"Lingua Galega"

De Ninghures en Carballo

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??30-05-2019)

- concertos-

Venres 31 de maio ás 21h Casino 1889

O próximo 31 de maio teremos o pracer de desfrutar do grupo folk De Ninghures no Casino 1889.

De Ninghures son unha agrupación de música tradicional conformado por xente nova comprometida coa música, o baile e a lingua galega. Son Marta ílvarez, Eva Bolón, Ana Fariña, Manuel Fernández, Hadrián Garcí­a, Aldara Palmeiro, Alberto Liñares, Manuel Lucas, Adrián Méndez e Tomé Mouriño, mozas e mozos de Bergantiños, A Fonsagrada e Compostela. Beben da músi(...)

Tanxugueiras no Agorasón Primavera (A Coruña)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??10-05-2019)

- concertos-

Venres 10 de maio ás 21h no Centro Ágora (Concello da Coruña)

Concerto De balde (Con INVITACIÓN)

O Servizo de Normalización Concello da Coruña organiza, con motivo do Día das Letras Galegas e para promover a lectura en lingua galega, o AgoraSón Primavera que este ano contará coas Tanxugueiras en concerto.

Para conseguir os convites, tedes que ir, desde este luns 29 abril até o 9 de maio, a unha das Bibliotecas Municipais da Coruña e retirar materiais en galego. Por cada carné de socia/o (...)

Unha homenaxe á Librarí­a Andel (Vigo)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??22-03-2019)

- concertos-

O Ateneo Atlántico e Ora Galega queremos xuntarnos para encher Andel Libraría de palabras e música: así este venres 22, ás 20:00h organizamos alí un recital poético e músical para agradecer o seu labor impagable pola lingua galega e despedi-la como se merece.

Vinde a escoitar versos recitados por Marga do Val, Andrea Costas, Marcos de la Fuente, Clara Do Roxo, Antonio García Teijeiro, Lola Villar, Xavier Rodríguez Baixeras e moitos amigos máis, xunto con Pepe Cáccamo como presentador e a mús(...)

Febreiro na Casa das Crechas (Compostela)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??01-02-2019)

- concertos- Sumrrá- aPenultima- Crechas- dequenvessendo-

PROGRAMACIÓN CASA DAS CRECHAS FEBREIRO 2019

Do 9 ao 28

PEQUENA

Exposición Luis Berroy (pintura)

Inauguración o sábado 9 ás 20 horas.

DOMINGO 3 21:00 5€

XACOBE MARTINEZ ANTELO TRÍO

Xacobe Martínez Antelo Trío presenta o novo repertorio que integrará o seu próximo disco, que gravarán en Marzo de 2019. Esta formación xenuinamente jazzística, é ao mesmo tempo transfonteiriza e pioneira en novos terreos tan sorprendentes como inhabitados. Xosé Miguélez ao saxo tenor, Max Gómez á bater(...)

2018

(Ultima actualizaci??26-10-2018)

AgoraSón 2018 (A Coruña)

- concertos-

O Ágora acollerá o 26 de outubro a versión máis feminina do AgoraSón, coa participación de A Banda da Loba e Sonia Lebedynski

As voces femininas de A Banda da Loba e Sonia Lebedynski serán protagonistas no AgoraSón 2018, que se celebrará o venres 26 de outubro no centro Ágora. A cita, organizada polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña coa colaboración das Bibliotecas Municipais, segue a liña doutros eventos promovidos polo consistorio, como o Festival Nororeste Estrel(...)

2017

(Ultima actualizaci??12-05-2017)

I Festival Boina e Txapela en Compostela

-

“I Festival de Música Boina e Txapela”

Estilo libre, rap, rock e micro aberto

O vindeiro venres, 12 de maio, a partir das 19.00h, terá lugar, dentro das actividades do Proxecto Regueifesta, o “I Festival Boina e Txapela”, no Centro Xove da Almáciga, en Compostela.

No Festival Boina e Txapela actuarán García Mc e Dj Mil, Moudafaka e Riajos GatoPersa (AltoAsalto), Lydia Botana Bolboreta e, como artistas convidados desde Euskal Herria, Radio Revolución.

No Festival haberá un tempo para (...)

(Ultima actualizaci??12-05-2017)

I Festival Boina e Txapela en Compostela

- concertos-

“I Festival de Música Boina e Txapela”

Estilo libre, rap, rock e micro aberto

O vindeiro venres, 12 de maio, a partir das 19.00h, terá lugar, dentro das actividades do Proxecto Regueifesta, o “I Festival Boina e Txapela”, no Centro Xove da Almáciga, en Compostela.

