"Noites de Tasca"

2016

(Ultima actualizaci??28-04-2016)

56ª NOITE DE TASCA EN SANTAIA-TORDOIA

- Festa-

VENRES 6 de MAIO

No bar RIOS

(fronte ao cruceiro de Santaia de Gorgullos)

Rendiremos unha merecida homenaxe a Josefa Juncal Barreiros, pandereteira máis coñecida como JOSEFA DE BASTAVALES, nacida nesta parroquia hai 83 anos, e que foi a 1ª protagonista das "Noites de Tasca", na súa 1ª edición celebrada no ano 2008.

Contaremos cas actuacións da:

A.F. ANCORADOIRA, de Culleredo,

e a A.C. FOLQUE RUADA, da Silva-Cerceda.

Despois, FOLIADA aberta á participación de todos.

VIDE TOCAR CON N(...)

2015

(Ultima actualizaci??26-11-2015)

55ª NOITE DE TASCA EN ORDES

-

Volven as "NOITES DE TASCA"!

O venres 4 de decembro, no bar A RÚA, en Buscás (Ordes)

Nesta ocasión, seguindo cos recoñecementos que estamos a facer aos vellos músicos da nosa comarca, rendiremos unha homenaxe aos irmáns Florentino e José Mª Ruibal Rivas (gaiteiro e caixa), cofundadores nos anos 40, xunto cos finados Domingo Calviño e Cesáreo Rivas, do grupo "AIRIÑOS DE BUSCÁS".

Actuarán a A.C. Camiño Real de Poulo e o grupo de gaitas San Martiño de Cerceda.

Despois FOLIADA aberta á p(...)

2014

(Ultima actualizaci??24-09-2014)

51ª NOITE DE TASCA EN OROSO (A CORUÑA)

- Festa-

Arranca a 7ª tempada das "Noites de Tasca" na comarca de Ordes.

O próximo venres 3 de outubro, na cafetería CHE de Sigüeiro:

actuación do grupo O GHUSTO DO BOI e a Agrupación NÉBOAS NO CUMIO.

Despois, FOLIADA aberta a participación de todos. VIDE TOCAR CON NÓS!

2013

(Ultima actualizaci??26-05-2013)

ESPECIAL 5º ANIVERSARIO DAS "NOITES DE TASCA" EN ORDES (A CORUÑA)

- Festa- NOITES DE TASCA- OS VIQUEIRAS DE ORDES-

Rematamos a 5ª tempada das "Noites de Tasca" e despedímonos ata outubro cunha gran festa que empezará ás 7 da tarde con Obradoiros de Baile e de Instrumentos Musicais, na alameda, e con actos conmemorativos do Dia da Danza diante do Museo do Traxe.

A partir das 21:30 h, máis de 20 grupos de música tradicional tocarán polas rúas e bares de Ordes para logo xuntarnos todos arredor da cerveceria ISLIA e rematar cunha gran Foliada. VIDE TOCAR CON NÓS!

VENRES 7 DE XUÑO

Actividades desde a(...)

2014

(Ultima actualizaci??30-05-2014)

Especial 6º Aniversario das NOITES DE TASCA en Ordes (A Coruña)

- Festa-

Obradoiros de música e baile galego, obradoiro de "enredos sonoros" con Oli Xiráldez, máis de 25 grupos de música tradicional repartidos polos bares de Ordes e FOLIADA final arredor da cervecería Islia, onde ás 12 h da noite sortearase unha gaita do Obradoiro Seivane. Non podedes faltar.

Vide tocar con nós!

(Ultima actualizaci??25-02-2014)

48ª NOITES DE TASCA EN TORDOIA

- Festa- entroido2014- Noites de Tasca-

VENRES 7 MARZO,  a partir das 21:30 hNa Cercecería BRINCADEIRA (na praza do concello da Pontepedra-Tordoia)NOITE DE TASCA ESPECIAL ENTROIDO!O protagonista desta noite será o grupo:O CAPITÁN CO GHALLETOda A.C.D. Galanía de Muros (A Coruña)Despois... FOLIADA!!!Vide tocar con nós e disfrazados, haberá agasallos!

