"Labregos do Tempo dos Sputniks"

2018

(Ultima actualizaci??27-04-2018)

García MC & Nación Quilombo en Ferrol

- concertos-

GARCÍA MC & NACIÓN QUILOMBO Sala SUPER 8 Ferrol

VENRES 27 ABRIL 2018 22:30 H.

Froito de 20 anos como MC e sendo un dos referentes indiscutibles do rap galego, García MC (Ghamberros, Dios Ke Te Crew, Labregos do Tempo dos Sputniks) sorprende cun espectaculo innovador á fronte da Nación Quilombo, unha banda composta por 4 instrumentistas e un DJ onde se combinan os ritmos do mundo e da diversidade co hip hop e coa palabra como centro.

2017

(Ultima actualizaci??17-02-2017)

Festival A Candeloria IV (Lugo)

- concertos- festivais-

Venres 17 de febreiro ás 16:00h

A Candeloria Lugo.

Av de los Deportes, s/n, 27004 Lugo.

Lugo.

Un ano máis volvemos a presentar unha nova edición de A Candeloria Lugo, o festival da cidade das murallas. Por cuarto ano consecutivo, o festival celebrarase no 17 e 18 de febreiro de 2017 con unha chea de bandas tanto galegas como españolas e internacionais.

SOZIEDAD ALKOHOLIKA + Labregos do Tempo dos Sputniks + Rebeliom do Inframundo + Lendakaris Muertos + Talco + Desakato + Ruxe - Ru(...)

2016

(Ultima actualizaci??16-03-2016)

Festa de Sam Martinho's Day na Gentalha (Compostela)

- concertos- aPenultima- Gentalha-

Chega a festa mais sueva!

Este ano a festa será o sábado, 19 de março, na Gentalha do Pichel.

Programa:

- 16h00 Suévia FG vs. Ambilokwoi FG. Campo de futebol da Prainha (Ponte Vea). Partido de futebol gaélico da Liga Gallaecia (XI jornada)

- 17h30 Torques de Lugoslavia vs. O Condado. Campo de futebol da Prainha (Ponte Vea). Partido de futebol gaélico da Liga Gallaecia (XI jornada)

- 17h30 Torneio de tute suevo. Bar O 13 (rua Santa Clara, 13)

- 22h00 Pregom do próprio Sam Martinho de Du(...)

2014

(Ultima actualizaci??28-08-2014)

Noite dos encantos na furna, Corme

- concertos-

Venres 29 de agosto

Praia Do Osmo, Corme

Entre pitos e frautas, entre pedras e area, hoxe podemos dicir que a Noite de Encantos da Furna cumpre 15 anos. Se botamos unha ollada atrás ninguén daba un peso por este concertazo, pero orgullosos e felices este 2014 celebramos o noso 15 aniversario.

Como xa sabes este evento festéxase no pobo mariñeiro de Corme, unha gran vila da Costa da Morte. Para chegar o concerto da Noite de Encantos debes de camiñar pola praia do Osmo, atoparaste cunha p(...)

(Ultima actualizaci??25-07-2014)

Festival AntrosPinos (Taragoña - Rianxo)

- concertos- festivais-

-Habelas Hainas

-Leo Arremecághona

-The Lakazans

-Labregos do Tempo dos Sputniks

-Noite Fechada

-La Tarrancha

-Kayo Malayo

-Cuchufellos

-Capitan Tifus

-Fügu

-Sonido Vegetal

-Familia Caamagno

-Caiman do Río Tea

-De la Cruz Show

-Cé Orquesta Pantasma

-Ivan Dz

-Bigote Mix

-Hadri H

2013

(Ultima actualizaci??14-12-2013)

Concerto de Garcia Mc na Sala A Reserva (Carballo)

- concertos-

Sábado 14 de Decembro, ás 23h

Garcí­a Mc (Ghamberros, Dios Ke Te Crew, Labregos do Tempo dos Sputniks...) está a presentar o seu "Abaixo e De Pé" (Vir.) un traballo no que amosa amor e rabia, unha mirada rebelde e zapatista que conduce a través dos ciclos naturais: a expresión das loitas de abaixo, as apegadas á terra. Será este un concerto de ritmo e oralidade, no que camiñaremos por Ordes, o Bronx ou a Selva Lacandona, acompañado por DJ Mil, todo desde un posicionamento claro: Abaixo, e de pé(...)

(Ultima actualizaci??21-09-2013)

A Rebusca de Outono (Manzaneda - Ourense

- concertos-

Sábado 23 de Novembro

Labregos do Tempo dos Sputniks, Liviao de Marrao, Güintervan, Tiruleque, Maskarpone,..

(Ultima actualizaci??18-07-2013)

II FESTIVAL DO POVO

- concertos-

Mércores, 24 de Xullo, na dársena da Salle (Compostela)

(Ultima actualizaci??22-04-2013)

Labregos do Tempo dos Sputniks no C.S. En Pé (Pontevedra)

- concertos- Labregos do Tempo dos Sputniks- Revira- En Pé-

Labregos do Tempo dos Sputniks actuaram no Centro Social En Pé no marco das actividades polo 25 de abril que organiza a Associaçom Cultural Revira

Ao rematar haberá unha pinchada de música galega e portuguesa. Teremos bocadillos para poder cear.

Ven a cear con nos e desfrutar dun gran concerto e ao rematar este a desfrutar desa música que non atoparás en ningun outro lugar.

Donativo 4€.

2012

(Ultima actualizaci??27-07-2012)

Olimpiada Rurais - Cool Meira

- concertos- Labregos do tempo dos Sputniks- Terbutalina-

Sábado 28 de xullo no Parque de Meira – Lugo

Coas actuacións de Labregos do tempo dos Sputniks, Terbutalina,..

