"Serán"
2020
Serán en Santiago de Oliveira (Ponteareas) Sábado 14 de marzo a partir das 21h n Centro Cultural "Os Muiños de Oliveira"
📢📢 A maquinaria do Son Cervexeiro xa está traballando así que os que desexedes vir co voso grupo a tocar ao serán non dubidedes en contactar con nós!!! Pronto sacaremos o cartaz con toda a info das actividades deste ano!!! Recordade, o 21de marzo, vémonos na Alameda de Ortigueira! 🎵🤗👏🍻🎉💃
XXXVIII Curso de Cultura Tradicional da Asoc. Cántigas e Frores (Lugo) 9, 10 e 11 de abril en Lugo. - Xisco Feijoò e Artur Puga: Baile tradicional. - Miguel Anxo Lòpez ‘Chino’: Percusión tradicional. - Pablo Dalama: Gaita galega. - Ana Edreira: Canto tradicional. O prezo da matrícula é de 45€ para soci@s de ‘Cántigas e Frores’ e da Asociación de Gaiteiros Galegos; e de 55€ para o resto (os gastos de estadía en Lugo serán a cargo dos asistentes ao curso). Esta cantidade ingresarase na conta de ABANCA ES43-2080-0152-69-3040026419. As inscricións pódens(...)
Serán pre-carnaval en Vilariño (Cangas) Sábado 8 de febreiro a partires das 21h no local social de Vilariño
VII Serán Pousos da Area en Marín O próximo sábado, 25 de xaneiro, o Multiusos da Praza de Abastos acollerá a sétima edición do Serán Pousos da Area, unha cita ineludible para os amantes da cultura popular organizada pola asociación do mesmo nome e que foi presentada hoxe no Concello xunto ca concelleira de Cutura, Beatriz Rodríguez. O serán dará comezo ás 18.00 horas, ca apertura dos postos artesanais. A partir das 19.00 horas, comezarán os xogos tradicionais pensados para os máis pequenos, ata que ás 21.00 horas se faga a (...)
2019
O venres día 29 terá lugar o serán organizado pola comisión de Festas de San Blas do Viso! Comenzaremos a partir das 20 horas na casa cultural de Saramagoso. Repartiremos rosca e chouripáns entre todos os asistentes. Esperámosvos a todos para pasar unha velada agradable! Todos os grupos que queiran participar anotaranse por orden de chegada. Temos moita ilusión por facer este primeiro serán, por iso vos pedimos que nos axudedes a compartir esta publicación para facela chegar a moitas persoas. (...)
Venres 25 de outubro ás 23h na Nave de Vidán Rosalía de Castro de Cacheiras. Os Campantes da Baña. Pandereteiros Traspés
IV Serán da AC Sta Columba de Ribadelouro - Tui Sábado 19 de outubro a partir das 21:30h no Centro Cultural de Riadelouro
Sábado 5 de outubro na Casa da Cultura de Olveira (Riveira) A partires das 19:30 dará comezo a sección infantil e a partires das 22:30 a sección de adultos.
Domingo 29 de setembro ás 19h no Centro Cultural de Dena O domingo 29 de Setembro faremos un acto no que presentaremos os novos cursos de: - Baile tradicional galego (tamén este ano con grupo de adultos) - Canto e pandeireta - Gaita e percusión (a partir de 8 anos e ata os 99) í‰ un acto aberto para todo aquel que queira asistir. Coñeceredes cales serán os nosos mestres e aproveitaremos tamén a ocasión para presentar a directiva da asociación, así como as pautas que vai a segui(...)
Sábado 5 de outubro ás 21:30h O 5 de outubro terá lugar o 4º Serán Grupo A Nosa Señora da Xunqueira, a partires das 21:30 no noso obradoiro cultural (xusto detrás da igrexa da Xunqueira, Vilagarcía de Arousa) ⚠O principal, convidarvos a todxs aqueles que queirades participar como grupo. Podedes facer a inscripción previa no email grupo@axunqueira.com ou chamando ó teléfono 634 673 008. Por suposto tamén podedes "chegar e encher", pero si sabedes con antelación que vindes, agradec(...)
VII Xornadas Arredor da Música Tradicional en Viascón (Cerdedo) O sábado 28 de setembro a Asociación de Gaiteiros Galegos organiza, coa colaboración da Consellería de Cultura e Turismo, unha nova edición das Xornadas Arredor da Música Tradicional. Serán de balde previa inscrición PROGRAMA 10.15 – Apertura e entrega de documentación 10.30 – Relatorio I - Demostración “O pandeiro de paos”. María Vidal e Xermán Muíños 11.20 Quenda de preguntas 11.30 – Relatorio II “Florencio, o Cego dos Vilares. Aproximación ao estilo interpretativo a través da anál(...)
Xornadas de Baile Tradicional en Lugo O domingo 22 de setembro a Asociación de Gaiteiros Galegos organiza, xunto colaboración da Consellería de Cultura e Turismo, unha nova edición das Xornadas de Baile Tradicional. Serán de balde previa inscrición, tendo preferencia @s soci@s da AGG - Asociación de Gaiteiros Galegos e alumn@s da Tradescola, que terán de prazo ata o día 18. Despois desa data, si quedan prazas dispoñibles cubriranse coas solicitudes de inscrición de non soci@s, segundo orde de chegada. Programa: 11.45 - Apertura (...)