No Festival Boina e Txapela actuarán García Mc e Dj Mil, Moudafaka e Riajos GatoPersa (AltoAsalto), Lydia Botana Bolboreta e, como artistas convidados desde Euskal Herria, Radio Revolución.

No Festival haberá un tempo para (...)

2016

(Ultima actualizaci??04-10-2016)

San Froilán 2016 (Lugo)

- concertos-

Festas de San Froilán. Do 4 ao 12 de Outubro

MARTES 04

 17.00 H.

Inicio do XI Sanfroidance na praza da Soidade.

Goma2Crew (Lugo) & Eleka Familia (Pontevedra) 17.00 h. // DJ Koo (Asturias) 18.15 h. // 

DJ Caution 19.40 h. //  DJ Ozetak (Madrid) 21.05 h. // Show-Case: Kiki Sound Aka Kamikaze (CPV-Marruecos) feat Sho Hai (Violadores del Verso-Zaragoza) & Original Jua(...)

(Ultima actualizaci??23-01-2016)

Quero Cantar - Concurso de música infantil da Deputación da Coruña

- concertos-

Coa intención de promocionar e difundir o uso da lingua galega e a creatividade poética e musical, a Deputación da Coruña convoca o I Concurso musical infantil “Quero Cantar”. Cancións con letra en galego interpretadas por nenas e nenos de ata 12 anos de idade.

Podedes enviar as vosas maquetas entre o 15 de xaneiro e o 15 de abril.

Establécense os seguintes premios:

• Premio ás 10 propostas mellor clasificadas na 2ª Fase do concurso:

Gravación en estudio da canción e a súa ed(...)

2015

(Ultima actualizaci??30-10-2015)

Concerto da OFG SonDeSeu en Cangas do Morrazo

- concertos- e-trad-

A OFG SonDeSeu dirixida por Rodrigo Romaní­, ofrecerá un concerto no Auditorio Municipal de Cangas o sábado 31 de outubro ás 20:30hs. dentro da programación de "Mil festas máis para a lingua galega", da Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingíüí­stica. A entrada será de balde ata completar o aforamento. O repertorio estará composto polos temas que aparecen no seu último traballo chamado "Danzas Brancas".

2014

(Ultima actualizaci??21-08-2014)

Convocado o 3º Obradoiro de Narración Oral da Escola de Escritoræs da AELG

- concertos-

Convocado o 3º Obradoiro de Narración Oral da Escola de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, baixo o título Contar con-tento. Teoría e práctica da narración oral.

Organiza: Sección de Literatura de Tradición Oral da AELG.

Patrocina: Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua do Concello de Lugo.

Aulas: Centro de Convivencia Uxío Novoneyra, Rúa Quiroga Ballesteros, Lugo.

Duración: 26 horas / 13 sesións semanais de 2 horas cada unha.

Imparten: Isidro (...)

(Ultima actualizaci??10-03-2014)

PRESENTACIÓN DO DISCO MAGNÉTICO-ZEN DE XOÁN CURIEL EN LA HABITACIÓN DE NIÑA CARACOL (OURENSE)

- concertos- pop- concerto- ourense- worldmusic-

O vindeiro venres 28 de marzo Xoán Curiel presentará o dis Magnético-Zen, Disco gañador dos V Premios da Música Independente na categoría mellor álbum en lingua galega, en La Habitación de Niña Caracol (Praza das Mercedes,12. Ourense) ás 22h.

A entrada serán 5€ e podes conseguilas dende xa no Bibliocafe La habitación de Niña Caracol (http://ninacaracol.es/) dende hoxe ata o mesmo día!

Non o perdas!

(Ultima actualizaci??14-06-2014)

Mil Festas Máis para a Lingua Galega, 20 de Xuño en Vilagarcía

- concertos-

Venres, 20 de Xuño ás 20:30

Avda. Mariña, s/n-Vilagarcia

O grupo TREIXADURA, arredor do que xira este ano a campaña das MIL FESTAS MÁIS PARA A LINGUA GALEGA, representa a exquisitez no tratamento musical e escénico do noso folclóre, despois de 25 anos de existencia e traballo a prol da recuperación da música tradicional galega. Velaí porque o próximo día 26 de xuño, en colaboración co concello de Vilagarcia de Arousa e a Secretaría Xeral de Política, levaremos a cabo a presentación da camp(...)

