorado da Escola Municipal de Música de A Coruña como nova agrupación do centro para o curso 2013-2014. A diferenza esencial a respecto doutras agrupacións existentes na escola é que a OMTG se c(...)
Logo de ter pasado polas vilas de Vigo, Carballo e Ourense, seguen os concertos da xira de presentación do 4º traballo discográfico da orquestra da ETRAD que leva por título "Danzas Brancas". A OFG SondeSeu chega ao Teatro Rosalía de Castro de A Coruña o sábado 8 de Marzo co concurso dos 45 músicos formados na súa meirande parte na ETRAD (Escola Municipal de Música Folk e Tradicional do Concello de Vigo) que compoñen a formación. SondeSeu vén de seren nominada como finalista en dúas das tres cat(...)
Riobó no Clavicembalo (Lugo), 22/Mar/2014 Sábado 22 de Marzo Begoña Riobó é, actualmente, a violinista con maior proxección no panorama musical galego cunha destacada traxectoria artística na que formou parte das bandas de Carlos Núñez, Susana Seivane, Anxo Lorenzo ou Sondeseu. Presenta o seu propio grupo de nome “Riobó” ao igual que o seu primeiro traballo discográfico, traballo que se caracteriza polo virtuosismo dos músicos á hora de arranxar e interpretar melodías da tradición galega sendo fieis ás súas formas e orixe.
(...)
Lugar: Auditorio Novagalicia Banco Hora: 20:30Data: sábado, 01 de marzo de 2014Prezo: Patio butacas e Anfiteatro 1: 8 euros (anticipada) / 11 euros (billeteira) Anfiteatro 2: 6 euros Coa edición do seu cuarto disco, 'Danzas Brancas', Sondeseu confirma a consolidación dun proxecto no que espectáculo e virtuosismo camiñan da man.Froito dunha experiencia didáctica levada a cabo no Departamento de Música Tradicional e Folk da Escola da Artes e Oficios de Vigo (actual ETRAD), nace Sondeseu como a(...)
Kepa Junkera continúa a presentación do seu disco, Galiza Xoves 20 charla en Antas de Ulla, Venres 21, en Lalín (charla ás 19h no museo e a partires das 22h no programa Luar) Sábado 22 ás 21h gran presentación de "GALIZA" en Vigo, auditorio Mar de Vigo...con Sondeseu, O Fiadeiro, Xabier DIaz, Pedro Lamas, Adufeiras de salitre...
SONDESEU, A ORQUESTRA FOLK DA ETRAD, INICIA XIRA DE PRESENTACIÓN DE DANZAS BRANCAS SondeSeu, a orquestra folk vencellada á ETRAD, inicia a xira galega de presentación do seu novo traballo "Danzas Brancas"A música do novo traballo discográfico de SONDESEU, presentado recentemente en Vigo, visitará en febreiro e marzo as vilas de Carballo, Ourense, Compostela, e Lugo, dentro da xira galega que esta formación ten programada para o inverno e a primavera do ano 2014.Os billetes para os concertos de Ourense, Santiago e Lugo, están tamén dispoñibeis en ServinovaFebreiro Venres 14, (...)
Obradoiro intensivo de canto e tecnica vocal en Pazos de Borben Obradoiro intensivo de canto e tecnica vocal aplicada à musica tradicional galega - Profesora: Xela Conde (SondeSeu, Tradescola, O Fiadeiro...) - Dia: 15 fevereiro - Horario: de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 (6 horas con parada para xantar) - Lugar: Casa Rural "Maria da Pepa" - Prezo: 40€ (Inclue Obradoiro e aloxamento na Casa Rural. Para xantar temos a opcion de preparar a paparota na propria casa.... Traballara-se sobre exercizos e recursos de tecnica vocal, (...)
Obradoiro intensivo Maghúa de canto tradicional e técnica vocal + visita ao Serán dos Namorados!!!! Obradoiro intensivo de canto e técnica vocal aplicada à música tradicional galega - Profesora: Xela Conde (SondeSeu, Tradescola, O Fiadeiro...) - Día: 15 fevereiro - Horario: de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 (6 horas con parada para xantar) - Lugar: Casa Rural "María da Pepa" - Prezo: 40€ (Inclue Obradoiro e aloxamento na Casa Rural. Para xantar temos a opción de preparar a paparota na própria casa.... Traballará-se sobre exercizos e recursos de técnica vocal, prepararán-se algúns (...)
