"Romarías"
2019
San Miguel 2019 - Romaría na Pastoriza (Arteixo) Sábado 28 de setembro Foliada e actuacións de Tombalobos, Os Porcoteixos, Xiradela e a Representación Teatral PORLIER EN PASTORIZA con Manuel de Eva como mestre de cerimonias e a colaboración musical de membros de Dequenvessendo
Convivio da Cultura Galega en Outeiro de Rei. O sábado 13 de xullo, CONVIVIO DA CULTURA GALEGA Unha xornada lúdica e festiva, de encontro e recuperación do espírito comunitario das tradicionais romarías, de foliada e xantar demorado…, ao redor da figura de Manuel María, para celebrarmos a cultura do noso país, Galiza. O encontro, aberto a todas as persoas e todo o asociacionismo cultural de base, desenvolverase, por sexto ano, entre a Casa-Museo Manuel María, no centro da vila de Outeiro, onde se acollerá os participantes a partir das(...)
XX Romaría Galega na Pontagra (Tordoia) Sábado 13 de xullo Airiños dos Carrís Brisas do Quenllo Moañesa de Música e Danza A.C. Osorio Gutierrez Novxs Bailadorxs A Cuadrilla do Pan Quente Faíscas da Pontagra Os Trovadores As Lavercas
XVIII Festa Rachada en San Vicenzo da Baña Sábado 6 de xullo dende as 13h na Área Recreativa Agra de Chans As Chispas de Compostela Charanga Os Centenarios Os Fondãos do Pífaro Armadanzas de Laraño Cé Orquestra Pantasma Picuíña Tanto Nos Ten A Requinta da Laxeira
XIII Romaría da Conrobla (Boimorto. A Coruña) Sábado 6 de xullo. A partires das 18h actuacións de Ardentía e Pelepau. E a partires das 22:30h Foliada con A.C Maruxía, Cantareiras de Anxeriz, Grupo de Gaitas Xaramago, Cantareiras Santaia, Grupo Os Trisqueleiros, Grupo Son do Castro, Grupo As Maianas, Grupo A Ponte Vella e Foliada Aberta
Sábado 1 de xuño no Mosteiro de Carboeiro OS ENCONTROS DE MÚSICA TRADICIONAL CELEBRAN A VIXÉSIMA EDICIÓN EN CARBOEIRO Di o tango que vinte anos non son nada. Para a Santa Ferreña, tan ben acompañada no cartel, sono todo. A Asociación Intercultural Santa Ferreña celebra dúas décadas da cita ineludible coa música e cultura tradicional, coma sempre, o primeiro sábado de xuño, este ano o día 1, no Mosteiro de Carboeiro. O sábado 1 de xuño, o Mosteiro de Carboeiro acolle os Encontros de Mús(...)
2017
Romarías Arteixás. S. Miguel de Pastoriza (Arteixo. A Coruña) Sábado 30 de setembro Pastoriza, Arteixo Haberá artesáns, predominando os relacionados coa Madeira (tradicionalmente celebrábase a Feira da Madeira durante esta Romaría), olería da #RibeiraSacra, moita música da Terra, clases de baile, Pasarrúas coa A.C. Triskell, As Revolteadoras e a Banda de Gaitas Devandoira, xantares e culminará cos concertos de DEQUENVÉSSENDO e do grupo BRATH.
Espectáculo "Festa na Vila" nas Festas do Cristo de Cangas Mércores 30 de agosto ás 22:00h Avenida de Castelao (Cangas). Lembranzas da Ría presenta este espectáculo de baile e música popular en conxunto coa Banda de Música Airiños do Morrazo de Moaña, a Escola Municipal de Artes Escénicas de Cangas, Meiramar-Axóuxeres e a Coral Lestonnac. "Festa na Vila" mostra o baile e músicas tradicionais das romarías e festas amenizadas por cuartetos de gaiteiros, charangas e bandas de música. Un percorrido dende principios do século XX ata a súa metade, on(...)
Cantos de cego da Galiza e Portugal en A Guarda Xoves 12 de xaneiro ás 21:30h Teatro Municipal da Guarda. Rua Batalha Reis, 12. “Cantos de cego da Galiza e Portugal” é um concerto temático sobre uma personagem singular na cultura musical ibérica: o cego, que desde a Idade Média povoava o universo sonoro das feiras e romarias, contando e cantando histórias de crimes, romances e feitos históricos. Dois músicos, um galego e um português, lançando mão de diversos instrumentos (sanfona, guitarra, braguesa, guitalele, harmónio, harmónica(...)
2016
Presentación en A Guarda do disco: Cantos de cego da Galiza e Portugal Domingo 11 de setembro ás sete e media. Castelo de Santa Cruz - A Guarda - Pontevedra (Galiza) O último título publicado desde aCentral Folque, o disco de Ariel Ninas e César Prata “Cantos de cego de Galiza e Portugal” será presentado ao vivo nun concerto especial dentro do festival Espazos Sonoros. Será o vindeiro domingo 11 de setembro ás 19.30 h no marco incomparável do Castelo de Santa Cruz n’A Guarda (Pontevedra) dentro dunha xornada máis completa que o festival ofrece (Coñece o teu p(...)
2014
Treixadura celebra os seus 25 anos coa gravación dun disco ao vivo Fonte: Sermos Galiza O novo traballo sairá dos 2 concertos que o grupo vai dar no García Barbón de Vigo o 3 e 4 de outubro. As entradas terán o prezo simbólico de 1 euro (destinado a un fin social). Treixadura é moito máis que os cinco discos gravados e os centos de concertos dados ao longo dos seus case 25 anos de historia. Este grupo de música tradicional hai tempo que deu o salto que convertíu as súas composicións en parte xa do acervo popular, esas que se cantan e tocan pensando que ex(...)
