"Patrimonio"

Vitorino: Lendas da Música Portuguesa. En Espinho (Portugal)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??30-08-2019)

- concertos-

30 e 31 de agosto

O Hotel Casino Chaves e o Casino Espinho recebem, em Agosto, mais uma “Lenda da Música Portuguesa”, o autor, compositor e intérprete Vitorino Salomé. Com trinta obras editadas, este grande embaixador da música popular alentejana já foi companheiro de palco de outros grandes artistas, como José Afonso, Adriano Correia de Oliveira, Sérgio Godinho ou Rui Veloso. Cantor coerente e fiel às suas origens, Vitorino Salomé viajou por várias formas e correntes musicais que o transf(...)

(Ultima actualizaci??28-08-2019)

XXXI Festa Da Istoria. Ribadavia

- concertos-

Xoves 29 de agosto

23:00

CONCERTO “SON DA ISTORIA”, HABELAS HAINAS

Grupo de Música Folk, Praza da Madalena

Venres 29 de agosto

10:30

X CERTAME DE PINTURA RÁPIDA

Incricións no Club Artístico de 10:30 a 11:30 h

Polas prazas e rúas do Centro Histórico

11:30

APERTURA DO MERCADO ARTESANAL

Na Alameda

11:30 a 15:00 e 18:00 a 23:00

11:30

APERTURA DAS PORTAS DO CASTELO

Animación, teatro, recreacións históricas, oficios da época e música

Castelo dos Sarmiento (Entrada libre(...)

(Ultima actualizaci??24-07-2019)

17º Ribeira Sacra Festival Ribeira Sacra Patrimonio (Castro Caldelas)

- concertos-

Venres 26 xullo ás 20,00hs

No Castelo de Castro Caldelas

Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre

Os amigos dos músicos

Aldaolado

No Mosteiro de Santa Cristina

Benxamín Otero & Germán Díaz

(Ultima actualizaci??20-06-2019)

Festival Daquelas que cantan (Mos, Pontevedra)

- concertos- Malvela- Uxía Senlle-

I Festival Daquelas que cantan: A voz das mulleres no Camiño portugués, un festival pioneiro en Galicia de voces de mulleres que se vai celebrar en Mos (Pontevedra) os próximos 21 e 22 de xuño.

Un encontro de música vocal protagonizada polas mulleres, que teñen sido depositarias da nosa memoria colectiva, do noso patrimonio inmaterial.

👉PAZO DE MOS (Mos, Pontevedra)

📢 VENRES, 21 DE XUÑO:

🕔 16:00 - 19:00: Obradoiro de cante alentejano con Celina da Piedade (P(...)

Xacarandaina en A Estrada (DANZA 3)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??07-06-2019)

- concertos- Xacarandaina-

Un ano máis presentamos xunto a ACF O Fiadeiro e Cantigas e Agarimos o ciclo de Espectáculos de Baile e Música Tradicional, DANZA 3. Con esta edición de 2019 de Danza 3, colaboramos por sétimo ano consecutivo co colectivo XOC, traballando para dar visibilidade ao folclore galego e pola recuperación do noso Patrimonio inmaterial.

Comezamos coa actuación dos Pandereteiros de Xacarandaina, Os do Fondo da Barra no RECINTO FERIAL DA ESTRADA o vindeiro 8 DE XUÑO ás 12.30h.

(Ultima actualizaci??30-01-2019)

SondeSeu en Vigo - Illas Cíes Patrimonio da Humanidade

- concertos-

Sábado 2 de febreiro, con Rosa Cedrón, Vanesa Muela, Luís Peixoto, Xuacu Amieva, Toño Domínguez, Orfeón Treixadura e O Fiadeiro.

A orquestra folk SondeSeu ofrece un concerto moi especial o vindeiro sábado 2 de febreiro no Auditorio Mar de Vigo, dedicado á promoción das Illas Cíes como Patrimonio da Humanidade e organizado polo Concello de Vigo. Nel presentarán o seu quinto disco, ‘Beiralúa’, que saíu á rúa o pasado maio. Este novo traballo convida á danza colectiva, á colaboración de artista(...)

2018

Balbino - Un espectáculo de Cantigas e Agarimos - en Vila de Cruces

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??03-11-2018)

- concertos- Cantigas e Agarimos-

Sábado, 3 de novembro, ás 20:30h no Auditorio Xosé Casal

Cantigas e Agarimos remata a viaxe do seu espectáculo “balbino”, no Concello de Vila de Cruces, para celebrar o día de Xosé Neira Vilas. Este espectáculo encádrase dentro do Ciclo DANZA3 da Agadic e conta coa colaboración do Concello Vila de Cruces.

O baile e a música, como recursos obvios, así como outros non tan previsibles pero enormemente relevantes, acompañan a un reparto de máis de 90 artistas para situar ao público no escen(...)

(Ultima actualizaci??12-09-2018)

TradEscola (Lugo) - Curso 2018/2019

- concertos-

Chega setembro e na TRADESCOLA, o centro de ensino de música e de baile tradicional xestionado pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s en Lugo, abrimos o prazo de matrícula para nov@s alumn@s nas aulas de música e baile tradicional (nen@s e adultos) para o curso 2018/2019, que se iniciará o 17 de setembro. (O prazo de matrícula estará aberto dende o día 5 ata o día 21 de setembro).

Na Tradescola impartimos as seguintes materias: gaita, zanfona, acordeón, baile tradicional, pandeiro, canto e pan(...)

(Ultima actualizaci??20-07-2018)

XIII Festival da Chaira (A Pastoriza. Lugo)

- concertos- festivais-

Sábado, 21 de xullo

A XIII edición do Festival da Chaira organizado pola Asociación A Chaínza será o 21 de xullo en Baltar, A Pastoriza. Todas as actividades programadas realízanse na contorna da área recreativa da praia fluvial da Riboira. Este festival tenta promover a defensa, protección e divulgación do patrimonio cultural galego.

A asociación cultural A Chaínza leva doce anos encargándose de definir o programa do Festival dá Chaira.

Este ano, o programa dará comezo coa Ruta A E(...)

Foliada Cultural en Celanova

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??07-07-2018)

- Festa-

Este sábado, 7 de xullo de 2018, terá lugar en Celanova unha nova edición da FOLIADA CULTURAL. Un percorrido no que o patrimonio de Celanova se mestura co son da música tradicional.

Este evento tivo como inicio as foliadas organizadas por iniciativa espontánea dun grupo de persoas amantes da música tradicional e músicos coma Alexandre Ruíz, nas que se convidaban a veciños e visitantes a unirse a unha xornada festiva coa música tradicional como protagonista polas distintas tabernas e bares d(...)

Encontro de Tocadores 2018

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??30-05-2018)

- concertos-

Venres 1 de xuño ás 17:00h

Caminha.

