"Nosas Músicas"
2019
XXIV Festival As Nosas Músicas de COUSO (A Estrada) Mércores 14 de agosto Sesión Vermú coa Requinta de Xián, e diversas actividades durante o día (Xogos Tradicionais, Danza no Entroido do Ulla, Iniciación ao baile). A partir das 22h, concerto dre Melidaos, Os da Porfía, Comando Curuxás, Campantes da Baña e Fanfarria Taquikardia
2018
Escola de Música Tradicional A Xesteira (Couso) - Curso 2018/2019 BAILE TRADICIONAL (Pichi Abollado), desde o 29 de setembro Os Sábados, ás 20:00 BAILE TRADICIONAL INFANTIL, 5 ANOS EN ADIANTE (Pichi Abollado), desde o 29 de setembro Os Sábados, ás 19:15 PANDEIRETA E PERCUSIÓNS-CANTO TRADICIONAL (Xermán Muíños), desde o 5 de outubro Os Sábados ás 18:30 (iniciación) e ás 19:30 (avanzado) PERCUSIÓN DE MAN -pandeiro, lata, pandeira- (Xerm(...)
Noite de música tradicional en Ouzande (A Estrada) Venres, 7 de setembro ás 22h no Campo da Festa de Ouzande. Haberá posto de polbo e churrasco, así como servizo de bar. As actuacións dos grupos convidados serán todas elas “a pé de campo”, mesturándose entre o público , tratando así de recuperar o sabor e ambiente das foliadas tradicionais, e procurando a maior participación posible dos asistentes. Actuacións Musicais Os Xeitosos de Trazo (Trazo) “Os Xeitosos de Trazo” nace por iniciativa municipal no inverno do ano 1979. Comeza c(...)
Festival Solidario "DesPlanta SONS" en Teo (A Coruña) Venres, 7 de Setembro Aldea Ameneiro, 15866 Teo (A Coruña) Presentámosvos o tremendo elenco de artistas que unirán as súas voces de maneira desinteresada para berrar xunt@s por un futuro no que @s nos@s cativ@s poidan respirar o mesmo aire puro que nos legaron os nosos ancestros. A festa comezará a quentar motores ás 20.30h con hinchables gratuítos para os máis pequenos, que a continuación poderán disfrutar da música que lles trae o Capitán Garfo, un espectáculo infantil moi entretido(...)
2017
Despedida 'O poder do arcabuz' na Coruña Sábado 16 de decembro ás 20:00h Teatro Colon A Coruña. A Coruña. Dous anos despois da súa exitosa estrea no mesmo lugar con dous cheos, despídese o musical creado por Quique Peón Cía e Xacarandaina con dúas funcións que terán lugar os días 16 e 17 de decembro no Teatro Colón da Coruña. ‘O Poder de Arcabuz’, un musical que recrea a Revolución Irmandiña que tivo lugar en Galicia na Baixa Idade Media, percorreu nestes dous anos grandes auditorios de todo o país coa súa fórmula que com(...)
2016
O Poder do Arcabuz en Compostela Domingo 13 de novembro ás 20:30h Auditorio de Galicia. Avenida do Burgo das Nacións, Santiago de Compostela. Santiago de Compostela. Quique Peón Cía presenta o vindeiro domingo 13 de novembro en Compostela o espectáculo ‘O Poder do Arcabuz’, un musical que recrea a Revolución Irmandiña que tivo lugar en Galicia na Baixa Idade Media. Trátase dun espectáculo que combina música e danza (tradicional e contemporánea) en gran formato, con case un cento de artistas no escenario: 33 bailarín(...)
XXI Edición As Nosas Músicas (Couso. A Estrada) Domingo 14 de agosto 13.30 h Sesión vermú – Charanga Trébede 16.30 h Curso de Percusión de Man e Tradición Oral* (Xabier Díaz) 17.00 h De Troula en Troula (Xandobela) 19.00 h Iniciación ao Baile Tradicional (Miguel Sotelo) 20.15 h As Marionetas do Mundo: Galicia (Anxo García) 21.45 h Cantos de Taberna – Muiñeiros do Sarela 23.00 h TRES PESOS + XABIER DÍAZ & ADUFEIRAS DE SALITRE + TIRULEQUE + MARÍA DA PONTRAGHA *Curso con límite de 20 prazas. Custe 25€.
