"Raigame"

2019

(Ultima actualizaci??19-06-2019)

Festas de San Xoán Santiago de Compostela 2019

- concertos-

Do 21 ao 23 de xuño

PROGRAMA Todas as actividades son na PRAZA DE MAZARELOS a menos que se indique outra localización. VENRES 21 DE XUÑO18 h a 00 h. Festival de San Xoán na praza de Mazarelos: Mercadiño artesán con demostración ao vivo, 'Espazo Palleiro' para peques e zona gastronómica 'Área Asardiñada'. Entrada de balde.

18 h a 20 h. Obradoiro de pintado de pratiños decorativos de polbo. Actividade de balde para todos os públicos.

19:30 h a 21:30 h. Obradoiro de baile tradicional(...)

(Ultima actualizaci??10-05-2019)

IV Homenaxe a Henrique Otero en Vigo

- concertos-

Venres 10 de maio a partires das 20h no Auditorio David Russell

Banda de gaitas Raigames

Bandas de gaitas do Alumnado do CMUS Vigo

A.F Breogán de Moaña

Cans de Palleiro de Bembrive

2018

(Ultima actualizaci??21-12-2018)

XIII FIR-Festival Internacional Rebulir 2018

- concertos- Rebulir-

20 - 23 de Decembro 2018

Gala Central: Sábado 22 de Decembro. 19:00 h.

Ramirás - Celanova - Ourense

PROGRAMA:

XOVES 20 DE DECEMBRO

11:30 h. Presentación e APERTURA do Festival

Centro Cultural Marcos Valcarcel. Ourense

13:30 h. Inauguración da EXPOSICIÓN “As imaxes do Alén”

Centro Cultural de O Picouto. Ata o 31 de Decembro

15:00 h. Animación “aprendemos un mundo”

Residencia de Maiores “O Mosteiro”

19:30 h. OBRADOIROS

19:30 h. “Xogos e Bailes do mundo”

21:00 h. “Risoterapia Et(...)

(Ultima actualizaci??17-04-2018)

V Memorial Henrique Otero (Vigo)

- concertos-

Sábado 21 de abril ás 19:30h no Auditorio Martin Códax do Conservatorio Superior de Música de Vigo

Participan: Abóbriga, Agrupación Folclorica Breogán de Moaña, Conservatorio Superior de Música de Vigo, Contracocheno, Lumieira, Mayeusis Conservatorio das Artes, Noitarega, Penaveira, Raigames

2016

(Ultima actualizaci??13-05-2016)

ROMERIA ETNOGRAFICA RAIGAME en Vilanova dos Infantes (Celanova)

- Festa-

Martes 17 de maio

Vilanova dos Infantes

Con obradoiros, artesans, postos de comida, xogos populares e moito vaile tradicional,

(Ultima actualizaci??22-04-2016)

III Memorial Henrique Otero, o gaiteiro do Fragoso (Vigo)

- concertos-

Sábado 23 de abril ás 19:30h no Conservatorio Superior de Música de Vigo. Neste memorial veremos unha mostra das obras para gaiteiro solista creadas por Otero.

Programa

- O gaiteiro rentroncón (1993)

Gaita: Martín González Bernárdez

Tambor: Abel González Bernárdez

Alumnos do Conservatorio Superior de Música de Vigo

- Alborada de Pontevedra (1990)

Gaita: Xosé Oliveira

Tambor: Manuel Alonso

Bombo: Xosé María Gutiérrez

- Jota do gaiteiro do Fragoso (1991); Brumas do mar de Vig(...)

(Ultima actualizaci??12-03-2016)

VI Festival Cans De Palleiro (Vigo)

- concertos-

Sábado 12 de marzo

Centro Cultural Helios Bembrive

Actuarán:

- Asociación cultural A Seneira (Baiona)

- Grupo de Gaitas e Pandereteiras da Escola da A. C. F. O Fiadeiro

- Banda de Gaitas Raigames

- Grupo de gaitas Cans De Palleiro

2015

(Ultima actualizaci??02-09-2015)

Foliada en Vilalba

- Festa-

Xoves 3 de setembro a partires das 21h

Praza de Santa María, Vilalba

Os grupos tradicionais vilalbeses organizan unha foliada para as festas patronais, á que quedades todos convidados.