O Encontro de Tocadores consiste num evento de três dias que junta tocadores de instrumentos tradicionais de gerações distintas. Através dos tocadores convidados, que são na sua maioria “símbolos” de um saber que se esgota, fomenta-se a partilha de reportórios e técnicas instrumentais de Portugal e da Galiza e perpetua-se a importância do “saber tocar de ouvido”, a aprendizagem da música sem pautas.

Em encontros informais, os participantes têm a po(...)

Miro Casabella en Moaña

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??12-05-2018)

- concertos-

O sábado 12 de maio ás 22:30 horas e cunha entrada anticipada de 3€, concerto de Miro Casabella no Var Con Uve, teléfono de reservas 986 31 09 91.

Miro Casabella é o último representante en activo de Voces Ceibes, foi galardoado co Premio Especial da música Var con Uve 2010, no apartado do patrimonio musical de Galicia, pola súa aportación singular á historia musical de Galicia, recoñecéndolle o importante labor feito polo grupo Voces Ceibes nos anos 60, cando aínda cantar, e moito máis en gale(...)

Foliada de Montemaior (Laracha)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??06-05-2018)

- Festa-

Sábado 12 de maio ás 20:00h

Montemaior Laracha.

O vindeiro sábado 12 de maio compartiremos música e baile nunha Foliada no Hospital dos Peregrinos no Campo de Santa Margarita de Montemaior (A Laracha).

Montemaior é un deses pequenos grandes lugares para a nosa música. Un de tantos baluartes bergantiñáns do patrimonio musical. E neso, na conservación, transmisión e difusión do saber de Montemaior xogou e xoga un papel indispensable, vital e transcendental, Olimpia, máis coñecida como O(...)

2017

(Ultima actualizaci??16-12-2017)

Gala Ano do Patrimonio en Cangas

- concertos-

Sábado 16 de decembro a partires das 20h no Auditorio de Cangas

A gala estará presentada pola actriz Isabel Risco e contemplará actuacións de regueifa, teatro e música relacionadas con diferentes aspectos patrimoniais.

Teatro de Ningures, que actualmente se atopa traballando na montaxe que levará a cabo no evento de Cangas 1617: A Defensa da Vila, representará un fragmento do xuízo que se lle fixo a María Soliña, no que se lle acusaba de meiga. Tamén se reproducirá unha visión lírica poét(...)

(Ultima actualizaci??17-11-2017)

O Fiadeiro en Baltar

- concertos- O Fiadeiro-

AGRUPACIÓN O FIADEIRO

dentro do ciclo...

DANZA 3 - Folclore na rúa

Sábado 18 de novembro de 2017 ás 22:00h

Lugar: Baltar (no pabellón de deportes)

Entrada: de balde.

Organiza: Agadic, Concello de Baltar

O proxecto Danza 3 levado a cabo conxuntamente entre o AGADIC e as agrupacións Cantigas e Agarimos de Santiago de Compostela, Xacarandaina de A Coruña, e o grupo de baile e música O Fiadeiro de Vigo, pretende dignificar e amosar a riqueza do extenso e amplo patrimonio inmaterial da C(...)

(Ultima actualizaci??13-10-2017)

Balbino (espectáculo de Cantigas e Agarimos) en Vilalba

- concertos-

Domingo 15 de outubro ás 20:30h

Auditorio Municipal Carmen Estévez

Villalba.

Cantigas e Agarimos viaxa a Vilalba co seu espectáculo “balbino”, dentro do programa DANZA3 da Agadic e coa colaboración do Concello de Vilalba.

O baile e a música, como recursos obvios, así como outros non tan previsibles pero enormemente relevantes, acompañan a un reparto de máis de 90 artistas para situar ao público no escenario vital dun neno de aldea, pero dende un punto de vista orixinal. A novela “Me(...)

(Ultima actualizaci??14-07-2017)

XII Festival da Chaira (A Pastoriza. Lugo)

- concertos- festivais-

Sábado 15 de xullo

Pastoriza.

Dendee as 12.00 h. da mañá ata a mañá seguinte con música, xogos tradicionais, campionato de billarda, teatro para nenas, nenos e non tan nenos e unha ruta de sendeirismo para promocionar o patrimonio d´A Chaira

Concertos:

20:00 h: Foliada aberta con OS AMIGOS DO CALDEIRO e GAIA PANDEIRETEIRXS

23:00 h: ANDOA, CHARANGA MEKÁNIKA, FESTICULTORES TROUPE, DJ CHAFU

(Ultima actualizaci??29-06-2017)

Foliad@len en san Cristovo de Cea (Ourense)

- Festa-

Venres 30 de xuño ás 21:00h

Lareira da Alén.

San Cristovo de Cea.

Dicía Xosé Filgueira Valverde que a FOLIADA era unha “reunión de aldeáns para divertirse cantando e bailando”. No diccionario Galego da Rima (1950) apuntábase que era unha “diversión nun souto, eira, turreiro ou casa grande, onde se baila e fanselle as beiras as mozas” engadindo que a denominación de “fiadas” ou “foliadas” ou “filazones” provén da época dos brigantinos, primeiros poboadores de Galicia (Brigo, patriarca d(...)

(Ultima actualizaci??16-06-2017)

Tiruleque nas Lendas da Pena Molexa 2017 en Narón

- concertos- Tiruleque-

Sábado 17 de xuño ás 22:00h

Tiruleque.

A Coruña.

O Padroado da Cultura de Narón e a Asociación de Veciños “Os Irmandiños”, do Val, organizaron un ano máis un completo programa de actos con motivo da Recreación das Lendas da Pena Molexa. O 17 de xuño será a xornada na que se concentren a maioría dos actos programados e na que se represente a tradicional Lenda da Fada da Pena Molexa. Tanto desde o Padroado da Cultura como desde a entidade veciñal “Os Irmandiños”, convidan á veciñanza a p(...)

(Ultima actualizaci??20-01-2017)

Irei a Darbo

- concertos-

Sábado 21 de xaneiro ás 20:30h

Cineclub Bueu.

Centro Social do Mar.

Bueu.

Proxección da curtametraxe 'Irei a Darbo', de romería un século despois.

O grupo Trébede da asociación cultural Peis d'hos, liderado polo bailarín e mestre de baile tradicional Miguel Sotelo, recreou unha romería a principios de século XX, partindo dun cadro do pintor Carlos Sobrino. Nela participaron un total de 18 actores e 145 extras que traballaron en conxunto, caracterizados a nivel de vestiario e atrez(...)

2016

(Ultima actualizaci??02-12-2016)

Música portuguesa a gostar dela própria, Gabriel Schwartz e Foliada en Vilar de Santos

- concertos-

Sábado 3 de decembro ás 20:00h

A Arca da Noe.

Rua do Forno, 13, Vilar de Santos.

Ourense.

Sábado, às 20h00, aterra na Arca, o projeto A Música Portuguesa a gostar dela Própria. Estará connosco Tiago Pereira para apresentá-lo.