(Ultima actualizaci??14-03-2014)

Homenagem a Luísa Villalta e Diaz Castro: Recital de poesia e música

- concertos-

Isabel Rei Samartim - A Equipa de Dinamização da Língua Galega (EDLG) do Conservatório Profissional de Compostela organiza um recital de poesia e música em homenagem à poeta e música galega Luísa Villalta e José Maria Diaz Castro. O ato terá lugar às 19h da sexta-feira, dia 14 de março, no auditório do centro.

Quando se cumprem os dez anos da prematura morte da violinista e poeta Luísa Villalta Gomez (1957-2004), o conservatório homenageia à que tem sido uma das nossas melhores poetas. Mem(...)

2013

(Ultima actualizaci??11-10-2013)

VI Xornada de Literatura de Tradición Oral: Historias, mitos e monstros do mar de Galicia, a celebrar en Lugo o 9 de novembro

- concertos-

A VI Xornada de Literatura de Tradición Oral: Historias, mitos e monstros do mar de Galicia, que terá lugar o sábado 9 de novembro, é convocada pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega, en colaboración coa Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, co patrocinio da Deputación Provincial de Lugo.

Aberto o prazo de inscrición (até o 6 de novembro):

- O profesorado do ensino non universitario e futuros ensinantes do ensino non universitario que teñan interese no tí­tulo da Consell(...)

(Ultima actualizaci??08-02-2013)

ALBORADA PARA ROSALíA DE CASTRO

-

Prezad@s amig@s:

Este ano cúmprese o 150 aniversario da publicación de "Cantares Gallegos" por Rosalía de Castro.

Dende a Fundación Rosalía, a Real Academia Galega e a Universidade de Vigo, estanse a organizar distintos actos para conmemorar os cento cincuenta anos desta obra única.

Logo de que a Real Academia Galega se puxese en contacto coa Asociación de Gaiteiros Galegos para a organización dunha destas actividades, a AGG decidiu unirse a estas entidades para promover a “ Alborada p(...)

2012

(Ultima actualizaci??14-05-2012)

XI Romarí­a Raigame

- Festa-

A celebración da Romaría Etnográfica Raigame, que cada ano ten lugar en Vilanova dos Infantes coincidindo coa celebración do Día das Letras Galegas, enmárcase dentro do proxecto de posta en valor do núcleo medieval de Vilanova dos Infantes, como un elemento máis do potencial turístico-cutural que oferta Celanova dentro do programa “Celanova, un paseo pola historia de Galicia” que pretende dar a coñecer os momentos máis importantes da historia de Galicia a través dun curto percorrido xeográfico, (...)

(Ultima actualizaci??22-01-2012)

Vitaminas para o galego

- concertos-

Campaña de sensibilización sobre a importancia dos medios de comunicación en lingua galega

A iniciativa a prol dos medios na lingua do país acaba de lograr o seu primeiro éxito. “Vitaminas para o Galego” conseguiu recadar máis de 5.000 euros a través de Internet en menos dun mes dende a súa presentación. O obxectivo inicial era recoller 3.300 euros antes do 1 de febreiro. Con 22 días de antelación sobre a data límite, a cantidade aportada polos cidadáns xa supera os 4.000 euros.

As contrib(...)

2011

(Ultima actualizaci??17-10-2011)

Premio "Xabier Prado Lameiro" 2011 ao Colectivo Castro Floxo

- Coral de Ruada- Castro Floxo- Toxos e Froles-

O Xurado do premio "Xabier Prado Lameiro" ven de conceder o recoñecemento 2011 ao COLECTIVO CASTRO-FLOXO DE OURENSE "polo traballo que ó longo de máis de trinta anos levan realizando no campo da investigación, conservación e divulgación do noso folclore tradicional, non só a través da danza, senón tamén por medio de tódalas demais manifestacións etnográficas que a acompañan, como son a música, as súas vestimentas e os costumes que xiran arredor da mesma.".

ACTA DO XURADO.

_____________(...)

(Ultima actualizaci??01-10-2011)

POLAFíA en Xirarga (Beariz)

- concertos- Polafía-

POLAFÍA en Xirarga (Beariz)Local Veciñal de DoadeSábado, 1 de outubro de 2011, ás 5 da tarde.Xirarguiña para cantar,Xirarguiña para cantar,anque non cantan moi altosábeno adoneirar.Historias, música, contos, cantos e memoria das tradicións dos lugares da parroquia de Xirarga e arredores.Coa participación das pandereteiras da Alén, Celso Fernández Sanmartín, Isidro Novo, O Tear de Llerena e moitas veciñas e veciños de Xirarga co seu saber contar e cantar.ENTRADA LIBREColaboran:Veciñas e veciños(...)