Sardiñas e música tradicional para celebrar o Santo Antonio::: O venres 13 de xuño celébrase en Ouzande a festa de Santo Antonio. As actividades festivas comezan ás 21h cos actos relixiosos en honra do patrón dos animais e dos namoros. Seguidamente, contra as 22h, no Campo da Festa dará inicio unha gran sardiñada gratuíta. Os manxares van estar acompañados pola música de tres formacións musicais: O Regato de Matamulleres, Retrouso e Recanto. O Regato de Matamulleres toma nome do lugar homónimo de Callobre onde naceron aló por 1995. Segundo(...)
XV ENCONTROS DE MÚSICA TRADICIONAL NO MOSTEIRO DE CARBOEIRO 7 DE XUÑO DE 2014 NO MOSTEIRO DE CARBOEIRO (SILLEDA) 13h. SESIÓN VERMÚ a cargo dos grupos da bisbarra · Poxa das andas e PROCESIÓN DA SANTA FERREÑA (acompañada polos cabezudos de VIRAVOLTA e os papamoscas de SANTISO) - APERTURA DA EXPOSICIÓN: 'A PROCESIÓN VAI POR DENTRO' adicada ás manifestacións folclóricas arredor das procesións en Galicia, acompañada polos títeres do Museo da Marioneta, Casa do Títere (Lalín) - FEIRA DE ARTESANÍA: instrumentos tradicionais, coiro, abalorios, xoguet(...)
2013
XIV Encontros de Música Tradicional no Mosteiro de Carboeiro (Silleda) 1 DE XUÑO DE 2013 NO MOSTEIRO DE CARBOEIRO (SILLEDA) 13.00. SESIÓN VERMÚ a cargo dos grupos da bisbarra · Subasta das andas e PROCESIÓN DA SANTA FERREÑA (acompañada polos cabezudos de VIRAVOLTA) -APERTURA DAS EXPOSICIÓNS: · "OS NOSOS TESOUROS" exposición adicada aos nosos 'Tesouros Vivos' e acompañada polos títeres do Museo da Marioneta, Casa do Títere (Lalín) -FEIRA DE ARTESANÍA: instrumentos tradicionais, coiro, abalorios, xoguetes, cerámica, títeres, bixutería...
(...)
2012
Retrouso presenta o seu primeiro disco: OU Este venres, 30 de novembro ás 9 da noite, no Teatro Principal da Estrada o Grupo Retrouso presenta OU, o seu primeiro disco.
De Serán en Romaría - I Espectáculo de Baile e Música Tradicional Traspés Domingo 25 de novembro de 2012 ás 21h Auditorio Pazo da Cultura Mar de Vigo, Vigo (Pontevedra) Organiza: Asociación Cultural Traspés Colabora: Concello de Vigo Entradas: Servinova O Grupo de Música e Baile Tradicional Traspés é unha entidade adicada á recuperación, investigación, conservación e difusión do folclore. Este espectáculo amosa a través de relatos, música e baile, as vivencias dun tamborileiro que percorreu grande parte da xeografía galega por mor das inquedanzas do seu tío, o(...)
Quodlibet: 3 de marzo no auditorio municipal de Caldas de Eeis Combinación artística da música tradicional coa académica, protagonizada polo instrumento clave das nosas romarías: a gaita acompañado dun extraordinario e completo amigo coma o Piano. Asi é como se define este duo de gaita e piano que se forma en maio do 2011 , coa posta en funcionamento do seu proxecto MIXTURA .
2011
Fol de Veneno e Media Ducia presentan "A Escote" no XXX Aniversario do monolito Pondaliano Este venres na Taberna A Eira de Ponteceso, e dentro das actividades culturáis desta semana en Ponteceso do XXX Aniversario do Monolito Pondaliano (http://www.lavozdegalicia.es/carballo/2011/08/28/0003_201108C28C8991.htm), terá lugar a presentación do CD "A Escote", dos grupos Fol de Veneno e Media Ducia. O acto empezará ás 22:30, e contará con algúns convidados, ata agora están confirmados Pedro Lamas co seu saxo, Fransy Gómez (Xiradela), Sonia Reborido, Ito de Arzúa coa súa tuba, as bailad(...)
RAIGAME, Espectáculo Castro-Floxo .Xornadas de Folclore O Grupo Castro-Floxo porá en escea a Raigame, un espectáculo que resalta música, baile e tradicións recompiladas nos máis de 30 anos de historia do colectivo. Seguindo o guión desenvolto recentemente no Auditorio Ilduara de Celanova , polo taboleiro irán pasando diferentes manifestacións tradicionais como eran os fiadeiros, as romarías, os pasarrúas de Cabezudos, o entroido, os xogos dos nenos... Desta vez contase coa colaboración dun Folión de Viana do Bolo, que fará tremer o teatro. Des(...)
Sábado 7 de maio de 2011 ás 21h Auditorio do Centro Sociocultural de Beade, Vigo (Pontevedra) O Grupo de Música e Baile Tradicional Traspés é unha entidade adicada á recuperación, investigación, conservación e difusión do folclore. Este espectáculo amosa a través de relatos, música e baile, as vivencias dun tamborileiro que percorreu grande parte da xeografía galega por mor das inquedanzas do seu tío, o gaiteiro Serafín. Nos seus espectáculos, Traspés recrea escenas pasadas,(...)