"Guadi"

2018

(Ultima actualizaci??21-12-2018)

XIII FIR-Festival Internacional Rebulir 2018

- concertos- Rebulir-

20 - 23 de Decembro 2018

Gala Central: Sábado 22 de Decembro. 19:00 h.

Ramirás - Celanova - Ourense

PROGRAMA:

XOVES 20 DE DECEMBRO

11:30 h. Presentación e APERTURA do Festival

Centro Cultural Marcos Valcarcel. Ourense

13:30 h. Inauguración da EXPOSICIÓN “As imaxes do Alén”

Centro Cultural de O Picouto. Ata o 31 de Decembro

15:00 h. Animación “aprendemos un mundo”

Residencia de Maiores “O Mosteiro”

19:30 h. OBRADOIROS

19:30 h. “Xogos e Bailes do mundo”

21:00 h. “Risoterapia Et(...)

(Ultima actualizaci??17-09-2018)

Guadi Galego en Madrid

- concertos-

Martes, 18 de Setembro ás 21h na Sala Galileo Galilei

(Ultima actualizaci??17-09-2018)

Emilio Rúa presenta 'Duetos' en Santiago

- concertos- Emilio Rúa-

Emilio Rúa presentará o seu novo disco, ‘Duetos’, o 21 de setembro no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura. Trátase dun disco excepcional gravado a dúo con dezaseis grandes nomes da música, como Pablo MIlanés, Victor Manuel, La Shica, Javier Álvarez, Rebeca Jimenez, Carmen Paris, Josele Santiago, Rozalén, Carlos Goñi, Vicky Gastelo, Soledad Gimenez, Rosa Cedrón, Javier Ojeda, Mercedes Ferrer, Luis Pastor e Dolo Beltrán.

Na presentación do seu oitavo álbum no auditorio da Cidade da Cultura (...)

(Ultima actualizaci??14-09-2018)

Guadi Galego en Verín

- concertos-

Guadi Galego leva ao Concello de Verí­n o vindeiro 15 de setembro. ás 21:00 horas, "O mundo está parado" , o seu terceiro álbum en solitario. Dez temas redondos para deter o tempo, con letras que viaxan do persoal á reflexión colectiva sobre cuestións como a identidade e a coherencia. Os seus directos teñen esa sonoridad envolvente con aroma pop que traballou nos seus últimos discos e que alcanza a madurez con este último traballo. Unha selección de cancións sobre a necesidade de pararse a senti(...)

(Ultima actualizaci??04-07-2018)

Os Xoves de Códax (Cambados)

- concertos-

Cada xoves ás 20:30h nas Adegas Martín Códax (Cambados)

5 de XULLO: Guadi Galego & Iván Ferreiro

12 de XULLO: Xabier Díaz & Adufeiras do Salitre

19 de XULLO: Marcos Teira Quinteto & La Negra

26 de XULLO: Uxía Senlle & Depedro

2 de AGOSTO: Banda Xangai

9 de AGOSTO: Forro Mior & Najla Shami

16 de AGOSTO: Pancho Amat & Alejandro Vargas

23 de AGOSTO: Jenny & The Mexicats + Toñyto García

(Ultima actualizaci??02-02-2018)

Guadi Galego en Avilés

- concertos-

Venres 2 de febreiro ás 21:00h

Centro Niemeyer.

Avenida del Zinc, s/n.

Avilés.

2017

(Ultima actualizaci??08-12-2017)

Movimento Artistico em Rede en Póvoa de Varzim

- concertos-

Venres 8 de decembro ás 18:00h

Teatro Garrett.

Rua José Malgueira 1/15.

Póvoa de Varzim.

Pela primeira vez, Portugal recebe um evento que resulta totalmente da cooperação entre diversas agências europeias, e que é composto por oito propostas musicais provenientes de várias latitudes e com linguagens artísticas bem distintas.

Chama-se M.A.R. – Movimento Artístico em Rede

18.00 h :: Fado Violado - Sala Principal

19.00 h :: Ida Susal - Café Concerto

20.00 h :: Sumrrá - Sala Princ(...)

(Ultima actualizaci??10-11-2017)

Guadi Galego no Trovam, fira-festival (Castelló)

- concertos-

Venres 10 de novembro ás 13:30 no Auditori

(Ultima actualizaci??20-10-2017)

Clases de Pandeireta e de Baile Tradicional na Arca da Noe (Vilar de Santos)

- concertos-

Aqui temos os novos cursos de pandeireta e de baile tradicional da Arca.

Começamos 20 de outubro ( sextas-feiras (venres) cada 15 dias) .

17h00- 18h30 Curso de pandeireta e canto. Nível I

18h30- 20h00 Curso de pandeireta tradicional. Nível II

20h00- 21h30 Curso de baile tradicional

Preço: 15€ curso ao mês

Aponta-te enviando uma sms ao facebook da Arca.

Est@s são @s profes:

Patricia

Cantora no grupo Coanhadeira e colaboradora no grupo Pesdelán.

Começa a sua andaina (...)

