"OBRADOIRO"

Obradoiro de canto e pandeireta en Pontevedra

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??05-03-2020)

- concertos-

Venres 6 e sábado 7 de marzo.

Última oportunidade! Este venres facemos o cuarto e último obradoiro de canto e pandeireta no Local de Música Pontevedra e o sábado o de baile tradicional na casa azul dentro do programa Noites Abertas! Non perdades a oportunidade! Esperámosvos

(Ultima actualizaci??14-02-2020)

Obradoiro de baile tradicional galego en Quiroga

- concertos-

Sábado 7 de marzo de 16:30 a 20:30h

Obradoiro de baile, nivel iniciación, impartido por Javier Feijoo

(Ultima actualizaci??12-02-2020)

XV FESTA DO LACÓN E FOLIADA DA MARIÑA

- concertos- Festa- lacón- foliada- música- tradicional- baile- Saiñas-

Sábado 14 de marzo

16.00 Obradoiros Infantís (a partir de 5 anos)

- Complementos artesanais (Imavi)

- Instrumentos musicais (Xaneco)

20.30 Festa do Lacón

Sopa, lacón, pataca, chourizo, pan e bebida (9€*)

*8€ venda anticipada en Estética Marta, Pizzería Cervecería Onde Sempre, Peluquería Carlos e Restaurante Pulpería O Refugio

22.30 Foliada

-Pandereteiros de Cantigas e Agarimos (Santiago)

-Argallo de Xacarandaina (A Coruña)

-Gaiteiros e Pandereteiras de Santaia (Oleiros)

-Pander(...)

(Ultima actualizaci??05-02-2020)

XVI Edición do Venrespirar (Ourense)

- Festa-

4º VENRES DE MES de febreiro a xuño de 2020

Venres 28 de Febreiro no Liceo de Ourense:

- ás 20:00 h.: OBRADOIRO "BAILES DE AQUÍ E DE ACOLÁ" facilitado por Gabi Reboredo.

- a partir das 22:00 h.: Baile-Concerto + Foliada.

Obradoiros na Fundaçom Artábria (Ferrol)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??25-01-2020)

- concertos-

Fevereiro é mês de entruido e na Fundaçom Artábria o iniciamos aprendendo a Muinheira Cruzada do Entruido de Samede com o pessoal de Repichoca Ferrol. Será 14 de fevereiro às 21.30hs. E depois haverá foliada! Trazede o vosso instrumento e ganhas de dançar!

(Ultima actualizaci??15-01-2020)

Obradoiro de baile solto con Castañolas en Arteixo (A Coruña)

- concertos- Xiradela-

Domingo 26 de xaneiro

Imparte: Xisco Feijoo

Organiza: Xiradela

(Ultima actualizaci??12-01-2020)

Obradoiro en Xinzo de Limia: O bailar na Limia con Montse Riveira

- concertos-

NOVO OBRADORIO o vindeiro 25/01/2020 no Casino Antelano:

O BAILAR NA LIMIA CON MONTSE RIVERA!!

MONTSERRAT RIVERA CRESPO

Dende moi nova, Montserrat Rivera participa en diferentes agrupacions folcloricas galegas chegando a desempenar durante cerca de 9 anos o cargo de directora do corpo de baile e pandereteiras da Agrupacion

Folclorica Cantigas e Agarimos (Santiago de Compostela) e dende o ano 2012 leva a direcion do Grupo de Brincadeira (Santiago de Compostela). Desenvolve unha incesante a(...)

(Ultima actualizaci??12-01-2020)

Obradoiro de Pandeiro en A Coruña

- concertos- AC Donaire-

O sábado 25 de xaneiro, Noemi Basanta impartirá este curso que procurará desenvolver recursos técnicos e/ou resolver posibles problemas de execución que presente o alumnado. A finalidade é fomentar a autonomía e mellorar o xeito de tocar. Ofreceranse directrices transversais que estarán ao servizo do repertorio tradicional mais colocando en primeiro plano, por enriba das peculiaridades de cada zona, a destreza e a eficacia co instrumento.

O prazo para inscribirse está aberto ata o vindeiro 22(...)

2019

Tradición en feminino en Mazaricos

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??22-11-2019)

- concertos- Gaiteiros Galegos-

O 23 de novembro en #Mazaricos: “Tradición en feminino”,con obradoiros prácticos, charla e mesa de debate. Unhas xornadas subvencionadas coas axudas para actividades culturais da Cultura da Deputación da Coruña

Prazas limitadas, tendo @s soci@s da #AGG prazo de inscrición preferente. De balde

Mais info: secretaria@gaiteirosgalegos.gal

(Ultima actualizaci??22-11-2019)

Xornadas O Son da Gaita en Poio (Pontevedra)

-

XORNADAS O SON DA GAITA

Sábado 23 de novembro, 16-20 h

Sábado 30 de novembro, 10-14 h e 16-20 h

Casal de Ferreirós, Poio (Pontevedra)

Sábado 23/11, 16-20 h

A entonación e a afinación da gaita

Carlos Real e Oscar Ibáñez

Carlos Real (Explicación teórica)

O son e as súas características

Intervalos harmónicos: a combinación dos sons

Escalas: construción e tipos

Escalas das gaitas tradicionais e modernas.

Oscar Ibáñez (Aplicación práctica)

Punteiros tradicionais e actuais

Contexto(...)

é-romance no Mosteiro de San Salvador de Ferreira de Pantón

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??21-11-2019)

- concertos- folque-

Venres 22 de novembro

Isto non para! Mañá a partir das 18h, é-romance chega en formato concerto ao mosteiro de San Salvador de Ferreira de Pantón!

🎸 Actuarán a cantante e repentista Alba María, a zanfonista Uxía Muíño e o guitarrista Queco Díaz, que interpretarán varios temas con base no romanceiro tradicional galego, así como outros romances compostos por eles e incluso algúns improvisados. A entrada é libre. Non o perdades!