(Ultima actualizaci??09-09-2011)

Xarabal e Carlos Núñez no III Festival dos pobos minoritarios no Val de Aosta (Italia)

- Xarabal- Carlos Núñez-

Entre 8 e o 10 de setembro ten lugar na rexión autónoma do Val de Aosta (Italia) o Festival dos Pobos Minoritarios, ao que Galicia leva a súa lingua e a súa cultura como convidada de honra, xunto con Sardeña e Quebec. O Goberno autónomo do Val de Aosta promove a terceira edición desta iniciativa, que naceu co obxectivo de favorecer o respecto, a defensa e o recoñecemento das linguas minoritarias, así como a convivencia e o intercambio cultural.

As dúas edicións anteriores estiveron adicadas a(...)

(Ultima actualizaci??22-06-2011)

As Polafí­as da Asociación de Escritores superan os 300 videos de tradición oral en Internet

- Polafía-

Desde 2007, a Asociación de Escritores en Lingua Galega desenvolve, a través da súa sección de Literatura Oral, as polafías. Esta iniciativa recolle contos, cancións e historias populares en encontros por todo o país e súbeas á rede. Antonio Reigosa, coordinador desta iniciativa, explícanos como funcionan e ata que punto axudan a mudar a percepción sobre as nosas propias tradicións.

Xuntar un grupo de xente de certa idade do rural nun local e nunha data concreta. Ilos facendo pasar por un es(...)

(Ultima actualizaci??17-06-2011)

éMundial | Evento comemorativo dos 30 anos da Associaí§om Galega da Lí­ngua. Porque o galego”¦ í‰ MUNDIAL!

- concertos- aPenultima- Crechas-

A Associaçom Galega da Língua (AGAL) cumpre 30 anos em 2011, umha idade pouco comum no tecido associativo galego. Para o festejar organiza o éMundial, umha semana de eventos para mostrar que a língua da Galiza é assim, «mundial». Será de 4 a 9 de julho em Santiago de Compostela.

Música, mesas redondas, vídeo, gastronomia, obradoiros de leitura ou roteiros gastronómicos som só algumhas das propostas que decorrerám durante a segunda semana do mês de julho em espaços como o parque de Sam Domingo(...)

2010

(Ultima actualizaci??05-11-2010)

POLAFÍA EN MERLÁN-CHANTADA

- concertos- Polafía-

Antiga Casa Escola de Merlán

Sábado, 6 de novembro, ás 8 da tarde

FACENDO POLA VIDA: FEIRA, FESTA E HISTORIA DE MERLÁN

Coa participación de Xavier Blanco, Isidro Novo, as pandereteiras Cantares do Asma, o Grupo de Gaitas de Merlán e veciñas e veciños co seu saber contar e cantar.

ENTRADA LIBRE

Organiza: AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega)

Patrocina: Área de Cultura da Deputación de Lugo, Vicepresidencia primeira.

Colaboran: Asociación Veciñal Santo Tomé de Merlán.

(Ultima actualizaci??26-10-2010)

POLAFíA EN MOAñA

- concertos- Polafía-

Centro Socio-cultural “Daniel Castelao”

Sábado, 30 de outubro, ás 6,30 da tarde

UNHA MALTA PARA TODOS: Historia, música toponimia, danza, xogos, festas e literatura tradicional de Moaña.

Coa participación de Xosé Vázquez Pintor, Soledad Ríos, Xavier Blanco, Isidro Novo e veciñas e veciños de Moaña co seu saber contar e cantar.

ENTRADA LIBRE

Organiza. AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega)

Patrocina: Consellería de Cultura da Xunta de Galicia

Colaboran: Escola Munici(...)

(Ultima actualizaci??23-06-2010)

Xoves 24 de Xullo: O PAZO DAS MUSAS, revista oral nº 22

- concertos- Mini e Mero-

COLABORAN NESTE NÚMERO

Fernando Arribas Arias

Profesor de EXB e Licenciado en Humanidades, traballa como Técnico de Difusión no Museo Provincial de Lugo. Etnógrafo e Historiador de Cine, leva publicados diversos traballos sobre a sétima arte en Lugo e sobre os cruceiros da Terra Chá. Conferenciante e investigador, actualmente prepara a súa tese de Doutoramento sobre os cruceiros galegos. Membro da Comisión Territorial do Patrimonio Histórico-Artístico de Lugo en representación do Consello da(...)