2013
Concerto de Nadal en Vigo: SonDeSeu Lugar: Centro Cultural Novacaixagalicia - VigoData: 18/12/2013Hora: 20:30 hEntrada con invitaciónSonDeSeu: presentación mundial do seu novo disco "Danzas brancas" + Convidados (Rushad Eggleston e O Fiadeiro)SonDeSeu, é unha das orquestras europeas máis importantes de música folk contemporánea, estreará no concerto de Nadal da Universidade de Vigo o seu novo álbmum, Danzas brancas. Entre as pezas que formarán parte do repertorio deste novo álbum hai composicións e arranxos de Rodr(...)
SonDeSeu nas Festas da Peregrina (Pontevedra) A OFG SondeSeu presenta nas Festas da Peregrina o repertorio da xira de verán 2013. Será o vindeiro MÉRCORES 14 DE AGOSTO ás 23:45hs na Praza de España. SondeSeu comparte noite e escenario con O Fiadeiro. Entre as dúas formacións tocará o dúo integrado por Begoña Riobó e Xosé liz. A formación que dirixe Rodrigo Romaní, está conformada por 45 músicos formados na súa meirande parte nas aulas da ETRAD. A orquestra está a gravar nestes meses estivais o repertorio do seu novo traballo discografico(...)
II Festival Enfo - Rede Europea de Orquestras Folk. 16, 17 e 18 de Agosto, en Vigo. 16 de agosto 12:00 – 12:45 h. Royal Conservatoire of Scotland Ensemble en Praza Princesa Banda de Gaitas da ETRAD no MARCO. 12:45 – 13:30 h. Royal Conservatoire of Scotland Ensemble no MARCO. Banda de Gaitas da ETRAD na Praza da Princesa. 19:30 – 20:00 h. Piemonte Artemotiva e Galicia Fiddle na Praza da Princesa. 17 de agosto Royal conservatoire of Scotland (praza da Princesa - 12:00h) Piemonte Artemotiva Band (praza da Princesa - 19:30h) Sondeseu (Urzáiz e Príncipe - 20:30h) 18 de agosto: Grupos ETRAD e Piemonte Artemotiva Band (praza da Princesa - 12:00h) Gran Concerto no Auditorio do Parque de Castrelos ás 20:30 participando: Royal Conservaroire of Scotland Band Sibelius Folk Big Band (Finlandia) SONDESEU Orquestra Folk de Galicia.
XI Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia Venres 12: Sés e Terbutalina Sábado 13: SonDeSeu e Os Cempés
I Xornadas de Música Tradicional Cantodorxo en O Grove PROGRAMA SÁBADO 2 DE MARZO 10.00-12.00 horas. Técnica de ornamentación para gaita 12.00-14.00 horas. Principios básicos para a afinación da gaita 17.00-20.00 horas. Manipulación de elementos sonoros da gaita DOMINGO 3 DE MARZO 10.00-14.00 horas. Obradoiro de percusión 18.00 horas. Concurso de Xoves Gaiteiros Solistas Concello do Grove Estas xornadas compóñense de dúas partes: unha didáctica, de música tradicional, e un concurso de xoves gaiteiros solistas. A parte didáctica(...)
SonDeSeu no Teatro Colón de A Coruña O sábado 26 de Xaneiro, ás 20:30, a OFG SondeSeu achegarase á Barlovento ao Teatro Colón de A Coruña.
2012
AS ARPAS DE BREOGAN Novo disco de Rodrigo Romaní Data de publicación do disco 20/11/12 Concertos: 25 de novembro - Noia 14 de nadal - Compostela. Teatro Principal 22 de nadal - Porriño (Liceum) 19 de xaneiro - Illa de Arousa (Auditorio) 21 de Febreiro, Lugo. 23 de Febreiro, Pontevedra..
Desque a finais da década dos 70 no pasado século Emilio Cao, primeiro e Rodrigo Romaní despois, introduciran o uso da arpa céltica nas novas lecturas que o nacente estilo, o folk galego, planteaba sobre a música de tradición oral, danzas e cantos antigos ou de máis recente incorporación á música popular, un longo camiño foi percorrido por grupos e solistas de todo o pais que incorporaron o instrumento proporcionándolle diferentes acentos e modos de interpretación. (..)
