"Pan Sen Fron"

(Ultima actualizaci??25-06-2019)

Serán de Despedida no Malatesta (Compostela)

- Festa- Pan Sen Fron- Colexiata do Sar- Malatesta- Tarambainas-

Xoves 27 de xuño ás 23h na Sala Malatesta

Pan Sen Fron, ACF Tarambainas, Colexiata do Sar, e Foliada Aberta

2018

Pan Sen Fron no Cinema Palleiriso (Garabelos, Lugo)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??23-11-2018)

- concertos-

Grandes e boas novas, este domingo dia 25, as 4 da tarde!!!! non faltedes ninguen ao Cinema Palleiriso que se suma as actividades de Polamiúda en contra da violencia de xenero cun concerto das míticas Pan Sen Fron (Pandereteiras Sen Fronteiras) con magosto incluido e castañas asadas para todas e todos. Cartaz de Cris Castro

Obradoiro de Cantos de Voda Sefardís (A Coruña)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??21-09-2018)

- concertos- Pan Sen Fron- Tempo Novo-

OBRADOIRO PAN.SEN.FRON.

Para a xente que quedou fóra do curso faremos unha nova edición do Obradoiro de Cantos de Voda Sefardís. Será o vindeiro domingo 23 de setembro e estará orientado a xente cun nivel medio de canto e pandeireta.

HORARIO: 12.00 a 14.00 e 16.00 a 20.00

PREZO: 30 ouros (SOCIOS) 50 ouros (NON SOCIOS)

MÁIS INFO E INSCRICIÓN: pansenfron@gmail.com

(Ultima actualizaci??07-09-2018)

Festas da Rúa de Baixo (Compostela

-

Aponta na agenda! Do 4 ao 9 de setembro voltam as afamadas e tradicionais Festas da Rua de Baixo!

Aqui tedes o programa completo, cheio de música, atividades, passeios...

4 de setembro

19:00 Decoramos a rua na fonte da Rua de Baixo

5 de setembro

Início do concurso da "Casa melhor decorada"

19:30 Passeio sonoro pola Rua de Baixo (saída diante da@@ Gentalha do Pichel)

6 de setembro

20:00 Cinema animal e pique-nique na fonte da Rua de Baixo

Traede mantele e comida para partilhar. (...)

(Ultima actualizaci??06-09-2018)

Romarí­a do Monte de San Pedro (A Coruña)

- Festa-

Sábado, 8 de Setembro

Monte De San Pedro Coruña

Segunda edición! Un ano máis dispoñémonos a encher de entusiasmo e cultura un lugar simbólico pola súa posición privilexiada: O Monte de San Pedro.

Música ao vivo, xantar popular, xogos, conversas en torno a historia da cidade, teatro, baile, sorteos... durante todo un día ata o solpor.

Vermú amenizado con música Folk orixinal de Güintervan e micro-teatro da man do grupo Teatro Sobre Ruedas.

Disfrutaremos dun xantar 90% km0 con 250 (...)

(Ultima actualizaci??10-08-2018)

Pan Sen Fron na Coruña

- concertos-

Sábado 11 de agosto ás 19:30h na Praza Pablo Iglesias

(Ultima actualizaci??06-05-2018)

IV Foliada de Cervo

- Festa-

Sábado 12 de maio

Cervo.

O vindeiro 12 de maio celébrase a #IVFoliadaCervo e a XII Festa de degustación da carne de porco na Praza do Souto (Cervo).

12:00 Obradoiro de pandeireta e canto para crianzas

13:00 Sesión vermú con Pan Sen Fron

16:00 Obradoiro de percursión impartido por Xosé Lois Romero

20:00 Foliada:

-Nova Semente

-OS Do 21

-Troula&stone

- Acm Dambara Burela

- A Rebolaxe

-As Maiolas

- Pandeireteiras do CEIP N' 1 de Cervo

23:00 Concerto de SUSO VAAMONDE e Xosé Loi(...)

2017

(Ultima actualizaci??07-11-2017)

Presentación en A Coruña do libro-disco 'ELISEO PARRA, nunca perseguí la gloria'

- concertos- aPenultima- Repichoca-

Xoves 9 de novembro ás 20:30h

A Repichoca (Orillamar, 13)

Presentación do libro-disco de Rafael Alba sobre o grande músico e folclorista Eliseo Parra. Intervirán Pablo Quintana, director da Editorial Canela e o propio Eliseo Parra, que nos regalará algunhas das súas pezas máis significativas acompañado do xenial Xosé Lois Romero.

E, como broche de ouro, actuación de Pan Sen Fron! Evento folclórico do ano na Repichoca!