2015
Estrea de 'O Poder do Arcabuz' (Quique Peón Cía.) no Teatro Colón (A Coruña) Os días 7 e 8 de decembro Quique Peón Cía estrea no Teatro Colón da Coruña o seu novo espectáculo: ‘O Poder de Arcabuz’, un musical que recrea a Revolución Irmandiña que tivo lugar en Galicia na Baixa Idade Media. Trátase dun espectáculo que combina música e danza (tradicional e contemporánea) en gran formato, con case un cento de artistas no escenario: 33 bailaríns, 24 músicos e 40 persoas no coro. A obra, que forma parte do programa de residencias do Teatro Colón, “é unha proposta tradi(...)
COETUS EN GALICIA. Residencia artística: Concertos, Obradoiros e Encontros cos artistas. A orquestra de percusión ibérica visitará Galicia a fin de semana do 2 ao 4 de outubro xunto aos músicos arxentinos Luna Monti e Juan Quintero co proxecto 'Ir y venir' Os músicos ofrecerán tres concertos, un total de dez obradoiros de formación e encontros de intercambio artístico xunto a músicos galegos na Casa Gasamans (Ames). Aproveitarán para gravar diferentes directos con público para futuros proxectos artísticos Coetus, orquestra de percusión ibérica, xunto a Eliseo Parra e (...)
As Nosas Músicas 2015 – 20 aniversario (Couso - A Estrada) O vindeiro 14 de agosto celebramos a vixésima edición de As Nosas Músicas. Presentámosche xa o programa. Este ano cúmprense dúas décadas da celebración de As Nosas Músicas, e nesta ocasión, contamos coas actuacións de ALVARIZA, CARLOS BLANCO, RADIO COS, FANFARRIA TAQUIKARDIA e BANDA DAS CRECHAS como peche de cartel, pero tamén faremos actividades e obradoiros ó longo da tarde. As actividades de tarde darán comezo cara ás 5:00h cun obradoiro de xogos tradicionais a cargo de Xandobela, para (...)
2014
Festival de Couso - As Nosas Músicas (A Estrada) A asociación a Xesteira xa ten preparado o festival de Couso As Nosas Músicas, será o 14 de agosto no campo da festa de Couso (A Estrada). Haberá xogos tradicionais ó longo da tarde e un obradoiro de baile para rematar a mesma. A noite estará amenizada polos grupos Pandeireteiras de Toutón, Os Carapaus, Radio Cos, Os D’abaixo e Calandracas.
2013
Curso Iniciación ao Pandeiro de man - As Nosas Músicas (Couso) Curso de iniciación aos xeitos básicos do toque do pandeiro tradicional en Galicia, dirixido a persoas interesadas con pouca ou ningunha experiencia con este instrumento. Datas: 19, 20 e 27 de Outubro de 2013, de 17:30 a 19:30, na Casa da Escola de Couso Imparte: Xermán Muíños Prazas: 15, por orde de inscrición Requisitos: Para un mellor aproveitamento das aulas é aconsellable ter algún coñecemento ou contacto previo coa música tradicional galega. Deberase traer cadanseu pande(...)
FERVENZA DE MÚSICAS 2013 EN OUZANDE (A ESTRADA) VI FOLIADA DE MÚSICA TRADICIONAL. OUZANDE-A ESTRADA O programa desta VI Foliada será o seguinte: Día: Venres, 6 de setembro de 2013 Hora: 22:00 h. Lugar: Campo da Festa de Ouzande. O campo estará cuberto por unha carpa e haberá posto de polbo e churrasco, así como servizo de bar. Actuacións Musicais: O Ghusto do Boi (Boqueixón) Animada e animosa charanga de música tradicional e popular. Unha ducia de compoñentes, con moito instrumento de vento, percusión e acordeón. Presentes en more(...)
