"Kin García"

2019

(Ultima actualizaci??08-02-2019)

Músicas Mesturadas en Lugo

- concertos-

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, presentou este xoves, no patio do Vello Cárcere, a segunda edición dunha proposta cultural que o pasado ano colleitou moito éxito: o ciclo Músicas Mesturadas. Trátase de 10 actuacións de música de fusión singulares que terán lugar neste centro cultural dende xaneiro a xuño, cuxa asistencia é totalmente de balde, ata completar cabida.

Carmen Basadre fixo énfase na programación deste ano, que contempla 6 cita(...)

2015

(Ultima actualizaci??30-10-2015)

Talabarte e Xandobela. Fin de semana en Liñares (Prado - Lalín)

- concertos-

30 e 31 de outubro no Museo da Marioneta de Lalín

-Venres 30 ás 20:30 Concerto de Talabarte (Quin Fariña, Pedro Pascual, Kin García). Donativo 5€

Talabarte ofrece este venres 30 un concerto no Mueso da Marioneta de Lalín, no que adiantará temas do seu próximo traballo. O novo disco que prepara o trío formado por Quim Farinha, Kin García e Pedro Pascual será lanzado a comezos de 2016, pero durante a súa xira de verán xa adiantaron algúns temas que se poderán escoitar tamén neste concert(...)

(Ultima actualizaci??02-09-2015)

Davide Salvado - concerto presentación LOBOS en Compostela

- concertos-

Martes, 15 de setembro ás 20:30 no Teatro Principal

BANDA: Santi Cribeiro, Carlos Freire, Pablo Dalama e Cibrán Seixo.

CONVIDADOS: TALABARTE (Pedro Pascual, Quim Farinha e Kin García)

Entradas: 8€/10€ á venda na billeteira do Teatro Principal.

Reservas en lunedaproducions@gmail.com

2014

(Ultima actualizaci??18-11-2014)

TALABARTE na Casa Das Crechas (Xoves 20/Nov)

- concertos- Talabarte- Crechas- Quim Farinha- Pedro Pascual- Kin García-

TALABARTE estará este xoves 20 de novembro na Casa das Crechas

Un novo concepto de formación en Galicia, estrictamente acústico e baseado na música tradicional.

Neste proxecto únense tres músicos indispensables dentro da escea musical galega, o violino de Quim Farinha, o acordeón diatónico de Pedro Pascual e o contrabaixo de Kin García. Xuntos propoñen unha viaxe a través das músicas populares de Galicia e de outras latitude(...)

(Ultima actualizaci??31-10-2014)

Novembro na Casa das Crechas (Compostela)

- concertos- aPenultima- Crechas-

Todos os domingos de novembro, concerto de Sumrrá nas Crechas

Sumrrá (jazz) - Domingos de novembro: 2, 9, 16, 23 e 30 ás 21:00

Ademais, haberá destacados concertos, como o de Caxade, Aldao/Lado, Talabarte e Claudio H.

Haberá tamén unha Foliada coa Banda das Crechas, Cata de Libros e Viños Galegos e celebraremos o Magosto

Domingos de novembro: 2, 9, 16, 23 e 30 ás 21:00

DOMINGOS CON SUMRRÁ EN CONCERTO

Sumrrá é un trío galego formado polo pianista Manuel Gutiérrez, o contrabaixist(...)

(Ultima actualizaci??07-03-2014)

Talabarte no Clavicembalo (Lugo)

- concertos- aPenultima- Clavicembalo-

Venres 7 de Marzo

Talabarte | Música tradicional contemporánea

Quim Farinha: violín; Pedro Pascual: acordeón diatónico; Kin García: contrabaixo

Un novo concepto de formación en Galicia, estritamente acústico e baseado na música tradicional... Xuntos, propoñen unha viaxe a través das músicas populares de Galicia e de outras latitudes. O repertorio complétase con composicións propias. Todo isto aliñado con distintos enfoques estéticos que van desde a linguaxe do jazz, pasando polo tango, ata(...)

(Ultima actualizaci??16-02-2014)

Talabarte en Compostela

- concertos- Talabarte- aPenultima- Ultramarinos-

Este Mércores 19 de Febreiro, no Ultramarinos, a partires das 22:30, actuación de Talabarte (Quim Farinha, Pedro Pascual e Kin García)

2011

(Ultima actualizaci??06-07-2011)

Talabarte presenta disco

- concertos- Talabarte-

Quim Farinha, Pedro Pascual e Kin Garcia -TALABARTE- a editorial que saca o disco -FOL MUSICA- e a  productora do grupo, Non Si Servizos Culturais, organizan para este Mercores 6 de Xullo ás 12:30 h no Hotel Costa Vella (R/ Porta da Pena, 17) de Santiago o novo disco da banda. Talabarte falara do seu novo traballo e ofrecerán un pequeno concerto acustico.TALABARTE é un novo concepto de formación en Galicia, estritamente acústico e baseado na música tradicional contemporánea. Neste proxecto (...)

(Ultima actualizaci??16-06-2011)

Novo proxecto de música tradicional contemporánea: Talabarte

- concertos-

TALABARTE é un novo concepto de formación en Galicia, estritamente acústico e baseado na música tradicional contemporánea.

Neste proxecto únense tres músicos veteranos e indispensables dentro da escena musical galega: o violín de Quim Farinha (Berrogüetto) , o acordeón diatónico de Pedro Pascual (Marful) e o contrabaixo de Kin García (Susana Seivane).

Este é o seu primeiro álbum, un traballo que respira frescura, de factura impecable, cheo de matices e de arranxos imaxinativos. O conxunto (...)

1999

A Xunta elixe as 50 mellores pezas da música galega

-

20/01/2007

(Firma: Concha Pino | Lugar: santiago)

A calidade musical e ter un disco editado foron os criterios de base para reunir aos 50 grupos e solistas representativos da realidade musical galega, sen exclusións idiomáticas nin de estilo para levar á feira Midem unha visión panorámica da música feita en Galicia baixo a marca GalicianTunes. A marca foi creada para a Midem, pero desaparecerá no momento que a Consellería de Cultura teña desenvolvida a que van usar para a proxección internacio(...)

2 comentarios