"Malmequer"

2014

(Ultima actualizaci??19-09-2014)

XLVII Concurso de Gaitas de Ponteareas

- concertos- aPenultima- Mel- Gaiteiro-

(Fonte: Malmequer)

O vindeiro sabado 20 de Setembro, tera lugar no municipio de Ponteareas o XLVII Concurso de Gaitas que se celebrara no Auditorio Reveriano Soutullo a partir das 20.00 horas.

As inscripciones seran gratuitas e o prazo para inscribirse termina o 12 de setembro.

Os grupos participantes deberan presentarse o mesmo dia do concurso as 19.00 horas diante da Casa do Concello de Ponteareas para percorrer as ruas interpretando melodias galegas ata o Auditorio.

(...)

(Ultima actualizaci??19-09-2014)

Nova tempada de seráns (2014-2015) na web de malmequer

- Festa- Tarambainas-

Non deixedes de consultar a web de Malmequer, pra mantervos informados.. este é o listado alí publicado a día de hoxe:

6 de setembro

- VIII Serán dos callos en Salceda de Caselas

13 de setembro

- III Serán dos Callos (A Seca-Poio)

- II Serán de Alxén (Salvaterra de Miño)

- IX Serán das Tarambainas (Cabral-Vigo)

- Serán de Pías

19 de setembro

- Serán no Centro socio cultural de Queimadelos (Mondariz) ás 23:00

27 de setembro

- I Serán da Carballeira da Guía (Vigo)

4 de outub(...)

(Ultima actualizaci??06-09-2014)

I Foliada do Bosque (Carballo)

- concertos-

Vía Malmequer e GaiteirosGalegos

Gaiteir@s, pandereteir@s, tamborileir@s, bailadoras e bailadores, convídanvos á primeira xuntanza de músicos na zona de Bergantiños para os que gosten da música tradicional. Terá lugar o vindeiro sábado 6 de setembro a partires das 11 da mañá no Bosque de Carballo e ata que o corpo aguante. Haberá bochinche e carpa se chove. Tamén habilitarán zona de acampada. Sortearán unha pandeireta máis un tamboril e moitas sorpresas máis!!!

2013

(Ultima actualizaci??06-08-2013)

Romarí­a tradicional da montaña en Bustelos (Fornelos de Montes)

- Festa-

Martes 6 de Agosto

(Via Malmequer)

Somos da comisión de festas dunha pequena aldea ó pe da Serra do Suido (Bustelos, Estacas, en Fornelos de Montes, a uns 36 kms de Vigo) e tentamos recuperar as nosas tradicións, non queremos festas patronáis sen alma.

Deste xeito, as festas patronáis de San Caetán en Bustelos (o martes día 6 de agosto) voltarán a ser o que foron, unha romería popular de montaña.

Haberá un gran desafío de Regueifas a partires das 22,30 no torreiro cos nosos amigos os m(...)

2009

(Ultima actualizaci??27-07-2009)

Festas en Vigo - Selección de Malmequer

- concertos- Narf- Corisco- Lembranzas Galegas- Xirandola- Brath- Fuxan Os Ventos- Quempallou- Vigo-

5 agosto: Juan Perro e Narf no Peirao de Trasaltánticos

6 agosto: Kogito, Ganjahr Family e Álvaro Costas na Praza da estrela

7 agosto: Emilio Rúa na Praza da Constitución ás 23:00

7 agosto: Corisco, Lembranzas Galegas, Xirandola,... na Praza de Compostela ás 22:00

7 agosto: Brath no Peirao de Trasaltánticos ás 23:00

8 agosto: XIX Mostra do Traxe Tradicional na Praza de Compostela ás 22:30

9 agosto: Vigo Folk: OM-Off e orquestra Academia Sibelius

10 agosto: Vigo Folk: Da out(...)

(Ultima actualizaci??10-05-2009)

O Blog Malmequer seleccionado para os premios RdL´09

- Malmequer- aPenultima- AturuxoBar-

Sempre é unha boa nova que premien ou "se lembren" de webs que apoian a música galega.