🏫 Ademais, durante a mañá os artistas ofrece(...)

(Ultima actualizaci??24-10-2019)

Foliada de Santos en Monterroso (Lugo)

- Festa-

Venres 1 de novembro ás 22h

19.00 OBRADOIRO de BAILE con XISCO FEIJOO.

21.15 PINCHOS para grupos participantes na Foliada.

22.00 FOLIADIÑA INFANTIL.

22.30 CONCERTO de XISCO FEIJOO TRÍO.

23.30 FOLIADA

4º Serán Grupo A Xunqueira (Vilagarcía de Arousa)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??22-09-2019)

- Festa-

Sábado 5 de outubro ás 21:30h

O 5 de outubro terá lugar o 4º Serán Grupo A Nosa Señora da Xunqueira, a partires das 21:30 no noso obradoiro cultural (xusto detrás da igrexa da Xunqueira, Vilagarcía de Arousa)

⚠O principal, convidarvos a todxs aqueles que queirades participar como grupo. Podedes facer a inscripción previa no email grupo@axunqueira.com ou chamando ó teléfono 634 673 008. Por suposto tamén podedes "chegar e encher", pero si sabedes con antelación que vindes, agradec(...)

(Ultima actualizaci??20-09-2019)

Xornadas de Baile Tradicional en Lugo

- concertos- tradescola- asociación de gaiteiros galegos-

O domingo 22 de setembro a Asociación de Gaiteiros Galegos organiza, xunto colaboración da Consellería de Cultura e Turismo, unha nova edición das Xornadas de Baile Tradicional.

Serán de balde previa inscrición, tendo preferencia @s soci@s da AGG - Asociación de Gaiteiros Galegos e alumn@s da Tradescola, que terán de prazo ata o día 18. Despois desa data, si quedan prazas dispoñibles cubriranse coas solicitudes de inscrición de non soci@s, segundo orde de chegada.

Programa:

11.45 - Apertura (...)

(Ultima actualizaci??13-09-2019)

V Festival Intercéltico O Son do Pazo (Mos)

- concertos- festivais-

13 e 14 de setembro

Venres 13

-Airiños do Castelo

-Böj

-Algarabía

Sábado 14

Sesión vermú con Zurrumalla

Regueifas de Lupe Blanco e Bieito Lobariñas.

Animación de rúa con Os Monifates, Treboada Baixo Miño, Airiños do Castelo

Obradoiro abierto de baile irlandés

Concertos de:

-Atlántida

-Arume

-Pepe Vaamonde Grupo

-Airiños da Freba

(Ultima actualizaci??13-09-2019)

O Teu Xacobeo en Riós (Ourense)

- concertos-

Venres 13 de setembro, na Reitoral da Chaira -tamén coñecida como Casa da Castaña- a partir das 20,30 horas: Banda de Gaitas de Riós, Cantareiras de Riós, Rosa Cedrón e Emilio Rúa.

Sábado 14 de setembro. a partir das 20:30h, Coral de Riós, Agrupación Musical local, Dúo Caamaño-Ameixeiras, Xestreu e a Banda de Garda. Ademais, pola mañá (a partir das 11h), na Casa da Castaña, haberá un obradoiro de producción e gravación de música tradicional, así como de arranxo e armonía tradicional. Tamén (...)

(Ultima actualizaci??04-09-2019)

Obradoiros de Música e Baile Tradicional no C@urel

- concertos-

Sábado 28 de setembro

Obradoiros de Percusión a Man e Canto (Blanca Villares), Empalletado e Afinación de Gaita (Daniel Bellón) e O Bailar no C@urel (Montse Rivera)

VI Festival Agrocuir da Ulloa (Monterroso)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??30-08-2019)

-

Venres 30 e sábado 31 de agosto

----------------------- PROGRAMA DETALLADO -----------------------

VENRES 30 DE AGOSTO.

16.00 HORAS / CENTRO SOCIOCULTURAL

.

.

🎥🌈PROXECCIÓN de Noite Irisada, documental sobre a loita dos colectivos galegos de gais e lesbianas durante as últimas décadas.

Fernando Rodríguez Gómez, produtor executivo do documental, adianta que na realización desta peza audiovisual mudou a súa perspectiva sobre a situación das persoas diversas no en(...)

(Ultima actualizaci??30-08-2019)

3ª Romaxe Urbana Folk no Alobre (O Castriño. Vilagarcí­a)

- concertos- Bailegramas- Cé Orquestra Pantasma- Os terribles de Arousa- Donicelas Folk Tradicional- Xistra de Coruxo- Fiandola- Pesdebarro-

Domingo 1 de setembro no Parque do Castriño en Vilagarcía de Arousa

Con actividades dende a primeira hora da mañá: roteiros, sesión vermú con Cé Orquestra Pantasma, xantar, obradoiro de baile galego e presentaciòn do libro bailegramas con Sergio Cobos.

E a partir das 18:30h concertos de Os terribles de Arousa, Donicelas Folk Tradicional, Xistra de Coruxo e Fiandola.

Organiza: A.C. Pesdebarro

(Ultima actualizaci??30-08-2019)

IV Serán Careco Solidario (San Claudio. Ortigueira)

- Festa-

Sábado 31 de agosto

San Claudio, Ortigueira

Polo día: Sesión Vermú con Folk Sol-Dama e a Escola de Gaitas de Ortigueira; xantar amenizado por Os Sobraos, No Combarro e Os do 21; Obradoiros de baile (Marcos Botana); Mostra de Baile (Os do 21 e A.F. Ancoradoira) e Concerto de Os Carecos

E pola noite, foliada con:

-Joel Padín

-A.C. Son D'Aquí

-As Ferriñas de os do 21

-A.F. San Xiao do Trebo

-Lingoreteiras

-Zinco en Zocas

-Pandereteiras da Asoc. Amigos da Gaita Galega

-Anda(...)

