"Os Veraneantes"
2017
Festa TrezeCatorze 2017 en Salceda de Caselas Venres 12 de maio Xira Taberneira e actuacións do Coro Fuscalheiro e Collón de Lola Sábado 13 de maio The Malventons, A.P.I.S.A., O Puto Coro do Exército Froilanista, Abadá-Capoeira, Asacocirco, Os Veraneantes, Los Pontiaks, A Compañía do Ruido, Ulträqäns..
2016
Grelo Folc 2016 (Monfero. A Coruña) Sábado 15 de outubro no Mosteiro de Monfero. Parroquia de San Fiz de Monfero. A partir das 14.00h: Sesión vermú cos VERANEANTES Xantar no campo da festa (15€. Anotarse no oabordelo@gmail.com, no 679251163 ou dicíndollo a calquera persoa do Abordelo) Pola tarde: Eira Xandobeleira. Xogos e enredos para a xente miúda. A partir das 18.00h Concerto infantil con PALITROKE (haberá merenda para toda a cativería) Á noite: Concertos: NO CÓMBARO. (música tradicional desde as Pontes)
(...)
2012
Castañazo Rock 2012 (Chantada) Recordade que podedes mercar a vosa entrada por 12 euriños e asistir a un concerto irrepetible con Diplomaticos, Papaqueixos e Rastreros outra vez xuntos, berce do rock bravu. Acompañados de dous grupazos como Cuchufellos e Liviao de Marrao. Asi como o Ce Orquesta Pantasma e Os veraneantes, quentando o ambiente.
Festival Rebumbio Mos 2012 | 24 e 25 de Agosto Volvemos a carga cun Rebumbio cheo de música e diversión, para quitarnos de enriba o pesadelo da crise, ou polo menos para esquecela durante uns días. Porque loita si, pero festa tamén, faremos que o Rebullón acabe coas patas do revés. E iso como se consegue? enchendo o monte do mellorciño da musica feita na Galiza, sabemos que non están todos, pero temos preparada unha boa colleita. Para escomenzar o venres 24, abrindo palco, dende o Val da Louriña petándolle o rock´n roll e buscando un ce(...)
2011
IV Festival do Río Belelle (O Roxal-Neda) Nota de Prensa Sábado 27 de agosto de 2011 ás 19h (obradoiro) e 22h (concerto) Festival Belelle O Roxal, Neda (A Coruña) A Asociación Cultural A Fervenza do Belelle organiza unha nova edición, a cuarta, do festival que leva o nome deste río e que terá lugar o próximo día 27 de agosto. O lugar, como é habitual, será a zona do ámbito da canle da parroquia do Roxal e os organizadores contarán coa colaboración de distintas entidades sociais e do Concello de Neda. Ademais, habilitaranse zonas (...)
Presenza da Música Galega no "VIII Festival de Cans" Xoves 19 de maio: Círculo Recreativo e Cultural do Porriño 21.00h. Estrea de Doentes, dirixida por Gustavo Balza e protagonizada por Xose Manuel Olveira "Pico" e Antonio Durán "Morris". Coa actuación especial de Bieito Romero (Luar na Lubre) [Autor da Banda Sonora] Bar Tubulart (O Porriño) 23.30h. Noite Vclips. Coa participación de Belén Montero, Charlie Fáber, Jorge Ilegal e Luis Pardo, condutor do programa Control V en Vtelevisión, que exercerá como mestre de cerimonias. Venre(...)
2010
¡¡¡O festival VENTOROCK 2010 xa esta aquí!!! Terá lugar o día 6 de Novembro en Ventosela (Redondela). A partir das 18 horas comezaremos coa primeira edición da Novembro Fest que consistirá nunha merenda-cea a prezos populares onde se serviran racións de callos acompañadas por cervexa ou viño e coa animación da charanga Os Veraneantes. ... E aproximadamente a partir das 21 horas darán comezo os concertos do festival, onde este ano contamos coa presenza dos seguintes grupos: - Homenaxe (...)
Venres 27 agosto - LAKUSTIKASESINA -TROULA GHAITEIRA cos Veraneantes e acompañantes Sabado 28 -OS PODRIDOS -RESIDUOS ATRAKTIVAS -SUNDAYERS -A COMPAÑIA DO RUIDO
FESTIVAL DO CASTRO en Ferreira de Pantón PROGRAMA 11,00h Apertura da Feira de Artesanía 11,00h Final do 3º Torneo de Birlos (no campo de birlos de San Fiz de Cangas) 13,30h Sesión vermú AS PICONAS D'O IRIXO 14,30h Xantar Popular 15,30h Entrega de premios do Torneo de Birlos 16,00h Café Concerto OS VERANEANTES 18,30h Teatro e circo de rúa RINGO RANGO (un espectáculo de Pista 4) UNHA TARDE DE CIRCO (da asociación Paso de Valverde) 22,00h Concerto presentado por Carlos Blanco
(...)
2008
4ª noite folk en Neda, o 5 de decembro O vernes dia 5 de Decembro tera lugar na ribeira de Neda (A Coruña) a "4ª noite folk".A charanga Os Veraneantes,cos seus acompañantes, percorrera os bares de Neda. Despois daremos paso a unha degustación gratuita de "arroz caldoso de mariscos" e a festa seguirá con O Sonoro Maxín e Os Tres Trebóns.