"Ricardo Portela"

2019

(Ultima actualizaci??09-07-2019)

XX Memorial Ricardo Portela (Pontevedra)

- concertos-

O venres 12 e o sábado 13 de Xullo de 2019 terá lugar na cidade de Pontevedra o Memorial Ricardo Portela. Este memorial organizado pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s en colaboración co Concello de Pontevedra, naceu hai 20 anos coa finalidade de honrar ao Gaiteiro de Viascón, firme defensor da dignidade da gaita e do gaiteiro e mestre recuperador da forma de interpretar este instrumento en toque pechado.

Durante os dous días nos que transcorre o Memorial, ademais da Mostra de artesanía de in(...)

2018

(Ultima actualizaci??07-09-2018)

Noite de música tradicional en Ouzande (A Estrada)

- concertos- A Fervenza de Ouzande-

Venres, 7 de setembro ás 22h no Campo da Festa de Ouzande.

Haberá posto de polbo e churrasco, así como servizo de bar.

As actuacións dos grupos convidados serán todas elas “a pé de campo”, mesturándose entre o público , tratando así de recuperar o sabor e ambiente das foliadas tradicionais, e procurando a maior participación posible dos asistentes. 

Actuacións Musicais

Os Xeitosos de Trazo (Trazo)

“Os Xeitosos de Trazo” nace por iniciativa municipal no inverno do ano 1979. Comeza c(...)

XIX Memorial Ricardo Portela (Pontevedra)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??12-07-2018)

- concertos-

Venres 13 e sábado 14 de xullo

Praza da Ferrarí­a

A Asociación de Gaiteir@s Galeg@s organiza un ano máis, o Memorial Ricardo Portela, que xa vai pola súa 19 edición e que volverá a traer á cidade de Pontevedra unha fin de semana chea de música tradicional galega.

Os pasarrúas, que traerán de novo o toque pechado ás rúas e prazas da cidade, estarán a cargo de "Os Gaiteiros das Rí­as Baixas", "Pola Vila", "Os Re-voltas", "Os Asubios" e "Os Boucisca", na tarde do venres; e "A.C. Picuí­ña"(...)

XIX Memorial Ricardo Portela (Pontevedra)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??08-07-2018)

-

Recorda que o vindeiro venres estaremos na praza da Ferraría no XIX Memorial Ricardo Portela, coa mostra de artesáns, pasarrúas, concertos e a homenaxe a María Grande Sobral, "Maruxa das Cortellas".

Non podes faltar!!!

2017

(Ultima actualizaci??07-07-2017)

XVIII Memorial Ricardo Portela (Pontevedra)

- concertos-

Venres 07 de xullo (Praza da Ferraría)

De 17.00h. a 21.30h. - XV Mostra de Artesáns de Instrumentos Tradicionais

17.30h. a 20.30h. - Pasarrúas: Gaiteiros das Rías Baixas, Enxebres de Cacheiras, Seitura, Gomes Mouro e Berros do Castro

21.00h. - Concerto: Tiruleque

Sábado 08 de xullo (Praza da Ferraría)

De 11.30h. a 14.00h. e de 17.00h. a 21.30h. - XV Mostra de Artesáns de Instrumentos Tradicionais

De 11.30h. a 13.30h. e de 17.30 a 20.30h. - Pasarrúas: A. C. Picuiña, Os Carunchos, Lubicáns(...)

(Ultima actualizaci??14-06-2017)

Concerto-Presentación do disco de Óscar Ibáñez "Aires de Pontevedra" en Ferrol

- concertos- Oscar Ibáñez- Toxos e Froles-

Mércores 14 de xuño ás 20:30h

Real Coro de Toxos e Froles.

Rúa Magdalena, 220.

Ferrol.

Óscar Ibáñez vai levar a cabo un concerto-presentación do seu último traballo discográfico "Aires de Pontevedra. Homenaxe a Ricardo Portela", no que tocará a gaita propiedade de Ricardo Portela, coas que o gaiteiro de Viascón gravou os seus discos.

(Ultima actualizaci??24-03-2017)

Homenaxe a Ricardo Portela

- concertos-

Venres 24 de marzo (coincidindo co 25 aniversario do seu pasamento)

Ás 12:30 na praza do concello de Cerdedo: Ofrenda floral

A partir das 17 h pasarrúas cos Gaiteiros das Rías Baixas, Os Alegres e o grupo Foula.