(Ultima actualizaci??28-08-2019)

XXXI Festa Da Istoria. Ribadavia

- concertos-

Xoves 29 de agosto

23:00

CONCERTO “SON DA ISTORIA”, HABELAS HAINAS

Grupo de Música Folk, Praza da Madalena

Venres 29 de agosto

10:30

X CERTAME DE PINTURA RÁPIDA

Incricións no Club Artístico de 10:30 a 11:30 h

Polas prazas e rúas do Centro Histórico

11:30

APERTURA DO MERCADO ARTESANAL

Na Alameda

11:30 a 15:00 e 18:00 a 23:00

11:30

APERTURA DAS PORTAS DO CASTELO

Animación, teatro, recreacións históricas, oficios da época e música

Castelo dos Sarmiento (Entrada libre(...)

(Ultima actualizaci??23-08-2019)

V Festival Dos Eidos no Caurel

- concertos-

Volve o Festival Dos Eidos! A Fundación Uxí­o Novoneyra presenta 3 dí­as de danza, música e poesí­a nos eidos do Courel.

Venres, 23 de agosto de 2019

10:00 - 14:00

Obradoiro de realización documental con Pepe Coira e Gaspar Broullón, de OlloVivo Producións.

16:30

Sesións Valumbo.

17:30 - 18:30

Presentacion campaña crowdunding "El Corazón en el Ojo", retrospectiva da obra do fotógrafo Federico García-Cabezón.

18:30 - 20:00

Homenaxe a Carlos Oroza con Antón Patiño e Antón Lamaza(...)

(Ultima actualizaci??22-08-2019)

XIV Festa da Pandeira en Piornedo (Cervantes. Lugo)

- concertos-

Sábado 24 de agosto

Como cada ano, o penúltimo sábado de agosto é úa data marcada no calendario, na que Piornedo (Donís, Cervantes) se transforma en capital das músicas da montaña. O protagonismo é prás mulleres que conservaron letras ancestrales iun xeito de interpretalas á pandeira que asombra a leigos e entendidos.

Este 24/08/2019 haberá novidades. A primeira sesión da tarde reunirá as tocadoras veteranas nun coloquio con inerpretaciois. A segunda parte reunirá os músicos e bailaríns qu(...)

(Ultima actualizaci??24-07-2019)

Festas do Apostolo (Compostela)

- concertos-

19 de xullo 

*XLI Torneo de chave Festas do Apóstolo. Parque da Alameda.A carón da Escola Infantil de Santa Susana

19.30 h Torneo feminino

20.30 h Torneo masculino 

*22.30h Pregón desde os balcóns do Pazo de Raxoi a cargo de Luis Zahera. Praza do Obradoiro

*23.00h Concerto: Zalón. Praza do Obradoiro

*23.00h Concerto: Budiño. Praza da Quintana

*23.30h Concerto: Kind of Soul. Praza do Toural

 

20 de xullo

*'Día do Traxe Galego'

11.30 h Concentración de participantes na  Alameda e de(...)

(Ultima actualizaci??24-07-2019)

Feira dos Bicos en Monterroso

- Festa-

Domingo 28 de xullo

PROGRAMA

11:00 .- Apertura da Feira e dos distíntos postos de artesanía para a venta .

11:15.- Obradoiro FACENDO PAN gratuíto .

11:30.- Inicio das demostrarcións de oficios por parte dos distíntos artesáns e asociacións:

-Palilleiras (Palilleiras de Monterroso)

-Cesteiro (Manuel Fernández)

-Torneiro-artesán de instruentos musicais galegos (Xosé Piñeiro –NEBRA) .

-Olaría Artesanal de Gundivós. (prog. Promoción da artesanía 2019 da Deputación de Lugo)

-Talla en m(...)

(Ultima actualizaci??04-07-2019)

XV Xornadas de cultura mariñeira Muros Mira ao Mar

- concertos- Muros Mira ao Mar- Treixadura- Brincadeira-

Venres 5, sábado 6 e domingo 6 de xullo

VENRES, 5 xullo

11.00 h Visita guiada “A vida no areal”

11.00 h Apertura do mercado, obradoiros e exposicións

11.15 h Pasacalles Longarela

11.30 h Obradoiro infantil: “Oficios”

11.45 h Visita guiada conxunto histórico

12.30 h Visita guiada colección permanente “Conserveira de Sel”

12.45 h Animación musical: “O cego na feira”

13.00 h Mostra de traballos artesanais: “Traballos en Coiro”

18.00 h Apertura do mercado, obradoiros e exposicións

18(...)

(Ultima actualizaci??03-07-2019)

XXVI Festival Río Castro (Narahío. San Sadurniño)

- concertos- festivais- Festival Río Castro- Lenda Ártabra- Os Melidaos- Tiruleque- -

Sábado 6 de xullo

Achegádevos a Narahío a pasar unha boa xornada de colegueo. Sendo respectuosos con toda a xente e coa veciñanza,sendo respectuosos tamén co entorno e medio. Se non vides con esa idea ,xa sabedes,quizas tedes que buscar outro sitio no que vos atopedes máis comodos noutro lugar.

Vémonos en Narahío o sábado 6 de xullo para pasar unha boa xornada!

Desde primeiras horas da mañá convidámoste a que veñas de merenda á beira do río Castro. Porén, para irmos quentando motore(...)