Música Tradicional nas Festas de San Froilán 4 de Outubro Coanhadeira e Leilía (praza de Santa María ás 21.15) 5 de Outubro Saltanocribo e Sondeseu (Praza de Santa Maria ás 20:15) IV Zumbanocoiro con A Volta do Agro, As Lagharteiras, e Tiruleque (Praza do Campo Castelo ás 22:30) 6 de Outubro X Festival de Cultura Tradicional (Praza de Santa María ás 18:00) 7 de Outubro XIV Mostra de Música Tradicional do Domingo das Mozas ás 11:30 e ás 17:30 I Certame do Traxe Tradicional Galego no Parque de Rosalía de Castro ás 12:00 B(...)
SondeSeu na Festa da Cultura que se celebra os días 7 e 8 de Xullo na Porta do Sol, en Vigo Unha das festas máis importantes de Vigo, está a punto de chegar a nosa cidade: A Festa da Cultura de Vigo, organizada pola Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo. A próxima fin de semana, 7 e 8 de xullo, tedes unha cita na Porta do Sol en Vigo. Actuacións de forma continua; grandes concertos; serán; postos de artesanía; feito a man...Dous días cheos de cultura e diversión. A programación e a prde de actuacións serán as seguintes: -Sábado 7 de xullo: - 10:30- Inauguración - (...)
Orquestra Folk Sondeseu en Sabucedo “O venres 6 de Xullo estaremos en Sabucedo (A estrada) ás 22:30. Agardámosvos con catrocentos dedos preparados para facervos bailar ao son da nosa música en formato XXL.”
SAN SIMÓN FIDDLE CAMP (Curso de verán infantil e xuvenil de Violín folk na Illa de San Simón) De 8 a 18 anos. Organizan: Fundación SondeSeu e A.C. Galicia Fiddle Clases de Instrumento Fiddle (varios niveis) Violoncello Guitarra acústica Iniciación ao violín* (Sen coñecementos previos) Actividades musicais para todos Aprendizaxe de cantigas populares Iniciación á percusión tradicional: pandeireta, tarrañolas, cunchas, etc. Iniciación ao baile tradicional Obradoiros de serán Obradoiro de elaboración de xabrón reciclado Obradoiro de musicalización de cine mudo Obr(...)
Programa do Seminario de Percusión (Melide) A Asociación de Gaiteiros Galegos, na súa pretensión de abarcar todos os ámbitos da música tradicional, organiza o vindeiro sábado 28 de abril como ven sendo habitual, coincidindo coa Foliada de Melide, un seminario que ao igual que as últimas edicións que espertaron un grande interese, versará sobre percusión tradicional. Os instrumentos de percusión moitas veces quedan relegados aun segundo plano, nembargantes a música tradicional galega é moi rica nesta tipoloxía de instrumentos, que compl(...)
1º Festival ENFO (European Network of Folk Orchestras) O vindeiro Sábado 07 de Abril vai ter lugar no Auditorio Mar de Vigo o gran concerto de clausura do Encontro da Red Europea de Orquestras Folk, onde participarán máis de 120 músicos. O acto englobará as actuacións da Orquestra Finlandesa "SIBELIUS ACADEMY FBB", a Italiana "TRADALP" e a anfitriona "SONDESEU", que despois de varios anos sen actuar en Vigo porá o broche final a este espectacular encontro. O I Festival ENFO terá lugar do 5 ao 7 de abril en Vigo, cidade que lidera esta Rede Euro(...)
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), abre a cuarta entrega do ciclo de concertos promocionais "ST Música Presente", dirixido á promoción de traballos discográficos galegos. Unha vez máis, o Salón Teatro de Santiago será a sede deste programa de recitais, que nesta nova edición deséñase en colaboración con Agaphono (Asociación Galega de Produtoras Fonográficas) e acollerá os directos protagonizados por Liorna(...)
Lulavai en concerto no Auditorio do Concello de Vigo 17 de Febreiro no Auditorio do concello de Vigo, as 21:00. presentando o Cd "CorDasVerbas". A historia de Lulavai comenza na "Escola de Artes e Oficios" de Vigo onde as catro compoñentes da banda coñécense (Paula Oanes, Josefa Fernández, Lorena Reinaldo e Elena Paz). Estudian arpa céltica co profesor Rodrigo Romaní e pasan a formar parte da orquestra folc Sondeseu, comenzando un período de xiras, percorrendo importantes escenarios da xeografía nacional e europea. A finais do 2007 deciden(...)