Coa organización de Expresións Espontáneas 5.0 a Asociación Cultural Eme de Meira pretende poñer en marcha un novo evento multiartístico, que involucre á xente da vila de Meira e arredores, ofrecendo unha alternativa de ocio estival para a poboación do concello e arredores, especialmente para a xente nova pero tamén para todo o público, incluso familiar, a través do desenvolvemento (...)

(Ultima actualizaci??18-07-2012)

Festival 27373 en Begonte

- concertos- Guezos- Labregos do Tempo dos Sputniks- festivais-

O vindeiro sábado 21 de Xullo terá lugar no Clube Fluvial de Begonte o Festival 27373, da man da Asociación Cultural Castiñeiro Milenario; o primeiro que organiza esta asociación cumplindo deste xeito un dos proxectos mais desexados dende a súa fundación.

O festival celebrarase durante todo o día, con servizo de polbo e churrasco pra poder comer no mesmo recinto, e ten a intención de dar cabida a público de tóda-las idades.

Así comezará pola mañá, a partires das 11:30, atendendo aos máis pe(...)

"Leo & Arremecaghona`s + Os Labregos do tempo dos Sputniks"e "Os Codias" no FURANCHO MALAHERBA

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??23-03-2012)

- concertos- Malaherba- Matamáfolk-

23:00 H. no Furancho Malaherba(Praza de San Mauro; Matamá-Vigo).Gran noite nos agarda: comezará o Leo con Arramecaghona´s Produccions para continuar despois xunto con Gharcia(DKTC) e Silverio(Xenreira) cos:LABREGOS DO TEMPO DOS SPUTNIKS, por primeira vez no furancho Malaherba!!, despois ....

E o sábado visitannos o grupo de folc OS CODIAS. Festaaa!!

2011

(Ultima actualizaci??16-09-2011)

As festas de San Froilán apostan pola Música Galega

- concertos- Xose Manuel Budiño- Berrogüetto- Treixadura- Uxía Senlle- Lamatumbá- Os Cempés- Dios Ke Te Crew- Tino Baz- Miro Casabella- San Froilán- aPenultima- Clavicembalo-

Máis de 15 grupos galegos actuarán nas festas de San Froilán, do 4 ao 12 de Outubro. Aquí tedes un adianto do que se presenta coma o maior Festival de música galega deste ano na Galiza:

Martes 4FESTIVAL MÚSICA DE NOSO

Praza de Campo Castelo

Cabraret, Labregos do Tempo dos Sputniks e Medomedá

Mercores 5Praza de Santa María

Xose Manuel Budiño con Kepa Junkera

Xoves 6Praza de Santa María

Os Cempés

Venres 7Praza da Horta do Seminario

Berrogüetto

Sabado 8(...)

1 comentario

(Ultima actualizaci??14-07-2011)

Revenidas 2011

- concertos- Revenidas- Quempallou- Leo i Arremecaghoná- Medomedá- Labregos do Tempo dos Sputniks-

Revenidas é unha idea orixinal e innovadora. Recuperando unha celebración histórica (festa das sardiñas revenidas),perdida dende a guerra civil, mesturando a exaltación gastronómica da sardiña cun festival de música, arte e animación galega e alternativa.

Mestura explosiva entre o bo comer, a mellor música e a satisfacción de ser galegos, tomo remexido e enriquecido cun bo viño e un chisco de licor café.

O festival quere aportar o seu puñado de area para a definitiva

normalización da cultura (...)

2010

(Ultima actualizaci??09-09-2010)

5º Aniversario d'Arrincadeira!!!

- Festa- Arrincadeira- Ataque Escampe- Labregos do tempo dos Sputniks- Sorcha-

O próximo sábado día 11 de setembro estades tod@s convidad@s ó aniversario d'Arrincadeira!!!

Cea popular, palestra musical, concertos e moita festa!!!!

(Ultima actualizaci??01-09-2010)

XXIV Festival de Poesía do Condado

- concertos- Festival da Poesí­a no Condado- De outra margem- Uxía Senlle- Os Tres Trebons- festivais-

O Festival da Poesia pretende cada ano unir festa e reivindicaçom, escolhendo sempre um lema que centre as inquedanças do colectivo. 'Língua e serviços em mao comum' centra nos ataques à língua e no retrocesso dos serviços públicos umha preocupaçom general polo incremento contínuo das agressons contra todo o que suponha património popular, contra todo o público e galego. Desestruturaçom da sanidade pública, relegaçom do ensino público frente ao potenciamento do privado,(...)

(Ultima actualizaci??29-01-2010)

1º CONCERTO DA II CARAVANA REIVINDICATIVA DE GALIZA NON SE VENDE

- Galiza Non se Vende-

Galiza Non Se Vende sae de novo á rua coa II Caravana de concertos e actividades por cidades e vilas galegas. O primeiro concerto, o de presentación da Caravana, será en Vigo, o Sábado 30 de Xaneiro ás 22:30 na Sala Farándula (Prza. de Portugal).

Actuarán:

Labregos do tempo dos sputniks (García MC (DKTC) máis Leo i Arremecághona)

Abobriga (Música tradicional / contemporánea)

Assircópatas (Teatro e circo)

Colaboración 2 Euros

Esta Caravana rematará o 21 de Marzo, cunha grande manifest(...)

2008

(Ultima actualizaci??29-10-2008)

Labregos do tempo dos Sputniks o 1 de Novembro na Esmorga (Ourense)

- concertos-

A Esmorga

Rua Telheira, 9 [Zona Universitária]

Ourense