"Lembranzas Da Ría"
2019
Celebraremos unha xornada de portas abertas para dar a coñecer as actividades que realizamos na nosa escola con talleres de iniciación ao baile tradicional, pandeireta e percusión, gaita. Se queres iniciarte na música e baile tradicional e non te decides en que tes aquí unha oportunidade de probar para axudarte a tomar a decisión. Sábado 14 de setembro na Alameda Nova do Concello de Cangas do Morrazo Contacto: 687 487 997 Asociación Cultural Lembranzas da Ría
2018
Lembranzas da Ría (Cangas) - Curso 2018/2019 Local de ensaio de Cimadevila. Rúa do Palomar, s/n. Inicio do curso o 1 de outubro con clases de baile, gaita, canto e pandeireta, acordeón e percusión. Podedes consultar e solicitar información a través da páxina de Facebook, por teléfono (687 487 997) e correo electrónico (contacto@lembranzasdaria.com)
VII Festival Lembranzas da Ría (Cangas) Sábado día 1 de setembro na Praza da Palma de Cangas do Morrazo ás 22 h. OCT Ultreia Asociación Cultural Lembranzas da Ría Ardentía
V Festival de Música e Danza Tradicional ATURUXOS AO SON DA RÍA (CANGAS) O certame celebra a súa quinta edición coa danza e o folclore como protagonistas -Actúan Soavela, Peis D'Hos, Ximalveira, Lembranzas dá Ría e Pais de San Roque A V edición do festival de música e danza tradicional "Aturuxos ao son dá ría" arrinca o 13 de xullo cun cartel composto polas coñecidas bandas galegas Peis D'Hos, Ximalveira, a agrupación Lembranzas dá Ría e as escolas de danzas Pais de San Roque e Soavela. As actuacións terán lugar nas prazas dá Constitución, dá Palma e dás Pontes.(...)
Por Cantar e por Bailar. Festivais infantís de música e baile tradicional (Vigo) Escolas participantes CRAC de Coruxo, AC Lembranzas da Ría, ACF Tarambainas, ACF O Fiadeiro
2017
IV Serán Lembranzas da Ría en Darbo (Cangas) Sábado 21 de outubro ás 20:00h Adro da Igrexa de Darbo (Cangas do Morrazo). O día 21 de Outubro celebramos o IV Serán da A.C. Lembranzas da Ría. Coma sempre, no adro da igrexa de Darbo (Cangas do Morrazo). Comezamos ás 20:00. Vide con ganas de pasalo ben a tocar, bailar, comer e beber con nós!! Animádevos!!
Espectáculo "Festa na Vila" nas Festas do Cristo de Cangas Mércores 30 de agosto ás 22:00h Avenida de Castelao (Cangas). Lembranzas da Ría presenta este espectáculo de baile e música popular en conxunto coa Banda de Música Airiños do Morrazo de Moaña, a Escola Municipal de Artes Escénicas de Cangas, Meiramar-Axóuxeres e a Coral Lestonnac. "Festa na Vila" mostra o baile e músicas tradicionais das romarías e festas amenizadas por cuartetos de gaiteiros, charangas e bandas de música. Un percorrido dende principios do século XX ata a súa metade, on(...)
IV Aturuxos ao Son da Ría (Cangas) Venres 14 de xullo: 20:45 horas: Actuación do Grupo Lembranzas da Ría na Praza da Palma e do Grupo Ximalveira na Praza da Constitución . 21:15 horas: Segunda actuación do Grupo Lembranzas da Ría, tras un previo pasarrúas pola Rúa Méndez Núñez, cara a Praza das Pontes e do Grupo Ximalveira, tras percorrer a Rúa Eugenio Sequeiros cara a Praza da Palma para realizar a súa segunda actuación. Sábado 15 de xullo: 21:30 horas: Actuación do Grupo de Danzas Pais de San Roque na Praza(...)
Festival infantil Por cantar e por bailar en Vigo (O Fiadeiro) Sábado 8 de abril ás 17:30h ACF O Fiadeiro. R/ Xesús Fernández Nº3 Baixo. Vigo. Volve o ciclo “Por cantar e por bailar” no que participan os máis pequenos da Asociación O Fiadeiro, xunto con Lembranzas da Ría (Cangas), Crac De Coruxo (Vigo), as Agrupacións do CEIP do Hío e CEIP de San Roque (Cangas) e da ACF Tarambainas (Vigo). Desta volta imos a Vigo, cunha nova edición, onde participarán os anfitrións, a Asociación O Fiadeiro, Lembranzas da Ría, de Cangas e o grupo de baile da A(...)
2016
V festival Lembranzas Da Ría (Cangas) Sábado 3 de setembro as 21:30 no Parque de Andrea en Cangas. Actuarán Lembranzas Da Ría e o grupo Brincadeira de Santiago.
2015
Asociación Cultural Lembranzas da Ría (Cangas) Comezamos o novo curso, animate e participa nalgunha das clases que ofrecemos nas nosas escolas!
IV Festival Lembranzas da Ria (Cangas) Este sabado 22 de agosto as 22:30 estaremos nas naves de Ojea, organizando o IV festival de Lembranzas da Ría. Este ano contaremos con A Buxaina En caso de que chova o festival celebrarase no Auditorio de Cangas Estades todos/as invitados para pasalo ben
2014
IV Festa Popular de Flores Mareliñas (Chapela - Vigo) Sábado 13 de setembro na Alameda de Chapela (Vigo) Festival folclórico coas actuacións dos grupos: LEMBRANZAS DA RIA DE CANGAS ESCOLA DE BAILE E PANDEIRETA DE FROLES MARELIÑAS PANDERETEIRAS ONDIÑAS DO MENDO (EIRADO SALVATERRA) PANDERETEIRAS DE FROLES MARELIÑAS GRUPO DE COROS Y DANZAS NUESTRA SEÑORA DEL PRADO DE CIUDAD REAL FROLES MARELIÑAS DE CHAPELA Fin de festa con LUDOVAINA.
III Festival Lembranzas da Ría. Cangas Venres 22 de agosto ás 22:30h no palco instalado nas naves de Ojea, detrás do concello de Cangas. Lembranzas da Ría ACF O Fiadeiro Os Irmandiños de Vincios.
2013
2012
2014
XV festa folc de Vilariño (Cangas) Sábado 16 de agosto a partires das 22.00h. Comeza a noite cunha Muiñeira Colectiva (haberá obradoiro de baile no local social da aldea) na praia, ao son da peza composta no 2011 polo gaiteiro Anxo Gago para a aldea de Vilariño , que dará paso ao concerto folk, coas actuacións da Xistra, Os Cempés, O Sonoro Maxín e La Tarrancha Organiza A. C. O Gato Colaboran na Muiñeira Colectiva: Anxo Gago, Peis d'hos, Banda de Gaitas Tromentelo, Grupo de Danza Ximalveira, Asociación Cultural Lem(...)