"Incio"

(Ultima actualizaci??23-08-2019)

XVII edición do Festival Terra Brava (O Incio)

- concertos-

Sábado 24 de agosto

Sesión Vermú e Tarde con Os Searas e Cé Orquesta Pantasma

Á noite concertos de

Nao

Korrontzi

Tecor Societário

Xerezade

(Ultima actualizaci??03-07-2019)

Adianto da programación Festival Terra Brava (O Incio)

- concertos- festivais- Terra Brava- Nao Galiza- Cé Orquestra Pantasma- Tercor Societário-

NAO Galiza, Cé Orquestra Pantasma e Tecor Societário son os primeiros grupos confirmados para o festival TERRA BRAVA que este ano se celebrará o sábado 24 de Agosto

(Ultima actualizaci??19-06-2019)

Obradoiro de Carballesa en Lugo

- concertos-

Xoves 27 de xuño ás 20h

Organiza: OxeitO

Aprende a bailar esta variante de muiñeira da man de Xabier Iglesias. Teorí­a e práctica de este baile, puntos de O Caurel e O Incio, estructura e melodí­as. 10€ xeral 5€ alumnado de Oxeito

2018

Volta e Dalle en Vincios

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??28-12-2018)

- concertos-

Sábado 29 de nadal ás 20h no Centro Cultural

Para rematar ben o ano!! achegámonos ata a nosa segunda casa... Vincios!!!! non volo perdades, teremos algunha sorpresa!!!!

(Ultima actualizaci??24-08-2018)

XVI edición do Festival Terra Brava (O Incio)

- concertos- festivais-

Sabado 25 de agosto

Sesión vermú e sesión de tarde a cargo dos grupos Balkan Paradise Orchestra e as Vikingas. E a partir das 21:00 horas, actuación dos grupos Faiscas da Pontagra, BÖJ, Ruxe Ruxe e Vacalouras

(Ultima actualizaci??12-05-2018)

II Cantos de Taberna do Incio

- Festa-

Sábado 12 de maio a partires das 18h

2017

(Ultima actualizaci??10-11-2017)

Os Contos de Joselín en Narón

- concertos-

Domingo 12 de novembro ás 19:00h

Padroado de Cultura Concello de Narón.

Rúa Holanda s/n.

Narón.

Historias de mortos, de caciques, de curas, de personaxes singulares...

Baseado no libro "Os Contos de Joselín". Primeiros documentos sonoros do teatro galego ( 1929 - 1954 ).

Un espectáculo que fai estalar o riso en tódas as xeracións, dos maiores aos máis pequenos, sen distinción.

"Os Contos de Joselín" é un espectáculo que ten contadores - e cantadores - de luxo: Quico Cadaval (...)

(Ultima actualizaci??13-10-2017)

SES en Rianxo

- concertos- María Xosé Silvar (Sés)-

SES e toda a súa banda ao completo en concerto na Sala "Arcos Moldes" do Auditorio de Rianxo, presentando o seu cuarto disco "Opoñerse á extinción".

Sábado 14 de Outubro ás 21:00h

Entradas en ticketea

(Ultima actualizaci??20-05-2017)

Cantos de Taberna no Incio

- Festa-

Sábado 20 de maio a partires das 17h

(Ultima actualizaci??20-05-2017)

SES nas Festas de Santa Rita de Vilagarcía

- concertos- Sanjurjo & Dopico- María Xosé Silvar (Sés)-

Sábado 20 de maio ás 21:30h

Parque da Xunqueira, Villagarcia de Arosa.

19 Rúa García Caamaño.

Vilagarcía de Arousa.

Concerto de SES, coa banda ao completo, presentando o séu novo traballo "Opoñerse á extinción"

Compartiá escenario con Sanjurjo & Dopico

Entrada de balde

(Ultima actualizaci??08-04-2017)

SES en Compostela

- concertos- María Xosé Silvar (Sés)-

Sábado 8 de abril ás 21:00h

Auditorio de Galicia.

Avenida do Burgo das Nacións.

Santiago de Compostela.

SES estará o vindeiro sábado 8 de abril presentando o seu novo traballo "Opoñerse á extinción" no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela.

Nunca se foi, pero xa volve SES, rebosante de enerxía cun novo disco baixo o brazo. Chámase "Opoñerse á extinción" e está na rúa dende o pasado mes de decembro, con doce temas que arrecenden á cantora bergantiñana en cada acorde.

Op(...)

(Ultima actualizaci??16-03-2017)

SES en Madrid

- María Xosé Silvar (Sés)-

Sábado 18 de marzo ás 21:00h

Sala Galileo Galilei.

C/ Galileo, 100.

Madrid.

SES presenta o seu novo traballo "OPOÑERSE Á EXTINCIÓN"

SES volta a Madrid a presentar o seu cuarto traballo discográfico, "OPOÑERSE Á EXTINCIÓN". O concerto terá lugar o vindeiro sábado 18 de Marzo na Sala Galileo Galilei e con toda a banda ao completo.

(Ultima actualizaci??03-03-2017)

SES en Donosti

- concertos- María Xosé Silvar (Sés)-

Venres 3 de marzo ás 22:30h

Pagoa Kafe Antzokia. Oiartzun.

Pagoaldea,7 Ergoien auzoa, Oiartzun.

Donostia-San Sebastián.

SES presenta ao vivo "OPOÑERSE Á EXTINCIÓN", o seu cuarto traballo discográfico. Compartirá escenario con MoonShakers Band

(Ultima actualizaci??17-02-2017)

SES en Burela

- concertos- María Xosé Silvar (Sés)-

Sábado 18 de febreiro ás 21:00h

Auditorio da Casa da Cultura de Burela.

