"Samaín"
2018
Venres 2 de novembro na Terraza do Lar 18.00h Pintacaras 18.30h Obradoiro de baile e música tradicional. 20.00h CONTACONTOS
O próximo 3 de novembro as castañas e a música tradicional serán as protagonistas do #magosto que celebraremos a partir das 18:00 horas nas Torres do Allo onde nos acompañarán os grupos da Asociación Cultural Adro, da Asociación de Baile tradicional Churía e da AC Trubisquiña. E para os nenos e nenas de 4 a 12 anos haberá obradoiros mooooi monstruosos ás 11:30 e ás 16:00 horas. Anótate no Centro Sociocultural de Baio ou no de Zas (ou en info@torresdoallo.gal. Agardámosvos!
2017
Sábado 4 de novembro ás 11:00h O Castelo de Narahío. Narahío. O programa máis denso do magosto e o samaín en Naraío quedou para o sábado, con actividades que comezan xa pola mañá e que culminarán á noitiña coa exitosa procesión do medo percorrendo os rueiros da Pena, Correlo e o Eirexado, con saída e chegada no local social da Veiga. Pola mañá... 11.00h. a 13.00h. Obradoiro de decoración de cabazas. Inscrición previa nos teléfonos 676.336.207 e 646.502.566. As prazas son limitadas e (...)
Martes 31 de outubro a partires das 17h Praza O Berbés, 36202 Vigo (Pontevedra), Organiza: Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello de Vigo
Serán do Samaín no Calvario (Vigo) Martes 31 de outubro ás 19:00h Peatonal do Calvario (Vigo) Diante do Mercado do Calvario. O próximo martes 31 de outubro a partir das 19.00 terá lugar diante do mercado do Calvario o Serán do Samaín. Abrirán o serán os mais pequenos e a continuación haberá varias agrupacións tocando e cantanto, así que se formas parte dalgunha agrupación de gaitas ou pandeireta non dubides en vir a participar. Teremos festa ata ás 23.30, repartiremos chocolate e rosca para todos os asistentes Es(...)
Festa de Samaín no CSCD As Pedriñas (Tameiga. Mos) Martes 31 de outubro ás 18:00h CSCD As Pedriñas. Avda. do rebullón 23. Tameiga. E xa no outono comezamos coa máxima festa do Samaín. Tradición recuperada dende o movemento asociacionista galego e nas Pedriñas, levamos anos sumándonos a súa divulgación. Comezamos con Raquel Queizás que nos contará como espantar os medos acompañada de druidas e meigallos. Aquí a súa web. https://www.raquelqueizas.com/?lang=es Continuaremos có tradicional obradoiro de cabazas para poñer na noitiña nu(...)
2016
Serán do Samaín no Calvario (Vigo) Luns 31 de outubro ás 19:00h Mercado Municipal do Calvario. Rúa Urzaiz. Vigo. Para pasar unha tarde “de medo”, o luns 31 de octubro, nada mellor que que “O serán do Samaín” do Calvario! Para ir quentando os corpos abrirán o serán as sete da tarde, ou se queredes ás 19,00, fronte ao Mercado do Calvario, o grupo “Algarabía Flok” que tocan de medo. Despois as sempre animadas “Lagharteiras” que son unhas artistas terroríficas, seguidas da “ACF O Fiadeiro” que somos uns artistas que parecemo(...)
Sábado 29 de outubro ás 20:00h Casa da Cultura de Olveira. Ás 20 horas Serán para nenos con actividades para os máis cativos: • Concurso de calacús (adorna a túa cabaza), • obradoiro de maquillaxe para o Samaín, • xogos populares,…. A partir das 22 horas comezo do serán con actividades propias deste ancestral festexo. Teremos comida e chocolatada de balde para tódolos asistentes, ademáis dunha gran queimada para espantar os males. Se queredes participar tocando e cantando apuntádev(...)