A Associação Música portuguesa a gostar dela própria tem, desde 2011 com o trabalho do realizador Tiago Pereira, vindo a criar uma consciencialização para o conhecimento e importância de um património vivo e muitas vezes esquecido de tradição oral, cantigas, ro(...)

(Ultima actualizaci??24-11-2016)

IREI A DARBO. Presentación da curtametraxe en Cangas

- concertos-

Sábado 26 de novembro ás 21:30h

Auditorio Cangas.

Avenida de Lugo, 27.

Cangas.

"Irei a Darbo", de romería un século despois.

O Domingo 25 de setembro, no adro de Darbo, levouse a cabo a gravación dunha curtametraxe de ficción que mantivo expectante á parroquia canguesa. O grupo Trébede da asociación cultural Peis d'hos, liderado polo bailarín e mestre de baile tradicional Miguel Sotelo, recreamos unha romería a principios de século XX, partindo dun cadro do pintor Carlos Sobrino. N(...)

(Ultima actualizaci??20-11-2016)

Carlos Núñez na Catedral de Santiago de Compostela

- concertos- Carlos Núñez-

Mércores 23 de novembro ás 22:15h

Catedral de Santiago.

Praza Do Obradoiro.

Entrada gratuíta previa recollida de invitación nas sedes da Barrié en Vigo e Coruña ou no Pazo de Xelmirez en Santiago)

Concerto de Carlos Núñez acompañado de: Rodrigo Romaní, coro Cantabile do barrio coruñés de Monte Alto, Francisco Luengo, Sara Ruiz, Johanna Rose, Laura Puerto, Pedro Estevan,..

O concerto rende homenaxe sonora ao Pórtico da Gloria.

A Fundación Barrié, co gallo do seu 50 aniversario, o(...)

(Ultima actualizaci??11-11-2016)

II Xornadas sobre os Seráns

- concertos-

Sábado 12 de novembro a partires das 11:00h no Concello de Pazos de Borbén.

11.00h – Semblanza a Domingo Amoedo

Colocación dun ramo de flores na Casa da veciñanza de A Ermida.

11.30h – Relatorio I

A i-aña nas Vesadas do Condado - Paradanta: Elementos rituais (O ramo, o baile e os leghóns). Por Guillerme Ignacio Costa

12:15h. - Quenda de preguntas

12.30h – Obradoiro de baile

Impartido por Lina Rodriguez, de Lordelo (Mondariz) e Lola Amoedo, de Toutón. E coa participación de Franc(...)

(Ultima actualizaci??10-09-2016)

Presentación en A Guarda do disco: Cantos de cego da Galiza e Portugal

- concertos-

Domingo 11 de setembro ás sete e media.

Castelo de Santa Cruz - A Guarda - Pontevedra (Galiza)

O último título publicado desde aCentral Folque, o disco de Ariel Ninas e César Prata “Cantos de cego de Galiza e Portugal” será presentado ao vivo nun concerto especial dentro do festival Espazos Sonoros. Será o vindeiro domingo 11 de setembro ás 19.30 h no marco incomparável do Castelo de Santa Cruz n’A Guarda (Pontevedra) dentro dunha xornada máis completa que o festival ofrece (Coñece o teu p(...)

(Ultima actualizaci??17-06-2016)

Festival Costa dos Castros (Oia)

- concertos-

17, 18 e 19 de xuño

Concello de Oia

O Festival Costa dos Castros de folk e patrimonio histórico, nace como resultado do interese pola visibilización e divulgación do patrimonio cultural existente en concreto no Concello de Oia e en xeral en todo o País.

Por elo, non é un festival musical sen máis, senón que tamén permite a promoción e coñecemento da contorna oiense, así como outras cuestións relacionadas có patrimonio histórico,en especial a cultura castrexa, o desenvolvemento sostible,(...)

(Ultima actualizaci??15-04-2016)

Foliada en Cerdedo

- Festa-

Venres 15 de abril

Cerdedo, Galicia, España

A iniciativa parte dun grupo de veciñ@s de Terra de Montes que, preocupad@s polo trámite xa iniciado para a fusión de Cerdedo e Cotobade de xeito unilateral por ambos concellos, decidimos "contra-atacar" tamén desde o eido da cultura.

Unha das meirandes agresións que supón a fusión é o total desartellamento sócio-cultural de entidades históricas comarcais, xa bastante menosprezadas ao longo da historia. Estas entidades, como a Terra de Monte(...)

(Ultima actualizaci??15-04-2016)

Xornadas de Educación e Cultura Tradicional (Sarreaus)

- concertos-

PROGRAMA:

SíBADO 16

10:30h Recepción e entrega de material

11h Panel: "O pobo- escola de Lodoselo. 30 anos de historia". Imparte: Antonio Rodrí­guez

12h Relatorio: "O patrimonio oral como recurso educativo". Imparte: Antón Castro

14h Xantar

16:30h "Bailar a canda os tempos. Xénero e orientacións metodolóxicas para o baile". Imparten: Carme Campo e Chus Caramés

18:30h Relatorio-concerto: "O gaiteiro verde". Imparte: Xavier Blanco

21:30h Cea

22:30h Velada: "Tradicións (...)

(Ultima actualizaci??01-04-2016)

XVIII Encontro-Degustación do Millo Corvo en Meiro (Bueu)

- concertos-

VENRES, 1 de ABRIL

• 18:00 MUIÑADA _ Nos Muiños do Canudo.

• 21:00 Actuación da agrupación de música tradicional Os Demos do Buraco

• Queimada a partir das 22:00.

SÁBADO, 2 de ABRIL

• 11:30 Apertura da Ecotaberna, pratos con millo corvo, e da exposición e venta de alimentos e produtos naturais e orgánicos.

Roteiro guiado de plantas silvestres. ( Carlos Sánchez)

• 12:30 Obradoiro “Elaboración de hamburguesas vexetais”. (Aurora Calviño Costas, A Hortinha da Ponte)

• 14:00 A(...)

(Ultima actualizaci??17-03-2016)

Lagharteiras na Rede de Músicas Soltas de Redondela

- concertos- aCentral Folque-

Sábado 19 de marzo

17 horas,. Aula maxistral e parola acompañadas de Carlos Álvarez na Sociedade Cultural do Viso

21 horas. Concerto no Multiusos da Xunqueira

Para o mes de marzo, a Rede de Músicas Soltas de Redondela pesca no caladoiro achegado de Mos a estas novas pandereteiras, Lagharteiras que presentan o seu primeiro disco homónimo, unha escolma de cantos, regueifas, xotas, muiñeiras e mazurcas con diversos toques de pandeireta recollidos da tradicional oral galega.

Cread(...)

