"No Cómbaro"

2018

Foliada no Lar (As Pontes)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??26-10-2018)

- Festa-

Este ano tócanos ao Grupo No Cómbaro empezar as Foliadas do Lar. Despois de superar as 100, xa estamos mirando cara as 200. Para conseguir o novo reto precisamos da vosa tan estimada axuda. Músic@s, bailador@s e público en xeral, sin vosoutr@s nada de esto serí­a posible.

Empezamos a nova tempada coa A.C. San Xiao do Trebo de Cariño que nos traerán unha actuación mui variada con música, baile e canto. Dende o Barbanza veñen os "Aquí­ e Alá" uns amigos que con gaita, acordeón e voces, han de f(...)

2017

(Ultima actualizaci??24-11-2017)

96 Foliada do Lar en as Pontes

- Festa-

Venres 24 de novembro ás 21:00h

Cafeteria O Lar,

Poboado Das Veigas.

As Pontes.

A 96 Foliada do Lar estará

animada coa Asociación Faragullas de Teixeiro e co grupo No Cómbaro como anfitrións.

(Ultima actualizaci??05-05-2017)

Cantos de taberna en Pontedeume, Airiños do Eume

- Festa-

Sábado 6 de maio ás 12:00h

Pontedeume.

Puentedeume.

Este sábado 6 de maio as rúas de Pontedeume encheranse de música. Airiños do Eume organiza unha xornada na que non faltará a festa e o bo humor.

De 12 a 15h e de 19 a 22h nas rúas do CASCO ANTIGO resoarán os cantos de taberna interpretados polos seguintes grupos:

No Cómbaro

Viute o demo

As viquingas

A.C. Son d'aquí

Aires de Sigrás

Gaita Escola Mondoñedo

Cantareiros do Naval

Lame nas cunchas

Birloque Gaiteiros

Airiños D(...)

2016

(Ultima actualizaci??12-11-2016)

Magosto e Foliada nas Somozas

- Festa-

Sábado 12 de novembro, Magosto e Foliada na Garita (As Somozas)

-Tocadeiras

-No Cómbaro

-Encrucillada

(Ultima actualizaci??09-10-2016)

Grelo Folc 2016 (Monfero. A Coruña)

- concertos- aPenultima-

Sábado 15 de outubro no Mosteiro de Monfero.

Parroquia de San Fiz de Monfero.

A partir das 14.00h:

Sesión vermú cos VERANEANTES

Xantar no campo da festa

(15€. Anotarse no oabordelo@gmail.com, no 679251163 ou dicíndollo a calquera persoa do Abordelo)

Pola tarde:

Eira Xandobeleira. Xogos e enredos para a xente miúda.

A partir das 18.00h

Concerto infantil con PALITROKE

(haberá merenda para toda a cativería)

Á noite:

Concertos:

NO CÓMBARO. (música tradicional desde as Pontes) (...)

(Ultima actualizaci??22-01-2016)

82 Foliada do Lar (As Pontes)

- Festa-

Venres 29 de Xaneiro no Lar

A falta de dous meses para cumprir o noso 10º aniversario , dende Marzo do 2006 ata hoxe con Foliadas mensuales de Setembro a Maio. Os comezos non parecí­an doados, pero grazas a tod@s vos: O Lar, músic@s, bailador@s e público en xeral, puñestedelo tan fácil que seguiremos facendo de estas xuntanzas, unha homenaxe mensual á nosa música tradicional que tamén grazas a vos está a facerse con un sitio no lugar que a tod@s nos gustarí­a e que é donde realmente lle corre(...)

2015

(Ultima actualizaci??28-09-2015)

V festival de Cantareiras Mestura? (Meirás - Valdoviño)

- Festa-

Sábado 3 de outubro ás 19:30

Coa realización do Festival de Cantareiras queremos celebrar unha festa en torno ao mundo da música tradicional. Pretendemos achegar á nosa contorna a representantes de todos os elementos e tendencias que conforman unha das fórmulas de expresión máis específicas da nosa cultura e, dende o ambiente festivo que se merece toda celebración, ofrecer a especialistas e profanos una mostra da ampla variedade de propostas existentes na actualidade.

Este ano celebramos o(...)

(Ultima actualizaci??02-04-2015)

O Serán do Sor 2015 (O Barqueiro)

- Festa- Serán do Sor-

Xoves 2 de abril na Praza do Mesón (arriba no pobo, frente a casa do concello).

Este ano adicamos o Serán do Sor ós bailadores, peza fundamental e básica dos seráns, que son os que poñen o punto de gracia ás pezas e cancións dos músicos; e que ben merecen o seu recoñecemento.

Como xa fai unhas cantas edicións comezamos ó medio día coa sesión vermú, que este ano corre a cargo da Charanga Tradicional da A. C. Son d’aquí (A Coruña) a cal, temos a sorte, de que se estrea no noso serán; e tam(...)