Programación para xullo na Arca da Noe (Vilar de Santos)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??03-07-2019)

- concertos- Arca da Noe- -

5 de julho, às 22h30, concerto de Tincho Fernán

6 de julho, às 22h30, concerto de Paraíso Canto

12 de julho, às 22h30, concerto de Pablo Pérez Sanmamed Trio

13 de julho, às 22h30, concerto de Túa (Múrcia)

19 de julho, às 22h30, Dubhlinn & friends (Irlanda)

20 de julho às 22h30 Concerto de Dous Porquiños

21 de julho, às 21h, (Bilbau)

Obradoiro de voz com David Baldosa 16:30 a 20h

Concerto às 21h de La Baldosa Flotante

26 de julho, às 22h30 concerto de Marcos Teira e Ton(...)

Serán d´aquí­ 2019. Monte Alto

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??28-06-2019)

- Festa-

Sábado 29 de xuño ás 11h

Praza dos Avós. Monte Alto.

Outro ano máis voltamos para encher Monte Alto de música, baile e moita festa!. O vindeiro 29 de Xuño o Serán d\'aquí­ de Monte Alto estará de novo na Praza dos Avós, en pleno corazón do barrio, con ruadas, sesión vermú, xogos para a xente miuda, obradoiros e festa, moita festa, cunha chea de agrupacións que porán música durante todo o serán e a noite. Non faltarán os sorteos e as sorpresas!, e tampouco podedes faltar vos!!

Agardámosv(...)

(Ultima actualizaci??26-06-2019)

Foliada Casino Antelano (Xinzo de Limia)

- Festa-

Sábado 29 de xuño

Concerto de Xisco Feijoo Trío, Obradoiros de baile e Foliada coas Pandereteiras do casino, Xoaniñas, As Bruxas, Cantaralai, Os Rampeiros

(Ultima actualizaci??26-06-2019)

41 Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira

- concertos- Anxo Lorenzo- Tanxugueiras- Leilía- Andrés Penabad- festivais- Dequenvessendo- O Fiadeiro-

Do 11 ao 14 de xullo

Xoves 11

Túa (Murcia)

Dequenvessendo (Galiza)

Yuki Kojima Band (Xapón)

Stolennotes (Andalucía)

Gwendal (Bretaña)

Venres 12

Peoples Ford Boghall & Bathgate Caledonia Pipe Band (Escocia)

Project Smok (Escocia)

The Moving Hearts (Irlanda)

Anxo Lorenzo Band (Galiza)

Escola de Gaitas de Ortigueira

Sábado 13

Bagad Kerlenn (Bretaña)

por Dominic Graham School of Irish Dance (Irlanda)

Shoglenifty (Escocia)

Flook (Inglaterra)

Beltaine (Polonia)

Domingo 14

O Fiadeiro

Tanxugueiras

Leilía

Andrés Penabad Band.

(Ultima actualizaci??21-06-2019)

V Xuntanza Folc Follas de Olivar (A Insua-Pontecaldelas)

- concertos-

O vindeiro domingo 23 de xuño a partir das 12.00 horas, terá lugar a V Xuntanza Folk "Follas de Olivar" en A Ínsua (Carreira Ancha) Pontecaldelas, organizada polos Xeitosos da Ínsua.

Actuacións antes do xantar con Nós tamén imos e os Fervellos do Pío, logo xantar campestre e seguidamente obradoiro de baile tradicional con Damián Cordo e xa pola tardiña actuacións de Paiaso Peter Punk, A. C. Veira do Río, Os Xeitosos da Ínsua, Tradisón, Carapaus e Habelas Hainas!!!

Haberá tamén diversos po(...)

(Ultima actualizaci??20-06-2019)

Festival Daquelas que cantan (Mos, Pontevedra)

- concertos- Malvela- Uxía Senlle-

I Festival Daquelas que cantan: A voz das mulleres no Camiño portugués, un festival pioneiro en Galicia de voces de mulleres que se vai celebrar en Mos (Pontevedra) os próximos 21 e 22 de xuño.

Un encontro de música vocal protagonizada polas mulleres, que teñen sido depositarias da nosa memoria colectiva, do noso patrimonio inmaterial.

👉PAZO DE MOS (Mos, Pontevedra)

📢 VENRES, 21 DE XUÑO:

🕔 16:00 - 19:00: Obradoiro de cante alentejano con Celina da Piedade (P(...)

Novedades Carminha e Dios Ke te Crew no Esmorga Dirt - San Xoan 2019 (Sarria)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??19-06-2019)

- concertos-

Sábado 22 de xuño ás 12h

Praza da Vila, 27619 Sarria (Lugo)

O 22 de xuño con motivo das festas patronais de San Xoan en Sarria (Lugo) terá lugar un evento no que se mesturará gastronomí­a local, música, deporte e cultura urbana.

Todo o evento transcurrirá ubicado nunha fermosa praza pública da Vila, que consta de varios emprazamentos (anfiteatro e varias zonas de lecer)

A festa arrinca durante a mañá con dous parques de Skate e Parkour habilitados para impartir obradoiros a través (...)

(Ultima actualizaci??19-06-2019)

Obradoiro de Carballesa en Lugo

- concertos-

Xoves 27 de xuño ás 20h

Organiza: OxeitO

Aprende a bailar esta variante de muiñeira da man de Xabier Iglesias. Teorí­a e práctica de este baile, puntos de O Caurel e O Incio, estructura e melodí­as. 10€ xeral 5€ alumnado de Oxeito

(Ultima actualizaci??19-06-2019)

Festas de San Xoán Santiago de Compostela 2019

- concertos-

Do 21 ao 23 de xuño

PROGRAMA Todas as actividades son na PRAZA DE MAZARELOS a menos que se indique outra localización. VENRES 21 DE XUÑO18 h a 00 h. Festival de San Xoán na praza de Mazarelos: Mercadiño artesán con demostración ao vivo, 'Espazo Palleiro' para peques e zona gastronómica 'Área Asardiñada'. Entrada de balde.