(Ultima actualizaci??22-01-2016)

Gala X Aniversario Armadanzas de Laraño (Compostela)

- concertos- Armadanzas-

Domingo, 31 de xaneiro ás 19h no Auditorio Abanca (Rúa do Preguntoiro)

A Gala X Aniversario dos Armadanzas de Laraño será un espectáculo no que o fío condutor é a historia de María, unha rapaza Zamorana que chega a Compostela, para realizar os seus estudos universitarios. Na facultade coñece a Xan, natural de Laraño, amante da música, baile e costumes tradicionais. A obra fará un percorrido polas festas anuais de Compostela. Dende as celebracións máis rurais, como o San Martiño de Laraño; (...)

2015

(Ultima actualizaci??04-12-2015)

Actuación da agrupación O Fiadeiro en Rianxo

- concertos- -

A agrupación O Fiadeiro actuará o próximo venres 04 de decembro no auditorio de Rianxo co motivo do Ciclo Danza 3 promovido pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic).

Día: Venres 4 de decembro de 2015

Hora: 21.30

Lugar: Auditorio de Rianxo

Prezo: 5,00 euros

O Fiadeiro representará a VIII Edición “ESTA NOITE HAI UNHA FÍA” – NAS CATRO ESQUINAS

Neste espectáculo póñense de manifesto as diferenzas e similitudes nas festas populares ao longo dos catro puntos cardin(...)

(Ultima actualizaci??20-11-2015)

Gala do Património en Tui

- concertos-

Gala do Patrimonio organizada por Ponte Na Ondas.

Será en Tui, no Teatro Municipal, o próximo mércores 25 de novembro ás 20:30 h

Mostra do patrimonio com grupos galegos e portugueses:

XURXO SOUTO, QUICO CADAVAL, MALVELA, CANTADEIRAS DO NEIVA, AUGUSTO CANARIO, VOZES DA RÁDIO

(Ultima actualizaci??21-09-2015)

Traspés de Varanda en Mondariz

- concertos-

Domingo, 20 de setembro ás 19h na Praza de Mondariz.

Organiza: Traspés

Ir “De Varanda”, é dicir, ir de troula ou festa, é o termo que dá nome a esta II mostra de música e baile tradicional, onde Traspés interpretará Foliadas, Polavilas, Seráns, Pandeiretadas, Rondas, Ruadas, Fiadas, etc. termos todos eles que denominan xeitos de entender a festa e a troula noutros tempos xa pasados, pero afortunadamente, non esquecidos polos informantes.

“Traspés de Varanda”, é a II mostra de música(...)

(Ultima actualizaci??24-08-2015)

Monumenta 2015

- concertos-

Do 27 de agosto ao 5 de setembro.

MONUMENTA, difusión do patrimonio restaurado, é un programa de actividades culturais que se desenvolve ao redor de igrexas, castros e outros monumentos e lugares históricos galegos nos que se realizaron diferentes intervencións para a súa conservación ou restauracións de interese arquitectónico e artí­stico.

PROGRAMA 2015

XACEMENTO ARQUEOLóXICO DE TOURóN

Leilí­a

DATA: xoves 27 de agosto

COMO CHEGAR: Tourón, Ponte Caldelas (Pontevedra). Desde Ponte Ca(...)

(Ultima actualizaci??03-07-2015)

XVI Memorial Ricardo Portela

-

A Ferrería acollerá os próximos 10 e 11 de xullo o XVI Memorial Ricardo Portela, que este ano celebra a súa 16 edición e que está consolidado como unha cita de referencia da nosa cultura, froito, un ano mais, da colaboración entre a Asociación de Gaiteiros Galegos e o Concello de Pontevedra.

Nesta décimo sexta edición contaremos novamente coa mostra de instrumentos tradicionais, na que participarán 12 prestixiosos artesáns de todo o país como son:

Afonso Castro. Gaitas

O Rosal

Alber(...)

(Ultima actualizaci??20-05-2015)

Devir con Anxo Pintos e Xabier Díaz no Día Mundial da Diversidade Cultural

- concertos-

Xoves 21 de maio, ás 20:30h en AFundación. Cantón Grande 21-24. 15003 A Coruña

Entrada libre ata completar aforo

Devir é unha viaxe sonora dende as nosas raíces ata a fusión de novos sons e harmonías protagonizada por persoas con diversidade funcional da Fundación Igualarte

Celebramos o xoves 21 de maio na Sede Afundación da Coruña cunha programación especial, da que disfrutaremos desde a experiencia da diversidade de públicos e de artistas. Queremos reivi(...)

(Ultima actualizaci??20-04-2015)

Traspés de Varanda en Arbo

- concertos-

Este venres día 24 de abril, ás 20:30 h., no Auditorio do Centro Multiusos de Arbo, dentro da programación da LV Festa da Lamprea, Traspés presenta a súa II Mostra de Música e Baile Tradicional.

“Traspés de Varanda”, é a II mostra de música e baile tradicional levada a cabo pola A.C. Traspés da man da Deputación de Pontevedra. De 90 minutos de duración aproximada, achega ao público pinceladas do noso patrimonio inmaterial (en moitos casos xa esquecido da vida cotiá dos galegos e galegas), dan(...)

(Ultima actualizaci??20-02-2015)

SonDeSeu, a Orquestra Folk de Galicia e a ETRAD en "O Canto Das Illas". Auditorio Mar de Vigo. 20, 21 e 22 de febreiro de 2015

- concertos- E-Trad-

O Concello de Vigo promove O CANTO DAS ILLAS", un espectáculo musical e audiovisual no Auditorio Mar de Vigo os días 20, 21 e 22 de febreiro, en apoio á candidatura das Cíes como Patrimonio da Humanidade. 

O espectáculo estará composto de catro bloques escénicos nos que se estreará unha composición encargada especialmente para "O Canto das Illas", e interpretadas por artistas de diferentes estilos. Entre os distintos bloques integraranse os elementos audiovisuais: o videomapping (proxec(...)

2014

(Ultima actualizaci??10-12-2014)

Foliada de Outono - A. C. Castiñeiro Milenario de Begonte (Lugo)

- Festa-

A A. C. Castiñeiro Milenario de Begonte (Lugo) organiza unha foliada por todo o alto o vindeiro sábado, trece de decembro a partir das nove da noite no local da AV do Castro en Begonte (Lugo).

Unha foliada na que contarán coa rapazada de Tirapadiante de Rábade, vencellados á escola Músico Crisanto de Rábade-Begonte. Un conxunto de músicos moi novos con gañas de seguir a transmitir a nosa música tradicional con enerxía e calidade, tendo un futuro moi prometedor.

E por outra banda, contarán(...)

(Ultima actualizaci??20-10-2014)

Focus Galicia (Festival previo ao Womex 2014)

-

Focus Galicia arrancará o domingo día 19 en Compostela coa recepción á delegación por parte das autoridades e o primeiro dos concertos do programa, que terá lugar ás 21.00 horas na Sala Capitol da man de Radio Cos, Banda Crebisnky e Som do Galpom.