(Ultima actualizaci??20-02-2015)

73 Foliada no Lar (As Pontes)

- Festa- Foliada no Lar-

Pasado o Entroido, maravillosamente acompañado de esa dieta lixeira do cocido, as orellas e os freixós, voltamos as Foliadas do Lar onde a Música, as voces d@s cantareir@s e os bailes tradicinais se dan cita cada derradeiro venres de mes.

Este mes somos o Grupo No Cómbaro os responsables da 73 Foliada, polo que nos sentimos ben satisfeitos de poder contar para a ocasión coa A. C. Buxainas de Cedeira e coa A. C. A Mámoa de Luou (Teo). Dúas asociacións que están a divulgar e espallar a música e(...)

2014

(Ultima actualizaci??12-07-2014)

Repichocón (Cariño)

- concertos-

A Agrupación Folclórica San Xiao do Trebo de Cariño quere convidarvos a pasar un día de festa e boa música tradicional.

A festa comenzará a partir das 18:00h do 12 de xullo, para que calquera idade poida disfrutar das actuacions de:

- A.F. San Xiao do Trebo (Cariño)

- Grupo de Danzas Pais de San Roque (Cangas)

- Banda de gaitas Alfaia (As Pontes)

- A.C. Brisas do Quenllo (Tordoia)

As 20:30h farase un breve descanso (para comer antes de seguir coa festa..) e retomarase ás 22:(...)

(Ultima actualizaci??21-06-2014)

Alborada e Animación este fin de semana con No Cómbaro

- concertos-

Sábado 21 a partir das 9:00 Alborada nas festas de Freixeiro.

Domingo 22 animando os ciclistas do XVII Desafío Fragas do Eume.

(Ultima actualizaci??13-06-2014)

2ª Foliada Santa Palleta (As Pontes)

- Festa-

 

 

Devot@s de Santa Palleta!! Xa temos ás portas o voso día!!

SÁBADO 14 DE XUÑO, SANTA PALLETA NOS COLLA AFINADOS!!

POLA TARDE, DENDE AS 18:00 hs.

Con todos os devot@s que nos xuntemos faremos un percorrido barístico dende o centro de As Pontes ata a Cafetería Lar, levando a Santa Palleta e San Pipote (lembrade que os imos a irmandar nesa noite) no remolquillo dun motocultor para que se vaian coñecendo, e ó mesmo tempo ensinándolles lugares de lecer como pode(...)

2013

(Ultima actualizaci??16-09-2013)

59 Foliada das Pontes

- Festa-

Comezamos a 8ª tempada de “Foliadas” nas Pontes. Dende abril do 2006 que se botara a andar este pequeno proxecto, dedicado na súa totalidade a música tradicional, e convertí­ndose pouco a pouco en un referente dentro da comarca. Xa foron moitos os grupos que pasaron polo Lar, e seguro que virán moitos mais as nosas Foliadas, para elo seguimos a medrar e xa somos agora a totalidade de agrupacións de As Pontes as que facemos posible, xunto a colaboración do Lar, que esto funcione: Os Feroces da G(...)

2012

(Ultima actualizaci??29-11-2012)

II Repichoca en Ferrolterra

- Festa-

O sábado 1 de decembro a partir das 23:00 h celebrase a II Repichoca en Ferrolterra no local de Canido. Haberá concurso de sobremesas.

Anotados por agorar:

-Pandereteiras Donas e Galáns.(Ferrol).

-Cuarteto Donas e Galáns.(Ferrol).

-No Cómbaro.( As Pontes).

-Os Sobraos.(Bergondo).

-Alén de Ancos.(Ferrol).

-Os Feroces da Galgueira.(As Pontes)

Ainda estades a tempo pra anotarvos a tocar, e pra o concurso de sobremesas.... A maiores dos grupos anotados polo momento, veñen amigos (...)

(Ultima actualizaci??03-08-2012)

XXXIII FESTIVAL IRMANDIÑO. Moeche 17 e 18 de agosto de 2012

- concertos- Festival Irmandiño- No Cómbaro- Berros do Castro- Pablo Seoane- Alén de Ancos- festivais-

Venres 17 de agosto

Representación da obra “Comendo pementos de Padrón con Tarantino” a cargo da compañía “Carrachanacacha” no interior do Castelo de Moeche (hora prevista de comenzo ás 20:30 horas)

Repichoca popular no campo do Melle

Sábado 18 de agosto

Exposición da obra do artista ferrolán Braxe no museo do Castelo de Moeche

Durante todo o día exposicións de artesanía no castelo e arredores

Xogos populares (tiro de corda, carreiras de sacos e zancos, tronzadura,…)e actividades para(...)

