"No Combaro"
2018
Este ano tócanos ao Grupo No Cómbaro empezar as Foliadas do Lar. Despois de superar as 100, xa estamos mirando cara as 200. Para conseguir o novo reto precisamos da vosa tan estimada axuda. Músic@s, bailador@s e público en xeral, sin vosoutr@s nada de esto sería posible. Empezamos a nova tempada coa A.C. San Xiao do Trebo de Cariño que nos traerán unha actuación mui variada con música, baile e canto. Dende o Barbanza veñen os "Aquí e Alá" uns amigos que con gaita, acordeón e voces, han de f(...)
2017
96 Foliada do Lar en as Pontes Venres 24 de novembro ás 21:00h Cafeteria O Lar, Poboado Das Veigas. As Pontes. A 96 Foliada do Lar estará animada coa Asociación Faragullas de Teixeiro e co grupo No Cómbaro como anfitrións.
Cantos de taberna en Pontedeume, Airiños do Eume Sábado 6 de maio ás 12:00h Pontedeume. Puentedeume. Este sábado 6 de maio as rúas de Pontedeume encheranse de música. Airiños do Eume organiza unha xornada na que non faltará a festa e o bo humor. De 12 a 15h e de 19 a 22h nas rúas do CASCO ANTIGO resoarán os cantos de taberna interpretados polos seguintes grupos: No Cómbaro Viute o demo As viquingas A.C. Son d'aquí Aires de Sigrás Gaita Escola Mondoñedo Cantareiros do Naval Lame nas cunchas Birloque Gaiteiros Airiños D(...)
2016
Grelo Folc 2016 (Monfero. A Coruña) Sábado 15 de outubro no Mosteiro de Monfero. Parroquia de San Fiz de Monfero. A partir das 14.00h: Sesión vermú cos VERANEANTES Xantar no campo da festa (15€. Anotarse no oabordelo@gmail.com, no 679251163 ou dicíndollo a calquera persoa do Abordelo) Pola tarde: Eira Xandobeleira. Xogos e enredos para a xente miúda. A partir das 18.00h Concerto infantil con PALITROKE (haberá merenda para toda a cativería) Á noite: Concertos: NO CÓMBARO. (música tradicional desde as Pontes)
(...)
Venres 29 de Xaneiro no Lar A falta de dous meses para cumprir o noso 10º aniversario , dende Marzo do 2006 ata hoxe con Foliadas mensuales de Setembro a Maio. Os comezos non parecían doados, pero grazas a tod@s vos: O Lar, músic@s, bailador@s e público en xeral, puñestedelo tan fácil que seguiremos facendo de estas xuntanzas, unha homenaxe mensual á nosa música tradicional que tamén grazas a vos está a facerse con un sitio no lugar que a tod@s nos gustaría e que é donde realmente lle corre(...)
2015
V festival de Cantareiras Mestura? (Meirás - Valdoviño) Sábado 3 de outubro ás 19:30 Coa realización do Festival de Cantareiras queremos celebrar unha festa en torno ao mundo da música tradicional. Pretendemos achegar á nosa contorna a representantes de todos os elementos e tendencias que conforman unha das fórmulas de expresión máis específicas da nosa cultura e, dende o ambiente festivo que se merece toda celebración, ofrecer a especialistas e profanos una mostra da ampla variedade de propostas existentes na actualidade. Este ano celebramos o(...)
O Serán do Sor 2015 (O Barqueiro) Xoves 2 de abril na Praza do Mesón (arriba no pobo, frente a casa do concello). Este ano adicamos o Serán do Sor ós bailadores, peza fundamental e básica dos seráns, que son os que poñen o punto de gracia ás pezas e cancións dos músicos; e que ben merecen o seu recoñecemento. Como xa fai unhas cantas edicións comezamos ó medio día coa sesión vermú, que este ano corre a cargo da Charanga Tradicional da A. C. Son d’aquí (A Coruña) a cal, temos a sorte, de que se estrea no noso serán; e tam(...)
Pasado o Entroido, maravillosamente acompañado de esa dieta lixeira do cocido, as orellas e os freixós, voltamos as Foliadas do Lar onde a Música, as voces d@s cantareir@s e os bailes tradicinais se dan cita cada derradeiro venres de mes. Este mes somos o Grupo No Cómbaro os responsables da 73 Foliada, polo que nos sentimos ben satisfeitos de poder contar para a ocasión coa A. C. Buxainas de Cedeira e coa A. C. A Mámoa de Luou (Teo). Dúas asociacións que están a divulgar e espallar a música e(...)
2014
A Agrupación Folclórica San Xiao do Trebo de Cariño quere convidarvos a pasar un día de festa e boa música tradicional. A festa comenzará a partir das 18:00h do 12 de xullo, para que calquera idade poida disfrutar das actuacions de: - A.F. San Xiao do Trebo (Cariño) - Grupo de Danzas Pais de San Roque (Cangas) - Banda de gaitas Alfaia (As Pontes) - A.C. Brisas do Quenllo (Tordoia) As 20:30h farase un breve descanso (para comer antes de seguir coa festa..) e retomarase ás 22:(...)