2009

(Ultima actualizaci??24-11-2009)

POLAFÍA EN CABREIROS, XERMADE

- concertos-

O sábado 28 de novembro ás 19:00 h na Casa-Escola de Cabreiros, Xermade (Lugo) celébrase unha Polafía na que intervirán Isidro Novo e Xavier Blanco e veciñas e veciños de Xermade e arredores, para contar e cantar, para conversar e escoitar.

A entrada é de balde.

As polafías son unha proxecto da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), coordinado polo Vogal de Literatura de Tradición Oral, Antonio Reigosa, que conta coa colaboración de diversas asociacións e institucións.

A pala(...)

(Ultima actualizaci??17-11-2009)

Polafí­a en Neda

- concertos- Polafía-

CASA DAS PALMEIRAS-NEDA

Sábado, 21 de novembro de 2009, ás 7 da tarde

Intervirán:

Veciñas e veciños de Neda que queiran contar, cantar e conversar

Rimas populares, por Isidro Novo

Lendas de Neda e arredores, por Antonio Reigosa

Actuación do grupo de música tradicional "Zoar do vento"

ENTRADA LIBRE

Organiza. AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega)

Patrocina: Consellerí­a de Cultura.

Colaboran: Concello de Neda e Casa da Cultura de Neda.

__________

As polafí­as s(...)

(Ultima actualizaci??12-11-2009)

Universidade de Vigo - Os Comités inician unha nova campaña en defensa do galego

- concertos-

D. Besadío VigoCoa defensa do idioma galego coma unha das súas principais sinais de identidade, a organización estudantil Comités acaba de pór en marcha unha nova campaña coa que, baixo o lema Na defensa do galego, nin un paso atrás, tentarán dar un paso máis adíante na normalización do uso do idioma no ámbito universitario. Cunha parte informativa, outra institucional e outra festiva, a nova campaña inclúe un reparto “masivo” de dípticos en defensa do seu posicionamento entre o estudantado das (...)

(Ultima actualizaci??23-10-2009)

Polafía en Figueirido (Concello de Vilaboa) - 24 de Outubro

- concertos- polafía-

As polafías son unha proxecto da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), coordinado polo Vogal de Literatura de Tradición Oral, Antonio Reigosa, que conta coa colaboración de diversas asociacións  e institucións.A palabra polafía é un neoloxismo referido ás reunións ou veladas de carácter festivo con contidos literarios e musicais, e ten como obxectivo primordial o de poñer en valor e rescatar do esquecemento o valioso patrimonio oral, literario e musical, galego. O termo polafía (...)

Búscase profesor de gaita en Barcelona

- concertos- gaita- barcelona-

A Aula de Formación do Centro Galego de Barcelona ten intención de cubrir unha praza de profesor de gaita e outra para director/profesor de banda de gaitas. As clases teñen carácter semanal. A xente interesada pode enviar o curriculo a info@cgb.cat. Precísanse coñecementos de solfexo e valorarase o dominio da lingua galega.

Equipo Dirección Aula de Formación

Centro Galego de Barcelona

(Ultima actualizaci??19-06-2009)

I FESTIVAL R͍O D´AREA en Camelle

- concertos- Festival- Camelle- Madialeva- Fol de Veneno-

Despois de enterarnos por La Voz de Galicia e no Diario Oficial de Galicia de que as dúas asociacións camellanas ( Asociación de Veciños "A Pergoliña" e Asociación de Festas de Camelle ) recibiron cero euros en axudas da nova Secretaría Xeral de Política Linguística dentro do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, as entidades camellanas seguen a traballar pese a non recibir un euro.

Este é o caso da Asociación de Veciños " A Pergoliña ", que organiza para o vindeiro sábado día 20 de X(...)

(Ultima actualizaci??11-06-2009)

O PATRIMONIO INMATERIAL NA MARIÑA.

- concertos- Mini e Mero- A Quenlla- Mariña- Patrimonio-

A literatura oral na canción galega

contará coa participación dos músicos

Xosé Luís Rivas e Baldomero Iglesias ( Mini e Mero )

e desenvolveráse no Conservatorio Profesional de Música de Viveiro

( Travesía da Mariña )

O VENRES día 12 de xuño, ás 20 horas

Mini e Mero é un dúo de cantautores chairegos, formado por Xosé Luís Rivas Cruz (Mini, nado en Begonte o 18 de xuño de 1951) e Baldomero Iglesias Dobarrio (Mero, Vilalba, 27 de xuño de 1951), músicos, poetas, mestres e investigadores do(...)