Pardo Bazán nº 6.

Burela.

Concerto presentación de "OPOÑERSE Á EXTINCIÓN", cuarto traballo discográfico de SES

(Ultima actualizaci??07-02-2017)

SES en Pontevedra

- concertos- María Xosé Silvar (Sés)-

Sábado 11 de febreiro ás 21:00h

Pazo da Cultura de Pontevedra.

Rúa Alexandre Bóveda.

Pontevedra.

Concerto de presentación de "OPOÑERSE Á EXTINCIÓN", cuarto traballo discográfico de SES.

(Ultima actualizaci??02-02-2017)

SES no Auditorio Mar de Vigo

- concertos- María Xosé Silvar (Sés)-

Sábado 4 de febreiro ás 21:00h

Auditorio Mar de Vigo.

avenida da beiramar.

Vigo.

Concerto presentación de "OPOÑERSE Á EXTINCIÓN", cuarto traballo discográfico de SES

(Ultima actualizaci??23-01-2017)

SES en Ourense

- concertos- María Xosé Silvar (Sés)-

Sábado 28 de xaneiro ás 20:30h

Teatro Principal de Ourense.

C/ De La Paz 9.

Ourense.

Concerto de presentación de "OPOÑERSE Á EXTINCIÓN", cuarto traballo discográfico de SES

(Ultima actualizaci??13-01-2017)

SES en Narón

- concertos- María Xosé Silvar (Sés)-

Sábado 14 de xaneiro ás 20:00h

Pazo da Cultura de Narón.

Rúa Holanda.

Narón.

SES presenta ao vivo o seu cuarto traballo discográfico, "Opoñerse á extinción" Toda a info en www.ses.gal

2016

(Ultima actualizaci??30-12-2016)

Os Carunchos en Vincios (Gondomar)

- concertos-

Venres 30 de decembro ás 21:00h

Cafeteria Centro Cultural Vincios.

Vincios Piñeiro, S/N.

Gondomar.

Concerto presentación do sexto traballo discográfico de OS CARUNCHOS titulado CANTARES.

Terá Lugar o vindeiro 30 de decembro no CENTRO CULTURAL de VINCIOS (GONDOMAR)

(Ultima actualizaci??03-12-2016)

SES no Culturgal | Sinatura de discos

- concertos- María Xosé Silvar (Sés)-

Domingo 4 de decembro ás 17:00h

Culturgal Feira Industrias Culturais.

Pazo da Cultura de Pontevedra.

Pontevedra.

Este domingo SES estará asinando exemplares de 'Opoñerse á extinción' a partir das 17:00h no stand 39 de CUNDE no Culturgal Feira Industrias Culturais,

(Ultima actualizaci??26-08-2016)

XIV Festival Terra Brava (O Incio)

- concertos- festivais-

Sábado 27 de agosto

Alén de Ancos

Korrontzi

Cuchufellos

Sigelpa

2015

(Ultima actualizaci??26-11-2015)

I Memorial Secundino Perez Sanromán en Nigrán

- concertos-

Un ano despois do seu falecemento, a Asociación de Veciños O Castro e a Comunidade de Montes en Man Común de Chandebrito organizan o I Memorial Secundino Pérez Sanromán, veciño da parroquia e un referente na música tradicional do Val Miñor.

Participarán os grupos Ardelume de Baíña, Breogán Valle Miñor de A Ramallosa, A Merced de Chaín, O Castro de Chandebrito, Novos Aires de Couso, Ecos e Agarimos de Peitieiros, Algarada de Priegue e Aires de Santes de Vincios.

O evento celebrarase este (...)

(Ultima actualizaci??10-09-2015)

100 Aniversario Eferro (Viladecruces)

- concertos-

Sábado 19 de setembro

No taller, de 12h a 19h

- Home Orquestra

- Ruadeiras de Loimil

- As Subelas

- Sanjurjo and do Pico

- Raigañas de Cerqueda

- Viravolta títeres

- Isabel Risco

- Aldomir

- Cantata vernácula

- Os fondaos do pífaro

No ría, ás 20h

- Odaiko

- Bouba

- Sés

- Carapaus

Recollida de zapatos usados para doar aos servicios sociais dos concellos de Vila de Cruces, Mondariz, As Neves e ASOLPA Paradanta

Elena Ferro é a terceira xeración de zoqueiros da súa familia.(...)

(Ultima actualizaci??10-09-2015)

Clases de Baile na Avv Galiñeiro de Vincios (Vigo)

- concertos-

A partires de outubro no Centro Cultural de Vincios

(Ultima actualizaci??10-09-2015)

IV Festa d@ soci@ e d@ veciñ@ (Vincios, Vigo)

- concertos-

Domingo 13 de setembro na Área Recreativa do Centro Cultural de Vincios

Evento é aberto a todos os veciños e veciñas da comarca que queiran pasar polo mesmo. Queremos agradecer tamén a todos os grupos da parroquia de Vincios que participan no evento pola súa colaboración ca Asociación de Veciños "Galiñeiro" de Vincios.

11:00 h. Charanga Vai de Baile

11:30 h. Os Alegres do Val Miñor

12:15 h. Coro Tradicional Cantares do Brión

13:15 h. Grupo de Gaitas “Aires de Santes”, Grupo de Baile Fr(...)

(Ultima actualizaci??28-08-2015)

XIII Festival Terra Brava (O Incio)

- concertos- festivais-

Sábado 29 de agosto

12:30 - Sesión vermouth co grupo Ad heyra liti

14:00 - Xantar do Terra brava

Toda a tarde amenizada con xogos para maiores e nenos e música

20:00 - Actuación do Dúo Aldaolado

22:00 - Comezo dos concertos

1°- Habelas hainas

2°- Korrontzi

3°- Liviao de marrao

4°- Nao

E despois foliada ata que o corpo aguante!

