"SEMENTEIRA"

2019

(Ultima actualizaci??10-05-2019)

Festa Sementeira e Música en Corzáns (Salvaterra de Miño)

- concertos-

A Asociación Quinta do Piñeiro é organizadora da ‘ Festa Sementeira e Música’ que alcanza este ano a 13ª edición e que nesta ocasión ha de celebrarse os días 11 e 12 de maio na área recreativa do Muiño dá Ponche, na parroquia de Corzáns, no municipio pontevedrés de Salvaterra de Miño.

Dous días nos que a artesanía, a diversión e a tradición estarán presentes.

A festa comezará o sábado pola mañá, cunha concentración de tractores clásicos que a continuación realizarán un roteiro polos p(...)

(Ultima actualizaci??03-05-2019)

VIII Festa da Sementeira do Millo en Matamá (Vigo)

- concertos-

Domingo 05 de maio.

A FESTA comezará pola mañán, ás 10:30h coa SAÍDA DO CARRO DE BOIS dende o torreiro da festa acompañado pola música das gaitas e percusión da Banda de Gaitas do Casco Vello.

Unha vez chegado ao lugar da festa os bois comezarán cos traballos da labranza da leira acompañado polos cantos das Cantareiras da Sociedade Atlántida de Matamá (12h).

A partir das 14h e para recuperar folgos, serviráse un XANTAR POPULAR.

E xa pola tarde haberá diversas actuacións musicais (Ape(...)

2018

(Ultima actualizaci??19-04-2018)

FESTA DA SEMENTEIRA DO MILLO 28 - 29 ABRIL EN MATAMÁ (VIGO)

- concertos- SEMENTEIRA-

A Asociación COLECTIVO CULTURAL ALTERNATIVO MALAHERBA, xa estamos preparando a sétima edición da FESTA DA SEMENTEIRA DO MILLO que se celebrará en Matamá (Vigo) os días 28 e 29 de abril.

A festa comezará o sábado 28 coas xa tradicionais OLIMPIADAS DO CAMPO para pasar unha tarde de deporte e bo humor participando en diversas probas como o : "lanzamento de sacho", "debullar millo", "lanzamento de boina", "carreira de trespés", ....

Xa á tardiña actuará o coñecido mús(...)

2017

(Ultima actualizaci??28-04-2017)

VI Festa Da Sementeira Do Millo de Matamá (Vigo)

- concertos-

Sábado 29 e domingo 30 de abril

O Colectivo Malaherba celebra a Festa da Sementeira do Millo en Matamá os días 29 e 30 de abril Haberá olimpiadas do campo, monólogos, actuacións musicais, xantar popular..... e como non a sementeira do millo.

Haberá carpa por se o tempo non acompaña.

Sábado 29

6h inicio das Olimpiadas do Campo.

22h Monólogo de Oswaldo Digón

23h Os Carunchos e The Turre´s Band.

Domingo 30

10.30h Saída do el Carro de Bois acompañado polo grupo de gaitas Atlántid(...)

2016

(Ultima actualizaci??11-10-2016)

De Ruada en Bos Aires - A Sementeira - 2016

- concertos- Sociedad Parroquial de Vedra-

Sábado 12 de novembro ás 20:30h

Sociedad Parroquial de Vedra

José Mármol 760

BOS AIRES

(Ultima actualizaci??22-04-2016)

Festa da Sementeira do Millo de Matamá (Vigo)

- concertos-

Sábado 23 de abril

Un ano máis o Colectivo Malaherba organiza e celebra a Festa da Sementeira do Millo de Matamá os días 23 e 24 de abril.

O sabado 23 comezaremos ás 16:00 coas xa famosas e celebres OLIMPIADAS DO CAMPO (Anótate e participa) que estaran amenizadas polo grupo de batucada BATE NO COBRE.

Ás 19:00 teremos unha CHARLA/COLOQUIO: Petroglifo de Redondelos, Presente e Futuro, onde intervirán Xulio Fdez. Pintos, Xosé Lois Vilar e Manolo Ledo.

Ás 22:00 teremos un monólogo a ca(...)

2015

(Ultima actualizaci??06-11-2015)

XI Ciclo Coros Galegos - A Coruña

- concertos- Cántigas da Terra- Cantigas e Agarimos- Toxos e Froles-

Logo de dez edicións, o Ciclo de Coros Galegos, históricos e novos, encara unha nova etapa no contexto do centenario dos mesmos.

Ducias de formacións son as creadas nas primeiras décadas do s. XX, case que todas desaparecidas. Hai agora 100 anos, nacen Toxos e Froles en Ferrol e Cántigas e Aturuxos en Lugo, de quen recentemente Ramón González e a editorial Ouvirmos sacaron á luz un importante traballo documental e sonoro, e do que nos últimos anos renace o novo e actual coro de Cántigas (...)

