"Lorient"

2019

(Ultima actualizaci??13-09-2019)

VI Festival As Cores do Outono (A Pobra do Brollón)

- concertos- festivais- As Cores do Outono-

Sábado 14 de setembro

Chega a 6ª edición de As Cores do Outono, festival folk de entrada libre e gratuí­ta na área recreativa Samugueiros (A Pobra do Brollón).

O festival celébrase en horario de tarde-noite. Arranca ás 19:30 co espectáculo familiar ‘Concerto singular’, unha comedia musical e xestual da compañía Píscore, gañador do premio do público no Festiclown 2018.

A partir das 21:00 comezan os concertos. Empeza o músico ourensán Magín Blanco, cun espectáculo para público familiar.(...)

(Ultima actualizaci??15-07-2019)

Le Chemin de Breogán. Concerto de apertura do Festival Interceltique de Lorient

- concertos-

Le Théâtre de Lorient vístese de gala para recibir o sábado 3 de agosto unha grande representación galega abrir festival

"Le chemin de Breogan" é un espectáculo da Banda de Música Municipal de Silleda coa Banda De Gaitas de Forcarei e a colaboración de Suso Vaamonde, Begoña Lorenzo, Davide Salvado, Jose Manuel López "Josele", Bouba Pandeireteiras, Pablo Seoane, Abraham Cupeiro "Os sons esquecidos" e A.c. Xirandela.

(Ultima actualizaci??29-04-2019)

Andoa Trio Folk na Cova Céltica (A Coruña)

- concertos- aPenultima- Céltica-

Venres 3 de maio ás 22:30h

ANDOA Trí­o Folk; é unha fantástica banda de músicas folk atlánticas, como son a irlandesa, escocesa, galega...

Os componentes de ANDOA; Ricardo Mouriño (low whistle, frauta travesera e gaita), Iago Boente (bouzouki) e Roi Adrio (percusións) teñen unha ampla traxectoria no mundo da música tradicional así­ como noutros xéneros musicais que van desde o reggae, jazz, etce.

Teñen compartido escenario con Xabier Dí­az, Talabarte, Gí¼intervan, Backwest (Irlanda) o(...)

(Ultima actualizaci??17-04-2019)

Selección de gaita solista para o XXXIV Trofeo MacCrimmon

- concertos-

O domingo, 28 de abril, na Cidade da Cultura (Compostela) coñeceranse os 4 finalistas que representarán a Galicia en Lorient

.

Participantes, por orde alfabética:

1-. Ismael García del Río.

2-. Adrián García Seoane.

3-. Sergio Gómez Martínez.

4-. María López Carballo.

5-. Laura López Suaréz.

6-. Diego Prieto González.

7-. Xesús Rodríguez Callejón.

8-. Manuel Ramón Seoane Sánchez.

9-. Jorge Miguel Vázquez Castro.

10-.Javier Vázquez López.

11-.Nadia Vázquez Martínez.

12-.Raquel (...)

(Ultima actualizaci??09-03-2019)

Foliada de Inverno en O Castro (Begonte)

- Festa-

Sábado 9 de marzo

Comezamos o ano cunha nova edición das Foliadas de Inverno de Castiñeiro Milenario, como sempre na Casa do Pobo da Asociación Veciñal do Castro (Begonte).

Nesta ocasión, os eventos previos á foliada, veñen con novidades, pois faremos a presentación do I Ciclo de Cine Galego de Castiñeiro Milenario. Un proxecto que levamos intentando sacar adiante desde hai tempo e que este ano, por fin, vai ver a luz. A primeira cita co Ciclo de Cine (do que teredes novidades en breve) v(...)

2018

Festival Interceltique de Lorient 2018

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??15-08-2018)

- festivais-

O vindeiro mércores 15 de agosto, poderedes ver a #NuitInterceltique do Festival Interceltique de Lorient 2018 por France 3.

Nela, representando a Galicia, participará o grupo de baile Saiñas Xove e a Banda de Gaitas Sons da Chaira.

E podemos velo dende a terriña? Claro, en https://www.france.tv/france-3/direct.html.

#interceltique18 | Culturebox

2017

(Ultima actualizaci??24-08-2017)

Documental "DEFOLXXI" e Foliada Aberta na Cova Celtica (A Coruña)

- concertos- aPenultima- Celtica-

O xoves 24 de agosto, e dentro das actividades previas á Romaría de Santa Margarida 2017, A Cova Céltica acollerá dúas actividades ás que vos convidamos.