Terá lugar o vindeiro xoves 3 de setembro a partir das nove da noite.

Os protagonistas deste evento cultural serán Buxos Verdes, Entre Lusco e Fusco, a Asociación Cultural de Andrade, a banda de gaitas Mato Vizoso e as asociacións de veciños de Nete e Sancovade, que comezaron a súa andaina na música t(...)

(Ultima actualizaci??10-04-2015)

II Memorial Henrique Otero (Vigo)

- Os Carunchos- Noitarega-

Os vindeiros 14 e 17 de Abril de 2015 celebraranse en Vigo os actos do II Memorial Henrique Otero.

O martes 14 de Abril ás 19.00 horas terá lugar o I SIMPOSIO SOBRE A VIDA E A OBRA DO MESTRE HENRIQUE OTERO na BIBLIOTECA do CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA DE VIGO. (R/FELIPE PRÓSPERI).

 Os contidos do Simposio serán os seguintes:

- Datos inéditos do catálogo de obras do mestre Otero por Xaime Estévez Vila (alumno de Henrique Otero e profesor de gaita no conservatorio superior 1(...)

2014

(Ultima actualizaci??01-07-2014)

Festival de Verán-Encontros Musicais de Ames

- concertos-

Programación

— Venres, 4 de xullo:

• 20 h: Cé Orquestra Pantasma. O clásico home orquestra na súa versión para os máis pequenos.

• 21:30 h: A Requinta da Amaía. Obradoiro baseado na participación do público. Música en directo, xogos e sinxelas danzas de grupo.

• 22:30 h: Concerto dos Cempés. O mítico grupo ferrolán presenta o seu último disco, Tentemozo.

— Venres, 11 de xullo:

• 20:00 h: Dani García con Don Gelatti: comedia máxica onde a expresión corporal substitúe ás palabras(...)

2013

(Ultima actualizaci??15-05-2013)

XII Romaria Raigame

- Festa- Raigame- festivais-

(mais información no enlace)

A localidade de Vilanova dos Infantes, Celanova, celebra o venres, día 17 de maio, unha nova edición da Romería Etnográfica Raigame, declarada de Interese Turístico Galego.

O burgo medieval verá transformada unha vez máis a súa fisonomía para revivir vellas romerías de principios do século XX, albergar espectáculos, reunir oficios tradicionais e ofrecer a mellor gastronomía da nosa terra.

2012

(Ultima actualizaci??14-05-2012)

XI Romarí­a Raigame

- Festa-

A celebración da Romaría Etnográfica Raigame, que cada ano ten lugar en Vilanova dos Infantes coincidindo coa celebración do Día das Letras Galegas, enmárcase dentro do proxecto de posta en valor do núcleo medieval de Vilanova dos Infantes, como un elemento máis do potencial turístico-cutural que oferta Celanova dentro do programa “Celanova, un paseo pola historia de Galicia” que pretende dar a coñecer os momentos máis importantes da historia de Galicia a través dun curto percorrido xeográfico, (...)

2011

(Ultima actualizaci??17-10-2011)

Premio "Xabier Prado Lameiro" 2011 ao Colectivo Castro Floxo

- Coral de Ruada- Castro Floxo- Toxos e Froles-

O Xurado do premio "Xabier Prado Lameiro" ven de conceder o recoñecemento 2011 ao COLECTIVO CASTRO-FLOXO DE OURENSE "polo traballo que ó longo de máis de trinta anos levan realizando no campo da investigación, conservación e divulgación do noso folclore tradicional, non só a través da danza, senón tamén por medio de tódalas demais manifestacións etnográficas que a acompañan, como son a música, as súas vestimentas e os costumes que xiran arredor da mesma.".

ACTA DO XURADO.