Ás 18.30h o descubremento dunha placa conmemorativa na rúa do Laranxo, 8.

A partir das 21 h no Teatro Principal: Gala Homenaxe

Ricardo Portela Bouzas (Viascón, 1920-Pontevedra-1992)

Ricardo foi o primoxénito do matrimonio de Emilio Portela e Adoración Bouzas. Emil(...)

2016

(Ultima actualizaci??08-07-2016)

Cantata Vernácula en Pontevedra

- concertos-

Venres 08 de xullo

Praza da Ferreria. Pontevedra. Galiza

A Nova Troba Truana no Memorial Ricardo Portela

2015

(Ultima actualizaci??21-08-2015)

Festival folclórico do Concello de Cotobade

- concertos-

Cotobade soará a folclore este venres 21 de agosto. Será a partir das 20.30 horas coa celebración do Festival Folclórico Concello de Cotobade, que incluirá unha homenaxe a Ricardo Portela seguida da actuación de todos os grupos folclóricos do municipio e da Banda de Música.

Todos os grupos folclóricos interpretarán unha peza en conxunto diante do busto de Ricardo Portela ao tempo que se realizará unha ofrenda floral e, ao remate, está previsto un desfile ata a Praza da Chan.

O festival te(...)

(Ultima actualizaci??03-07-2015)

XVI Memorial Ricardo Portela

-

A Ferrería acollerá os próximos 10 e 11 de xullo o XVI Memorial Ricardo Portela, que este ano celebra a súa 16 edición e que está consolidado como unha cita de referencia da nosa cultura, froito, un ano mais, da colaboración entre a Asociación de Gaiteiros Galegos e o Concello de Pontevedra.

Nesta décimo sexta edición contaremos novamente coa mostra de instrumentos tradicionais, na que participarán 12 prestixiosos artesáns de todo o país como son:

Afonso Castro. Gaitas

O Rosal

Alber(...)

(Ultima actualizaci??10-04-2015)

II Memorial Henrique Otero (Vigo)

- Os Carunchos- Noitarega-

Os vindeiros 14 e 17 de Abril de 2015 celebraranse en Vigo os actos do II Memorial Henrique Otero.

O martes 14 de Abril ás 19.00 horas terá lugar o I SIMPOSIO SOBRE A VIDA E A OBRA DO MESTRE HENRIQUE OTERO na BIBLIOTECA do CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA DE VIGO. (R/FELIPE PRÓSPERI).

 Os contidos do Simposio serán os seguintes:

- Datos inéditos do catálogo de obras do mestre Otero por Xaime Estévez Vila (alumno de Henrique Otero e profesor de gaita no conservatorio superior 1(...)

2014

(Ultima actualizaci??11-07-2014)

XV Memorial Ricardo Portela (Pontevedra)

- concertos-

Por fin xa temos aquí a programación da XV edición do Memorial Ricardo Portela.

Un ano máis a AGG e o Concello de Pontevedra colaboraron na organización deste evento que xa é unha cita anual para moitos amantes da cultura tradicional.

O programa será o seguinte:

Venres 11 de Xullo

17 h - 21:30 h.- Mostra de Artesáns de Intrumentos Tradicionais (Praza da Ferraría)

19:30 h.- Pasarrúas de "Gaiteiros das Rías Baixas" (Rúas e prazas da cidade)

21:00 h.- Actuación do "Co(...)

2013

(Ultima actualizaci??14-12-2013)

A AGG organiza unha Xornada de Percusión na Casa da Gaita (Viascón - Cotobade)

- concertos-

A AGG organiza o vindeiro sábado 14 de decembro unha xornada de percusión na Casa da Gaita, na que ademais haberá tempo para lembrar ao insigne gaiteiro Ricardo Portela, primeiro presidente da Asociación de Gaiteiros Galegos.

O programa será o seguinte:

10:30 h Charla: “Análise dos patróns rí­tmicos empregados na percusión tradicional galega no século XX”. Cristian Silva

11:15 h Charla: “A orixe da percusión tradicional galega”. Rosa Sánchez e Pablo Carpintero

12:00 h Desca(...)