18 h a 20 h. Obradoiro de pintado de pratiños decorativos de polbo. Actividade de balde para todos os públicos.

19:30 h a 21:30 h. Obradoiro de baile tradicional(...)

(Ultima actualizaci??16-06-2019)

Obradoiro de Cantos de Voda Sefardis en Sanxenxo

- concertos-

Obradoiro de Cantos de Voda Sefardis impartido por Xurxo Fernandes.

Domingo 7 de xullo en Sanxenxo.

Precisase nivel medio de canto/percusión.

Infórmate: cantosdevoda@gmail.com

Organiza A.C. Abiñadoira.

Escola VIVA ANTES (Compostela): Iniciación ao baile solto da Comarca de Bergantiños

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??14-06-2019)

- concertos-

Este domingo 16 temos o obradoiro de "Iniciación ao baile solto da Comarca de Bergantiños"‼️

Queres coller e sacar puntos de maneo nas festas do vrau? Esta é a túa oportunidade! xa que contaremos con Ramón do Serrador para esta súper masterclass 😊

Reservade a vosa plaza!

Información e inscripcións polo mail da escola.

As Treboadas do Baixo Miño (Concello de Tomiño)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??14-06-2019)

- concertos-

Sábado 15 de xuño.

¿Cómo é a primeira gaita de barquín que apereu en #Tomiño e que foi recuperada?

¿Cómo se constrúen os bombos de #Treboada?

Este sábado descubrirémolo da man de #XerardoSantomé na última entrega dos #roteiros pola tradición musical da #PontevedraProvincia organizados pola AGG - Asociación de Gaiteiros Galegos e Deputación Pontevedra

Nel afondaremos na historia desta formación típica do Baixo Miño, visitaremos o obradoiro de Óscar Lobato (constructor de bombos de treboada (...)

XIV Encontro de Danzas do Mundo no Carballiño

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??13-06-2019)

- concertos-

Venres 21 ao domingo 23 de xuño na Residencia de Tempo Libre de Carballiño

Monteira, Grupo de Danzas do Mundo, organiza a que vai ser a décimocuarta edición do Encontro de danzas do mundo na Residencia de Tempo Libre do Carballiño(Ourense), concibido para compartir momentos de música, baile, ou simplemente para estar xuntos, aberto a todas as persoas que se queiran apuntar, independentemente da súa habilidade para a danza.

Coma sempre, faremos obradoiros de danzas e tamén teremos música (...)

(Ultima actualizaci??13-06-2019)

Obradoiro de Pandeiro en Lugo

- concertos-

Martes 25 e mércores 26 de 20:00 a 22:00 h.

Serán´02 en Compostela

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??12-06-2019)

- concertos-

Venres 28 de xuño ás 13h na Cidade da Cultura

As bandas de música serán as grandes protagonistas do Serán´02. Encontro Galego de Cultura Popular. O evento, promovido pola Xunta de Galicia para impulsar e pór de relevo a cultura galega de base, volve á Cidade da Cultura de Galicia.

Baixo a dirección artí­stica de Quique Peón, o Serán´02 terá lugar o 28, 29 e 30 de xuño e incluirá concertos de bandas tanto galegas como de fóra de Galicia, así­ como de agrupacións infantí­s. Talleres para (...)

Sons do Alborexar (Festival Infantil) en Lestedo (A Coruña)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??07-06-2019)

- concertos-

Domingo, 9 de xuño as 6:30 da tarde

En Lestedo (ainda que pode cambiar de ubicación pola previsión meteorolóxica)

O domingo organizamos o noso primeiro festival infantil. É un acto que nos fai moita ilusión xa que vendrán visitarnos grupos que comparten moito con nós.

Nesta ocasión devolvennos a visita os nosos compañeiros de Queiroa, intentaremos estar á altura do seu fantástico festival do que desfrutamos este pasado domingo.

Tamén nos visitan uns amigos e veciños, nos que se(...)

(Ultima actualizaci??07-06-2019)

Romarí­a Xeitosa en Begonte (Lugo)

- Festa-

Domingo 9 xuño ás 12:00h no clube fluvial

Oxeito celebra a súa Romarí­a Xeitosa dentro da Foliada do Ensino Público. Haberá xogos, obradoiros e moita música e baile.

Obradoiro de pandeiro en Castrelo do Val (Ourense)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??07-06-2019)

- concertos-

Novo obradoiro de pandeiro! Será o sábado 8 de xuño en Castrelo do Val (OU), dentro da programación que a xente de Candaira andan argallando prá súa I Frasca do terrón. Anímense a pandeirar!!

(Ultima actualizaci??31-05-2019)

VI Tangaraño Cultural en Sobradelo (Xunqueira de Ambí­a)

- Festa- Roberto Sobrado-

Sábado 1 de xuño

Encontro culturar e festivo

12:00 Cóidate para coidar charla primeiros auxilios por Susana Pulgarín.

Foliada: Iniciativa polo Rural

13:00Concerto Xan de Verin Nickelharpa

13:30 As Utopias de Carlos de Xunqueira de Ambía.

14:00 Xantar Popular e Vegano ( por favor agradecemos reserva)

15:00Concerto Nacho Martimez cantautor

16:00 Poesía: Eduardo Estevez,Belén Senín e Carlos Rafael.

Obradoiro barro por Olería de Batán

16:20 Concerto Andrés Férnandez( Suso Vaamonde)

1(...)

(Ultima actualizaci??31-05-2019)

IV Edicion do Castelo folk (Pontedeume)

- concertos-

Sábado 1 de xuño no Castelo dos Andrade (Nogueirosa)

11:00-Apertura do evento

14:00-Xantar campreste

16:30-Obradoirosartesans para nenos,xogos tradicionais,música.