Ás 20:30h. veremos, logo da súa estrea no Festival de Ortigueira e no Festival Interceltique de Lorient, o documental "DEFOLXXI", unha visión de David Ramos sobre a gaita galega, con entrevistas e pezas musicais de distintas persoas dentro da gaita. Antón Corral, Patricia Cela, Daniel Bellón, Pablo Carpintero, Pepe Vaamonde, Anne-Sophie Voge(...)

(Ultima actualizaci??06-08-2017)

Delegación galega no Festival Interceltico de Lorient 2017

- concertos-

O Festival Interceltique de Lorient, que naceu hai case cincuenta anos para impulsar o desenvolvemento da música e a cultura tradicional dos territorios celtas, vaise celebrar entre o 4 e o 13 de agosto na cidade bretoa. Durante 10 días acollerá a máis de 4.500 artistas e 750.000 visitantes en 120 concertos e outras actividades.

- Domingo 6, martes 8, mércores 9 e xoves 10 de agosto, 21:30h. no Stade Du Moustoir

Cantigas e Agarimos + Banda de Gaitas Ximiela

- Domingo 6 de agosto, 21h. no (...)

(Ultima actualizaci??12-05-2017)

Os D´abaixo en A Coruña

- concertos- aPenultima- garufa-

Domingo 14 de maio ás 20:00h

Garufa Club.

Riazor 5.

A Coruña.

Os d’Abaixo apareceron no ano 2010 co obxectivo de promover e animar bailes e festas tradicionais na contorna de Santiago de Compostela.

Os d’Abaixo teñen tocado en diversas festas e festiváis de Galiza e tamén fóra dela, en lugares como o Festival de Músicas do Mundo, (maio 2012, Etxarri-Aranaz-Navarra), o festival Le Grand Bal de l’Europe (xullo 2012, Gennetines-Francia) o Festival Intercéltico de Lorient (agosto 2013, (...)

2016

(Ultima actualizaci??01-04-2016)

Abril 2016 nas Crechas (Compostela)

- concertos- aPenultima- Crechas-

Sábado 2 21h 5€

KLEBER ALBUQUERQUE

Kleber Albuquerque ten máis de 300 cancións - varias delas gravadas por importantes intérpretes da música brasileira. Traballa en colaboración con compositores de primeira liña da moderna trova de seu país, como Zeca Baleiro, Dante Ozzetti e Fred Martins, recibindo importantes premios no Brasil, en especial por súas cancións compostas para teatro. Na súa primeira xira pola Europa, o cantante e compositor brasileiro mostra cancións de seu novo show "Psicoaudi(...)

2015

(Ultima actualizaci??12-11-2015)

Concertos NA RAÍZ. Ferrol

- concertos-

A Concellaría de Cultura do Concello de Ferrol presenta NA RAÍZ, un ciclo de concertos protagonizados por artistas que rachan con moldes e prexuízos desde o coñecemento da tradición.

Catro citas no Teatro Jofre con seis nomes que son sinónimo de compromiso artístico, calidade e atemporalidade.

venres 30 de outubro, 20:30 h.

RAÚL RODRÍGUEZ “Razón de Son” (Andalucía)

Este músico, productor e antropólogo sevillano recolle no libro-disco “Razón de Son” 20 anos de investigación sobre a m(...)

2012

(Ultima actualizaci??04-11-2012)

Novos camiños para o vello folk galego - La Voz de Galicia

- concertos-

A forza da música galega navega polo temporal da crise. Dixo Antón Vilar Ponte: «Interésanos máis un coro galego en Madrid que un deputado en Cortes por Galicia». «Tal foi a dedución feita por tan egrexio persoeiro a respecto do coro pontevedrés Aires d'a Terra, de grande sona a comezos do século XX. Tendo en conta que o propio Ponte era representante político galego en Madrid, maxinemos qué pensaría calquera daqueles devanceiros galeguistas ao respecto da brillante realidade que a nosa m(...)

2014

(Ultima actualizaci??08-08-2014)

aCentral Folque toca en Irlanda

- aCentral Folque-

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular participará no Fleadh Cheoil na hÉireann, ou “Festival de Música de Irlanda“, que este ano ten lugar en Sligo, nove días de diferentes actividades sobre a música tradicional que pode chegar a congregar a máis de 400.000 persoas entre 0 10 e o 19 de agosto. aCentral Folque foi convidada a participar na performance da De Cuellar Suite , unha peza orquestral con máis de 50 músicos en palco sobre a fascinante historia e capítulo da Armada Invencíble (...)