(Ultima actualizaci??28-08-2015)

I Festival "Sons na Cortiña" (San Sadurniño)

- concertos-

Sábado, 29 de agosto ás 22:30

Lugar da Cortiña, San Sadurniño (Ao pé do Río Xubia)

Para pechar unha intensa xornada de posta en valor do rural e do deporte solidario deberemos voltar á beira do Xubia. E é que a partir das 22.00h. se vai celebrar no lugar da Feira Rural o primeiro festival de música "Sons na Cortiña".

Trátase dunha cita aberta a todos os públicos -aínda que pensada para a xente nova- enmarcada na programación de lecer impulsada polo departamento de Mocidade. A entrada(...)

(Ultima actualizaci??04-03-2015)

IV encontro de coros tradicionais Cantares no Miñor (Vigo)

- concertos- Toxos e Froles-

Cantares do Miñor, o Encontro de Coros Tradicionais celebrará a súa cuarta edición en Vigo. Será este sábado 7 de marzo, no auditorio do teatro García Barbón, coa entrada de balde. Cantares de Brión, con sede en Vincios, é a agrupación organizadora do evento: “Aínda que esta é unha comarca cunha forte tradición coral, o que non se dá son os coros tradicionais galegos, algo que espallou polo resto de Galicia coa Rexurdimento”, sinala Xosé Crego, presidente da Cantares e quen apunta como ao Orfeó(...)

2014

(Ultima actualizaci??22-08-2014)

Festival Terra Brava en O Incio

- concertos- Quempallou- festivais-

Sábado 24 de agosto en O Incio

- Airiños da Freba

- Quempallou

- Os Diplomáticos de Monte Alto

- O Caimán do Río Tea

Mircromina Títeres e II Aberto de Billarda

(Ultima actualizaci??22-08-2014)

III Festival Lembranzas da Ría. Cangas

- concertos- Lembranzas da Ría- Os Irmandiños de Vincios- O Fiadeiro-

Venres 22 de agosto ás 22:30h no palco instalado nas naves de Ojea, detrás do concello de Cangas.

Lembranzas da Ría

ACF O Fiadeiro

Os Irmandiños de Vincios.

2013

(Ultima actualizaci??28-01-2013)

Nace a Federación Galega de Festivais

- concertos-

Excelentes novas dende Compostela. O pasado sábado 26 de xaneiro constituíuse a Federación Galega de Festivais.

15 asociacións sen ánimo de lucro, organizadoras todas elas de festivais de música na Galiza, que deciden xuntar esforzos para optimizar os seus recursos e garantir a supervivencia da rede de festivais que ao longo de todo o ano serve de altofalante á música do país.

A Federación Galega de Festivais nace co obxectivo de promocionar a música do país e a organización de concertos (...)

2012

(Ultima actualizaci??04-09-2012)

Actividades 2012-2013 da A.C. Xacarandaina

- concertos- Xacarandaina-

Descargar PDF - tríptico

A escola conta con actividades de todo tipo e para todas as idades. Do eido do folclore galego impártense clases de baile tradicional galego, gaita, pandeireta e canto. Tamén acordeón, percusión e clarinete. Do eido das artes plásticas ofrécense clases de debuxo, pastel, óleo e acuarela; e outras actividades como bailes latinos e salón; ximnasia de mantemento, encaixe de bolillos e guitarra. As actividades son para todos os públicos, desde os 3 anos en diante. Para n(...)

2014

(Ultima actualizaci??07-08-2014)

Os Chichisos organizan unha nova edición de Campás e Campaneiros

- concertos-

Domingo 17 de agosto de 2014

IGREXA DE SAN MARTIÑO DE LAIOSA, O INCIO, LUGO

- 10.30 Comezo da demostración dos toques das campás por, José

Antonio González Gómez e Ricardo Casas Rodríguez, campaneiros de San Martiño de Laiosa.

- 12.00 Campanario aberto aos asistentes que desexen tocar as campás.

- 12.30 Presentación do libro “As Campás Galegas. Fundicións” de Celso García Alonso, na Igrexa de San Martiño de Laiosa.

- 14.00 Xantar nas Teixugueiras, Laiosa coa actuación dos(...)

(Ultima actualizaci??10-03-2014)

Os Irmandiños de Vincios en A Guarda

- concertos-

Sábado 15 de marzo, ás 23h no Restaurante Arruaz

(Ultima actualizaci??22-02-2014)

Os Carunchos no Bar Montevideo (Vincios)

- concertos-

Sábado 22 de Febreiro

Ven a disfrutar de unha noite de festa tí­pica galega con boa música, bo viño, bo licor-café...e sobre todo boa xente. Esperámoste!

(Ultima actualizaci??31-01-2014)

Concerto de Os Irmandiños de Vincios

- concertos-

Venres 31 de Xaneiro no Bar Montevideo (Vincios - Vigo)

2013

(Ultima actualizaci??08-11-2013)

Magosto-Serán en Vincios (Gondomar)

- Festa-

DOMINGO, 10 DE NOVEMBRO

Magosto – Serán

Organizado por Asociación Pica na Pedra e Asociación de Veciños “Galiñeiro” de Vincios.

A partir das 13 horas, o Restaurante Moisés terá a venda comida: Polbo, empanadas e xamón asado.

E a partir das 16 horas, comezo do magosto - serán.

Haberá castañas, viño, bocadiños de chourizo e chocolate para todos os asistentes.