Alborada e Animación este fin de semana con No Cómbaro Sábado 21 a partir das 9:00 Alborada nas festas de Freixeiro. Domingo 22 animando os ciclistas do XVII Desafío Fragas do Eume.
2ª Foliada Santa Palleta (As Pontes) Devot@s de Santa Palleta!! Xa temos ás portas o voso día!! SÁBADO 14 DE XUÑO, SANTA PALLETA NOS COLLA AFINADOS!! POLA TARDE, DENDE AS 18:00 hs. Con todos os devot@s que nos xuntemos faremos un percorrido barístico dende o centro de As Pontes ata a Cafetería Lar, levando a Santa Palleta e San Pipote (lembrade que os imos a irmandar nesa noite) no remolquillo dun motocultor para que se vaian coñecendo, e ó mesmo tempo ensinándolles lugares de lecer como pode(...)
2013
Comezamos a 8ª tempada de “Foliadas” nas Pontes. Dende abril do 2006 que se botara a andar este pequeno proxecto, dedicado na súa totalidade a música tradicional, e convertíndose pouco a pouco en un referente dentro da comarca. Xa foron moitos os grupos que pasaron polo Lar, e seguro que virán moitos mais as nosas Foliadas, para elo seguimos a medrar e xa somos agora a totalidade de agrupacións de As Pontes as que facemos posible, xunto a colaboración do Lar, que esto funcione: Os Feroces da G(...)
2012
O sábado 1 de decembro a partir das 23:00 h celebrase a II Repichoca en Ferrolterra no local de Canido. Haberá concurso de sobremesas. Anotados por agorar: -Pandereteiras Donas e Galáns.(Ferrol). -Cuarteto Donas e Galáns.(Ferrol). -No Cómbaro.( As Pontes). -Os Sobraos.(Bergondo). -Alén de Ancos.(Ferrol). -Os Feroces da Galgueira.(As Pontes) Ainda estades a tempo pra anotarvos a tocar, e pra o concurso de sobremesas.... A maiores dos grupos anotados polo momento, veñen amigos (...)
XXXIII FESTIVAL IRMANDIÑO. Moeche 17 e 18 de agosto de 2012 Venres 17 de agosto Representación da obra “Comendo pementos de Padrón con Tarantino” a cargo da compañía “Carrachanacacha” no interior do Castelo de Moeche (hora prevista de comenzo ás 20:30 horas) Repichoca popular no campo do Melle Sábado 18 de agosto Exposición da obra do artista ferrolán Braxe no museo do Castelo de Moeche Durante todo o día exposicións de artesanía no castelo e arredores Xogos populares (tiro de corda, carreiras de sacos e zancos, tronzadura,…)e actividades para(...)
2011
XXI Romaría Labrega da Chaira en Guitiriz Sábado 13 de Agosto: A lo largo de todo el día actuará el quinteto de música tradicional “Lumieira“. A las 10:30 horas Concurso Exposición de Perros; a las 12:00 horas concurso- exposición de vacas rubias lecheras, a las 12:30 horas “XXI Carreira Popular“, a las 13:00 horas Carreras Infantiles, a la 13:30 horas entrega de premios. A partir de las 14:30 comida popular en la “Carballeira do Cancelo”, habrá pulpo, churrasco, empanada, pan y vino. Por la tarde a las 16:30 horas juegos tradicional(...)
1ª Foliada da Lembranza en As Pontes Organizada pola Asociación de veciños “Veiga da Areosa” do barrio da Casilla (As Pontes) e en colaboración cos grupos de música Tradicional das Pontes, o sábado día 18 de Xuño, terá lugar en dito barrio a 1ª Foliada da Lembranza co gallo do Solsticio de Verán (San Xoán), un pouco anticipado, se cadra, para que non coincida coa celebración que poidan programar outras asociacións da Vila. O lugar elexido, será o auditorio exterior da Praza da Lembranza, a carón do lago da mina (o lago artific(...)
2010
Os músicos ponteses adican Santa Icía 2010 á figura do gaiteiro Manuel Castro, “Freixo” Os colectivos e entidades musicais de As Pontes (Ruada) están xa a idear o que será a celebración, un ano máis, da festividade de Santa Icía, a patroa dos músicos, unha cita que, cada mes de novembro, da lugar a máis de dúas semanas de diferentes concertos, festivais e actividades vencelladas ao mundo da música e que este ano estarán adicadas á figura do gaiteiro pontés Manuel Castro, máis coñecido coma Freixo. O Concello de As Pontes e a empresa Endesa volven patrocinar este programa de ac(...)
2009
"15ª Noites de Tasca" Especial Nadal en Ordes Este venres 25 a vila de Ordes encherase de cantos de Nadal e panxoliñas a partir das 18:00 h con varios grupos de música tradicional que percorrerán rúas e bares. Por alí estárán "NO CÓMBARO" das Pontes, "OS REICEIROS" da Pontecarreira (Frades), os VECIÑOS DE AIAZO de Frades, OS REICEIROS DE SAN ESTEVO DE CAMPO, de Arzúa, MANUEL VIQUEIRA, o gaiteiro de Vilaverde, de Ordes e RAÚL GALEGO, o gaiteiro nubeiro da Coruña, entre outros. E á noite tedes unha cita no Bar-restaurante" O Rincón do Pinc(...)