Aberto por Reformas, pechado por Feijoo

-

O 17 de Maio manifestabamonos en defensa da lingua galega. Mais esta defensa non pode limitarse a unha paseo ata a Quintana.

E non só hai que defender escolas en galego, hai que defender a presenza do galego en tódo-los ambitos, e o musical é MOI IMPORTANTE.

E se deixamos que desapareza un programa como Aberto por Reformas, sen facer o menor ruido, estamos cometendo un grave erro.

14 comentarios

(Ultima actualizaci??02-06-2009)

Xoan Eiriz inaugura o Espazo Aberto

- concertos- Xoán Eiriz-

Comeza unha nova edición deste ciclo no Forum Metropolitano da Coruña e aproveitará o recital do mércoles para gravar en directo o seu novo traballo 'Vintencinco anos e unha cantiga de amor'

O mércores 3 de xuño Xoan Eiriz inaugura unha nova edición do ciclo Espazo Aberto, creado para presentar novos proxectos e acoller novas propostas do mundo das artes escénicas e musicais. O cantautor galego Xoan Eiriz non só ofrecerá un concerto coas pezas máis significativas da súa traxectoria o vindei(...)

(Ultima actualizaci??14-05-2009)

Distinguen á asociación O Castelo, de Melide, polo seu traballo en prol da lingua galega

- Melide-

O Servizo de Normalización Lingüística Terra de Melide distinguiu o traballo da Asociación Cultural e Musical O Castelo co premio convocado para recoñecer o traballo en prol da normalización da lingua galega na comarca melidá. O xurado, integrado por Santiago Prado Conde, Concepción Castro Pedreira e Ana Santiso Sánchez, destacou do colectivo premiado «a importante transcendencia social que ten na comarca e a súa actitude na incidencia dun maior uso social do galego e na potenciación do seu pres(...)

SUBVENCIÓNS PARA EDICIÓN EN GALEGO DE RECURSOS DIDÁCTICOS NON UNIVERSITARIOS

- concertos-

A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia ven de publicar unha resolución pola que se regula a concesión de subvencións para a edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares para niveis non universitarios.Poderán solicitar estas subvencións as empresas mercantís do sector editorial, sexan persoas físicas ou xurídicas, sempre que, estando legalmente constituídas, cumpran os requisitos establecidos nesta resolución e non se encontren incursas nas exclusións previ(...)

IX º FESTIVAL DE COMPARSAS do Concello de Valdoviño

-

O Concello de Valdoviño promove o IX º Festival de Comparsas de Antroido que se celebrará o vindeiro sábado 28 de febreiro ás 18’00 horas na carpa instalada cerca da Porta do Sol (no terreo destinado provisionalmente a aparcadoiro).

- Descarga as Bases do Concurso de Comparsas AQUÍ

- Descarga o formulario de inscrición AQUÍ

BASES QUE REXERÁN NO IXº FESTIVAL DE COMPARSAS CON MOTIVO DO ANTROIDO 2009 NO CONCELLO DE VALDOVIÑO

1- Poderán participar no IXº Festival de Comparsas do Concello(...)

PLAZAS DE INTERINIDADE PARA PROFESORES DE MÚSICA, ESPECIALIDADE PERCUSIÓN

- concertos-

Diario Oficial de Galicia martes, 27 de xaneiro de 2009 IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS Número do Dog:18 Páxina do Dog:1.781 Data da Disposición:22 de xaneiro de 2009 Sección:IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS Organismo:CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA Rango:Anuncio Título:Anuncio do 22 de xaneiro de 2009, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, polo que se comunica a apertura dun prazo para solicitar prazas de interinidades e substitucións no(...)

2008

SON D2 en Carral ( 28 de novembro na Sala The Star ás 23h)

- concertos-

Son+d2 é un trío acústico que comeza a súa andadura no 2006, e no

que unha guitarra, dúas voces e a percusión ademais de outros sons

da nosa vida cotiá mistúranse dun xeito tradicional e experimental.

Interpreta cancións de Xoán Curiel en lingua galega e tamén algunha

versión doutras músicas do mundo procurando a apertura de novos

camiños creativos para unha maior difusión da nosa lingua.