(Ultima actualizaci??04-10-2013)

Domingo 6 de outubro as 12:00 na Alameda de Santiago: “Por unha Galiza sen lumes, por un rural con futuro”

- concertos-

O día 11 de setembro declarouse un incendio intencionado que destruiu por completo o Monte Pindo, Olimpo Celta e monte sacro dos/as nosos/as antergos/as, puxo en perigo vidas e fogares, acabou con explotacións agrogandeiras, e fixo inútil o inxente esforzo de extinción. Este é o paradigma de que os incendios non só teñen a súa orixe no misto que o prende senón en anos e anos de desleixo e políticas desenfocadas, pois non só estamos ante a perda ecolóxica dun dos montes máis emblemáticos do País,(...)

(Ultima actualizaci??03-10-2013)

XV Mostra de Música Tradicional do Domingo das Mozas - Lugo

- concertos-

O vindeiro 6 de outubro - Domingo das Mozas, dentro da programación do San Froilán, Lugo volverá a acoller a que será a XV edición da Mostra de Música Tradicional, organizada pola  Asociación de Gaiteiros Galegos grazas ao interese e colaboración da Concellerí­a de Cultura do Concello de Lugo.

Lugo será de novo referencia en toda Galicia demostrando que a nosa música tradicional pode ser a protagonista da festa na rúa.

A mostra contará cos seguintes grupos:

Arume - (Boiro) A Coruña

(...)

(Ultima actualizaci??28-09-2013)

San Froilán 2013 | do 4 ao 12 de outubro - Lugo

- concertos-

Resumo da programación (podedes consultala completa aqui)

Venres 4 de Outubro

19:00 h. Pasarrúas de música tradicional galega do grupo Cantareiros as Regas palas Gándaras, Sagrado Corazón, barrio da Estación, praza do Cantiño e rúa San Pedro.

21:30 h. Concerto de Heredeiros da Crus na praza Horta do Seminario.

24:00 h. Pasarrúas dos Festicultores pola zona dos viños

Sábado 5 de Outubro

12:00 h. Pasarrúas de música tradicional galega do grupo de gaitas e baile Airiños de Orbazai po(...)

(Ultima actualizaci??12-08-2013)

As Nosas Músicas 2013 - Couso (A Estrada)

- concertos- As nosas músicas- Retrouso- Ghusto do Boi- Quempallou- Zurrumalla- Vai de Roda-

14 agosto en Sequeiró, Couso

XVIII Edición de As nosas músicas, con Obradoiros, Actividades e Actuacións musicais

PROGRAMA:

OBRADOIROS16:30-19:00  INTERPRETACIÓN DA MÚSICA TRADICIONAL GALEGA: CANTO E PERCUSION (con Davide Salvado)18:30-21:00  PERCUSIÓN MIÚDA: TARRAÑOLAS, CULLERES, CUNCHAS ... (con Chuco Estévez)Só hai 15 prazas por obradoiro, a un prezo de 12 €. Inscricións aquí

ACTIVIDADES (acceso libre e(...)

(Ultima actualizaci??12-08-2013)

II Festival Lembranzas da Rí­a (Cangas)

- concertos-

Venres, 16 de Agosto de 2013, a partires das 22:30

Naves de Ojea (detrás do concello de Cangas)

Trébede (Marín)

Os Irmandiños de Vincios (Gondomar)

Lembranzas da Ría (Cangas)

(Ultima actualizaci??10-08-2013)

Festival Terra Brava (O Incio)

- concertos- festivais-

Domingo 25 de Agosto

A Turre's Band

Arandela

Banda Fura Fura

Ruxe-Ruxe

(Ultima actualizaci??30-07-2013)

Festival 27373 | Festival de música en galego de Begonte (10 de Agosto)

- concertos- Os Minhotos- Guezos- Zënzar- festivais-

Abrirán os lucenses os minhotos que verán a presentar o seu magnífico primeiro disco, Pinga d’auga. O grupo ourensán guezos e a súa mestura de folk, rock e outros estilos repetirán despois da grande actuación do ano pasado. Para rematar por todo o alto, os míticos zënzar que nos visitarán na súa xira de 25 anos. ¡25 anos! defendendo o rock en galego, case nada.

(Ultima actualizaci??15-06-2013)

I Festival de música tradicional Xuntanza (Tui)

- concertos- Cántigas da Terra-

O sábado 15 no Teatro da Área Panorámica.

Ás 18:30 pasarrúas de diferentes grupos polas rúas de Tui

Ás 20 h actuacións de:

- Xuntanza (Randufe)

- Froito Novo (Melide)

- Cántigas da Terra (A Coruña)

- Coro Tradicional Cantares de Brión (Vincios)

(Ultima actualizaci??25-05-2013)

Homenaxe a Rosalí­a de Castro enVigo

- concertos-

Na mañá do domingo, 26 de maio, no Casco Vello de Vigo desenvolverase unha xornada de homenaxe floral e musical con motivo de se cumpriren os 150 anos da publicación da obra Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro.

Desde primeira hora, elaboración dunha alfombra floral.

A partir das 12,00 horas desenvolveranse varias actuacións de grupos de gaitas e de baile tradicional.

Ás 13,00 horas, na Praza de Almeida, acto oficial e intervención do Coro Tradicional Cantares do Brión (Vincios-Gondo(...)

(Ultima actualizaci??18-01-2013)

II Encontro de Coros Tradicionais, CANTARES NO MIÑOR

- concertos- Coral de Ruada- Cantares do Brión-

Sábado, 26 de xaneiro, ás 20,00 horas, en Baiona, no Auditorio Municipal Quinto Centenario.

Presenta: Leo de Matamá.

