"Petiscos Musicais"

2012

(Ultima actualizaci??09-11-2012)

Músicas Doces en Arzúa - Petiscos musicais na hora do café

- concertos- Xoan Curiel- Mónica de Nut- Davide Salvado- Ugia Pedreira- aCentral Folque-

As Músicas Doces son petiscos musicais servidos á hora do café, na sobremesa das tardes; pasteis sonoros á luz do día. A confitaría La Esquina de Arzúa acubilla este ciclo de concertos de pequeno formato para audiencias reducidas, lugares íntimos e próximos para conectar público e artistas. Entre novembro do 2012 e xuño do 2013 La Esquina convértese no lugar máis atractivo onde parar en Arzúa.

2º DOMINGO DE MES

domingo, 11 de novembro - Xoan Curiel

domingo, 9 de decembro - Mónica de Nut

domingo, 13 de xaneiro - Celso Sanmartín

domingo, 10 de febreiro - Davide Salvado

domingo, 10 de marzo - Ugia Pedreira

domingo, 14 de abril - Ariel Ninas

domingo, 12 de maio - Benxamín Otero

domingo, 9 de xuño - Carlos Quintá

(Ultima actualizaci??13-04-2012)

Petiscos Musicais en A Escondida (Espasante)

- Petiscos Musicais- aCentral Folque-

Os Petiscos Musicais son concertos para o bo padal e mellor ouvido do público, servidos con xantares propios a cada acción musical que se presenta. A Escondida é o café concerto de Espasante, aló no porto, onde o cheiro a mar e a guiso confúndese co bruar de Ortegal e as melodías da mellor música popular.

Recitais e cociña nun ambiente propio. Cantar, bailar e saber comer: Acrobata, NARF, Primordias e Ariel Ninas servidos con receitas en variacións de legumes e fabas por Marina Oural Villapol(...)

(Ultima actualizaci??27-03-2012)

2º Petisco Musical: Gastrofonías na Casa das Crechas

- concertos- Petiscos Musicais- aPenultima- Crechas- aCentral Folque-

"Gastrofonías" música e gastronomía a partes iguais

O dúo con sabor Comisa Bal (violino trompeta+acordeón piano) e o restaurador Rafa Triñanes presentan Gastrofonías, unha demostración a tempo real de pratos e melodías condimentadas para o bo padais e mellor ouvido. Mentres os músicos tocan, o restaurador preparará unha receitas inspiradas na súas melodías

Data: 27 de marzo de 2012

Hora: 22.30 horas

Lugar: Casa das Crechas. Santiago

En palabra, obra e acción aCentral vive dunha maneira (...)