- Xoán Curiel: Voz, guitarra e percusión

- Carlos Freire: percusións

- Jara Ortiz: perc(...)

(Ultima actualizaci??21-11-2008)

Concerto Contos en Cantos. 22 de Novembro Na Biblioteca Central de Cambre

-

Como colofón á semana de exposicións e actividades na Biblioteca

Central de Cambre, o sábado 22 de novembro ás 12:00 horas

celebrarase o CONCERTO CONTOS EN CANTOS, no

Centro Sociocultural A Barcala, ao que están convidados nen@s, pais e

docentes, para disfrutar en directo da actuación da autora e intérprete

Almudena Janeiro, acompañada por músicos profesionais, os que

enfiaremos contos e cantos, nun repertorio variado que anima ao uso

da lingua galega, dun xeito natural e divertid(...)

(Ultima actualizaci??19-11-2008)

Polafía en Friol, 22 de Novembro

- concertos-

MUSEO ETNOGRÁFICO DE SAN PAIO DE NARLA

Sábado, 22 de novembro de 2008, ás 6 da tarde. Entrada libre

Coa intervención do músico ANTÓN CASTRO, Álvaro do Sixto,

“O novo Laxe” e de VECIÑAS e VECIÑOS do concello de Friol.

Colaboran :

Asociación de Mulleres Rurais "Fonte da Xonza"

Asociación Cultural "Cova da Serpe"

Rede Museística da Deputación de Lugo.

Divulgador:

Antonio Reigosa

Recitador:

Isidro Novo

Organiza.

AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega)

Pa(...)

(Ultima actualizaci??19-11-2008)

Entrevista a Antón Castro, compoñente de Fuxan Os Ventos

- concertos- Fuxan Os Ventos-

“A militancia no idioma haina que manter sexa como sexa, se é

nos escenarios mellor”

Dende o nacemento de Fuxan os Ventos nos anos setenta máis de trinta persoas pasaron pola agrupación, pero seguen mantendo a súa identidade coma o primeiro día. Unha idiosincrasia que Antón Castro, integrante do grupo, define coma un duro traballo da “musica tradicional e cos poemas de autores galegos cun transfondo reivindicativo claro”. Despois de varios anos sen actuar en directo, o pasado mes de outubro(...)

(Ultima actualizaci??13-11-2008)

Polafía en Vilamartín de Valdeorrras

- concertos-

CENTRO SOCIOCULTURAL "SANTA LUCÍA"

Sábado, 15 de novembro de 2008, ás 5 da tarde. Entrada libre

Coa intervención do músico XAVIER BLANCO e de VECIÑAS e VECIÑOS

da comarca de Valdeorras

Colaboran :

Agrupación Cultural "Abertal" / Asociación de Mulleres

Rurais "Cima de Vila" / Xornal "O Sil" e concello de Vilamartín de

Valdeorras

Divulgador:

Antonio Reigosa

Recitador:

Isidro Novo

Organiza.

AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega)

Patrocina:

Consellería de Cultura e(...)

(Ultima actualizaci??06-11-2008)

`Renovado compromiso a prol da recuperación do traxe galego´

-

Pilar Domínguez e Socorro García Conde explicaron as

características do Premio.

A Asociación do Traxe Galego convoca a XIV edición do Premio de

investigación "Antonio Fraguas" sobre o traxe tradicional galego. Este

galardón, o único destas características que existe en Galicia, supón

un importante recoñecemento a aqueles que traballan a prol da

recuperación e do coñecemento do traxe galego.

A concelleira de Cultura, Socorro García Conde, e a presidenta da

Asociación do Traxe G(...)

(Ultima actualizaci??16-10-2008)

Orella pendella | Nova web que pretende recuperar ditos, recitados e cancións infantís

- concertos-

Na lingua galega hai infinidade de ditos, recitados, cancións, etc. que

acompañaron desde hai séculos as brincadeiras dos/as nenos/as ou

as relacións entre os membros maiores da familia e os máis

pequenos.

Hoxe en día, debido ós cambios producidos nas formas de vida e nas

actividades de lecer dos rapaces e rapazas, corremos o perigo de

perder esta riqueza definitivamente. Sen rexeitar radicalmente as

novas formas de diversión e coñecemento que nos ofrecen as últimas

tecnoloxías,(...)