17:30-Actuacions:Cé Orquesta Pantasma, Banda de gaitas de San Pantaleon

20:30-Presentacion e Comenzo do Festival:

- FAISCAS DA PONTRAGA

-TNT (TANTO NOS TEN)

-PAN DE CAPAZO

(Ultima actualizaci??24-05-2019)

Obradoiro de Percusión Tradicional en Boiro

- concertos-

Sábado 25 de maio na Escola de Música do Concello de Boiro

(Ultima actualizaci??24-05-2019)

Estouciñando. Ciclo de Músicas e Obradoiros en Visantoña (Santiso. Terra de Melide)

- Festa-

Sábado 25 de maio en Visantoña

17:00h Obradoiro de Bombo e Pratiños con Chema Cebeiro

21:30h Concerto de ALVARIZA

Despois, Foliada aberta.

V Foliada de Cervo (Lugo)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??10-05-2019)

- Festa-

O vindeiro 11 de maio celébrase a #VFoliadaCervo e a XIII Festa de degustación da carne de porco na Praza do Souto (Cervo).

◇PROGRAMA

11h 30 Obradoiro de regueira con Lupe Blanco e Manolo Maseda (Inscricións: https://goo.gl/forms/sG8nWwSyYnaVPXZ02)

13h 30 sesión vermú amenizada con regueifas e o coro tradicional Dorna

16h 30 Obradoiro de canto e pandeireta para a rapazada

Obradoiro de baile

19h 15 FOLIADA

- Os do 21 (O Vicedo)

- A Rebolaxe (San Cibrao)

- Cant(...)

(Ultima actualizaci??10-05-2019)

Noite de Fiadeiro en Vilavidal-Ramirás (Ourense)

- Festa-

Sábado 11 de maio dende as 17:30h

Organiza: Asociación Cultural REBULIR

PROGRAMA:

17:30 h. Apertura FEIRA de produtos artesáns e gastronómicos

Mostra de Oficios Artesáns

- Animación de rúa

- Xogos tradicionais con CCP Xaquín Lorenzo

17:30 h. OBRADOIROS para nen@s

Enredos e Brinquedos – con CCP Xaquín Lorenzo

As tamancas a escala – Tango Zapateiro

Peiteados e Pulseiras – Artesanía Mary

Xogos Cooperativos - Xurxemurxe

18:30 h. CONCERTO da Banda Municipal de Música de Rami(...)

(Ultima actualizaci??03-05-2019)

VIII Festa da Sementeira do Millo en Matamá (Vigo)

- concertos-

Domingo 05 de maio.

A FESTA comezará pola mañán, ás 10:30h coa SAÍDA DO CARRO DE BOIS dende o torreiro da festa acompañado pola música das gaitas e percusión da Banda de Gaitas do Casco Vello.

Unha vez chegado ao lugar da festa os bois comezarán cos traballos da labranza da leira acompañado polos cantos das Cantareiras da Sociedade Atlántida de Matamá (12h).

A partir das 14h e para recuperar folgos, serviráse un XANTAR POPULAR.

E xa pola tarde haberá diversas actuacións musicais (Ape(...)

I Xornadas de Acordeón en Lugo

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??03-05-2019)

- concertos-

O vindeiro venres 3 de maio de 2019 terán lugar en Lugo as I Xornadas de Acordeón organizadas pola AGG. Estas xornadas, contarán cun obradoiro impartido por Stéphanie Simon, especialista en mecánica, reparación e afinación de acordeóns, considerada unha das figuras máis respetadas dentro do mundo do acordeón.

No curso, Stéphanie amosará os aspectos básicos sobre o funcionamiento do acordeón, a mecánica deste, como abordar pequenos problemas técnicos, o traballo coa cera e a afinación das pall(...)

(Ultima actualizaci??17-04-2019)

Venrespirar ao Grândola (Ourense)

- Festa-

Venres, 26 de abril no Grándola (Praza de San Marcial)

15º Edición do Venrespirar, "Festa Tradicional Itinerante":

- 19.00 h.: Obradoiro "Bailar a Canda Os Tempos" con Chus e Carminha no local de A Galheira

- 22.00 h.: Concerto Baile Trad amenizado por Rebulir.

- 00.00 h.: FOLIADA. Anótate escribindo ao noso Facebook, ou no telf. 677090949; tamén podes facelo o propio día falando coa organización. Iredes tocando segundo a orde de inscrición.

O 26 de Abril dende as 19.00 h. até (...)

(Ultima actualizaci??12-04-2019)

VI Foliada Nordestí­a en San Ciprián (Cervo)

- concertos-

Sábado 13 de abril en San Ciprián

11:00h Apertura Feira de Artesaní­a na Praza dos Campos

12:00h Cantos de taberna polos locales de hostelerí­a colaboradores

15:15h Xantar Popular na Praza dos Campos.

18:10h Xogos e obradoiros infantí­s na Praza dos Campos

19:00h Obradoiro de baile (próximamente máis info)

21:30h Actuación do grupo local A Rebolaxe (Na Prazoleta)

22:30h CONCERTOS (Na Prazoleta)

-Son do Xabre

-Os Carecos

-A Compañí­a do Ruí­do

Foliada libre cando se (...)

Obradoiro de Felisa Segade e Xermán Muiños en Vilar de Santos (Ourense)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??29-03-2019)

- concertos-

Novo rumo: 31 de março com Felisa Segade e Xermán Muiños.

Domingo, 31 de março, de 11h00 a 14h00 e de 16h00 a 19h00 (6horas). Obradoiro de Tradição e musicalidade de Ourense com Felisa Segade e Xermán Muiños

OBRADOIRO

Com este obradoiro querem aproximar-se à Ourense, onde tem encontrado instrumentos, modos e sonoridades específicos e próprios, configurando um leque de imenso atrativo. Vão trabalhar sobre o panorama geral de instrumentos como a lata, a caçola (ou tijola), as cunchas, as co(...)

