"Regueifa Plataforma"
2009
O Blog Malmequer seleccionado para os premios RdL´09 Sempre é unha boa nova que premien ou "se lembren" de webs que apoian a música galega. E no caso de Malmequer esto é algo ben merecido!! O Blog de Malmequer foi seleccionado pola Organización dos V Premios RdL’09 da Facultade de CC.SS. e da Comunicación da Universidade de Vigo para competir nunha das sete categorías (neste caso Blogs e páxinas literarias) establecidas nesta edición. Tamén está "nominada" a web do Aturuxo Bar como MELLOR WEB EMPRESARIAL E CORPORATIVA e na sección d(...)
Fanny + Alexander: Estreando disco e videoclip Hoxe saiu por fin Alfaias, o novo disco. A edición en mp3 xa se pode descargar de balde no netlabel A Regueifa e a edición comercial en CD -para os poucos fetichistas do palpable que aínda quedan- irá chegando ás tendas ao longo das vindeiras semanas ainda que tamén o venderemos directamente a traves de A Regueifa Tenda a partir de mañán mesmo. Xunto co disco estreamos videoclip, o de enriba, do tema Espida de Credo, un dos temas máis bailables do disco con letra por certo de Emma Couceiro.Aqui (...)