Actuación da Coral De Ruada, de Ourense, e do Coro Tradicional Cantares do Brión, con sede no Centro Cultural de Vincios (Gondomar).

Se no I Encontro acudiu ao Val Miñor o coro Cantigas e Agarimos, de Santiago de Compostela, nesta ocasión será a tamén histórica agrupación Coral De Ruada quen nos visite. En 2011 foi Cántigas da Terra, da Coruña, quen estivo na presentación(...)

2012

(Ultima actualizaci??29-11-2012)

Culturgal 2012 (Pontevedra)

- concertos-

PROGRAMACIÓN MUSICAL

O Pazo da Cultura de Pontevedra converterase a próxima fin de semana nunha sala de concertos permanente, na que haberá 18 actuacións en directo e 13 presentacións máis relacionadas coa industrias da música. O Culturgal será a pista de lanzamento de novas bandas e grupos, de festivais, de discos e de iniciativas conxuntas entre artistas de distintas procedencias e disciplinas, como a literatura ou o audiovisual. Ademais, a Fundación de Autor celebrará na Feira das Industri(...)

(Ultima actualizaci??15-11-2012)

Presentación do disco «Monte Galiñeiro» de Os Irmandiños de Vincios

- concertos-

Música tradicional en movemento. Dun tempo, dun país. Monte Galiñeiro. Símbolo laico; serra da fraternidade. Melodías doutrora e novas creacións que ocupan máis de media memoria. Irmandiñas e irmandiños en formación: gaitas, vento, percusión, acordeón. Voces do Galiñeiro para oficio da estirpe: ourizantes lasqueando xido o aghuzar o argina lasquean a zanco de tisco. Javi Costas compoñendo no garaxe. Música do XXI que vén de lonxe e cheira a sempre. La Polar, Habana, 1938, Daniel Castelao e Luís (...)

(Ultima actualizaci??11-10-2012)

Festa da recolleita do millo e magosto popular en Matamá (Vigo)

- concertos- Magosto- Os Irmandiños de Vincios- Tridente-

Organizada polo Colectivo Malaherba celebrarase o vindeiro día 12 de Outubro nas inmediacións do Muiño da Regueira en Matamá (Vigo)

(Ultima actualizaci??04-10-2012)

XIV Mostra de Música Tradicional do Domingo das Mozas dentro das festas de San Froilán (Lugo)

- concertos- San Froilán- Alvariza- Viqueiras- Terribles de Donas- Chichisos- Xarín- Ruote- Brincadeira-

O vindeiro 7 de outubro - Domingo das Mozas, dentro da programación do San Froilán, Lugo volverá a acoller a que será a XIV edición da Mostra de Música Tradicional, organizada pola Asociación de Gaiteiros Galegos grazas ao interese e colaboración da Concellería de Cultura, Turimo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo.

Lugo será de novo referencia en toda Galicia demostrando que a nosa música tradicional pode ser a protagonista da festa na rúa.

A mostra contará cun total de 16 formació(...)

(Ultima actualizaci??16-09-2012)

Xornada de Campás e Campaneiros

- concertos- Campás e Campaneiros-

22 de Setembro na Igrexa Parroquial de Santa María de Lamas, Boqueixón - A Coruña

Os Chichisos organizamos por 5º ano “CAMPÁS E CAMPANEIROS”, con elo queremos seguir dando a coñecer o PATRIMONIO SONORO cunha demostración de todos os toques tradicionais que a través das campás se producen, tales como avisos de mortes, chamadas a misa, avisos de incendios, etc. e inventarialos.

Cada vez quedan menos campaneiros que sexan coñecedores dos diferentes toques ou sinais para comunicar os distinto(...)

(Ultima actualizaci??08-08-2012)

Festival Terra Brava no Incio

- Terra Brava- Tiruleque- Quempallou- Labregos no Tempo dos Sputniks- festivais-

19 de Agosto de 2012

- Tiruleque

- Quempallou

- Labregos no Tempo dos Sputniks

(Ultima actualizaci??05-07-2012)

XXXIII Concurso de Baile Tradicional Xacarandaina

- concertos- Xacarandaina- Cantigas e Agarimos- Xiradela- Vai de Roda-

8 de xullo de 2012 no Pazo da Opera de A Coruña

CATEGORÍA A: ata 8 anos inclusive

- “D” Escola de Muiñeira de Cantigas e Agarimos- Santiago ........... Moliñeira de Murias de Rao

- “Chipiricuetos” da A.X. Xiradela – Arteixo .............Muiñeira de Piñeiro de Xaviña (Coristanco)

- “A Telleira” do Centro Cultural A Ponte Vella - Teo .............Moliñeira das Nogais

CATEGORÍA B: de 9 A 12 anos inclusive

- “Carabullos” da A.C. Xacarandaina.............Muiñeira de Buscás (Ordes)

- “C” d(...)

(Ultima actualizaci??14-05-2012)

Cantares do Brión - Semana das letras 2012

- concertos-

Moncho do Orzán fala o martes, 15, ás 8 da tarde, no Conservatorio Profesional de Música de Vigo sobre "Os coros das Irmandades".

Con apoio fotográfico e audición de pezas corais.

É unha actividade da Semana das Letras Galegas.

Organizan: Cantares do Brión e Conservatorio Profesional.

.........................................................

Xoves, 17, 19,30 horas. Auditorio Lois Tobío de Gondomar.

Lectura de poemas de Valentín Paz Andrade e actuación do Coro Tradicional Cantares do Brió(...)