(Ultima actualizaci??06-10-2015)

IX Magosto Popular e a festa da Recolleita do Millo (Matamá - Vigo)

- concertos-

A Asociación Colectivo Malaherba celebrará sábado 10 de Outubro nas

proximidades do Muíño da Regueira (Matamá-Vigo) o IX Magosto Popular e a

festa da Recolleita do Millo.

A festa comezará as catro da tarde, coa Recolleita do Millo sementado na

festa da Sementeira, a finais de Abril. O millo será transportado nun

carro tirado por unha parella de bois ata o lugar da festa para prodecer a

esfollada.

A partir das 17H. comezarán os *OBRADOIROS PARA NEN@S* e as probas

das *OLIMPIADAS

DO C(...)

2013

(Ultima actualizaci??15-06-2013)

VII Festa da Sementeira en Corzáns

- concertos- Festa da Sementeira-

O domingo 16 de xuño celébrase na Quinta do San Brais do Piñeiro en Corzáns (Salvaterra de Miño) a VII Festa da Sementeira.

Os traballos da sementeira comezan ás 11h. Logo, sobre a 13:30h. haberá un xantar popular con carne ao caldeiro e viño de colleita. Animarán a festa grupos de gaiteiros e xogos populares.

Haberá ademáis exhibición de traballos artesanais como zoqueiros, canteiros ou cesteiros.

Ver Festa da Sementeira Corzáns nun mapa máis grande

2012

(Ultima actualizaci??15-04-2012)

Festa da Sementeira do Millo en Matamá (Vigo) - 28 e 29 abril de 2012

- concertos- Ardentía- Ce Orquestra Pantasma-

O Colectivo Cultural Alternativo MALAHERBA está a organizar para a última fin de semana deste mes de abril a FESTA DA SEMENTEIRA DO MILLO 2012 que se celebrará na parroquia viguesa de Matamá no lugar do muiño da Regueira e onde haberán multiples actividades para nen@s e maiores: xogos, música, charlas, mostra etnográfica, muiñada, labranza, postos de artesania e agricultura ecolóxica...

O sábado podes participar nas OLIMPIADAS DO CAMPO (anotate: colectivomalaherba@gmail.com)

e xa o domingo pod(...)

2010

(Ultima actualizaci??14-10-2010)

IIIº Encontro Europeu de Folclore Galego, en Xenebra

- Maghúa-

18h15 -18h45 : ACD Tordoia

18h45 - 19h15 : A Roda Lausanne

19h15 - 19h45 : Irmandade Galega Xenevra

19h45 - 20h30 : A Nosa Galiza Xenevra

20h30 - 21h00 :Sementeira de Basilea

21h00 - 22h30: Cea

22h30 - 02h00: MAGHÚA

(Ultima actualizaci??19-02-2010)

IVª Xornadas de Agroecoloxí­a

- Festa- Ergom- Uxía- Guadi Galego- Coanhadeira-

As IV Xornadas de Agroecoloxía de Ourense son unha mostra da consolidación dos proxectos sociais, culturais e ecoloxistas que se levan a cabo na cidade de Ourense.

 

Amigos da Terra, A Esmorga, Amarante, Semente e Verdegaia presentan, durante 10 días de festa e reflexión colectiva, o traballo realizado conxuntamente ao longo de todo o 2009 e comezos de 2010 para que sexan cada vez máis visibles, para que cada vez teñan máis voz, proxectos alternativos centrados no compromiso coa xustiza s(...)

2009

(Ultima actualizaci??20-06-2009)

III Festa da Sementeira en Corzáns - Salvaterra de Miño

- Festa- Salvaterra-

O Concello de Salvaterra, a través da Concellaría de Cultura coordinada pola tenente alcalde e concelleira, Marta Valcárcel, colabora por terceiro ano consecutivo na organización da ‘Festa dá Sementeira’, que se celebrará o 21 de xuño, na parroquia de Corzáns. Unha festa na que os veciños tratan de recordar como vivían os seus devanceiros, representando, así, a labra con animais nun anaco de terra e a súa sementa, imitando aos campesiños de anos a tras, ata con vestimenta da época e tamancas.

(...)

2008

Fuxan os ventos ofrecerá dous concertos en Santiago tras vinte anos da súa última actuación

- concertos- Fuxan Os Ventos-

Hai máis de dúas décadas que o grupo Fuxan os Ventos decidiu poñer punto e final a unha traxectoria de máis de trinta anos e oito disco editados. Despois de todo este tempo,os seus compeñentes decidiron voltar ao escenario para dous concertos. Son os que fan parte do ciclo Sons da Diversidade que organiza a concellaría de Cultura en Santiago e no que porán en escena o espectáculo Terras de soño. Nas sesións recuperarán as súas cancións máis senlleiras como A Carolina ou A Sementeira na compaña d(...)

2 comentarios