2011
Riobó e o seu violín porán a música ao Nadal no campus de Ourense Xoves, 15 de Decembro ás 20.00h Sala "Emilia Pardo Bazán" Edificio Facultades (Campus de Ourense) - Entrada libre ata completar aforo - (Rosa Tedín): Unha cita tradicional no calendario de actividades culturais do campus de Ourense é cada ano o seu concerto de Nadal. Nel, a comunidade universitaria celebra estas datas especiais e despide o ano compartindo boa música e momentos de distensión. Nesta ocasión, o grupo elixido para ofrecer o concerto é Riobó, unha nova formación composta po(...)
Grande Exito da Orquestra Folk de Galicia "SonDeSeu" en Helsinky A Orquestra Folk de Galicia “SondeSeu” acadou con grande éxito o aplauso unánime do público congregado na sá SONORA do recentemente inaugurado Musiikkitalo de Helsinki, o novo Music Centre da cidade, no que o governo finés invertiu 180 millóns de Euros para a súa posta en marcha. O pasado dia 7 e co repertorio do seu último traballo discográfico “Barlovento” deu cumprida mostra das enormes posibilidades que ofrece este novo tipo de formación na escea folk europea. Sons evocados por instrumentos (...)
Encontro da Rede Europea de Orquestras Folk (ENFO) en Helsinki Do dia 5 ao 9 de setembro, máis de 100 musicos e profesores da e-Trad, Sondeseu, Tradalp (Piemonte), Sibelius Academy (Helsinki) e Royal Conservatoire of Scotland celebran o segundo dos tres encontros previstos polo programa ENFO, liderado polo Concello de Vigo. Masterclasses, obradoiros e concertos públicos asi como unha reunión de traballo compoñen as actividades do programa de eventos entre os que destaca un concerto conxunto das tres orquestras, Sondeseu, Tradalp e Sibelius FBB no recen(...)
Son de Seu no Festival Rías Baixas Mercores 13 de Xullo, ás 20:30 no Centro Social Novacaixagalicia de Pontevedra
2010
SondeSeu, a Orquestra Folk de Galicia ao vivo en Pontevedra Será o vindeiro venres 26 de novembro ás 19 horas na Praza de España de Pontevedra. Os 45 músicos da orquestra porán en escea coa enerxía que lles caracteriza, as melodías de "Barlovento", o terceiro disco da formación publicado na primaveira deste ano. Agardámosvos!
Cristina Pato e Mercedes Peón en WOMEX 2010 TEXTO: anosaterra.org O Womex de Copenhague, a máis importante cita profesional coa música de raíz tradicional, conta con representación galega a través das actuacións de Cristina Pato e Mercedes Peón, así como de sete empresas e dúas asociacións. A esta feira internacional, que por segundo ano consecutivo ten a súa sede na capital dinamarquesa, asistirán as compañías Articket, Berrogüetto Producións, Fol Music, Lóspregos, Mare, Nordesía e Zouma. Xunto á representación institucional encabe(...)
Concerto de Sondeseu no Pazo da Cultura de Narón Có gallo da celebración do Día das Letras Galegas, a Orquestra Folk Sondeseu presenta o seu novo traballo “Barlovento” no Pazo da Cultura de Narón. Día: 17 de maio Hora :18:00 h. Lugar :Pazo da Cultura de Narón ( R/ Holanda S/N, urbanización Cidade Europa, Narón) Prezo: 8 €./5,60 abonados/as / 4 €. Con carnet xove ou de estudante ate 25 anos.
Contaxiosa vivacidad · SonDeSeu no Teatro Circo Price de Madrid (Critica de Fernando Neira) Anotouno un dos seus integrantes con esa sorna tan característica (chamémoslle retranca) que se estila por terras galaicas: "Congratúlanos presentarlles a Sondeseu, a mellor orquestra de folk en toda a Península.. ademáis da única". Algún responsable cultural das administracións municipais e autonómicas debería morrer da envexa e seguir o exemplo, pero intuimos que non caerá esa breva. E sairemos perdendo todos, porque esta orquestra nacida da escola de música tradicional de Vigo onstitúe unha d(...)