(Ultima actualizaci??21-01-2012)

CANTARES NO MIÑOR. I Encontro de Coros Tradicionais

- concertos- Cantigas e Agarimos-

A Agupación Folclórica Cantigas e Agarimos e o Coro Tradicional Cantares do Brión, organizador do evento, actuarán o sábado 21 ás 20:30h no Auditorio municipal Lois Tobío de Gondomar

O sábado 21 de xaneiro, a partir das 20:30h, no Auditorio Municipal Lois Tobío de Gondomar, celébrase o evento «CANTARES NO MIÑOR. I Encontro de Coros Tradicionais». No acto participarán a Agrupación Folclórica CANTIGAS E AGARIMOS, de Santiago de Compostela, e o Coro Tradicional CANTARES DO BRIÓN, do Centro Cult(...)

2011

(Ultima actualizaci??17-12-2011)

O Incio: Homenaxe a Lois Pereiro, o sábado 17 de decembro

- concertos- A Quenlla-

O sábado 17 de decembro, no Incio, terá lugar unha Homenaxe a Lois, organizada polo Concello do Incio, coa colaboración da Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo, co seguinte programa:

- 19:00 h. Acto de presentación. Descubrimento de placa conmemorativa.

- 19:30 h. Recital poético no Local Multiusos do Concello, con Marica Campo, Olga Novo e Manuel Rivas.

- 22:00 h. Concerto no Antigo Mercado Gandeiro, con A Quenlla e Ondas Martenot.

(Ultima actualizaci??19-10-2011)

1º Obradoiro Maghúa de Folclore Galego

- concertos- Luis Prego- Xabier Díaz- David Bellas- Asociación Cultural Maghúa-

Logo dos problemas que levaron ao adiamento deste encontro, xa temos data oficial. 22 de outubro, no IES UNIVERSIDADE LABORAL (antes IES CRUCEIRO BALEARES).

Esta semana amañaremos para xantar nas instalacións do IES, a un prezo módico (contamos con poder xantar a un prezo de arredor de 7, 7'50 euros).

Este encontro vai consistir nos catro módulos de perfeccionamento xa comunicados na convocatória de xuño: baile tradicional (impartido por Luis Prego), canto tradicional (impartido por Xabi(...)

(Ultima actualizaci??18-08-2011)

IX Festival Terra Brava, 21 de Agosto no Incio

- concertos- Terra Brava- Festival- Habelas Hainas- PelePau- festivais-

Habelas Hainas, Quadrilha e Güintervan poñeran a música dende o

escenario mentres que PelePau e Arandela animaran as rúas.

Xa está todo preparado para a celebración da IX

edición do Festival Terra Brava. Unha cita na que a música tradicional, os xogos

populares, os contos de sobremesa e as propostas musicais máis innovadoras,

reúnen nunha mesma carballeira a xentes de tódalas idades e condición.

As actividades comezarán pola mañá coa sorprendente proposta do grupo

de percusión galega (...)

(Ultima actualizaci??14-08-2011)

Coro Tradicional Cantares do Brión en Panxón - Nigrán

- concertos- Cantares do Brión-

O martes, 16 de agosto, ás 22,30 horas, no Campo das redes, en Panxón - Nigrán, daremos o noso primeiro concerto en solitario.

Será dentro do Programa de Actividades Agosto 2011 que organiza a Concellería de Cultura, Turismo e Deporte do Concello de Nigrán.

Alí interpretaremos o repertorio que nos caracteriza: alalás, foliadas, pandeiradas, con algunha novidade como a peza titulada "Na Touba do Brión", que estreamos hai poucas semanas no Festival Folc Illa de San Simón, en Cesantes. A letra de(...)

(Ultima actualizaci??01-07-2011)

Festival Sons da Lameira (Matamá - Vigo)

- concertos- Terribles de Donas- Requinta da Laxeira- Cé Orquestra Pantasma- Ruxe-Ruxe- Medomedá- -

Este ano no SONS DA LAMEIRA.venres 1 de xullo MATAMÁFOLC:

-OS IRMANDIÑOS DE VINCIOS

-OS TERRIBLES DE DONAS

-A REQUINTA DA LAXEIRA.

-CÉ ORQUESTRA PANTASMA.

sabado 2 de xullo: MALAHERBAROCK:

-SKUNK D.F.

-RUXE-RUXE.

-MEDOMEDÁ.

-OS PODRIDOS

-DEGGO

-ESSENZIA

-R.I.F

-PANIKO EN LAS CALLES

Ver mapa más grande

(Ultima actualizaci??20-05-2011)

II Romaría da Touba do Brión. Vincios (Gondomar)

- Romaría- festivais-

O vindeiro domingo 29 de maio o Coro Tradicional Cantares do Brión organiza a II Romaría da Touba do Brión, unha festa laica que se celebra nas abas da Serra do Galiñeiro. Calquera persoa que o desexe queda convidada a participar.

A partir das 10:30 da mañá dará comezo a romaría cunha camiñada desde o merendeiro da Comunidade de Montes de Vincios até a Touba do Brión, debaixo do Curro. Na touba, que lle dá nome ao noso coro, seremos informados das características da cova e mais da lenda localiz(...)

(Ultima actualizaci??09-02-2011)

Quempallou presenta “Once Anos Mallando”

- concertos- Quempallou-

O grupo folk Quempallou celebra os seus once anos de festa enriba dos escenarios cunha recompilación co mellor da súa discografía. Cinco cortes de cada un dos seus discos que fan que quen escoite este Once anos mallando (Zouma Records 2010), se poida facer unha boa idea do espírito e a evolución do grupo.

Foi aló polo ano 99 do século pasado, cando un fato de mozos de Bueu se xuntaba con outros dous do Incio para darlle forma a un proxecto que agromou vizoso de festa en festa por toda a Gali(...)

