"Nordestinas"

2014

(Ultima actualizaci??25-11-2014)

LUAS DE OUTUBRO E AGOSTO, novo disco de Guadi Galego

- concertos-

Guadi Galego, unha das artistas máis relevantes da escena musical de Galicia, presenta "Lúas de outubro e agosto" o seu segundo traballo como solista tras o álbum Benzón, que se publicou en 2009.

A traxectoria musical de Guadi Galego é moi intensa e rica, foi voz principal e gaiteira do grupo Berrogüetto, tamén formou parte como intérprete e compositora dos interesantes proxectos colectivos: Nordestinas, Espido e aCadaCanto.

Guadi Galego preséntase agora cun son e unha expresión artística máis madura e tambien máis atrevida, máis melódica pero á vez, máis arriscada.

"Lúas de outubro e agosto" contén fermosas cancións cun nexo común, a natureza das composicións, a esencia do vivido e madurado, a emoción e a intensidade, a delicadeza e o risco. Todo un exercicio de inspiración para encontrar vías non exploradas e propoñer unha música chea de sinceridade que sen dúbida vai sorprender.

"Lúas de Outubro e agosto" gravouse en xuño de 2014 nos estudos Alis Records de Baeza coa produción musical a cargo de Pachi Alis, o mago que soubo entender a Guadi e conseguir un resultado sofisticado e sorprendente. Conta coas colaboracións de Santi Cribeiro ao acordeón e Pablo Pascual tocando clarinetes.

"Lúas de Outubro e Agosto" preséntase nun orixinal digipack de edición limitada con faixa acuñada e libreto de 16 páxinas.





2011

(Ultima actualizaci??17-12-2011)

concerto-despedida Nordestin@s

- concertos- despedida- concerto- música- Nordestinas- Nordestin@s- Abe- Guadi- Ugia-

No Teatro Principal de Compostela gravouse en setembro do 2006,

o único disco das Nordestin@s.

Todo o público presente naquel concerto

aínda lembramos hoxe ese momento cheo de calidade, elegancia e emoción intensa.

Os demais concertos foron todos momentos de luxo, intimidade, beleza e máis elegancia.

As Nordestin@s sempre nos deleitaron con algún detalle especial,

unha flor, un traxe, un tema, unha poesía, un perfume,

unhas medias, uns zapatos, un arranxo especial, unha camiseta,

u(...)

(Ultima actualizaci??17-08-2011)

Nordestin@s en concerto, o venres 19 no Auditorio de Rianxo

- concertos- Nordestin@s-

Volven as NOITES FOLC á programación do Verán Cultural 2011 organizada pola Área de Educación e Cultura. Desta volta cun concerto do grupo NORDESTINAS ao abeiro do programa GALICIA É MUSICA promovido pola Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia

Dúas voces galegas de máxima actualidade: Guadi Galego Berrogüetto, Espido) e Ugia Pedreira (Chouteira, Marful, Acróbata) fan castelos de area con composicións propias, rodeada do salitre do repertorio mariñeiro do Norte. Todo isto vai env(...)

(Ultima actualizaci??21-06-2011)

Día Europeo da música: Guadi Galego, Xabier Díaz e Guillerme Fernández no Clavicembalo (Lugo)

- concertos- Guadi Galego- Xabier Dí­az- Guillerme Fernández- aPenultima- Clavicembalo-

21/Jun/2011 - 11:00pm

Entrada libre

Guadi Galego, Xabier Dí­az e Guillerme Fernández, músicos da beira atlántica nunha partilla oceánica.Moitas travesí­as feitas en múltiples proxectos: Berrogí¼eto, Espido, Xabier Dí­az trí­o, Nordestinas”¦ e agora xuntos nunha viaxe única e especial na que fan repaso dos seus repertorios e revisan e versionan a outros cantores e cantoras universais.

2009

(Ultima actualizaci??09-10-2009)

Radio 3 (RNE) retransmitirá en directo a actuación de Fuxan os Ventos en Lugo

- concertos- Fuxan Os Ventos-

Radio 3 (RNE) retransmitirá en directo a actuación de Fuxan os Ventos en Lugo o próximo 12 de outubro (Praza Horta do Seminario, entrada de balde), dentro do programa de Festas de San Froilán da cidade amurallada. O concerto dará comezo ás 21:00 h.

Acompañando ao grupo estarán desta vez Xabier Díaz (Berrogüetto), Guadi Galego (Berrogüetto, Nordestinas), Pepe Ferreirós (Milladoiro), Nova Galega de Danza, Miguel Lustres e Sabela.

(Ultima actualizaci??23-02-2009)

I Mostra de Artesania de Galiza - MOA 2009

- concertos-

AXENDA CULTURAL. 27 de febreiro: 10:00 – 20:30h: Galería MOA 20:30h: Espectáculo “Tradicción” da compañía Nova Galega de Danza. 22:00h: Actuación musical de Nordestinas. 28 de febreiro: 10:00 – 20:30h: Galería MOA 20:30h: Actuación musical de Susana Seivane. 22:00h: Actuación musical de Bonovo. 1 de marzo 10:00 – 20:00h: Galería MOA

1999

Nordestinas graban esta noite seu primeiro disco no Principal

- concertos-

Ugia Pedreira e Guadi Galego achéganse á música popular do norte

Abe Rábade acompaña este experimento de dúas das voces galegas de máis actualidade

(Lugar: m. b. | santiago)

Dúas das máis destacadas voces femininas do panorama musical galego actual, Ugia Pedreira e Guadi Galego, Nordestinas, e un dos músicos de jazz galegos máis internacionais, Abe Rábade, ofrecerán as dez desta noite, no Teatro Principal, un concerto, no que se acercarán á música popular do norte de Galicia que ll(...)