"Rebulir"

Rebulir en Punxin (Ourense)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??13-02-2020)

- concertos-

O 2020 comezou forte para Rebulir. O vindeiro día 7 de Marzo estaremos con unha actuación de rúa na Festa do Xabarin e da Caza en Punxin (Ourense). Ata alí iremos todas as seccións oficiais para facer dous pases:

- As 12:30 h. - Con Baile, Pandereteiras, Cantareiros e Sección Instrumental

- As 17:30 h. - Só Sección Instrumental

Candaira no Entroido de Xinzo de Limia

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??31-01-2020)

- concertos-

Bos días amigos!!

Xa chega o #entroido, e este ano estaremos nas rúas de Xinzo de Limia o vindeiro 9 de Febreiro, no #DomingoOleiro, animando, bailando, cantando e pasandoo en grande.

Estaremos cos nosos compañeiros de Rebulir Cultura Tradicional

REBULIR NO ENTROIDO DE XINZO

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??30-01-2020)

- concertos-

REBULIR NO ENTROIDO DE XINZO !

Empezamos a tempada de actuacións con unha que nos fai ben ilusión. O Domingo 9 de Febreiro estaremos participando do Domingo Oleiro de Xinzo de Limia. Empezaremos as 12:00 h. e voltaremos despois de xantar, animando rúas e prazas co noso grupo de música tradicional, baile tradicional, pandereteiras e cantareiros.

Grazas a Comisión do Entroido de Xinzo 2020 por contar con nós !

2019

Rebulir - Inicio Curso 2019-2020 (Ramirás. Ourense)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??27-09-2019)

- concertos-

Venres 27 de setembro ás 20h

Centro Cultural O Picouto

Acto de Apertura do Curso 2019-2020 da Escola de Baile e Música Tradicional Rebulir

Venres 27 de Setembro as 20:00 h. no Centro Cultural de O PICOUTO

(Ultima actualizaci??21-09-2019)

Espectáculo Os Ollos de Miss Margaret - Vilamarí­n

- concertos- Rebulir-

Domingo 29 de setembro ás 20h no Auditorio Municipal de Villamarín

Chega a VILAMARÍN "Os Ollos de Miss Margaret" un espectáculo da AC. Rebulir de Ramirás en colaboración coa compañía teatral Arunrun e coa participación do Grupo de Teatro de Vilamarín. Sobre o escenario recréanse diferentes escenas vividas e sentidas pola nosa protagonista, e que nos achegan a Galicia dos anos 20. Un país de contrastes, cunha rica e variada cultura que era encarnada e transmitida polos seus habitantes du(...)

Romeria Rebuldeira - Peche de Curso 2019 (Ramirás)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??25-06-2019)

- concertos- Rebulir- Xisco Feijóo-

O vindeiro Domingo dí­a 30 de Xuño organizaremos a tradicional ROMARÍA REBULDEIRA que servirá como peche do curso 2018/2019. Nesta edición contaremos como grupo convidado cos amigos/as de A Ponte Vella de Teo, a quen visitamos fai unhas semanas. E por suposto, actuarán todas as seccións da nosa escola, contando con algunha sorpresa.

No marco da programación da xornada, que terá lugar no Centro Cultural O Picouto do Concello de Ramirás, tamén teremos xogos para os nenos e nenas, e pecharemos c(...)

(Ultima actualizaci??31-05-2019)

I Serán da Arnoia

- Festa-

Sábado 1 de xuño a partires das 18h na Queixeira

Participan: Airiños D´Arnoia, Orcellón, A.C. Barca de Loimil, Lembranzas Solpor, Rebulir, O Castriño de Rebordechán, Pandereteiras Celavella, A.C. Terras do Arenteiro, Os Estalotes, Os Biruxes do Carballiño, Flor de Toxo, As Faíscas de Boborás,...