Obradoiro de Carballesa en Arteixo

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??29-03-2019)

- concertos- Xiradela-

Domingo 31 de marzo

Aprende a bailar a carballesa con Xabier Iglesias na nosa asociación!!

Animádevos!!!

LUMEEEEE

(Ultima actualizaci??22-03-2019)

Obradoiro de Pandeira en Ferrol

- concertos-

Domingo 24 de marzo no Lar De Toxos

Obradoiro de pandeira impartido por Felisa Segade e Xermán Muiños

Organiza: Real Coro Toxos e Froles

IV XORNADAS DE PERCUSIÓN TRADICIONAL en Pontevedra

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??15-03-2019)

- concertos-

Nesta edición, como novidade, teremos un obradoiro de iniciación (14 de abril) e outro de perfeccionamento (17 de marzo).

OBRADOIRO DE PERFECCIONAMENTO

Curso de 4 horas de duración impartido polo percusionista Andrés Vilán o 17 de marzo en Pontevedra (de 16 a 20 horas).

Dirixido axs asistentes a algunha das tres edicións anteriores ou xente con coñecementos previos.

Material necesario: tambor e baquetas.

Prezo: 25 €.

Prazas limitadas (segundo orde de inscrición).

Inscrición e informa(...)

(Ultima actualizaci??10-03-2019)

Obradoiro avanzado se Pandeireta en Santa Cruz (Oleiros)

- concertos-

Sábado 24 de marzo no Centro Cívico de Santa Cruz

Imparte: Javier Feijoo

Organiza: Grupo de Baile e Gaitas Santaia

Março na Arca da Noe (Vilar de Santos)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??09-03-2019)

- concertos-

Despois de desfrutar do entroido, começamos uma nova travessia: MARÇO

9 de março,

às 22h, concerto de Maskarpone

15 de março,

às 22h00, concerto de Raiceira

16 de março,

às 22h00, concerto de La Casa de los ingleses

17 de março,

às 20h30, Poemas+ concerto Arancha Nogueira + Quico Valeiras + Roberto Sobrado

22 de março,

às 22h00, concerto de Sara Cangas

23 de março,

às 22h00, concerto de O Modulador de Ondas

30 de março,

às 18h30, Espetáculo de Circo com Duend(...)

(Ultima actualizaci??21-02-2019)

Obradoiro de Percusión Tradicional en Negreira

- concertos-

Sábado 23 de febreiro na Escola de Música de Negreira

(Ultima actualizaci??15-02-2019)

Debullando o Tempo en Compostela

- concertos-

Domingo 17 de febreiro a partires das 17:30h no Auditorio de Galicia.

Espectáculo de teatro canto e baile da Asociación do Traxe Galego en colaboración co Obradoiro de Cultura Tradicional Ultreia e A Rexionalista de Teo.

(Ultima actualizaci??08-02-2019)

II Xornadas de Música Tradicional Os Sobraos de Bergondo

- concertos-

Domingo 10 de febreiro de 16h a 20h no Local Social de Carnoedo

Obradoiro de fabricación dun pandeiro cadrado. Imparte Xosé Maceda.

(Ultima actualizaci??08-02-2019)

III Foliada de Meira

- Festa-

Sábado 9 de febreiro dende as 18h na Praza do Convento.

Obradoiros gratuitos de Pandeira (Carolina Vázquez Castro) e Baile (Ruth Pérez).

E foliada dende as 21h con Nove Ferreñas, Leña Verde, Lagharteiras e Comando Curuxás

Iniciación ao Baile Galego en Vilagarcía de Arousa

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??08-02-2019)

- concertos- Pesdebarro-

E ESTE SÁBADO 9 DE FEBREIRO NOVA DATA PARA O CURSO DE INICIACIÒN AO BAILE GALEGO

Continuamos o sábado 9 de febreiro, no CCultural Do Sixto, Obradoiro de iniciación ao baile tradicional galego para bailar a muiñeira, xota, agarrados...

Ensinaranse as dinámicas e pasos do baile galego para desde xá, poñelas en práctica e disfrutar do acto de bailar.

O obradoiro comezará aportando o coñecemento dos recursos elementais do baile e motivar o emprego dos mesmos para permutar e combinar libremente (...)

Obradoiro de Canto e Pandeireta en Arzúa

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??30-01-2019)

- concertos-

Xa temos nova data para o obraodiro con Noemi Basanta Llanes unha adufeira de salitre que nos vai a ensinar un pouquiño máis acerca do canto e pandeireta. Quen se anima? Será o DOMINGO 3 de FEBREIRO ás 16:30 na ludoteca de Arzúa!

Noemi Basanta impartiu aulas regulares de canto e percusión na Escola viVAntes de Santiago de Compostela. Actualmente, é mestra na Asociación Cultural Cántigas e Frores e tamén a directora do seu grupo de pandeireteiras. Nos últimos anos, ofreceu diversas conferencia(...)

Obradoiro de Pandeiro Cadrado na Coruña

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??25-01-2019)

- concertos-

Moi boa tarde!, temos un novo e interesantísimo obradoiro preparado para para vos!. 😄

O próximo domingo 27 de xaneiro podedes vir aprender todo sobre o pandeiro cadrado na Galiza. Un obradoiro, que terá un enfoque teórico-práctico e no que saberemos da historia e etimoloxía do instrumento e faremos montaxe de repertorio da tradición oral galega con pandeiro cadrado, aprendendo toques, melodías e estilos de distintos ritmos e de distintos lugares. Impartirase no CEIP Eusebio da Guarda,(...)

Curso de Iniciación ao Baile Galego en Vilagarcía de Arousa

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??25-01-2019)

- concertos- Pesdebarro-

NOVA DATA PARA O CURSO DE INICIACIÒN AO BAILE GALEGO

Continuamos o sábado 26 de xaneiro, no CCultural Do Sixto, Obradoiro de iniciación ao baile tradicional galego para bailar a muiñeira, xota, agarrados...

