"Olga Kirk"

2019

(Ultima actualizaci??20-09-2019)

Xornadas de Baile Tradicional en Lugo

- concertos- tradescola- asociación de gaiteiros galegos-

O domingo 22 de setembro a Asociación de Gaiteiros Galegos organiza, xunto colaboración da Consellería de Cultura e Turismo, unha nova edición das Xornadas de Baile Tradicional.

Serán de balde previa inscrición, tendo preferencia @s soci@s da AGG - Asociación de Gaiteiros Galegos e alumn@s da Tradescola, que terán de prazo ata o día 18. Despois desa data, si quedan prazas dispoñibles cubriranse coas solicitudes de inscrición de non soci@s, segundo orde de chegada.

Programa:

11.45 - Apertura (...)

2016

(Ultima actualizaci??17-12-2016)

Xornadas de baile tradicional galego en Teo

- concertos-

Sábado 17 de decembro ás 16:30h

Casa común de Oza, Teo.

Dende a Asociaci@n de Gaiteir@s Galeg@s e coa colaboración da Deputación de A Coruña e o Concello de Teo, organizamos unhas novas xornadas para tod@s os amantes do baile tradicional que terán lugar os vindeiros 17 e 18 de decembro na Casa Común de Oza, no concello de Teo, A Coruña.

Nestas xornadas, que naceron coa intención de cubrir a demanda existente por parte d@s nos@s asociad@s e dun gran público interesado neste aspecto da tra(...)

(Ultima actualizaci??19-08-2016)

Romaría de Santa Margarida (A Coruña)

- concertos- festivais-

Concertos, obradoiros infantís de construción de instrumentos, mesas redondas e faladoiros entorno á música tradicional.

O sábado 27 de agosto

a xornada desenvolverase desde as 10.00 horas ata as 19.00 horas da tarde en distintas localizacións temáticas, cada unha especializada nun ámbito do folclore, antes de trasladarse ao parque de Santa Margarita. Así, a praza de Vigo recollerá toda a actividade realicionada co baile, con obradoiros de Luis Prego, Montse Rivera, Xabier Iglesias e Manolo (...)

2015

(Ultima actualizaci??23-10-2015)

Son xogos, xogos son - Olga Kirk e Pablo Díaz en A Coruña

- concertos-

Volve o "Son xogos, xogos son" ao Centro Ágora con Olga Kirk e Pablo Díaz, de Normalización Concello da Coruña, o sábado 24 de outubro, ás 12.00 h.

O obradoiro está dirixido a nenas e nenos de 4 a 9 anos, acompañados por unha persoa adulta. Dispoñemos de prazas para 40 nenas/os.

Poderedes inscribir as vosas nenas e nenos, desde o luns 19 de outubro, na conserxaría do Centro Ágora ou chamando ao 981 189 888, até esgotárense.

(Ultima actualizaci??16-10-2015)

III XORNADA FEROZ DE MÚSICA GALEGA (As Pontes)

- concertos-

Sábado, 17 de outubro ás 10:00

As Pontes De Garcia Rodriguez,

III XORNADA FEROZ DE MÚSICA GALEGA - 17 OUTUBRO 2015

Inscripción enviando os teus datos de contacto e obradoiro no que te inscribes a xornadaferoz@gmail.com

OBRADOIRO DE CONSTRUCCIÓN DE PANDEIRO CADRADO - 60 €/alumno

Impartido por Xosé Maceda, percusionista do grupo Quempallou. Vencellado a música dende neno, achégase a percusión tradicional da man de xente recoñecida como Luis Prego, Chuco Estévez, X.L. Romero.

Na (...)

2013

(Ultima actualizaci??29-11-2013)

X dí­a do orgullo gaiteiro (Ourense)

- concertos-

O vindeiro sábado día 30 de novembro no AUDITORIO MUNICIPAL de Ourense, salas bermella e azul, organizada pola AOFT Gomes Mouro.

Hai actividades específicas para nenos/as Este ano o homenaxe e as actividades están centradas no baile tradicional galego.

Mañá 11h Conferencia de Mercedes Peón, “o xénero no baile tradicional galego” 12-13.30 h Mesa redonda sobre “o ensino do baile tradicional galego. Presente e futuro”.

Tarde: 16.30-17.30 Pablo Díaz e Olga Kirk “Canta música” obradoiro infa(...)

2012

(Ultima actualizaci??25-11-2012)

I Xornadas arredor da Música Tradicional

- concertos- Son do Fol- Pablo Carpintero- Chichisos- Olga Kirk- Pablo Díaz- David Bellas-

No seu afán de promocionar e divulgar a cultura tradicional, a Asociación de Gaiteiros Galegos organiza este ano a que será a I edición das Xornadas arredor da Música Tradicional que se celebrarán en Lugo os días 15 e 16 de decembro de 2012.

Esta cita está destinada non só a aquelas persoas que traballan no entorno da música tradicional, senón que tamén será un encontro de interese para os que queiran saber máis tanto da nosa cultura como doutras tradicións, xa que ademais da galega amosarans(...)

2010

(Ultima actualizaci??09-12-2010)

Cantos de Nadal na Coruña

- concertos- Pablo Diaz- Olga Kird- Cantos de Nadal-

As festas en Galiza teñen un compoñente imprescindible: o canto. Non hai festa na que os participantes non rematen cantando. Así vén sucedendo desde séculos. O mesmo ocorreu co tempo do Nadal, ocasión propicia para converter a noite nunha manifestación de alegría colectiva e ilusión. Ao longo de xeracións foise transmitindo oralmente esta tradición, estes cantos que a Igrexa reconverteu en cantigas pagano-relixiosas que chegan até os nosos días. Coa intención de recuperarmos e continuarmos canta(...)

2009

(Ultima actualizaci??22-05-2009)

Con Canto Donaire, o 25 de Maio no Forum Metropolitano

- concertos- Con Canto Donaire- Forum Metropolitano-

Tratan de dar unha visión persoal e actualizada da música tradicional que levan anos interpretando. Estas seis mozas conflúen na Coruña cun interese común de gran peso: a nosa música de raíz. Dende o seu inicio foron dirixidas por Olga Kirk e actuaron en escenarios moi diversos onde acadaron numerosísimos premios en todos os festivais e concursos do país, o que os levou a cantar por toda a xeografía galega. Participaron ade(...)

2008

(Ultima actualizaci??09-12-2008)

O Forumfolk de A Coruña invita aos cidadáns a intervir nun concerto

-

O luns 22 de decembro o auditorio do Forum Metropolitano convertirase nuhna grande festa adicada aos cantos de nadal. O ciclo Forumfolk presenta como broche da súa programación de outono-inverno 08 o concerto participativo Cantos de Reis. Trátase dunha iniciativa da Concellaría de Cultura encamiñada á recuperación desta tradición.

O concerto contará coa participación das distintas asociacións de música tradicional da cidade así como cos músicos Mini, Mero e Raúl Galego. Dende o Fórum Metropo(...)

I Mostra do Traxe Galego e Música Tradicional de Melide

- concertos- Cantigas e Agarimos- Brincadeira-

  A concellería de Cultura e Normalización Lingüística do Concello de Melide, comprometido coa necesidade de recuperar a identidade propia do noso concello, está organizando a I Mostra do Traxe e Música Tradicional que terá lugar o 29, 30 e 31 de agosto de 2008.

O obxectivo primeiro desta mostra é exaltar e conservar unha parte importantísima da nosa riqueza cultural, como unha ferramenta de coñ(...)