As Nosas Músicas 2013 - Couso (A Estrada) 14 agosto en Sequeiró, Couso XVIII Edición de As nosas músicas, con Obradoiros, Actividades e Actuacións musicais PROGRAMA: OBRADOIROS16:30-19:00 INTERPRETACIÓN DA MÚSICA TRADICIONAL GALEGA: CANTO E PERCUSION (con Davide Salvado)18:30-21:00 PERCUSIÓN MIÚDA: TARRAÑOLAS, CULLERES, CUNCHAS ... (con Chuco Estévez)Só hai 15 prazas por obradoiro, a un prezo de 12 €. Inscricións aquí ACTIVIDADES (acceso libre e(...)
Obradoiros As Nosas Músicas 2013 - Couso, 14 de Agosto Xa te podes inscribir nos Obradoiros de As Nosas Músicas 2013, o día 14 de agosto na Casa da Escola de Couso (A Estrada) Este ano temos dúas propostas: - 16:00-18:30 Interpretación da música tradicional galega: canto e percusion (con Davide Salvado) - 18:30-21:00 Percusión miúda: tarrañolas, culleres, cunchas (con Chuco Estévez) Só haberá 15 prazas por obradoiro, a un prezo de 12 € PRAZO DE INSCRICIÓN (ver enlace) Ata o luns 12 de agosto de 2013
Concerto + palestra Cordofones Madeira - Galiza Domingo 12 de Maio 20:30 - entrada de balde Igrexa da Universidade - Santiago Palestra: Jose Luís do Pico Orjais Concerto: Isabel Rei (GZ) + Roberto Moritz e Roberto Moniz (Madeira) Dentro do proxecto de intercambio Comenius Regio entre entidades galegas e madeirenses, aCentral Folque organiza este acto no que se interpretarán en diferentes instrumentos de corda pulsada: guitarras, viola de arame, rexão,... un repertorio histórico recollido en Cancioneiros do século XIX de ámbalas dúas r(...)
O 6 de abril, concerto de Pradairo no ciclo Sons 2013 do Concello de Santiago de Compostela. Pradairo volve cunha nova proposta chea de tradición e innovación, sentimento e creatividade na que se mesturan sen complexos o mellor da música de raíz e do folkactual. Pateado é a reafirmación das nosas músicas como punto de partida irrenunciable para chegar a unha proposta musical diferente coa que nos poidamos sentir identificados. Dezmúsicos, dez temas, dez realidades sonoras que flúen sen esforzopor todas as tímbricas dos nosos instrumentos coloreados con tinguiduras doutras terras. (...)
2012
Retrouso presenta o seu primeiro disco: OU Este venres, 30 de novembro ás 9 da noite, no Teatro Principal da Estrada o Grupo Retrouso presenta OU, o seu primeiro disco.
II Concurso de Dúos de Gaita e Percusión para menores de 18 anos (Ferrol) Por segundo ano consecutivo, o Real Coro "Toxos e Froles" bota a andar o seu II Concurso de Dúos de Gaita e Percusión para menores de 18 anos Esta iniciativa busca servir de axuda aos novos instrumentistas galegos na búsqueda de experienza á hora de enfrentarse a un público, xurado, ... o que sen dúbida resultará proveitoso para o seu futuro como músicos. Ademáis, pensamos que pode ser un punto de encontro das diferentes inquedanzas e métodos de traballo das escolas de música tradicional que n(...)
O venres 26 comeza a nova tempada de foliadas en Couso e queremos convidarte!! Trae o teu instrumento e gana de festa... nós poñemos o resto. Contaremos coa actuación dos seguintes grupos: Vou Vir Vor Ver (Santiago) O Ghusto Do Boi (Boqueixón) Vémonos a iso das 10 da noite na Casa da Escola. E ademais, reservade o sábado 24 de novembro para unha nova edición da Festa do outono, con magosto, ruada, identificación de cogumelos, obradoiros musicais, roteiro ... musica e baile ata o m(...)