(Ultima actualizaci??12-07-2013)

XIV Memorial Ricardo Portela (Pontevedra)

- concertos-

Un ano máis xa está aquí o Memorial Ricardo Portela que organiza a Asociación de Gaiteiros Galegos en colaboración co Concello de Pontevedra. Nesta ocasión continuamos na liña trazada a anterior edición coa colocación da mostra de artesanía e os concertos na Praza da Ferrería e pasarrúas ao longo de todo o día. Ademais aproveitaremos a ocasión para facer unha homenaxe ao emblemático gaiteiro Xan Tilve Castro, máis coñecido como Xan de Campañó de quen Ricardo Portela aprendeu o seu bo facer coa (...)

2012

(Ultima actualizaci??13-07-2012)

Memorial Ricardo Portela en Pontevedra

- concertos- Ricardo Portela-

A praza da Ferraría acollerá os vindeiros 13 e 14 de xullo o XIII Memorial Ricardo Portela que neste edición presenta importantes novidades, segundo explicaron a concelleira de Festas, Carme da Silva e a representante da Asociación de Gaiteiros galegos que colabora co Concello na organización do Memorial.

Nesta edición o Memorial desenvolverase o venres, 13 e o sábado, 14 de xullo na praza da Ferraría, onde compartirán espazo os concertos e a mostra de artesanía e instrumentos tradicionais. P(...)

2011

(Ultima actualizaci??28-10-2011)

"Oscar Ibáñez & Tribo" no 12 Festival Capodanno Céltico (Milán)

- concertos- Oscar Ibañez-

VENERDI’ 28 ottobre dalle ore 21

Nato a Pontevedra nel 1976. Insegnante di educazione musicale, specialista universitario in musica tradizionale galiziana e archivistica, dal 2004 lavora all’Archivio Sonoro del Servizio del Patrimonio Documentario e Bibliografico della Deputación de Pontevedra, dove sono raccolti più di ottomila registrazioni sonore della Galizia, a disposizione dei cittadini per la consultazione.

Comincia a suonare la gaita nel 1984 nel gruppo di Poio "Treboada". Tra il 198(...)

(Ultima actualizaci??13-07-2011)

Mañá remata o prazo para inscribirse no concurso do XII Memorial Ricardo Portela

- concertos- Ricardo Portela-

Mañá, 14 de xullo, remata o prazo para a inscrición para o concurso do Memorial Ricardo Portela na súa XII edición e que terá lugar o vindeiro sábado 16 de xullo. A inscrición deberá formalizarse no rexistro do Concello, e deberá constar o nome da formación, o número de componentes e o nome, enderezo e teléfono da persoa de contacto, así coma un pequeño currículo da agrupación.

Poderán participar agrupacións musicais tradicionais galegas no formato de cuarteto, quinteto ou sexteto, compostos (...)

(Ultima actualizaci??25-03-2011)

Inauguración da Casa da Gaita e Xantar Gaiteiro

-

O Concello de Cotobade e a Asociación de Gaiteiros Galegos teñen o pracer de convidarte o vindeiro sábado 26 de marzo do 2011 á INAUGURACIÓN DA CASA DA GAITA, que acollerá unha EXPOSICIÓN SOBRE A GAITA DE FOL e RICARDO PORTELA, un dos seus máximos expoñentes na provincia de Pontevedra. Ao remate terá lugar o XANTAR GAITEIRO que se celebrará por primeira vez neste emprazamento, no lugar de Quintán, 3. Viascón – Cotobade (ao lado de Restaurante Casa Manolo). Pontevedra.

PROGRAMA DA INAUGURAC(...)

2009

(Ultima actualizaci??23-04-2009)

Contracocheno na Fábrica de Chocolate de Vigo

- Festa-

Mércores 22 de abril ás 22:30

O Grupo de Música Tradicional Contracocheno é unha banda que se formou a partires do ano 2000. Escomenzaron a súa carreira dedicada a tocar en concursos, gañando o primeiro premio da Festa do Codillo de Mos e un terceiro premio no Memorial Ricardo Portela.

Máis adiante empezaron a facer diferentes concertos pola zona sur de Galicia e norte de Portugal. O seu repertorio consta de pezas tradicionais e propias.