O luns día 20 a delegación porá rumbo cara á Coruña, cunha primeira parada no Obradoiro de Gaitas Seivane, en Cambre. Xa pola tarde e tras unha visita guiada pola cidade herculina, os participantes gozarán das actuacións de Najla Shami e Luar na Lu(...)

(Ultima actualizaci??20-10-2014)

Focus Galicia (Festival previo ao Womex 2014)

-

Focus Galicia arrancará o domingo día 19 en Compostela coa recepción á delegación por parte das autoridades e o primeiro dos concertos do programa, que terá lugar ás 21.00 horas na Sala Capitol da man de Radio Cos, Banda Crebisnky e Som do Galpom.

O luns día 20 a delegación porá rumbo cara á Coruña, cunha primeira parada no Obradoiro de Gaitas Seivane, en Cambre. Xa pola tarde e tras unha visita guiada pola cidade herculina, os participantes gozarán das actuacións de Najla Shami e Luar na Lu(...)

(Ultima actualizaci??10-10-2014)

Marful despídese dos escenarios

- concertos- Marful-

Despois de catorce anos de camiños, nos que puxeron en valor o patrimonio musical urbano da Galiza,

De catorce anos de viaxes, nos que restauraron para un novo público os innumerables salóns de baile espallados polo país,

De catorce anos de descubrimentos, nos que levaron a súa música a centos de lugares silenciados polo tempo e pola historia,

De catorce anos de expedicións, nos que trouxeron a emoción e a intensidade das músicas de ultramar aos palcos galegos,

De ca(...)

(Ultima actualizaci??29-08-2014)

V CONGRESO DE PATRIMONIO ETNOGRÁFICO GALEGO

- concertos-

O CCP Xaquín Lorenzo e a Faculdade de CC da Educación do Campus de Ourense-Universidade de Vigo, xunto coa Asociación Ben-Cho-Shey, Nova Escola Galega e a Sociedade Iberoamericana de Pedagogía Social organizan o V Congreso de Patrimonio Etnográfico (II internacional) que nesta edición, baixo o título O afiado e outras técnicas artesanais de comunidades rurais, pretende achegarse e dar a coñecer o oficio do afiador, sen dúbida, o máis coñecido da provincia de Ourense. Durante catro días (9, 10, (...)

(Ultima actualizaci??28-08-2014)

DeRaíz en Redondela (I Mostra de Música e Baile Tradicional)

- concertos-

O día 29 de agosto, o Grupo de Música e Baile Tradicional Traspés, representará a súa I Mostra de folclore na Praza da Casa da Torre (Redondela), ás 22 h.

"deRaíz” , I Mostra de Música e Baile tradicional, é a ferramenta a través da cal o grupo artístico da Asociación Cultural Traspés quere achegar ao público parte do traballo desenvolvido polos seus integrantes ao longo destes anos. Desde Traspés tentamos amosar parte do patrimonio inmaterial de Galicia, sendo rigorosos cos traballos de camp(...)

(Ultima actualizaci??22-08-2014)

Danza 3 chega esta fin de semana ás rúas de Noia e Xove da man de Xacarandaina

- concertos-

A agrupación coruñesa actúa este sábado 23 en Noia e o domingo 24 en Xove

Consellería de Cultura e Educación propón para esta fin de semana dúas novas citas de ‘Danza 3. Folclore na rúa’, que terán lugar na tarde do sábado 23 en Noia e na do domingo 24 en Xove da man de Xacarandaina. A agrupación coruñesa protagoniza este ciclo xunto a Cantigas e Agarimos de Santiago de Compostela e O Fiadeiro de Vigo.

En total, este programa para a difusión da danza e a música tradicionais desenvolverá n(...)

2013

(Ultima actualizaci??18-09-2013)

V Curso de Formación sobre o patrimonio lúdico (Carballo)

- concertos-

No ano 2009, a Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional e Nova Escola Galega organizaron en Melide unha actividade de formación que pretendeu achegar o estudo do patrimonio lúdico ao ámbito educativo. A resposta obtida por aquela convocatoria téndose esgotado todas as prazas ofertadas, provocou que se concibise unha segunda edición do Curso no ano 2010, daquela centrada máis especificamente nalgunhas didácticas especí­ficas, pero na que non se esqueceron perspectivas máis globais ”“instit(...)

(Ultima actualizaci??22-01-2013)

VII Certame de Recolla da Tradición Oral Galego Portuguesa

- concertos- Ponte Nas Ondas-

Bases e máis información no enlace

A Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte… nas ondas! en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca o VII Certame de Recolla da Tradición Oral Galego-Portuguesa co lema "PONTE A BRINCAR. O PATRIMONIO LÚDICO"

No interese por descubrirlle ás novas xeracións a existencia dun rico e variado Patrimonio Cultural Común preséntase este Certame que ten unha dupla finalidade:

Que a existencia deste patrimonio común forme parte da vida esc(...)

2012

(Ultima actualizaci??17-09-2012)

"Não Lugar" a relación entre Galiza e Portugal a través do canto e a percusión tradicional

- concertos-

Entre Galiza e Portugal existem óbvias semelhanças, mas pouco se tem investigado sobre como esta proximidade geográfica e cultural se reflexa numa identidade sonora comum.

Este filme acompanhará o periplo de um músico português (Pedro Calado, dos Gaiteiros de Lisboa) à descoberta do património musical tradicional da Galiza ao mesmo tempo que um músico galego (Davide Salvado) fará o mesmo em território português. Em ambos casos, as recolhas musicais terão a preocupação de incluir as paisagens e ambientes sonoros encontrados, sempre dando protagonismo aos informantes. (...)

2014

(Ultima actualizaci??20-07-2014)

Esposende abre as portas à Galaicofolia

- concertos- Guezos-

Esposende - Braga (Portugal)

GALAICOFOLIA: Realiza-se no próximo fm de semana a edição de 2014

A abertura dos portões da Aldeia Galaica será feita às 18h00 do dia 25 de julho, sexta-feira. O evento tem entrada livre e promete tornar memorável o primeiro dia deste evento cultural, de lazer e entretenimento, promovido pela Câmara Municipal de Esposende e que vai animar, entre sexta-feira e domingo, aquele que é um dos maiores ex-libris do património arqueológico de Esposende e da região(...)

(Ultima actualizaci??21-03-2014)

Festa Furancheira en Salceda de Caselas

- Festa-

Esta fin de semana, venres 21 e sábado 22 de marzo, Festa Furancheira na Picoña: troula, senderismo, musica, gastronomía, patrimonio, .... non a perdas

2013

(Ultima actualizaci??14-11-2013)

deRaí­z - I Mostra de Música e Baile Tradicional (Vigo)

- concertos-

Sábado 30 de Novembro no Cine Teatro Salesianos (Vigo)

"De Raí­z" , I Mostra de Música e Baile Tradicional, é a ferramenta a través da cal o grupo artí­stico da Asociación Cultural Traspés quere achegar ao público parte do traballo desenvolto polos seus integrantes ao longo destes anos. Dende Traspés tentamos amosar parte do patrimonio inmaterial de Galicia, sendo rigorosos cos traballos de campo realizados, e tratando de que a comunicación co público sexa directa, doada e lúdica.