(Ultima actualizaci??10-05-2019)

Noite de Fiadeiro en Vilavidal-Ramirás (Ourense)

- Festa-

Sábado 11 de maio dende as 17:30h

Organiza: Asociación Cultural REBULIR

PROGRAMA:

17:30 h. Apertura FEIRA de produtos artesáns e gastronómicos

Mostra de Oficios Artesáns

- Animación de rúa

- Xogos tradicionais con CCP Xaquín Lorenzo

17:30 h. OBRADOIROS para nen@s

Enredos e Brinquedos – con CCP Xaquín Lorenzo

As tamancas a escala – Tango Zapateiro

Peiteados e Pulseiras – Artesanía Mary

Xogos Cooperativos - Xurxemurxe

18:30 h. CONCERTO da Banda Municipal de Música de Rami(...)

(Ultima actualizaci??18-04-2019)

Estrea `Os Ollos de Miss Margaret´ en Celanova

- concertos-

Sábado 27 de abril a partires das 20h no Auditorio Municipal Ilduara Celanova

Rebulir e Arunrun Teatro, en colaboración co Grupo de Teatro de Vilamarin, presentan o Espectáculo “Os Ollos de Miss Margaret”.

Esta obra inclúe teatro, escenografí­a, baile e música tradicional para levar ao espectador a Galicia dos anos vinte a través da visión dunha estranxeira.

(Ultima actualizaci??17-04-2019)

Venrespirar ao Grândola (Ourense)

- Festa-

Venres, 26 de abril no Grándola (Praza de San Marcial)

15º Edición do Venrespirar, "Festa Tradicional Itinerante":

- 19.00 h.: Obradoiro "Bailar a Canda Os Tempos" con Chus e Carminha no local de A Galheira

- 22.00 h.: Concerto Baile Trad amenizado por Rebulir.

- 00.00 h.: FOLIADA. Anótate escribindo ao noso Facebook, ou no telf. 677090949; tamén podes facelo o propio día falando coa organización. Iredes tocando segundo a orde de inscrición.

O 26 de Abril dende as 19.00 h. até (...)

(Ultima actualizaci??09-04-2019)

A Coral De Ruada celebra o seu Centenario en Ourense

- concertos-

O Auditorio Municipal de Ourense acollerá este venres, día 12 de abril, ás 20.30 horas o concerto “De Ruada entre amigos”, no que a coral ourensá celebrará o centenario do seu nacemento. As persoas interesadas en desfrutar do espectáculo poderán recoller as entradas desde mañá ate o propio venres, de 9 a 14 horas, na recepción do Auditorio. Son gratuítas, cun máximo de 2 localidades por persoa. En caso de que quedaran entradas dispoñibles, poderíanse retirar tamén o propio venres pola tarde no d(...)

2018

(Ultima actualizaci??21-12-2018)

XIII FIR-Festival Internacional Rebulir 2018

- concertos- Rebulir-

20 - 23 de Decembro 2018

Gala Central: Sábado 22 de Decembro. 19:00 h.

Ramirás - Celanova - Ourense

PROGRAMA:

XOVES 20 DE DECEMBRO

11:30 h. Presentación e APERTURA do Festival

Centro Cultural Marcos Valcarcel. Ourense

13:30 h. Inauguración da EXPOSICIÓN “As imaxes do Alén”

Centro Cultural de O Picouto. Ata o 31 de Decembro

15:00 h. Animación “aprendemos un mundo”

Residencia de Maiores “O Mosteiro”

19:30 h. OBRADOIROS

19:30 h. “Xogos e Bailes do mundo”

21:00 h. “Risoterapia Et(...)

(Ultima actualizaci??12-09-2018)

Escola de Baile e Música Tradicional REBULIR (Ramirás. Ourense) - Curso 2018/2019

- concertos-

Comeza un novo curso en Rebulir con moitas novidades e ilusión. Para coñecer todas as novas podedes asistir ao acto de presentación do curso que terá lugar o VENRES día 28 de SETEMBRO no local social de San Andrés (Vilavidal).

Se queredes facer algunha pregunta concreta previa a este acto podedes escribirnos a rebulir@hotmail.com e respostaremos de inmediato.

Xa podedes facer a vosa PREINSCRIPCIÓN, xa que teremos PRAZAS LIMITADAS nas diferentes disciplinas ofertadas.