E no caso de Malmequer esto é algo ben merecido!!

O Blog de Malmequer foi seleccionado pola Organización dos V Premios RdL’09 da Facultade de CC.SS. e da Comunicación da Universidade de Vigo para competir nunha das sete categorías (neste caso Blogs e páxinas literarias) establecidas nesta edición.

Tamén está "nominada" a web do Aturuxo Bar como MELLOR WEB EMPRESARIAL E CORPORATIVA

e na sección d(...)

(Ultima actualizaci??05-05-2009)

Manifestación dos alumnos da Escola de Artes e Oficios de Vigo

- concertos- Escola de Artes e Oficios- Vigo- E-trad-

vía blogoteca.com/malmequer

Decenas de manifestantes cortaron o tráfico no nó de Isaac Peral.

Con veos negros de viuvez, vestidos de loito e provistos dunha bandeira cun crespón tamén escuro, máis dun centenar de profesores e alumnos da Escola municipal de Artes e Oficios "tomaron" a glorieta do nó de Isaac Peral ás 19.00 horas de onte e conseguiron colapsar a circulación pola zona durante case trinta minutos. Fixeron unha ofrenda cunha coroa de flores negras e violetas en "desagravio" á (...)

1 comentario

(Ultima actualizaci??02-05-2009)

As cantareiras Tanxedoras chegan ó esceario da súa orixe

- concertos- Tanxedoras-

(vía blogoteca.com/malmequer)

Ana Baena

Leni, Yoli, María e Tere ou o que o mesmo, As Tanxedoreas, subiron unha vez máis ao esceario, mais esta vez na súa cidade e cun traballo discográfico baixo o brazo: ‘Enerxía para botar por fóra’, un cd coa escolma das mellores pezas das recollidas feitas ao longo dos seus seis anos de existencia.

A son do pandeiro, panderetas, castañolas ou percusións, o potencial das cinco integrantes de As Tanxedoras deixouse notar onte sobre as táboas do Centro(...)

(Ultima actualizaci??27-04-2009)

Serán en Laxoso

- Festa-

(vía blogotea.com/malmequer)

(Ultima actualizaci??23-04-2009)

A banda Avelaíña saca ‘Traditium’, o terceiro traballo discográfico

-

(vía blogoteca.com/malmequer)

O grupo galego Avelaíña foi finalista no Concurso Folk Internacional de Navelgas 2008 e agora vén de editar o seu terceiro disco, co título de Traditium. Naobra, composta de dez temas, mesturan pezas vocais e instrumentais, aínda que realizan máis incidencia nos temas cantados por María Xosé Rosales.

O eixe é unha serie de cantigas tradicionais que foran gravadas por Laura Romero, unha cantareira marinense que serviu de inspiración a Avelaíña. A formación aínda (...)

1 comentario

(Ultima actualizaci??17-04-2009)

Concurso de pandeireteir@s Xiradela

- concertos- Xiradela-

O X CONCURSO DE MÚSICA TRADICIONAL na modalidade de pandeireta será o domingo 19 de abril, en horario de mañá e tarde, ás 11:00 e ás 16:30 h.

O lugar elixido para a súa celebración é o auditorio do Centro Cívico Cultural do Concello de Arteixo, a carón do paseo fluvial. A entrada é gratuíta.

1ª Ás 11:00 h da mañá para as categorías A e C.

2ª Ás 16:30 h da tarde para as categorías B e D.

Grupos e orde na que actuarán no concurso na web de Malmequer

(Ultima actualizaci??15-04-2009)

A gaita e o whistle soan a éxito no Bierzo

- concertos-

Vía blogoteca.com/malmequer

Máis de 140 persoas de toda a península, incluído Portugal, participaron nas primeiras Xornadas de Música Tradicional organizadas pola Asociación Cultural Abelladeira

Concluíron cun éxito absoluto. ¿O que?. As primeiras xornadas de música tradicional organizadas pola incipiente Asociación Cultural Abelladeira. Éxito máis que palpable tendo en conta que ata Ponferrada achegáronse máis de 140 persoas procedentes de toda a península -Castellón, Zaragoza, Galiza ou(...)