Ano (...)

(Ultima actualizaci??20-10-2013)

V Congreso de Música Tradicional "Terra de Trasancos"

- concertos- Toxos e Froles-

O vindeiro Sábado 26 de Outubro (partires das 18h e con entrada libre e gratuíta) o Real Coro "Toxos e Froles" organiza no seu local social (rúa Magdalena 220 de Ferrol) o V Congreso de Música Tradicional "Terra de Trasancos".

Este ano contará coa presenza de:

- Antón Fernández, ex-presidente e corista da Agrupación "Cantigas e Agarimos" de Santiago de Compostela.

O obxectivo da súa charla será dar a coñece-la iniciativa de conqueri-la Declaración de Patrimonio Inmaterial da Humanida(...)

(Ultima actualizaci??04-10-2013)

Domingo 6 de outubro as 12:00 na Alameda de Santiago: “Por unha Galiza sen lumes, por un rural con futuro”

- concertos-

O día 11 de setembro declarouse un incendio intencionado que destruiu por completo o Monte Pindo, Olimpo Celta e monte sacro dos/as nosos/as antergos/as, puxo en perigo vidas e fogares, acabou con explotacións agrogandeiras, e fixo inútil o inxente esforzo de extinción. Este é o paradigma de que os incendios non só teñen a súa orixe no misto que o prende senón en anos e anos de desleixo e políticas desenfocadas, pois non só estamos ante a perda ecolóxica dun dos montes máis emblemáticos do País,(...)

(Ultima actualizaci??09-09-2013)

6ª Xornada de "Campas e Campaneiros" - 21 de Setembro en Oia

- concertos- Chichisos- Campás e Campaneiros-

6ª XORNADA DE CAMPAS E CAMPANEIROS

PATRIMONIO SONORO E LINGUAXE TRADICIONAL

- 11.30 Visita á igrexa monacal de Santa María de Oia,

guiada por membros da Asociación Cultural Amigos

do Mosteiro de Oia.

- 12.30 Presentación do libro “As Campás Galegas.

Fundicións” de Celso García Alonso, na Oficina de

Turismo do Concello.

- 14.00 Xantar.

- 16.30 Comezo da demostración dos toques das

campás por JESUSA CRESPO DOMINGUEZ

(CAMPANEIRA) E RORY VICENTE DORADO

CARMODY (EX SACRISTÁN E C(...)

(Ultima actualizaci??07-09-2013)

CANTIGAS E AGARIMOS en Marín, dentro do Ciclo DANZA 3. Folclore na Rúa.

- concertos- Cantigas e Agarimos-

Domingode 8 de setembro de 2013 ás 20:00h

Alameda Rosalía de Castro en Marín(Pontevedra)

O proxecto Danza 3 levado a cabo conxuntamente entre o AGADIC e as agrupacións Cantigas e Agarimos de Santiago de Compostela, Xacarandaina de A Coruña, e o grupo de baile e música O Fiadeiro de Vigo, pretende dignificar e amosar a riqueza do extenso e amplo patrimonio inmaterial da Cultura Galega.

Nesta ocasión, o proxecto pretende acercar o folclore á rúa levando a cada unha destas agrupación a di(...)

(Ultima actualizaci??07-09-2013)

Actuación da Agrupación O Fiadeiro en Ponteareas no Ciclo Danza 3: Folclore na rúa

- concertos- O Fiadeiro- Cantigas e Agarimos-

Sábado 07 de setembro de 2013 ás 19:30h na Praza Maior de Ponteareas (Pontevedra)

Entrada: de balde.

Organiza: Agadic, Concello de Ponteareas

O proxecto Danza 3 levado a cabo conxuntamente entre o AGADIC e as agrupacións Cantigas e Agarimos de Santiago de Compostela, Xacarandaina de A Coruña, e o grupo de baile e música O Fiadeiro de Vigo, pretende dignificar e amosar a riqueza do extenso e amplo patrimonio inmaterial da Cultura galega.

Nesta ocasión, o proxecto pretende acercar o fo(...)

(Ultima actualizaci??08-08-2013)

Danza 3. Folclore na Rúa

- concertos- Xacarandaina- O Fiadeiro- Cantigas e Agarimos-

O programa de difusión do baile e da música tradicionais Danza 3 regresa á súa cita anual co público galego da man das agrupacións Cantigas e Agarimos de Santiago de Compostela, O Fiadeiro de Vigo e Xacarandaina da Coruña. O ciclo está patrocinado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais), e conta ademais coa colaboración dos nove concellos nos que se desenvolven outras tantas actuacións.

Baixo o lema "Folcl(...)

(Ultima actualizaci??06-08-2013)

Cantigas e Agarimos en Celanova

- concertos- Xacarandaina- O Fiadeiro- Cantigas e Agarimos-

Sábado 10 de agosto no Claustro Barroco do Mosteiro de San Salvador, Celanova (Ourense)

O proxecto Danza 3 levado a cabo conxuntamente entre o AGADIC e as agrupacións

Cantigas e Agarimos de Santiago de Compostela, Xacarandaina de A Coruña, e o

grupo de baile e música O Fiadeiro de Vigo, pretende dignificar e amosar a riqueza

do extenso e amplo patrimonio inmaterial da Cultura Galega.

Nesta ocasión, o proxecto pretende acercar o folclore á rúa levando a cada unha

destas agrupación (...)

(Ultima actualizaci??06-08-2013)

Música no Claustro en Tui

- concertos-

Do 7 ao 11 de Agosto de 2013

MÉRCORES 12.00h a 13.30h | Obradoiro | Xardíns e miradorEntrada libre con pre-inscripción, baixo o auspicio de Viñoteca de GarcíaOS SENTIDOS DE GARCÍAA catadora tudense Marina García, coñecida pola súa paixón e amor polo mundo do viño, regresa a Música no Claustro para continuar compartindo e sensibilizando aos máis novos da importancia do olfato nas súas vidas(...)

(Ultima actualizaci??24-07-2013)

Xornada de Folclore na Praza da Quintana, Compostela

- concertos- Cantigas e Agarimos- Brincadeira- Ultreia-

O Concello de Santiago comunica a suspensión de todas as actividades das Festas do Apóstolo.

Venres 26 de Xullo. Con Ultreia, Colexiata do Sar, Cantigas e Agarimos e Brincadeira

Dificilmente se poderían entender as Festas do Apóstolo sen as Xornadas de Folclore Galego. Durante máis de 30 anos foron referente para todos os grupos de danza e música tradicional de Galicia. Nos seus inicios, cando comezaron como concurso de baile, vivíronse xornadas de gran rivalidade, pois estas datas (...)