2011

(Ultima actualizaci??14-08-2011)

XXI Romarí­a Labrega da Chaira en Guitiriz

- Festa- No Combarro-

Sábado 13 de Agosto: A lo largo de todo el día actuará el quinteto de música tradicional “Lumieira“. A las 10:30 horas Concurso Exposición de Perros; a las 12:00 horas concurso- exposición de vacas rubias lecheras, a las 12:30 horas “XXI Carreira Popular“, a las 13:00 horas Carreras Infantiles, a la 13:30 horas entrega de premios. A partir de las 14:30 comida popular en la “Carballeira do Cancelo”, habrá pulpo, churrasco, empanada, pan y vino.

Por la tarde a las 16:30 horas juegos tradicional(...)

(Ultima actualizaci??18-06-2011)

1ª Foliada da Lembranza en As Pontes

- Festa-

Organizada pola Asociación de veciños “Veiga da Areosa” do barrio da Casilla (As Pontes) e en colaboración cos grupos de música Tradicional das Pontes, o sábado día 18 de Xuño, terá lugar en dito barrio a 1ª Foliada da Lembranza co gallo do Solsticio de Verán (San Xoán), un pouco anticipado, se cadra, para que non coincida coa celebración que poidan programar outras asociacións da Vila.

O lugar elexido, será o auditorio exterior da Praza da Lembranza, a carón do lago da mina (o lago artific(...)

2010

(Ultima actualizaci??09-11-2010)

Os músicos ponteses adican Santa Icí­a 2010 á figura do gaiteiro Manuel Castro, “Freixo”

- concertos- Muxarega- Berros do Castro- No Cómbaro- -

Os colectivos e entidades musicais de As Pontes (Ruada) están xa a idear o que será a celebración, un ano máis, da festividade de Santa Icía, a patroa dos músicos, unha cita que, cada mes de novembro, da lugar a máis de dúas semanas de diferentes concertos, festivais e actividades vencelladas ao mundo da música e que este ano estarán adicadas á figura do gaiteiro pontés Manuel Castro, máis coñecido coma Freixo.

O Concello de As Pontes e a empresa Endesa volven patrocinar este programa de ac(...)

2009

(Ultima actualizaci??23-12-2009)

"15ª Noites de Tasca" Especial Nadal en Ordes

- Festa- Noites de Tasca-

Este venres 25 a vila de Ordes encherase de cantos de Nadal e panxoliñas a partir das 18:00 h con varios grupos de música tradicional que percorrerán rúas e bares. Por alí estárán "NO CÓMBARO" das Pontes, "OS REICEIROS" da Pontecarreira (Frades), os VECIÑOS DE AIAZO de Frades, OS REICEIROS DE SAN ESTEVO DE CAMPO, de Arzúa, MANUEL VIQUEIRA, o gaiteiro de Vilaverde, de Ordes e RAÚL GALEGO, o gaiteiro nubeiro da Coruña, entre outros.

E á noite tedes unha cita no Bar-restaurante" O Rincón do Pinc(...)

(Ultima actualizaci??21-09-2009)

Foliada de Setembro en As Pontes

- Festa- Foliada- As Pontes-

O próximo venres, 25 de Setembro comeza outra tempada as FOLIADAS no Lar. Esta nova andaina sae máis reforzada grazas ao apoio de oito grupos locaies que se suman á organización: Axouxere (Roupar), Muxarega, Os Suplentes, Os Trevillas, Escola Municipal, No Cómbaro, Cantareiras de Alende e Cana Vella.

Serán todos os últimos venres de cada mes dende Setembro ata Maio agás Nadal que non se fará.

Seguirá a mesma mecánica que ata o de agora, un ou dous grupos programados de antemán e de seguid(...)

(Ultima actualizaci??23-02-2009)

FOLIADA DE FEBREIRO EN AS PONTES

- Festa-

O venres 27 de Febreiro continuamos coas FOLIADAS na Cafetería Lar.

Este mes tócalle o turno ao Grupo tradicional pontés No Cómbaro que aproveitará a ocasión para presentar en público a un novo compoñente, e tamén con un repertorio moi renovado, pero sen esquecer que a sua especialidade segue a ser a Música de Taberna.

Para rematar debutará outro grupo pontés de canto tradicional co nome de AIRIÑOS DA VEIGA DA NATA. Ainda que levan tempo ensaiando, esta será a sua primeira actuación en (...)

2008

(Ultima actualizaci??16-10-2008)

O Recuncho de No Cómbaro: FOLIADA OUTUBRO 2008

- Festa-

Comeza a 4ª tempada de FOLIADAS no Lar.

Como de costume serán os derradeiros venres de cada mes agas o de

Decembro que non se fará.

En esta ocasión debutaremos co gaiteiro local de noventa anos de

idade, FREIXO.

Para a segunda parte contamos con unhos rapazes tamén da Vila que

formaron recentemente un grupo moi interesante (jintony´son) que fai

música "blues", tamén nos prepararán algún tema tradicional.

Como sempre rematarase cunha repichoca popular onde poderá

particip(...)