(Ultima actualizaci??17-03-2009)

Concertos da Festa da Reconquista da Vila de Vigo

- concertos-

Malmequer presenta `en primicia´ a lista dos concertos da Festa da Reconquista da Vila de Vigo deste ano:

Venres 27 ás 22:30

-Os Tres Trebóns (o novo grupo de Xurxo Souto) acompañado polos Homes sen medo

Sábado 28 ás 20:30

-Cantadeiras de Berbés e amigos (Concerto de despdida)

-Malvela

Domingo 29

-Tiruleque

(Ultima actualizaci??09-03-2009)

IX Concurso de baile Tradicional Azaloira

- concertos-

Vía Malmequer

O festival Azaloira, organizado polo grupo de baile tradicional Fortín da Pomba de Bandeira, cambia este ano de data. En lugar de celebrarse o Domingo de Ramos, como era habitual nas últimas edicións, trasládano para o 26 de abril, o último domingo do mes. Se desexa inscribirse no IX CONCURSO DE BAILE TRADICIONAL GALEGO, celebrarase o vindeiro día 26 de Abril do 2009, no auditorio Manuel Do Pazo, debe cumprimentar o boletin de inscripción e remitilo bén por fax ou correo eléctr(...)

2 comentarios

2008

(Ultima actualizaci??18-12-2008)

Presentación do libro O vestido de onte

- concertos-

(vía blogoteca.com/malmequer)

A A. C. Tangaraño vén de escribir o libro O vestido de onte en

colaboración co museo Liste. Nel recóllense fotos e información sobre

o vestido tradicional galego, e para facer a súa presentación, que

mellor xeito ca un desfile da roupa da que estamos a falar.

Domingo, 21 de decembro ás 18:00 horas no C.E.E. Escravas da Virxe

Dolorosa (Rúa Estivada, 5. Petelos- Mos)

(Ultima actualizaci??14-11-2008)

XXI FESTA DO CABAZO

- Festa- Tarambainas-

Imaxe de blogoteca.com/malmequer

O próximo domingo día 16 de novembro celebrarase a “XXI Festa do Cabazo” no Colexio Carballal organizada pola Asociación Cultural “O Coto”.  A festa dará comenzo ás 11:30 h. co seguinte programa:-      Grupo de Gaitas “Xestarega” da A. C. O Coto.-      Grupo de pandereteiras “Salgadeira” da A. F. Lembranzas Galegas.-&nb(...)

(Ultima actualizaci??29-10-2008)

Isolma. CD e DVD de GS21

- concertos-

Visto en blogoteca.com/malmequer

GS21 é unha compañía galega de baile

e música que nace no 2005 da man dunha

serie de músicos e bailadores formados na

tradición galega pero cunha visión atemporal

e moderna da mesma. No seu espectáculo,

"Isolma", achegan infinidade de recursos

sacados da tradición aos que se lle aplican

novas lecturas intentando producir no

espectador sentimentos e emocións que

veñen do máis fondo da alma.

"Isolma" está dispoñible en CD e en DVD,

nunha (...)

(Ultima actualizaci??25-09-2008)

Cursos no Casco Vello de Vigo

- concertos-

Visto en blogoteca.com/malmequer :

Un ano máis a Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello de Vigo inicia os seus cursos anuais.

Este curso entrante seguimos potenciando os cursos relacionados coa música tradicional galega e aos mestres habituais de baile

(María Prego), acordeón diatónico (Pedro Blanco), Canto tradicional e Pandeireta (Itziar e Sandra) temos que engadir a unha nova

mestra para os cursos de gaita e percusión, así dende este ano contamos coa maestría de María Xosé López (...)