"Maios"
2019
Espectáculo Os Ollos de Miss Margaret - Vilamarín Domingo 29 de setembro ás 20h no Auditorio Municipal de Villamarín Chega a VILAMARÍN "Os Ollos de Miss Margaret" un espectáculo da AC. Rebulir de Ramirás en colaboración coa compañía teatral Arunrun e coa participación do Grupo de Teatro de Vilamarín. Sobre o escenario recréanse diferentes escenas vividas e sentidas pola nosa protagonista, e que nos achegan a Galicia dos anos 20. Un país de contrastes, cunha rica e variada cultura que era encarnada e transmitida polos seus habitantes du(...)
XXXVII Festa dos Maios en Vigo Domingo 12 de maio Os actos festivos comezarán na citada Praza do Berbés ás dez e media da mañá con diversos talleres infantís; ás doce haberá unha sesión de contacontos, tamén dirixida aos máis pequenos, que irá seguida, a partir da una da tarde, da actuación dos grupos “Os Ferraias da Etea” e “ Pandereteiras de Frián”. Tras a comida popular, que comezará sobre as 14.30 horas, a intervención da banda de gaitas do Casco Vello, ás cinco da tarde, servirá de introdución ao acontecemento princip(...)
2018
Empeza a conta atrás... Afinade gaitas, encerade pandeiretas e preparade as gorxas que este sábado tendes festa rachada en Cuntis!!!!! Vinde a desfrutar de boa compaña e botarlle uns bailes.... Esperámosvos!!!
Foliada de primavera e Maios 2018 en Begonte Semella que ao fin chegou a primavera, e en Castiñeiro Milenario queremos darlle a benvida que merece, organizando unha nova edición da Foliada de Primavera. Comezaremos pola tarde cunha merenda para a cativada, chocolate e biscoito para coller forzas e ir apañar flores e fentos e xestas para facer un maio ben bonito e grande. Dirixidos polas sabias indicacións de Branca Villares faremos un maio, probaremos a facer algún “maio vivo” e cantaremos unhas pezas ao redor do maio, nenos, nenas e(...)
Ven este domingo día 13 de Maio a disfrutar connosco do 6º Festival dos Maios a partires das 17:00 horas, no que nos acompañaran diferentes Maios e que nos acomparañan os seguintes grupos da nosa sociedade: Cans de Palleiro, Grupo de Baile Helios, Banda de Gaitas Charamuscas e Pandereteiras "Aviñadoria". AO REMATE TEREMOS GRAN ROSQUILLADA. Vos esperamos
O 12 de maio será un día cheo de actividades no parque da Canuda de Salvaterra. Saíremos a recoller flores e plantas para a elaboración dun maio, teremos sesión vermut con Ronco&Fol, xantar popular, festa infantil, concerto coas Donicelas... Pecharemos o día participando no I Serán dos Maios. Convidámosvos a participar!
2017
XVII Festa dos Maios en Sta. Mariña do Vilar (Ferrol) Sábado 20 de maio, coa actuación da A.F.C. Berros do Castro
Este sábado, a Asociación Cultural Hai que Roelo organiza en Cuntis o I Serán dos Maios. Achegádevos para desfrutar dunha serie de actividades como obradoiros, música e moita festa!
2016
Outra nova primavera a Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello organiza o próximo domingo 8 de maio na Praza da Constitución a Festa dos Maios que neste ano 2016 acada a sua trixésimo cuarta edición co seguinte programa: 10:00 horas - Obradoiro infantil. 12:00 horas - Actuacións e contacontos. 18:00 horas - Representación da Festa dos Maios. 20:00 horas - Concerto de ZURRUMALLA
2013
Os Carunchos na Festa dos Maios de Vigo Este ano celebramos a XXXI edición da Festa dos Maios. Esta festa de recibimento da primavera e da fermosura e sensualidade que trae con ela, na que os campos se enchen de flores e as rúas de xentes contaxiadas polo optimismo que a luz e as caricias dos raios do sol sobre a pel espida produce nelas, é unha celebración ancestral que recuperamos para o goce da veciñanza. Coincidindo coa festa dos Maios a Asociación veciñal e Cultural Casco Vello fai un recoñecemento a persoas ou colectivos que (...)
2010
Maios no Centro Social Gomes Mouro A festa dos Maios regressa à Corunha trás a sua andaina do ano passado. No Sábado 22, à partir das 17:30 horas, música tradicional e cantares de Maio no Campo de Marte. Por certo, se tens um instrumento tradicional, nom duvides em o trazer para te unires à repichoca
2009
Festa fin de curso e Foliada no Casco Vello de Vigo Despois de moitos anos de actividades a Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello de Vigo organiza a súa I Festa de Fin de curso este sábado 4 de xullo na Praza do Berbés. A partir das 17:30 -Exposicións das diversas aulas de manualidades e obradoiros da Asociación -Xogos e deportes diversos -Exhibición de diversas grabacións das Festas dos Maios e da Reconquista A partir das 20:00 Actuación das diversas aulas da Asociación: -Baile Tradicional -Percusión e gaita -Acordeón -Bailes (...)
Quince MAIOS sairá á rúa co xornal A NOSA TERRA Gravado no Teatro Principal de Compostela Agora si, a saida definitiva do DVD Quince MAIOS será o 28 de Maio. Venderase con A NOSA TERRA (xornal) por 12€ durante os seguintes días: 28 de Maio, 4, 11 e 18 de Xuño.
Os Carunchos presentan novo disco en Vigo O domingo día 10 de maio, na Praza da Constitución do Casco Vello de Vigo, terá lugar a presentación en directo do cuarto disco dos Carunchos titulado 'En galego', como parte do programa de actividades organizado pola Asociación de Veciños do Casco Vello de Vigo co gallo da celebración da XXVII Festa dos Maios. Os actos desta celebración anual terán lugar os días 9 e 10 de maio, e contará entre outras actividades, coa confección dun maio na praza, obradoiros de pan, flores e cestaría, a fes(...)
Xa é Primaveira no Casco Vello de Vigo Domingo 10 de maio na Praza da Constitución As 17:30 representación dos Maios. Ás 18:30 concerto presentación do novo disco de OS CARUNCHOS.
2008
Os Quince Maios de Fía na Roca Os compoñentes de Fía na Roca están a traballar no seu DVD Quince Maios, un traballo realizado para conmemorar os seus quince anos facendo historia na música do noso país. En Quince Maios poderemos ver e oír, ademais de entrevistas e material de arquivo da banda, un concerto-aniversario que foi gravado o pasado 30 de xuño no Teatro Principal de Santiago de Compostela. Durante aquel concerto especial Fía na Roca fixo repaso dos seu repertorio, saltando dos éxitos antergos da forma(...)
Programa da XXVI Festa dos Maios. EN VIGO Venres, 9 de maio Saída ao campo para recoller flores. Ás 16:30 dende o local da Asociación na rúa Canovas del Castillo 2 Sábado 10 de maio Obradoiro de confección de flores, fiuncho e espadana para montaxe do noso maio e ornamentación da praza da Constitución. Ás 16:30 no local da Asociación na rúa Canovas del Castillo 2 Domingo 11 de maio, na Praza da Constitución Pola mañá, a partir das 10:30 • Confección do maio na farola Central da praza • (...)