(Ultima actualizaci??20-01-2011)

Presentación oficial do Coro Tradicional CANTARES DO BRIÓN

- Festa-

O sábado, 22 de xaneiro, a partir das 8,00 do serán, terá lugar no Centro Cultural de

Vincios, no concello de Gondomar, o acto de presentación do Coro Tradicional

CANTARES DO BRIÓN, con apadriñamento a cargo do histórico Coro CÁNTIGAS

DA TERRA.

Dous anos despois da súa constitución, e despois de actuar en distintos eventos, como o

Festival Folc Sons da Lameira, en Matamá, ou na Homenaxe ao Gaiteiro, recentemente

celebrada no teatro do Centro Cultural Novacaixagalicia, en Vigo, CANTARES DO (...)

2010

(Ultima actualizaci??17-11-2010)

HOMENAXE AO GAITEIRO 2010

- concertos- Homenaxe ao gaiteiro-

Un ano máis dende fai 21 celebraremos unha nova edicion da Homenaxe ao Gaiteiro

Este ano ademáis do Grupo Etnográfico A Buxaina, que celebra o seu 25 aniversario de existenza, contaremos coa presenza do Coro Tradicional Cantares do Brión do centro cultural de Vincios e Os Terribles de Donas. Carlos do Viso estará tamén con nos como presentador dando continuidade e dinamismo os actos que compoñen o espectáculo.

A Homenaxe o Gaiteiro terá lugar o 21 de novembro as 18 horas no teatro Caixanova,(...)

(Ultima actualizaci??28-08-2010)

Terra Brava 2010

- concertos- Terra Brava- Tuna Rastafari- Pan de Capazo e Medomedá-

O INCIO ACOLLE UNHA NOVA EDICIÓN DO FESTIVAL TERRA BRAVA O DOMINGO 29 DE AGOSTO

Os Campantes da Baña, A Tuna Rastafari, Pan de Capazo e Medomedá completan a proposta musical deste ano.

O Incio, 25 de Agosto de 2010. Xa está todo preparado para a celebración da VIII edición do Festival Terra Brava. Unha cita na que a música tradicional, os xogos populares, os contos de sobremesa e as propostas musicais máis innovadoras, reúnen nunha mesma carballeira a xentes de tódalas idades e condición. (...)

(Ultima actualizaci??19-02-2010)

IVª Xornadas de Agroecoloxí­a

- Festa- Ergom- Uxía- Guadi Galego- Coanhadeira-

As IV Xornadas de Agroecoloxía de Ourense son unha mostra da consolidación dos proxectos sociais, culturais e ecoloxistas que se levan a cabo na cidade de Ourense.

 

Amigos da Terra, A Esmorga, Amarante, Semente e Verdegaia presentan, durante 10 días de festa e reflexión colectiva, o traballo realizado conxuntamente ao longo de todo o 2009 e comezos de 2010 para que sexan cada vez máis visibles, para que cada vez teñan máis voz, proxectos alternativos centrados no compromiso coa xustiza s(...)

2009

Iván Area: “A sociedade que non conserve o seu patrimonio inmaterial caerá no olvido”

- concertos- Ronsel- Patrimonio Inmaterial- Iván Area-

O Proxecto Ronsel, creado polas tres universidades galegas e a Consellería de Cultura, leva dende 2007 traballando para salvagardar, preservar e poñer en valor o Patrimonio Cultural Inmaterial (PCI) de Galicia, un labor que nunca terá fin, pero que é necesario para lembrar o que fai único a un pobo. Iván Area, coordinador de Ronsel, explica os obxectivos desta iniciativa.

Que é o patrimonio inmaterial?

Significa un xiro respecto da idea convencional de patrimonio. O que se fai non é ocupars(...)

(Ultima actualizaci??14-08-2009)

VII EDICIÓN DO FESTIVAL TERRA BRAVA - 23 de Agosto no Incio

- concertos- Cé Orquestra Pantasma- Tanto nos Ten- Cuchufellos- Incio- Terra Brava- festivais-

As actividades inclúen música de rúa, un xantar popular, xogos para os cativos e maiores, e concertos pola noite

Un ano máis, a Asociación Cultural Terra Brava, en colaboración coa Asociación Cultural A Ouriceira, organiza o festival Terra Brava na localidade de O Incio (Lugo). Trátase dunha festa que camiña xa pola VII edición consecutiva procurando en cada unha delas a participación de todo o pobo a través das distintas propostas, tanto musicais como de animación e gastronómicas.

As activ(...)

(Ultima actualizaci??06-05-2009)

O Incio celebra as festas patronais os días 8, 9 e 10 de Maio

- concertos- Incio- O Sonoro Maxín- Tuna Rastafari-

(Na foto: O Sonoro Maxín)

Os festexos comezan este venres pola noitiña cunha sardiñada e pancetada popular e concertos ata altas horas da madrugada

A comisión de festas do Incio, formada por un grupo de mozos desta localidade, ultima os detalles dos actos festivos das festas patronais que comezan este venres 8 de Maio e se prolongarán durante toda a fin de semana. Levan varios meses traballando para acadar os recursos necesarios e organizar un completo programa no que non faltarán as Orque(...)

(Ultima actualizaci??26-02-2009)

Abre o furancho Malaherba en Vigo

- Festa-

vindeiro venres 27 de febreiro o "colectivo cultural alternativo malaherba" abre novamente o furancho "malaherba" (situado na Praza de San Mauro 22 Matamá) co fin de obter beneficios para facer o iii festival "sons da lameira" que terá lugar en matamá os días 17 e 18 de xullo 09.