(Ultima actualizaci??19-06-2013)

Festival Fin de Curso da E-TRAD (Vigo)

- concertos- E-Trad-

Data: VENRES 21 DE XUÑO.

Lugar: AUDITORIO MUNICIPAL

hora: 19:00 horas.

Entrada por invitación:

UNHA invitación por persoa.

Na secretaría da ETRAD desde o 12 de xuño

(de 16 a 19hs). R/ García Barbón. nº5. Vigo

Co festival de fin de curso rematamos na ETRAD un curso cargado de músicas e de convivio arredor do noso patrimonio musical. Será o venres 21 ás 19:00 hs. no Auditorio Municipal de Vigo. Por el desfilarán os alumnos das aulas de arpa céltica, canto popular, corda pulsada, gaita(...)

2012

(Ultima actualizaci??14-12-2012)

Obradoiro de Pesdelán en Moaña

- concertos- Pesdelán-

Venres 14 de decembro de 2012 ás 18:00h

Praza de Abastos, Moaña (Pontevedra)

Organiza: Concello de Moaña

Este obradoiro esta pensado para o publico familiar.

Unha oportunidade unica para que pais, nais, avos, fillos e fillas participen xuntos da aprendizaxe

de xogos de roda e bailes, dun xeito ameno e divertido.

As pezas que bailaremos son parte do libro CD / DVD Na Punta do Pé, do grupo Pesdelán e foron recollidas

en distintas zonas da xeograf(...)

(Ultima actualizaci??16-11-2012)

IV xornadas de patrimonio cultural en Arteixo

- concertos-

A A.C. Monte da Estrela de Arteixo, organizará, por cuarto ano consecutivo, as súas Xornadas de Patrimonio Cultural, que desta volta decorrerán os sábados 3 de novembro, 17 de novembro e 1 de decembro. Máis detalladamente:

3 de novembro, 17h: xogos populares. Contaremos con membros da Liga Nacional de Billarda. Organizarase un aberto de billarda ao remate.

17 de novembro, 17h: a sidra, bebida tradicional galega a reivindicar. Contaremos coa presenza de Bieito Romero. Organizarase un magosto (...)

(Ultima actualizaci??16-09-2012)

Xornada de Campás e Campaneiros

- concertos- Campás e Campaneiros-

22 de Setembro na Igrexa Parroquial de Santa María de Lamas, Boqueixón - A Coruña

Os Chichisos organizamos por 5º ano “CAMPÁS E CAMPANEIROS”, con elo queremos seguir dando a coñecer o PATRIMONIO SONORO cunha demostración de todos os toques tradicionais que a través das campás se producen, tales como avisos de mortes, chamadas a misa, avisos de incendios, etc. e inventarialos.

Cada vez quedan menos campaneiros que sexan coñecedores dos diferentes toques ou sinais para comunicar os distinto(...)

(Ultima actualizaci??07-09-2012)

Son de Aldea, 7 e 8 de Setembro en Santiago de Alba (Comarca da Ulloa)

- concertos- Buxaina- Os Modernos-

VENRES 7 SETEMBRO :

17:00

Oportunidades no rural. Debate

- José Manuel del Barrio Aliste (Universidade de Salamanca): A sociedade rural como obxecto de consumo

- Lourenzo Fernández Prieto (Universidade de Santiago de Compostela): Desertores do agro

- Luís Vale (Universidade Fernando Pessoa. Porto): Turismo

Vinhais - projectar o passado, através das oportunidades

presentes, no futuro

- Sandra González Sousa (Universitat de Barcelona):

Posta en valor do patrimonio rural

20:00

Proxe(...)

(Ultima actualizaci??07-09-2012)

Espazos Sonoros - Música en Espazos de Interese Cultural

- concertos- Espazos Sonoros-

(,,)

...Mércores 17 de outubro

Cafetería do Centro Galego de Arte Contemporánea, Santiago de Compostela (A Coruña)

Escoitas arredor de... Marco Ambrosini >> 20.00 h

...xoves 18 de outubro ..

CLAUSURA

Igrexa de Santa María a Nova, Noia (A Coruña)

Grupo de música antiga 1500 e Marco Ambrosini >> 20.30 h

(Ultima actualizaci??04-09-2012)

O Proxecto Florencio en Lugo - Última oportunidade pra ver a orquestra dirixida por Germán Díaz

- concertos- Florencio- Germán Díaz- aCentral Folque-

aCentral Folque, co apoio da Deputación de Lugo e do Concello da Fonsagrada leva desenvolvendo desde novembro de 2011 PROXECTO FLORENCIO, unha proposta educativa para músicos de toda Galiza centrada no repertorio de Florencio dos Vilares: violinista cantor e contador natural da Fonsagrada de grande relevancia dentro do patrimonio musical galego. O espectáculo resultante foi estreado en A Fonsagrada no mes de xullo. Este xoves 6 de setembro ás 20:30 será presentado no Museo Provincial de Lugo, ba(...)

(Ultima actualizaci??27-07-2012)

Olimpiada Rurais - Cool Meira

- concertos- Labregos do tempo dos Sputniks- Terbutalina-

Sábado 28 de xullo no Parque de Meira – Lugo

Coas actuacións de Labregos do tempo dos Sputniks, Terbutalina,..

Coa organización de Expresións Espontáneas 5.0 a Asociación Cultural Eme de Meira pretende poñer en marcha un novo evento multiartístico, que involucre á xente da vila de Meira e arredores, ofrecendo unha alternativa de ocio estival para a poboación do concello e arredores, especialmente para a xente nova pero tamén para todo o público, incluso familiar, a través do desenvolvemento (...)

(Ultima actualizaci??19-07-2012)

XIV edición do Mercado Medieval de Alfoz o 20 e o 21 de Xullo

- concertos- Tiruleque-

Este ano como novidades está en que iniciamos a actividade o venres, con un acto que denominamos ” Un intre para facer pola vida “, que en realidade é unha chourizada en toda regra. Tódolos actos desta tarde-noite son fabricación caseira. A verdade é que o venres é todo un experimento pero estamos moi ilusionados.

E o sábado pois como veredes apostamos pola continuidade, arrancando con paso firme coa ruta de sendeirismo ( contamos a dia de hoxe con mais de 150 camiñantes) e rematando co conc(...)

(Ultima actualizaci??18-07-2012)

11 de Agosto: Festa Revolta no Courel

- concertos-

SOS Courel. Paremos a desfeita.

O vindeiro 11 de Agosto en Froxán vaise celebrar unha xornada de loita festiva en solidariedade cos colectivos do Courel que están a defender a serra contra a ameaza de espolio e destrución patrimonial, e que seguen reivindicando a creación do Parque Natural do Courel. Queremos apoiar a toda esa xente, veciños, veciñas, amigos e amigas que traballan na elaboración de estratexias para acadar un desenvolvemento sostible que evite o despoboamento e perda dos valo(...)