(Ultima actualizaci??07-10-2008)

POR FIM, OS CURSOS DA GENTALHA

- concertos-

A continuaçom mostramos a grelha de cursos que oferta o nosso

centro social. Como poderedes ver, e ante o êxito do formato

"monográfico", a gentalha optou este ano por reduzir o número de

cursos anuais e potenciar a oferta de monográficos de mais curta

duraçom. Lembrai que há rebaixas de 2 euros para as pessoas

associadas e de outros 2 para quem figer mais de um curso.

Gaita, Guitarra, Capoeira Angola, Língua e cultura galegas para

estrangeir@s, Língua Galega (Norma Agal), Pandeir(...)

(Ultima actualizaci??17-09-2008)

Os primeiros rapeiros en galego foron os regueifeiros

- concertos-

Agora que a atención se centra sobre eles, tras gañar o certame 'Nsaio no Camiño', Gael, Brais, Xurxo, Alejandro e Aitor, membros do Som do Galpom, non só teñen que compatibilizar o traballo coa música, senón tamén coas entrevistas. "E non somos nin mellores nin peores que hai dúas semanas", advirten.Información relacionadaO grupo Som do Galpom gaña o certame 'Nsaio no Camiño'De momento, o seu obxectivo será ir ga&nt(...)

2007

Xornal : ¿Cantos grupos participan na rede galega de música ao Vivo?

- aPenultima- AturuxoBar- liceum- BarrigaVerde- Crechas- Clavicembalo- filloa- garufa- Celticum-

# Comeza a actividade da rede galega de música ao vivo cun calendario anual de 870 concertos a cargo de 72 grupos.

# A Consellaría de Cultura e Clubtura pecharon a primeira programación bimestral coa participación de 57 formacións de todos os estilos en 239 recitais.

# Un total de 43 salas das catro provincias están presentes neste proxecto que ten como obxectivo a consolidación dun circuíto de difusión musical estable.

(8 de febreiro de 2007)

XORNAL I Vigo .- A nova Rede Galega de M(...)

1999

En galego xa antes de nacer - Darán a embarazadas un CD con nanas para fomentar o galego

-

Maternidades e centros de saúde, públicos e privados, entregarán no segundo trimestre da xestación un maletín ás mulleres para que non esquezan falar a súa lingua coa criatura

Lucía, Paula ou Daniel, que coinciden en galego e en castelán, son os nomes preferidos polos pais galegos para os seus fillos. Entre os máis frecuentes aparecen tamén os de Brais, Iago, Alexandre, Uxía, Iria e Antía. Esta información figura entre os elementos da campaña presentada onte pola Xunta para convencer ás nai(...)

2 comentarios

Lusos e galegos mergullan nas novas tendencias do folk - PONTEVEDRA :: La Voz de Galicia

- aCentral Folque-

Fran Pérez inicia mañá os concertos no Teatro Principal

No ciclo Trad actuarán Carmen Dor, Espido e o Trío de Artur Caldeira

Un diálogo entre a música tradicional galega e as novas tendencias do folk nalgúns países europeos. Este é a formulación da nova edición do ciclo Trad organizado polo Conservatorio Folque e o Concello, empeñados en que «hai outras vidas despois dá gaita e dá pandereita». Este ano os concertos optan por un son máis acústico, dando prioridade á guitarra e á voz

O (...)

A Academia asturiana nega que a fala do Eo-Navia sexa galego

- concertos-

Un informe sostén que a pertenza á súa familia baséase en criterios políticos e non filolóxicos.

(Xesús Fraga | redacción)«É arbitario cientificamente e é un exercicio de voluntarismo político incluír esta variedade lingüística dentro do ámbito da lingua galega». Con estas palabras a Academia de la Llingua Asturiana nega nun informe do 2006 a pertenza á familia do galego da variante falada no territorio asturiano entre o Eo e o Navia. Dende hai uns dez anos, a institución asturiana vén denunc(...)

Milladoiro publica o seu novo disco, dedicado a Manuel María

- concertos- Milladoiro-

En «Unha estrela por guía», que onte chegou ás tendas, a banda musica poemas do lugués

O vixésimo álbum do grupo será o primeiro no que todos os temas sexan vocais

* Colaboracións: Luís Tosar, Leilía y Mabel Ribera poñen a súa voz

(Firma: Ángel Varela )

Milladoiro decidiu no seu novo disco unir a súa inspiración á de Manuel María, o gran bardo lucense falecido no 2004. Onte chegou as tendas o álbum baixo o título Unha estrela por guía , composto por dez cancións e un tema denomin(...)