Ensinaranse as dinámicas e pasos do baile galego para desde xá, poñelas en práctica e disfrutar do acto de bailar.

O obradoiro comezará aportando o coñecemento dos recursos elementais do baile e motivar o emprego dos mesmos para permutar e combinar libremente os movementos.

Podedes vi(...)

Presentación de Bailegramas en Lugo

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??18-01-2019)

- concertos- aPenultima- Cavicembalo-

Sábado 19 de xaneiro

Obradoiro-presentación dos Bailegramas, método de notación para baile tradicional. Tamén bailaremos danzas europeas que poderemos poñer en práctica pola noite no concerto de "Mala Herba" no clube Clavicémbalo

Obradoiro de iniciación ao baile tradicional en Vilagarcía de Arousa

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??11-01-2019)

- concertos- Pesdebarro-

Sábado 12 de xaneiro, no Centro Cultural do Sixto, Obradoiro de iniciación ao baile tradicional galego para bailar a muiñeira, xota, agarrados...

Ensinaranse as dinámicas e pasos do baile galego para desde xá, poñelas en práctica e disfrutar do acto de bailar.

O obradoiro comezará aportando o coñecemento dos recursos elementais do baile e motivar o emprego dos mesmos para permutar e combinar libremente os movementos.

Podedes vir e comprobar o doado que é divertirse e aprender, vale para(...)

Xornada de canto, música e baile tradiciónal na Pobra do Caramiñal

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??10-01-2019)

- concertos-

Domingo, 13 de xaneiro, na Praza Maior de Pobra do Caramiñal

DOMINGO 13 DE XANEIRO... Vive, Aprende e Goza do Noso 2019!!!

Un ano mais, e xa imos ca 4ª edición, organizamos, xunto ao Concello da Pobra do Caraminal, esta xornada adicada ao canto, ao baile e a música tradicional.

16 agupacións da contorna participarán no VERMÚ GHAITEIRO, que comezará ás 12:30h: Asociación Cultural Arrancadeira, A Dorniña de Abanqueiro, Asocación Cultural Os Liantes, Asociación Cultural e Deportiva Xiada,(...)

2018

(Ultima actualizaci??21-12-2018)

XIII FIR-Festival Internacional Rebulir 2018

- concertos- Rebulir-

20 - 23 de Decembro 2018

Gala Central: Sábado 22 de Decembro. 19:00 h.

Ramirás - Celanova - Ourense

PROGRAMA:

XOVES 20 DE DECEMBRO

11:30 h. Presentación e APERTURA do Festival

Centro Cultural Marcos Valcarcel. Ourense

13:30 h. Inauguración da EXPOSICIÓN “As imaxes do Alén”

Centro Cultural de O Picouto. Ata o 31 de Decembro

15:00 h. Animación “aprendemos un mundo”

Residencia de Maiores “O Mosteiro”

19:30 h. OBRADOIROS

19:30 h. “Xogos e Bailes do mundo”

21:00 h. “Risoterapia Et(...)

(Ultima actualizaci??14-12-2018)

Obradoiro de bailes agarrados en Arzúa

- concertos-

Domingo 16 de decembro a partires das 16:30h no Local Social de Santa María

(Ultima actualizaci??14-12-2018)

A AGG organiza unhas novas xornadas de baile tradicional en Teo

- concertos-

A AGG organiza o vindeiro domingo 16 de Decembro no Concello de Teo, ao abeiro das axudas para actividades culturais da Deputación de A Coruña, unhas xornadas de BaileTradicional que terán de protagonistas ó baile solto en Axeitos, o Fandango e o xénero no baile.

Os obradoiros estarán da man de expertos no mundo do baile tradicional como Fran Sieira, Luis Prego, Carme Campo e Chus Caramés.

PROGRAMA:

Domingo 16 de decembro

09.45 – Apertura e entrega de documentación

10.00 – O baile (...)

Obradoiro de iniciación ao baile tradicional galego en Vilagarcía de Arousa

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??14-12-2018)

- concertos-

RECORDA Continuamos mañan sábado 15 de decembro, no Centro Cultural do Sixto, Obradoiro de iniciación ao baile tradicional galego para bailar a muiñeira, xota, agarrados...

Ensinaranse as dinámicas e pasos do baile galego para desde xá, poñelas en práctica e disfrutar do acto de bailar.

O obradoiro comezará aportando o coñecemento dos recursos elementais do baile e motivar o emprego dos mesmos para permutar e combinar libremente os movementos.

Podedes vir e comprobar o doado que é diverti(...)

(Ultima actualizaci??14-12-2018)

Obradoiro de percusión en Compostela

- concertos-

Domingo, 16 de decembro no local da asociación A Xuntanza

Inscripcións ata 14 de decembro no 658030219.

Curso pensado co obxetivo de ampliar as sonoridades, e a riqueza rí­tmica e técnica.

Coñeceremos técnicas de diferentes culturas e paises, coas súas posibilidades de aplicación na música tradicional galega, no rock, funk, ou blues.

Esta dirixido a pandereteir@s, percusionistas e músicos en xeral con ganas de aprender ou experimentar.

Horario:

11-14´00

16´00-20´00

Prezos:

Percusións(...)

Obradoiro de Construcción dun Pandeiro Cadrado en Cangas

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??30-11-2018)

- concertos-

Obradoiro de Construcción dun Pandeiro Cadrado 🔨🎶

O vindeiro sábado 1 de decembro, no local da Retirosa. Non faría falta aportar ningún tipo de material adicional.

👉 Todas aquelas persoas que esteades interesadas en facelo podedes anotarvos en 663 656 896 ata o 29/11/2018.