Disco e libro con trece «cantigas» do Camiño No proxecto Raíces enmárcase tamén o traballo colectivo Cantigas do Camiño , un disco conxunto inspirado e relacionado coas rutas xacobeas que inclúe 13 composicións de artistas que participan no ciclo. O disco será accesible en dous formatos. Poderá adquirirse cun libro escrito en galego, español e inglés, nunha edición de luxo de 90 páxinas con ilustracións, textos ao redor do Camiño de Santiago, fotos e letras de cada unha das cancións dos artistas participantes. Ademais, editarase un cedé en(...)
Imparte Philippe Copin- Data e horario: 22 de xaneiro de 2010 de 18h a 21h - Lugar: por determinar. -Destinado a zanfonistas matriculados ou non da e –Trad. - Material necesario: instrumento propio e material de escritura.- Inscrición: do 18 ó 21 de xaneiro de 2010 na oficina da Fundación Sondeseu (Rúa Colón 7, planta 3, oficina11) de luns a venres de 9h a 13h. Prezo: 15 euros. Prazas disponibles: de 10 a 15 Organiza: e-Trad Patrocina: Fundación S(...)
2009
Para todos os interesados no mundo da danza e das Músicas do Mundo, estean ou non matriculados na e-Trad, abrimos este obradoiro dirixido por Suso Cancelas, dentro do programa de actividades extraescolares e organizado en colaboración coa Fundación Sondeseu. A cita terá lugar os venres 27 de Novembro e 4, 11 e 18 de Decembro no Salón de Actos do CENTRO MUNICIPAL DE FORMACION EN NNTT (CITIC) na rúa San Vicente, 3 (Esq. Méndez Núñez) de Vigo. Para matricularse, hai que dirixirse á oficina da Fund(...)
Rodrigo Romaní, director da e-Trad, invitado a dar unha conferencia no festival de Lorient A gran cita europea do mundo celta no verán é o Festival de Lorient e o pais invitado este ano e Galicia. A e-Trad estará presente coa orquestra folk Sondeseu, con quen a escola mantén unha forte relación, que protagoniza a presenza da música galega. Asimesmo, o director da escola, Rodrigo Romaní ten sido invitado pola organización a impartir unha conferencia sobre a historia da música galega dentro das actividades que leva a cabo a Université Populaire Bretonne.
2008
(Nova actualizada) A Gala de Noiteboa de SonDeSeu, gravada o 18 de nadal no Pazo de Cultura de Pontevedra emitirase pola TVG esta noiteboa, (en canto cale El Rey ;P) Coa participación das convidadas Soledad Giménez (ex-"Presuntos Implicados"), e Carmen Paris. Xoves, 18 de decembro ás 20:30 h no auditorio do pazo da cultura de pontevedra Este xoves a Televisión de Galicia celebra en Pontevedra a gala Son de Seu que se televisará a noite de Noiteboa. Nesta gala participan So(...)
1999
Xornal :Romaní presenta o resultado dunha investigación sobre a música folk galega A Fundación Sondeseu, que preside o músico Rodrigo Romaní, presentouse esta en sociedade no decurso dunha rolda de prensa celebrada no Club Internacional de Prensa. Unha presentación avaliada xa de comezo, cun vasto traballo sobre o ensino da música tradicional, a danza e o folk en toda a xeografía galega. Romaní presentou os resultados da investigación "Música folk e tradicional Galiza 2006. Realidade socioeconómica". 1.000 entrevistas, 1.350 actividades relacionadas, máis de 700 centros de ens(...)
O Conservatorio de Música Tradicional de Vigo cumpre 10 anos O conservatorio de Música Tradicional, inserto na Escola de Artes e Oficios de Vigo cumpre 10 anos de existencia. En 1996 comezaba a andar o primeiro conservatorio adicado á aprendizaxe das músicas tradicional e folc de Galiza baixo a dirección de Rodrigo Romaní. Xunto a él ensinantes como Anxo Pintos(Zanfona), Xosé Liz(Requinta), Chisco(Canto Popular), Xaquin Xesteira(Gaita e Percusión), e Alfonso Franco(Violino), compart(...)