O furancho contará co seguinte programa de actuacións:

Venres 27 feb. As 23h: Ce orquestra pantasma (home-orquestra)

Sábado 28 as 23h: Foles vellos (folc)

Venres 13 mar. As 23h: Irmandiños de Vincios (folc)

(...)

(Ultima actualizaci??24-02-2009)

Escoitar.org invitado ao foro mundial de ecoloxía acústica. Mexico 2009

- concertos-

escoitar.org no WFAE. México 2009 Megalópolis sonoras. Identidade cultural e sons en perigo de extinción. O Foro Mundial de Ecoloxía Acústica, creado en 1973 en Canadá, é unha asociación internacional integrada por organismos e individuos interesados no estudo dos factores sociais, culturais e ecolóxicos que determinan o ambiente sonoro.Desde a súa formación, o Foro Mundial de Ecoloxía Acústica foi crecendo ata converterse nun colectivo de 9 de afiliados en todo o mundo, incluíndo Canadá, Grec(...)

Lugo disfrázase de Entroido

-

Os municipios lucenses ultiman os preparativos para recibir as festas de Entroido cun amplo programa de actividades no que se inclúen desde os tradicionais desfiles de comparsas e os concursos de disfraces ata propostas específicas para os máis pequenos e a degustación dos doces típicos destas datas. Estas son algunhas das actividades programadas, sen que pretenda ser unha relación exhaustiva. Comarca de Lugo O Concello de Outeiro de Rei organi(...)

(Ultima actualizaci??21-01-2009)

Festicultores Troupe: "Somos da festa popular a saco, é o mellor que hai" | Galicia Hoxe

- concertos-

“Queremos sementar cultura, sacala das salas e metela na rúa”.

Esta é a filosofía dos reis da xolda en Galicia, que se desdobran en

‘troupe’ balcánica ó estilo Kosturica e en produtora ‘seria’ de concertos

e grupos. Co obxectivo de “traballar e traballar” afrontan o 2009 sen

medo á crise buscando alianzas alén da raia e coa vista posta no

bendito Xacobeo

MARTA RODRÍGUEZ

Na 'troupe' dos Festicultores non reina a paridade, pero lanzan un

aviso: "se houbese mozas, mellor"

Cul(...)

2008

(Ultima actualizaci??03-12-2008)

Un inventario recollerá as danzas gremiais existentes na Galiza

-

Unha representación da directiva da Asociación Galega de

Concellos con Danzas Brancas ou Gremiais reuníase esta semana en

Celanova na primeira reunión despois do acto de constitución oficial

celebrado o pasado mes de xullo na Cañiza (Pontevedra).

O presidente da asociación e alcalde de Celanova, Antonio Mouriño

Villar, presidiu un encontro no que se ultimou a tramitación para a

legalización da asociación dentro do rexistro de asociacións, así como

concretáronse os detalles do pr(...)

(Ultima actualizaci??05-11-2008)

O futuro da música de raíz: Xosé Luís Foxo, Mercedes Peón e Rodrigo Romaní

- concertos-

Pasou o boom do folk e quedan aínda máis arredados aqueles anos

nos que a xuventude apagaba na música a sede de identidade

nacional. Os sons tradicionais deberán asentar as súas raíces sobre un

solo inestábel, o dunha Galicia que xa pouco ten que ver con aquel

país no que perdurou durante xeracións. A música tradicional, di

Mercedes Peón, é hoxe por hoxe unha flor hiperdelicada. Sen o

contexto preciso, corre risco de morte. Como sobrevivir? Como

conectar coas novas xeracións? Como (...)

O INCIO ACOLLE UNHA NOVA EDICIÓN DO FESTIVAL TERRA BRAVA O DOMINGO 24 DE AGOSTO

- concertos- festivais-

As actividades inclúen música de rúa, un xantar popular, xogos para os cativos e maiores, contacontos, e concertos pola noite.

O INCIO, a 20 de agosto de 2008. Por sexto ano consecutivo, a Asociación Cultural Terra Brava, en colaboración coa Asociación Cultural A Ouriceira, organiza o festival Terra Brava na localidade de O Incio (Lugo). As actividades comezarán pola mañá coa actuación do grupo de requinteiros A Requinta da Laxeira, que fará un percorrido polas rúas da vila e ata o lug(...)

1999

Hoxe, Martes 9 de xaneiro, “Alalᔠcon Hermelinda do Muiño ás 21:40.

-

Hoxe “Alalᔠcon Hermelinda do Muiño ás 21:40.

19 de setembro: No muiño (17,8 %)

26 de setembro: Ruada Rianxeira (10,6 %)

3 de outubro: Xavier Blanco (23,3%)

10 outubro: Maruxa das Cortellas (18,7%)

17 outubro: Faltriqueira (16,6%)

31 outubro: Gaiteiros do Vilar (14,1%)

7 novembro: Os Seivane (20,9%)

14 novembro: A Gaita de Sarandón (17,6%)

21 novembro: Conservatorio Folque de Lalín (11,4%)

28 novembro: De recolleita pola Límia (17,5%)

5 decembro: Xarín (Gaite(...)

1 comentario

Bugallo entrega a Araguas e á Aula Castelao os premios Pedrón de Ouro

-

BA asociación foi distinguida pola súa defensa da cultura galega e o escritor recibiu o galardón de Honra.

Redacción / padrón

A Aula Castelao de Filosofía e Vicente Araguas recibiron onte os premios Pedrón de Ouro e Pedrón de Honra, que concede anualmente a Fundación do Pedrón de Ouro. O acto, na súa cuadraxésima segunda edición, estivo presidido pola conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, na Casa Museo de Rosalía de Castro, en Padrón.

Como é costume, o evento comezou cunha ofrenda flora(...)