_____________(...)

(Ultima actualizaci??01-08-2011)

RAIGAME, Espectáculo Castro-Floxo .Xornadas de Folclore

- concertos- Raigame- Castro-Floxo-

O Grupo Castro-Floxo porá en escea a Raigame, un espectáculo que resalta música, baile e tradicións recompiladas nos máis de 30 anos de historia do colectivo.

Seguindo o guión desenvolto recentemente no Auditorio Ilduara de Celanova , polo taboleiro irán pasando diferentes manifestacións tradicionais como eran os fiadeiros, as romarías, os pasarrúas de Cabezudos, o entroido, os xogos dos nenos... Desta vez contase coa colaboración dun Folión de Viana do Bolo, que fará tremer o teatro.

Des(...)

(Ultima actualizaci??09-05-2011)

ESPECTÁCULO ROMARÍA RAIGAME

- concertos- Romaría- Raigame- Castro Floxo- festivais-

Castro-Floxo, Escola Provincial de Danza

O grupo Castro Floxo sintetizará nun espectáculo a xeito de homenaxe o que é Romaría Raigame no X Aniversario da súa celebración. Deste xeito aparecerán no escenario as múltiples esceas que identifican a Romaria: A música, o baile, os artesáns, os xogos, animación de rúa...

A representación vai máis aló do taboleiro como espazo físico, haberá momentos para a mistura co público, incluso a media tarde haberá un pasarrúas pola Vila de Celanova, facendo(...)

2010

(Ultima actualizaci??10-05-2010)

IX ROMARIA RAIGAME

- Festa- festivais-

Un ano máis chega polo 17 de maio a Romaría Raigame, en Vilanova de Infantes (Celanova). O pobo da un salto no tempo para acoller a artesans, postos de comida e bebida, bailadores, cantadores, músicos, Animación de rúa, xogos tradicionais... e un sen fin de actividades lúdicas durante toda a xornada. Non hai mellor xeito de celebrar o día das nosas letras que como o facian os nosos devanceiros nas Antigas Romarías.

Aquí vos deixamos o enlace ao Programa que Alala lle adicou a esta festa e má(...)

2009

(Ultima actualizaci??11-05-2009)

VIII ROMARIA RAIGAME

- romaria- raigame- festivais-

Coma todos os 17 de Maio, o Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo e mais o Concello de Celanova organizan a Romaría Raigame, que este ano cumpre oito anos. O lugar elexido é o pobo de Vilanova dos Infantes, situado ao carón de Celanova.

Durante todo o día xuntaránse a armar troula músicos, bailadores, regueifeiros, cantareiras/Os, artesáns, taberneiros, animadores de rúa, etc. A festa xa é un referente no almanaque para todos aqueles que lles guste disfrutar un día ao xeito máis enxebre e (...)

2008

(Ultima actualizaci??16-12-2008)

Concierto de “bOnOvO” na Fnac, un proxecto nacido das inquedanzas de 3 músicos

- concertos- Grupo Doa-

Un novo son é a base desta formación que funde tres instrumentos e

personalidades propias nunha simbiose musical imprevisíble.

Tres músicos galegos: Oscar Fernández, Roberto Grandal e Pulpiño

Viascón, com traxectorias musicais moi dispares (“Os Cempés”,

“Diplomáticos de Monte Alto”, “Budiño”, “Susana Seivane”) confluiron

nun innovador proxecto de zanfonas, acordeóns e percusións

electrónicas que véu a luz no 2007 e que se plasmou nun disco que

foi presentado na Fnac.

A fusión (...)

HOXE ALALA DE CASTRO FLOXO

-

Hoxe, luns, día 23/06/2008

Hoxe o Alalá vai facer unha viaxe no tempo da mellor forma posible: indo de romaría a Vilanova dos Infantes. Alí os veciños ceden os baixos das súas casas para que se instalen artesáns que veñen de toda Galicia amosar o seu saber tradicional. Así que se queredes aprender oficios, bailar, cantar ou comer como facían os nosos avós este é o lugar; o único requisito é vir con ganas de divertirse e de aprender un pouco máis sobre nós mesmos. A Romaría Raigame só s(...)