"Luis Correa"

2016

(Ultima actualizaci??22-04-2016)

III Memorial Henrique Otero, o gaiteiro do Fragoso (Vigo)

- concertos-

Sábado 23 de abril ás 19:30h no Conservatorio Superior de Música de Vigo. Neste memorial veremos unha mostra das obras para gaiteiro solista creadas por Otero.

Programa

- O gaiteiro rentroncón (1993)

Gaita: Martín González Bernárdez

Tambor: Abel González Bernárdez

Alumnos do Conservatorio Superior de Música de Vigo

- Alborada de Pontevedra (1990)

Gaita: Xosé Oliveira

Tambor: Manuel Alonso

Bombo: Xosé María Gutiérrez

- Jota do gaiteiro do Fragoso (1991); Brumas do mar de Vig(...)

2014

(Ultima actualizaci??13-06-2014)

A TRADESCOLA ABRE O PRAZO DE PREINSCRICIÓN NAS AULAS DE MÚSICA E BAILE TRADICIONAL PARA O VINDEIRO CURSO 2014/2015

- concertos-

A TRADESCOLA,  o centro de ensino de música e de baile tradicional xestionado pola Asociación de Gaiteiros Galegos en Lugo, abre o prazo de preinscripción nas aulas de música e baile tradicional para o vindeiro curso que se iniciará no outono. 

A TRADESCOLA, que este ano contou con máis de 230 alumnos matriculados, conta no seu equipo docente con 9 dos mellores mestres no eido da música tradicional para impartir as aulas de: gaita, zanfona, acordeón, baile tradicional, canto e pandeireta, (...)

(Ultima actualizaci??02-02-2014)

A Tradescola organiza unhas novas xornadas didácticas de música tradicional para escolares en Cervantes.

- concertos-

A Tradescola está a preparar unhas novas xornadas didácticas de música tradicional para escolares que se impartirá en Cervantes.

O vindeiro dí­a 20 de febreiro a partir das 11.30 horas terán lugar dous concertos didácticos de música tradicional no CPI de Cervantes dirixidos á poboación en idade escolar que contarán cos nenos e nenas do CPI de Cervantes e do CEIP da Ponte de Doiras.

Nos concertos farase un percorrido pola evolución dos instrumentos e formacións musicais que protagonizaron (...)

2013

(Ultima actualizaci??25-05-2013)

A Tradescola organiza unha nova xornada didáctica de música tradicional na Pobra do Brollón

- concertos-

A Tradescola está a preparar unha nova xornada didáctica de música tradicional aberta para todo o público na Pobra do Brollón. O vindeiro día 25 de Maio ás 11.30 horas, terá lugar un concerto didáctico de música tradicional na Casa da Cultura desta vila. O concerto estará impartido polo mestre da Tradescola Luis Correa “O Caruncho”.

Coa realización destas xornadas, a Tradescola pretende achegar, potenciar e difundir entre a poboación a nosa música tradicional, axudar a que se coñezan os nosos(...)

(Ultima actualizaci??26-01-2013)

Sobre Rodas na Salason (Cangas)

- concertos- Sobre Rodas- aPenultima- salason-

DOMINGO 27 DE XANEIRO, ÁS 20.00 h.

O dúo de zanfonas Sobre Rodas, integrado por Luís Correa “O Caruncho” e Carlos do Viso, tráennos unha nova proposta de interpretación da música popular e de autor, fundindo zanfonas e voces para interpretar un amplio repertorio de cantares de cego e outras melodías da música galega.

Entrada: 5 €

2011

(Ultima actualizaci??14-08-2011)

Coro Tradicional Cantares do Brión en Panxón - Nigrán

- concertos- Cantares do Brión-

O martes, 16 de agosto, ás 22,30 horas, no Campo das redes, en Panxón - Nigrán, daremos o noso primeiro concerto en solitario.

Será dentro do Programa de Actividades Agosto 2011 que organiza a Concellería de Cultura, Turismo e Deporte do Concello de Nigrán.

Alí interpretaremos o repertorio que nos caracteriza: alalás, foliadas, pandeiradas, con algunha novidade como a peza titulada "Na Touba do Brión", que estreamos hai poucas semanas no Festival Folc Illa de San Simón, en Cesantes. A letra de(...)

(Ultima actualizaci??08-07-2011)

II Festival Folc Illa de San Simón

- concertos- Cantares do Brión- festivais-

A partir das 20:30 horas do sábado 9 de xullo o Coro Tradicional Cantares do Brión acudirá á parroquia de Cesantes, no concello de Redondela, onde se vai desenvolver o II Festival Folc Illa de San Simón.

Será no salón de actos do Centro Cultural Deportivo de Cesantes e, ademais do noso Coro, actuará o Grupo de Baile e Gaitas Airiños de San Simón.

A primeira edición deste Festival tivo lugar o pasado ano e nel actuou o grupo de música tradicional Os Carunchos.