Rebulir en Cartelle

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??12-07-2018)

- concertos-

Sábado, 14 de xullo

Cartelle, 32820 Cartelle (Ourense)

Este Sábado dí­a 14 de Xullo as 20:30 h. poderedes ver unha actuación de Rebulir Cultura Tradicional no marco da programación das Festas San Benito 2018 do Concello De Cartelle. Alí­ estaremos as diferentes seccións de Rebulir: Grupo de Música tradicional, pandereteiras e pandeireteiros e grupo de baile.

(Ultima actualizaci??14-03-2018)

VIII edição do festival ‘Português Perto’ em Ourense

- concertos-

Un ano máis, o campus de Ourense volverá a abrir as súas portas para homenaxear e difundir a cultura lusófona coa celebración de Português Perto. Aquelas nossas músicas. A oitava edición desta iniciativa, asentada xa no calendario cultural universitario, celebrarase do 12 ao 16 de marzo. Entre as novidades deste ano está unha exposición de banda deseñada sobre as Cantigas de Santa María.

O día 15 de marzo, Tiago Pereira presentará o proxecto A música portuguesa a gostar dela propia, e a sala (...)

(Ultima actualizaci??19-01-2018)

Cerimonia VIII Premio X. Prado Lameiro (Ourense)

- concertos-

Venres 19 de xaneiro ás 20:30h

Teatro Principal de Ourense.

O acceso ao Teatro é libre ata completar aforo.

Actuarán: Grupo de Teatro Xabier Prado Lameiro, Colectivo Rebulir, Coral de Ruada.

A Asociación Cultural Rebulir recollerá o vindeiro venres día 19 de Xaneiro as 20:30 h. no Teatro Principal de Ourense o VIII Premio Xabier Prado Lameiro da Cultura Galega que otorga a Coral de Ruada. Deste xeito, a asociación ramirense súmase a outros nomes ilustres no eido da cultura tradicion(...)

(Ultima actualizaci??05-01-2018)

Reis MAGOS e Cantos de Reis en Ramirás

- concertos-

Venres 5 de xaneiro ás 15:30h

Concello de Ramirás.

Rúa Manuel Vázquez Álvarez, s/n . O Picouto.

As Súas Maxestades os Reises Magos de Oriente confirman un ano máis a súa visita a Ramirás convidados pola asociación cultural Rebulir e polo Concello de Ramirás. Será o vindeiro Venres día 5, e farán un percorrido por diferentes lugares destas terras. Comezarán facendo un roteiro polas aldeas da zona máis alta do Concello, para posteriormente facer unha parada na residencia da terceira idad(...)

2017

(Ultima actualizaci??13-12-2017)

XII FIR - Festival Internacional Rebulir (Ramirás, Ourense)

- concertos-

Xoves 14 de decembro ás 11:00h

Concello de Ramirás.

Rúa Manuel Vázquez Álvarez, s/n . O Picouto.

PROGRAMA

Todas as actividades GRATUITAS

XOVES 14 de Decembro

Presentación e APERTURA do Festival

Pazo Provincial da Deputación de Ourense

15:30 h. Animación

Residencia de Maiores “O Mosteiro” con Xurxemurxe

17:30 h. Inauguración da EXPOSICIÓN “As imaxes do Alén”

Centro Cultural de O Picouto. Durará ata o 31 de Decembro

20:00 h. O(...)

(Ultima actualizaci??10-11-2017)

Magosto en Rairiz de Veiga (Ourense)

- Festa-

Este venres día 10 de Novembro o grupo de música tradicional Rebulir estará animando o Magosto do Bar Minero en Rairiz de Veiga. Animádevos para pasar unha tardiña de festa !!!

(Ultima actualizaci??24-09-2017)

Rebulir Curso 2017/18. Presentacion

- concertos-

ACTO de PRESENTACIÓN do CURSO 2017-218

Venres 29 de Setembro. 19:00 h. Local de Rebulir (Vilavidal)

_____________________________________________________

Un novo curso está próximo a comezar en Rebulir Cultura Tradicional. E xa van 12 anos desde que comezamos a nosa andaina, pero voltamos coas mesmas ganas e enerxía de sempre, e se cabe, con máis ilusión por poñer en marcha novos proxectos! HAI QUE POÑERSE MÁNS A OBRA !!!

O vindeiro Venres día 29 de Setembro teremos a tradicional presentac(...)