"Noites de Tasca"
2016
56ª NOITE DE TASCA EN SANTAIA-TORDOIA VENRES 6 de MAIO No bar RIOS (fronte ao cruceiro de Santaia de Gorgullos) Rendiremos unha merecida homenaxe a Josefa Juncal Barreiros, pandereteira máis coñecida como JOSEFA DE BASTAVALES, nacida nesta parroquia hai 83 anos, e que foi a 1ª protagonista das "Noites de Tasca", na súa 1ª edición celebrada no ano 2008. Contaremos cas actuacións da: A.F. ANCORADOIRA, de Culleredo, e a A.C. FOLQUE RUADA, da Silva-Cerceda. Despois, FOLIADA aberta á participación de todos. VIDE TOCAR CON N(...)
2015
Volven as "NOITES DE TASCA"! O venres 4 de decembro, no bar A RÚA, en Buscás (Ordes) Nesta ocasión, seguindo cos recoñecementos que estamos a facer aos vellos músicos da nosa comarca, rendiremos unha homenaxe aos irmáns Florentino e José Mª Ruibal Rivas (gaiteiro e caixa), cofundadores nos anos 40, xunto cos finados Domingo Calviño e Cesáreo Rivas, do grupo "AIRIÑOS DE BUSCÁS". Actuarán a A.C. Camiño Real de Poulo e o grupo de gaitas San Martiño de Cerceda. Despois FOLIADA aberta á p(...)
2014
51ª NOITE DE TASCA EN OROSO (A CORUÑA) Arranca a 7ª tempada das "Noites de Tasca" na comarca de Ordes. O próximo venres 3 de outubro, na cafetería CHE de Sigüeiro: actuación do grupo O GHUSTO DO BOI e a Agrupación NÉBOAS NO CUMIO. Despois, FOLIADA aberta a participación de todos. VIDE TOCAR CON NÓS!
2013
ESPECIAL 5º ANIVERSARIO DAS "NOITES DE TASCA" EN ORDES (A CORUÑA) Rematamos a 5ª tempada das "Noites de Tasca" e despedímonos ata outubro cunha gran festa que empezará ás 7 da tarde con Obradoiros de Baile e de Instrumentos Musicais, na alameda, e con actos conmemorativos do Dia da Danza diante do Museo do Traxe. A partir das 21:30 h, máis de 20 grupos de música tradicional tocarán polas rúas e bares de Ordes para logo xuntarnos todos arredor da cerveceria ISLIA e rematar cunha gran Foliada. VIDE TOCAR CON NÓS! VENRES 7 DE XUÑO Actividades desde a(...)
2014
Especial 6º Aniversario das NOITES DE TASCA en Ordes (A Coruña) Obradoiros de música e baile galego, obradoiro de "enredos sonoros" con Oli Xiráldez, máis de 25 grupos de música tradicional repartidos polos bares de Ordes e FOLIADA final arredor da cervecería Islia, onde ás 12 h da noite sortearase unha gaita do Obradoiro Seivane. Non podedes faltar. Vide tocar con nós!
48ª NOITES DE TASCA EN TORDOIA VENRES 7 MARZO, a partir das 21:30 hNa Cercecería BRINCADEIRA (na praza do concello da Pontepedra-Tordoia)NOITE DE TASCA ESPECIAL ENTROIDO!O protagonista desta noite será o grupo:O CAPITÁN CO GHALLETOda A.C.D. Galanía de Muros (A Coruña)Despois... FOLIADA!!!Vide tocar con nós e disfrazados, haberá agasallos! O CAPITÁN CO GHALLETO, naceron como grupo de gaiteiros dentro da A.C.D. Galanía de Muros, da man de Serxo Núñez Martínez. Eles son, Marcos, Laura, Jessica, María, Iván, Manu, Chema e Ja(...)
2013
43ª NOITES DE TASCA EN TORDOIA (A CORUÑA) Arrancamos a 6ª tempada das NOITES DE TASCA. Celébranse os primeiros venres de cada mes, de outubro a xuño, en distintos lugares da comarca de Ordes, organizadas pola Asociación OS VIQUEIRAS DE ORDES. Agardámosvos no BAR LEO en Castenda da Torre (Tordoia) o día 4 a partir das 21:30 h., o protagonista desta NOITE será o grupo OS CAMPANTES DA BAÑA e despois, coma sempre, remataremos cunha gran FOLIADA á que estades todos convidados. VIDE TOCAR CON NÓS!
2012
33ª NOITE DE TASCA en Trazo (A Coruña) 33ª edición das "Noites de Tasca" que todos os meses organizan "Os Viqueiras de Ordes". O venres día 2 a cita é no Bar Campo, en Trazo. O protagonista da Noite será o maxistral gaiteiro de Poulo: Florentino Ruibal Rivas, máis coñecido como FLOR DA MAQUIA. Colaboran tamén as Pandereteiras "Xentiña de Trazo". Vide tocar con nós!
2011
9ª Edición das NOITES DE TASCA en TORDOIA “Os Viqueiras” continúan un ano mais ca organización das Noites de Tasca na comarca de Ordes, de outubro a xuño, todos os primeiros venres de cada mes. Este venres día 7 comeza a 4ª tempada que se celebrará no Bar CALVIÑO na Pontepedra, a partir das 10 da noite.Contamos ca presenza do mestre gaiteiro Evaristo de Sofán, de 78 anos, gran artesán, ferreiro e coleccionista de instrumentos antigos.Despois dará paso á Foliadana que poden participar todos os músicos e grupos que o des(...)
VOLVEN AS "NOITES DE TASCA" na comarca de Ordes (A Coruña) O grupo de gaitas "Os Viqueiras" seguen organizando, unha tempada mais as "Noites de Tasca" (todos os primeiros venres de cada mes, desde outubro ata xuño). Nesta edición a cita é na Pontepedra, en Tordoia, o venres día 7 a partir das 10 da noite. Contan ca presenza do mestre gaiteiro EVARISTO DE SOFAN, gran artesán e coleccionista de instrumentos. Despois, Foliada ca participación de todos os músicos, grupos e bailadores que se acheguen ao Café-bar CALVIÑO. Saúdos!
PRESENTACION DO 1º DISCO DOS VIQUEIRAS O grupo OS VIQUEIRAS DE ORDES teñen o pracer de convidarvos á presentación do seu primeiro traballo discográfico títulado, como non, NOITES DE TASCA, gravado nos Estudios Mans da Coruña, dentro do programa "Outra + Outra 2010". Será o sábado día 14 de maio, ás oito da tarde na Casa de Cultura de Ordes. Non faltedes!