No repertorio de Cantares do Brió(...)

(Ultima actualizaci??21-06-2011)

Fin de curso na TRADESCOLA

- concertos-

O vindeiro día 27 de Xuño a partir das 19.00 h. celebrarase no Centro Lug II o concerto de fin de curso da Tradescola, no que actuarán alumnos e profesores de dito centro. Deste xeito, a escola de música tradicional xestionada pola Asociación de Gaiteiros Galegos remata as clases de gaita, zanfona, acordeón, baile tradicional, canto e pandeireta, técnica vocal, percusión, requinta, e linguaxe musical que se impartiron durante este curso. Posteriormente, ás 21.30 h. realizarase unha cea-festa á q(...)

(Ultima actualizaci??14-06-2011)

A Tradescola abre o prazo para a reserva de prazas

- concertos- Tradescola-

A TRADESCOLA, centro de ensino da música e do baile tradicional xestionado pola Asociación de Gaiteiros Galegos abre o prazo para a reserva .

A TRADESCOLA conta actualmente con un equipo docente formado por 9 mestres de reconocido prestixio no eido da música e o baile tradicional, que imparten aulas de zanfona, gaita, acordeón, baile tradicional, canto e pandeireta, técnica vocal, percusión, requinta, linguaxe musical e etnografía e investigación. A maiores destas materias, tamén ofrecemos au(...)

(Ultima actualizaci??20-01-2011)

Xornadas de Música Tradicional da Tradescola en Chantada

- Festa- Tradescola- Asociación de Gaiteiros Galegos- Luis Correa- Xose Lois Romero-

A Tradescola, escola de música tradicional xestionada pola Asociación de Gaiteiros Galegos, organiza para a vindeira semana, unha nova xornada didáctica en Chantada. Esta actividade, pretende a divulgación da nosa música tradicional a través dunha serie de obradoiros impartidos por mestres da propia escola en diferentes comarcas da provincia de Lugo.

O vindeiro día 27 de Xaneiro en horario de mañán, terán lugar 2 concertos didácticos de música tradicional na Casa da Música de Chantada, dirixi(...)

2009

(Ultima actualizaci??15-04-2009)

Xornadas de Zanfona, Cantos de Cego e Percusión Tradicional en Monforte

- concertos-

A Tradescola, escola de música tradicional da Asociación de Gaiteiros Galegos, organiza o vindeiro sábado 19 de Abril unhas Xornadas de Zanfona, Cantos de Cego e Percusión Tradicional en Monforte.

Cunha proposta educativa que lle permite ao alumnado adquirir unha formación integral, na Tradescola se imparten aulas de gaita, zanfona, acordeón, baile tradicional, canto e pandeireta, percusión, requinta, linguaxe musical e etnografía e investigación, e asisten a elas un total de 150 alumnos.

(...)

(Ultima actualizaci??26-02-2009)

V Encontro coa Zanfona Contemporánea en Narón

- concertos- aCentral Folque-

Son os cegos os grandes cronistas, os contadores de historias, de feitos incríbeis que oíron e transmitiron, para engaiolar o maxín do seu público. É na feira, na romaría onde os ouvintes escoitan as máis escuras, enredantes e retranqueiras coplas. Romances reelaborados e actualizados. Son mundos compartidos do imaxinario popular. Son muxicas e charamelas. Os contos dos cegos andantes eran engalanados co chamamento dunha zanfona. A chamada de atención, o trebello musical que aínda nos segue a ab(...)

1 comentario

1999

ABERTA A MATRÍCULA DA AULA DE ZANFONA DE LUGO

- concertos-

A Asociación de Gaiteiros Galegos pon en marcha, un ano máis, a AULA DE ZANFONA na cidade de Lugo. Esta actividade vaise a levar a cabo dende o vindeiro 25 de outubro de 2007 ata Xuño de 2008, todos os xoves de cada mes, no Complexo Residencial Xuvenil LUG, dependente da Delegación Provincial de Lugo da Vicepresidencia da Igualdade e Benestar da Xunta de Galicia.

Luis Correa “O Caruncho”, unha das referencias fundamentais na música tradicional galega, será o mestre encargado de impartir as c(...)

Monográficos 2007 no Conservatorio Folque de Lalín

- concertos-

Comezan os monográficos. Cursos especializados para todos os públicos musicais: amadores-as, profesionais, curiosos-as… Cursos específicos de instrumentos, de coñecimentos doutros xéneros e culturas musicais.

Os monográficos de Lalín, agandan-te todos os sábados.

GUITARRA ACÚSTICA E BOUZOUKI. Impartido por Ramón Feáns “Chiri”. Comezo o sábado 20 de xaneiro até finais de xuño de 19 a 20h. Matrícula:50€ /mes.

PANDEIRETA E REPERTORIO CANTADO. Imparte Davide Salvado (músico-performance part(...)