O vindeiro lúns 31 de outubro a Asociación Veciñal e Cultural do Casco Vello de Vigo organiza a Festa do Samaín 2016 a partir das 17:00 horas na Praza do Berbés onde estará instalada unha carpa cuberta en previsión de mal tempo. A partires das 20:30h celebrarase a Foliada de Defuntos, coas actuacións Anaquiños de Chapela, Pandereteir@s de traspés, Grupo folclórico Nautilus, Ghaiteir@s do Casco Vello, Os Amigos do Chuco, e quen se anime a participar. Na véspera, o domingo 30 organizarase d(...)
2015
Samaín de Trasancos no concello de Narón Sábado 31 de outubro a partires das 17h no Centro Cívico Social S. Mateo de Trasancos
Sábado 31 de outubro nos Xardíns da Casa da Cultura a partires das 17h, coas actuacións da Escola de Música Charamela, Airiños do Eume, DameCuerdaQueTeatro e Versions Band
Pandereteir@s Traspés na Foliada de Defuntos de Vigo Este vindeiro sábado día 31 de outubro, a Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello de Vigo, celebra dende as 12 da mañá a festa do Samaín, con actividades que podedes consultar no cartel que adxuntamos neste evento. Como broche final da festa vaise celebrar ás 20:30 h., unha foliada na Praza do Berbés que non vos vai deixar indiferentes... será terrorífica!! E claro, Traspés non podía faltar... alí estaremos cantando e bailando toda a noite... Esperámosvos!! E veña festaaaaaaaa.....
Sábado, 31 de outubro ás 21:00 Carcacia, Galicia, Spain O vindeiro 31 de outubro terá lugar o III Serán de Carcacía a partires das 21h e organizado pola Asociación Cultural San Pedro de Carcacía e polos Herdeiros Da Requinta de Carcacía. Contamos con que vos acheguedes a tocar unhas pezas cos vosos grupos e a disfrutar dunha boa noite de música e baile. Nós poñeremos as castañas, do tempo do magosto, e bebidas a prezos populares. Ven a pasar connosco esta noite de samaín...!(...)
2014
Estamos na semana do SAMAIN e o venres 31 celebraremos o fin de ano celta cun concurso de cabazas. Podedes presentar as cabazas ata o mesmo día 31, día no que se procederá a unha votación popular entre a xente que acuda á BAIUCA. Quen gañe o concurso terá de premio unha estupenda cea o día que elixa. PARTICIPADE e axudade a manter a tradición!!! E o sábado día 1 de Novembro, MAGOSTO POPULAR. Castañas para tod@s coas vosas consumicións. E festa GUINNESS cun feixe de agasallos.
Foliada do Diaño - Samaín. Pontevedra O Venres 31 de outubro a partires das 22:30h o C.S. En Pé organiza unha foliada para festexa-lo Samaín O Diaño - Rúa da Ponte 14
Samaín na praza de San Cosme (Ourense) 30 de Outubro no Local da Asociación Cultural A Galleira (Praza de San Cosme) - Ourense Un ano máis achégase o Samaín e dende A Galleira queremos colaborar na súa difusión como celebración ligada ás nosas orixes históricas e etnográficas. Por iso, o vindeiro xoves 30 de outubro ás 19:00 horas contaremos coa presenza de Miguel Losada, membro da Sociedade Antropolóxica Galega , que nos explicará polo miúdo cales son as orixes do Samaín e o seu vencello coa nosa historia e tradición. (...)
2013
NOITE DE SAMAIN NO CENTRO SOCIAL REVOLTA! (Vigo) Vem-te na próxima quinta-feira dia 31 a passar o samain connoscco: 18h30 Obradoiro de cabaças 20h00 Magosto e foliada 00h00 Queimada popular
Festa de Samaín en Xinzo de Limia O Campo da feira do Toural, en Xinzo de Limia, acolle o xoves, día 31 de outubro, a festa do Samaín. Dende ás 17.00 horas haberá obradoiros de cabazas, coañeiras, cociña, colgaxes... concurso de tapas e bebedizos, xogos populares para todas as idades, procesión e chamada dos defuntos a toque de pandeireta e bombo (Solveira, Laroá, Rebordachá...) A partires das 21.00 horas, cea e foliada das ánimas a cargo de Jalos de Antioquía, Cantaralai e Un feixe e músicos da Limia. Para máis info(...)