(Ultima actualizaci??11-02-2014)

CURSO en Ramirás: O Baile tradicional, O MANEO

- concertos-

Os días 23 e 30 Marzo tedes a oportunidade de aprender algúns puntos e pasos básicos de MANEO. Este é un estilo de baile tradicional moi peculiar e cunha identidade propia que ademáis, non é moi coñecido pola provincia ourensá.

A INSCRIPCIÓN do curso poderedes facela na web de Rebulir a partires do día 3 de Marzo, sendo o prazo límite o día 20 dese mesmo mes.

O mestre será Javier Sanmartín, que se formou no grupo Cantigas e Agarimos desde a súa infancia, chegando a ser director desta histór(...)

(Ultima actualizaci??06-02-2014)

Trofeo Maccrimmon de Lorient

- concertos-

CONCURSO - SELECCION DE GAITEIROS SOLISTAS

TROFEO MACCRIMMON ? LORIENT

1. Poderan participar todolos gaiteiros nados en Galicia que o desexen, asi como aqueles que estando na diaspora tenian ascendencia galega ou acrediten pertencer a algun centro ou entidade galega.

2. O obxecto desta iniciativa e seleccionar os catro gaiteiros que representaran a Galicia na final do XXVIII Trofeo MacCrimmon de Gaita, que se celebrara o 2 de agosto de 2014 durante o Festival Interceltique de L(...)

2013

(Ultima actualizaci??23-10-2013)

Leilí­a: vinte e catro anos de camiño para unir pasado e presente - Homenaxe e actuación en Compostela

- concertos-

A cita está marcada no calendario. Leilía estará coas súas cantigas o vindeiro xoves, día 24, no Palacio de Congresos na XXIV Gala Gallegos del Año.

Foron pioneiras na recuperación do esquecemento da nosa tradición oral. A finais dos oitenta, Leilía, aquel grupo de seis mulleres iniciaban unha andaina baseada na posta en valor das pandeiretas e voces, máis alá dun simple acompañamento á música de baile. Despois de cinco traballos discográficos recoñecendo a creatividade da muller galega, lev(...)

(Ultima actualizaci??01-03-2013)

CURSO SOBRE MÚSICA BRETOA PARA FRAUTA impartido por Pierrot Rougier (músico de Lorient)

- concertos- aCentral Folque-

Data: sábado 2 de marzo 2013

Lugar: Auditorio do CSC de Fontiñas (Santiago DC, Rúa Berlín)

Horas: 16.30 a 20.30

Prezo: 30 €

As prazas son limitadas

O vindeiro sábado 2 de marzo o músico bretón Pierrot Rougier, ofrecerá un obradoiro de música bretoa para frautas traveseira para toda persoa interesada neste repertorio e xeitos particulares de toques nesa parte do mundo. Será unha descuberta da riqueza e variedade da súa música tradicional e ornamentacións propias, dos xéneros para danza (...)

(Ultima actualizaci??31-01-2013)

Concurso-Selección de gaiteiros para o trofeo MacCrimmon do Festival Interceltique de Lorient 2013

- concertos- Interceltique de Lorient-

TODO AQUEL GAITEIRO QUE QUEIRA AS BASES DO CONCURSO DEBE ENVIAR UN MAIL A galiciafil@yahoo.es E SERANLLE ENVIADAS.

2012

(Ultima actualizaci??04-08-2012)

Presenza galega no 42 Festival Interceltique de Lorient.

- concertos- Lorient-

4 de Agosto:

Banda de Gaitas Dambarra e Kerkennai

8 de Agosto:

As Beiras do Ulla e Quempallou

9 de Agosto:

Xose Manuel Budiño

Ademáis Turgalicia instalará un espazo de 200 metros cadrados no que actuarán grupos galegos de música folk (Pablo Seoane Grupo, Suso Oscariz -candidato ao Trofeo MacCrimmmon - e Vaamonde, Lamas & Romero.

O pasado ano, o recinto galego instalado neste evento foi visitado por máis de 23.000 persoas.

(Ultima actualizaci??02-08-2012)

Quempallou presenta Vellas Novas en Francia e Portugal

- concertos- Quempallou-

O grupo actuará esta mesma fin de semana no Festival de Pardiñas, en Guitiriz, para logo viaxar á Bretaña Francesa e Portugal.

Logo do lanzamento do seu cuarto traballo discográfico “Vellas Novas” o pasado mes de maio, a banda galega faise oco nos máis importantes festivais de música folk. O seu paso polo Festival de Pardiñas, o vindeiro día 4 de agosto, acompañando a Kepa Junkera ou Eliseo Parra, será o comezo dunha xeira de concertos que os levarán camiño da Bretaña francesa para participar(...)