(Ultima actualizaci??09-07-2012)

Programación de Xullo 2012 na Casa das Crechas

- concertos- Casa das Crechas- aPenultima- Crechas-

Casa das Crechas comeza a súa programación de verán con concertos singulares na terraza durante a noitiña. Haberá oito espectáculos entre o 9 e o 19 de xullo, protagonizados polas seguintes formacións: A Trio for Grange (folc galego, 9 de xullo); Fling (folc desde Irlanda, 10 e 17); Verdegaio (folc galego, 16 de xullo); The Dixiland Syndicate (jazz galego, 11 e 18); e o guitarrista Martín Blanes (12 e 19 de xullo).

Ademais, a Casa das Crechas recupera as súas tradicionais Foliadas (sesións de(...)

(Ultima actualizaci??23-05-2012)

I FESTIVAL AO SON DO MASMA

- concertos- Tumba e dálle- Os Modernos- Tanto Nos Ten- Quempallou- festivais-

16 DE XUÑO DE 2012

CELEIRO DE MARIÑAOS

AO SON DO MASMA é un proxecto que nace da inquedanza pola posta en valor da producción artística galega. As aportacións tradicionais da nosa cultura son os principais referentes deste proxecto, mais, tentar abrir paso ás novas achegas ao patrimonio musical e aos ritmos tradicionais feitos por novas agrupacións, é un dos principais obxectivos desta iniciativa. A súa materialización é froito da suma de esforzos entre Tumba e Dálle, grupo de recente crea(...)

1 comentario

(Ultima actualizaci??24-03-2012)

DANZA 3. Espectáculos de baile e música tradicional

- concertos- Xacarandaina- O Fiadeiro- Cantigas e Agarimos-

As agrupacións Xacarandaina, O Fiadeiro e Cantigas e Agarimos presentan “Danza 3”, un proxecto arredor do folclore que desenvolve tres espectáculos de música e baile tradicional.

O proxecto aúna as claves que fundamentaron a recuperación do folclore galego e a súa consideración como un conxunto de saberes intrinsecamente valioso (o traballo de campo, a compilación de material videográfico, a edición e publicación de discos e monografías baseados neste material, etc.) cos elementos que cabe atop(...)

1 comentario

(Ultima actualizaci??13-02-2012)

Moaña volve repartir os Grammy galegos - Faro de Vigo

- concertos- Var con Uve- Luar Na Lubre- Ludovaina- Anxo Lorenzo- Vicente Araguas- Xosé Manuel Budiño-

(Fotografía: Integrantes do xurado, xunto ao responsable do Var con Uve, anuncian os gañadores. // Gonzalo Núñez)

Achégase marzo e, por terceiro ano, entregaranse os Premios dá Música Var con Uve, uns galardóns que reúnen en Moaña aos personaxes e grupos máis destacados da escena tradicional galega. O cantautor e fundador de Voces Ceibes Vicente Araguas será o gran protagonista dunha gala na que tamén se premiará ao gaiteiro Anxo Lorenzo, aos grupos Luar na Lubre e Ludovaina, á Agrupación Cul(...)

(Ultima actualizaci??25-01-2012)

Marful comeza o 2012 cunha Xira Surreal por todo o País

- concertos- Marful-

Presenzas musicais íntimas e exclusivas en lugares únicos

Próxima parada: Muíño do Pozo do Cachón: Muros

venres 24 de febreiro, 21h

Que nunca viches un muíño de marea (que non marea)?

Que nunca probaches a tortilla romana de Muros?

Que non coñeces o traxe muradán (un dos máis elegantes dos traxes tradicionais galegos)?

Pois Marful ofréceche descubrilos todos e desfrutar da súa presenza musical.

A tortilla degustación ofreceránola Maika, da casa de turismo rural Jallambau Rural,

o(...)

2011

(Ultima actualizaci??17-12-2011)

Treixadura reunirá a 1.500 persoas no Auditorio Mar de Vigo

- concertos- Treixadura- Toxos e Froles- Cantigas e Agarimos- Cántigas da Terra-

A Fundación Inade, Instituto Atlántico del Seguro organiza, para o próximo 17 de decembro, un concerto baixo o título “Gracias a ti”, que terá lugar no Auditorio Mar de Vigo.

Con esta celebración, a fundación Inade quere agradecer ao conxunto da sociedade a confianza depositada nos mediadores de seguros para proteger o seu patrimonio, as súas persoas e as súas responsabilidades a través de contratos coas entidades aseguradoras, así como a labor que teñen levado a cabo, e continúan a facer as pe(...)

(Ultima actualizaci??28-10-2011)

"Oscar Ibáñez & Tribo" no 12 Festival Capodanno Céltico (Milán)

- concertos- Oscar Ibañez-

VENERDI’ 28 ottobre dalle ore 21

Nato a Pontevedra nel 1976. Insegnante di educazione musicale, specialista universitario in musica tradizionale galiziana e archivistica, dal 2004 lavora all’Archivio Sonoro del Servizio del Patrimonio Documentario e Bibliografico della Deputación de Pontevedra, dove sono raccolti più di ottomila registrazioni sonore della Galizia, a disposizione dei cittadini per la consultazione.

Comincia a suonare la gaita nel 1984 nel gruppo di Poio "Treboada". Tra il 198(...)

(Ultima actualizaci??01-10-2011)

POLAFíA en Xirarga (Beariz)

- concertos- Polafía-

POLAFÍA en Xirarga (Beariz)Local Veciñal de DoadeSábado, 1 de outubro de 2011, ás 5 da tarde.Xirarguiña para cantar,Xirarguiña para cantar,anque non cantan moi altosábeno adoneirar.Historias, música, contos, cantos e memoria das tradicións dos lugares da parroquia de Xirarga e arredores.Coa participación das pandereteiras da Alén, Celso Fernández Sanmartín, Isidro Novo, O Tear de Llerena e moitas veciñas e veciños de Xirarga co seu saber contar e cantar.ENTRADA LIBREColaboran:Veciñas e veciños(...)

(Ultima actualizaci??19-09-2011)

Mini e Mero reciben o Premio Ramón Piñeiro-Facer Paí­s

- concertos- Mini e Mero- A Quenlla-

Mini e Mero, músicos, poetas, mestres e investigadores do patrimonio cultural galego, foron galardoados co Premio Ramón Piñeiro-Facer País na súa décima edición. Xosé Luís Rivas Cruz, Mini, e Baldomero Iglesias Dobarrio, Mero, actuais compoñentes do grupo A Quenlla, formaron parte tamén de Fuxan os ventos. O xurado, integrado por representantes de 18 asociacións culturais da comarca de Sarria (Lugo) analizou e considerou 29 propostas. O premio foi instituído en 2002 pola Asociación Cultural Val (...)