O CAPITÁN CO GHALLETO, naceron como grupo de gaiteiros dentro da A.C.D. Galanía de Muros, da man de Serxo Núñez Martínez. Eles son, Marcos, Laura, Jessica, María, Iván, Manu, Chema e Ja(...)

2013

(Ultima actualizaci??20-09-2013)

43ª NOITES DE TASCA EN TORDOIA (A CORUÑA)

- Festa- NOITES DE TASCA- OS VIQUEIRAS- OS CAMPANTES DA BAÑA- TORDOIA-

Arrancamos a 6ª tempada das NOITES DE TASCA. Celébranse os primeiros venres de cada mes, de outubro a xuño, en distintos lugares da comarca de Ordes, organizadas pola Asociación OS VIQUEIRAS DE ORDES.

Agardámosvos no BAR LEO en Castenda da Torre (Tordoia) o día 4 a partir das 21:30 h., o protagonista desta NOITE será o grupo OS CAMPANTES DA BAÑA e despois, coma sempre, remataremos cunha gran FOLIADA á que estades todos convidados.

VIDE TOCAR CON NÓS!

2012

(Ultima actualizaci??27-02-2012)

33ª NOITE DE TASCA en Trazo (A Coruña)

- Festa- Noites de Tasca- Flor da Maquía-

33ª edición das "Noites de Tasca" que todos os meses organizan "Os Viqueiras de Ordes".

O venres día 2 a cita é no Bar Campo, en Trazo. O protagonista da Noite será o maxistral gaiteiro de Poulo: Florentino Ruibal Rivas, máis coñecido como FLOR DA MAQUIA.

Colaboran tamén as Pandereteiras "Xentiña de Trazo".

Vide tocar con nós!

2011

(Ultima actualizaci??07-10-2011)

9ª Edición das NOITES DE TASCA en TORDOIA

- Festa- Noites de Tasca- Os Viqueiras-

 

“Os Viqueiras” continúan un ano mais ca organización das Noites de Tasca na comarca de Ordes, de outubro a xuño, todos os primeiros venres de cada mes. Este venres día 7 comeza a 4ª tempada que se celebrará no Bar CALVIÑO na Pontepedra, a partir das 10 da noite.Contamos ca presenza do mestre gaiteiro Evaristo de Sofán, de 78 anos, gran artesán, ferreiro e coleccionista de instrumentos antigos.Despois dará paso á Foliadana que poden participar todos os músicos e grupos que o des(...)

(Ultima actualizaci??03-10-2011)

VOLVEN AS "NOITES DE TASCA" na comarca de Ordes (A Coruña)

-

O grupo de gaitas "Os Viqueiras" seguen organizando, unha tempada mais as "Noites de Tasca" (todos os primeiros venres de cada mes, desde outubro ata xuño).

Nesta edición a cita é na Pontepedra, en Tordoia, o venres día 7 a partir das 10 da noite. Contan ca presenza do mestre gaiteiro EVARISTO DE SOFAN, gran artesán e coleccionista de instrumentos. Despois, Foliada ca participación de todos os músicos, grupos e bailadores que se acheguen ao Café-bar CALVIÑO.

Saúdos!

(Ultima actualizaci??06-05-2011)

PRESENTACION DO 1º DISCO DOS VIQUEIRAS

- concertos- Viqueiras-

O grupo OS VIQUEIRAS DE ORDES teñen o pracer de convidarvos á presentación do seu primeiro traballo discográfico títulado, como non, NOITES DE TASCA, gravado nos Estudios Mans da Coruña, dentro do programa "Outra + Outra 2010".

Será o sábado día 14 de maio, ás oito da tarde na Casa de Cultura de Ordes. Non faltedes!