"Pandeireta Galega e Asturiana"

2012

(Ultima actualizaci??06-04-2012)

XII Alcuentru/Encontro de Pandeireta Galega e Asturiana en Corcubión!!

- concertos- Pandeireta Galega e Asturiana- Asociación Cultural Maghúa-

XII Encontro de Pandeireta Galega e Asturiana.

XII Alcuentru de Pandereta Gallega ya Asturiana.

O vindeiro sábado 21 de Abril, festa rachada e convivencia astur-galaica na Costa da Morte. Será de volta na fermosa vila de Corcubión (A Coruña), na Fisterra galega.

Vide tod@s compartir anacos de cultura entre pobos curmáns, da man das pelicas e ferreñas e dos cantos ancestrais das nosas cantadeiras, que nos botarán a beillar e a troulear deica o nacer do día.

Programa.

-20,30h. Recibiment(...)

2010

(Ultima actualizaci??12-11-2010)

X Alcuentru/Encontro de Pandeireta Galega e Asturiana

- concertos- Pandeireta Galega e Asturiana-

O vindeiro sábado 27 de novembro, Corcubión será o centro da música galega e asturiana tradicional. Da man do Colectivo TransEu e da nosa Asociación, a vila de San Marcos acollerá o 10º Alcuentru de pandeireta Gz-Asturies.O Alcuentro naceu no 2005, entre un grupo de amantes da música tradicional á ribeira do río Eo. O Colectivo TransEu parte dun grupo de xente galega-asturiana que pretende unir as nosas semellantes pero alonxadas culturas. Unha unión que se canaliza a través da música tradiciona(...)

2009

(Ultima actualizaci??23-04-2009)

VII Alcuentru/Encontro de Pandeireta Galega e Asturiana.

- concertos-

O sábado 9 de Maio gozaremos por sétima vez da convivencia e recoñecemento mutuo cos nosos curmáns. O catalizador, os cantares e bailes das dúas terras sempre acompañados do son de pelicas e ferreñas.

Será como de costume no enxebre local El Sabil, situado no fermoso Conceyu de Santu Adrianu.

Contaremos coa participación dos grupos de canto tradicional:

-Veña que vai! (O Morrazo-Galiza).

-Pandereteres de Nerbia (Asturies).

O prezo, incluindo cea-confraternización; durmida no alber(...)

2008

(Ultima actualizaci??07-11-2008)

VI Alcuentru/Encontro de Pandeireta Galega e Asturiana. 29 de Novembro en Sabucedo

- concertos-

Nota: Aínda que foi recibido por e-mail por motivos de

seguridade non se publicará nesta web o número de conta no que

face-lo ingreso.

V Encontro de Pandeireta Galega e Asturiana

-

Imos pra Asturies!!!

O sábado 10 de Maio, ímoslle tod@s ata Asturies, gozar xa por quinta vez da convivencia e recoñecemento mutuo cos nosos curmáns. O catalizador xa o sabedes, os cantares e bailes das dúas terras sempre acompañados do son de pelicas e ferreñas.

Será como de costume no enxebre local El Sabil, situado no fermoso Conceyu de Santu Adrianu (www.elsabil.net; tlf. 985 761 472). Dende alí, se chegades cedo, poderedes facer rutas turísticas pola marabillosa montaña astur; coidad(...)