(Ultima actualizaci??06-10-2017)

Guadi Galego no San Froilán (Lugo)

- concertos-

Venres 6 de outubro na Praza de Santa María a partires das 23:30. Con tres convidadas moi especiais: a Pinta, a Marela e a Morena, De VACAS!

(Ultima actualizaci??05-08-2017)

Festa do Emigrante no Val do Dubra

- concertos-

Sábado 5 de agosto a partires das 10:00h con Guadi Galego, FanfarriaTaquikardia, Cé Orquestra Pantasma, Familia Caamagno, Faíscas da Pontraga e máis!

(Ultima actualizaci??18-07-2017)

Festigal 2017 (Compostela)

- concertos-

A xornada do 24 de xullo comeza cunha sesión de DJ con Bigote Mix; Son da Rúa, composto por Álex Arnoso e Hugo Guezeta, de Ponteareas, que foron os gañadores do concurso “Novos Valores”; Os Amigos dos Músicos, con folk-rock inspirado na canción protesta; Guadi Galego presentará o seu último traballo “O mundo está parado”; actuará Nao como banda de referencia do rock galego e Raiba que traerá o seu último disco “Marxinación” de rock-metal con letras reivindicativas.

O 25 de xullo aposta en fem(...)

(Ultima actualizaci??14-07-2017)

Vindeiros concertos de Guadi Galego

- concertos-

Venres 14 de xullo

Pazo da Peregrina, Bertamiráns (Ames)

Luns 24 de xullo

Compostela (FestiGal, Campus Sur)

Venres 4 de agosto

Carballo

Sábado 5 de agosto

Val do Dubra (Festa do Emigrante)

Venres 18 de agosto

Pontevedra

Sábado 9 de setembro

Ribeira

Mércores 13 de setembro

Vic (Mercat de Música Viva)

(Ultima actualizaci??20-05-2017)

De Vacas - Axenda de Maio

- concertos-

Sábado 6 - Pontevedra

Venres 12 - Compostela (Con Guadi Galego)

Domingo 14 - Melide

Xoves 18 - Aldea do Couto. Ponteceso (Festiletras)

Venres 19 - A Pobra do Caramiñal

Sábado 20 - Compostela (Gala do Libro Galego)

(Ultima actualizaci??19-05-2017)

FestiLetras na Aldea do Couto (Ponteceso)

- concertos-

DOMINGO 14 MAIO

Sesión matinal

12:15 horas. OS BOS E XENEROSOS

Lugar: Igrexa de San Tirso, O Couto.

Ofrenda floral no adro da igrexa de San Tirso.

Rosalía, Curros, Pondal e Inllar co Himno do Antigo Reino de Galicia.

Alba e Francisco Costa interpretan “Ponteceso”.

Entrega do premios ” Bos e Xenerosos” a Ramón Villares, Uxía Senlle, Fundación Barrié, Concha Blanco, Touriñán e Pereiro.

Presenta: Patricia Blanco.

12:45 horas. EXPOSICIÓN DE PINTURA “A CANTIGA DE BUSERÁN”

Lugar: F(...)

(Ultima actualizaci??12-05-2017)

Continúja a Xira #Omundoestáparado~de Guadi Galego

- concertos-

SantiAutor no Teatro Principal de Santiago de Compostela o venres 12 de maio con De VACAS e Pachi García

Festiletras 2017 o martes 16 en O Couto (Ponteceso)

Auditorio de Cervo o mércores 17, Día das Letras!

(Ultima actualizaci??07-04-2017)

Guadi Galego en Madrid

- concertos-

Venres 7 de abril ás 21:45h

Café Berlin.

Costanilla de los Ángeles, 20.

Madrid.

(Ultima actualizaci??25-03-2017)

Guadi Galego en Narón

- concertos-

Sábado 25 de marzo ás 20h no Padroado de Cultura do Concello de Narón

(Ultima actualizaci??16-03-2017)

Guadi Galego no Teatro Principal da Estrada

- concertos-

Sábado 18 de marzo ás 21:00h

Teatro Principal.

Plaza da Constitución 1.

A Estrada.

No ano 2016, ano en que recibe o Premio Martín Códax da Música á mellor artista na categoría de canción de autor, Guadi Galego presenta "O mundo está parado" (FOL Música, 2016), o seu terceiro álbum en solitario. Dez temas redondos para deter o tempo, con letras que viaxan do persoal á reflexión colectiva sobre cuestións como a identidade e a coherencia: seis da súa autoría, tres de Carlos Abal e un de(...)

(Ultima actualizaci??16-03-2017)

Guadi Galego, concerto Delicatessen en Barcelona

- concertos-

Xoves 16 de marzo ás 20:00h

Antiga Fabrica Estrella Damm.

Barcelona.

Guadi Galego presenta o seu terceiro disco, "O mundo está parado", en Barcelona, nun concerto Delicatessen, na Antiga Fàbrica de Estrella Damm, xunta o norteamericano Daniel Martin Moore. Accédese por convites, que podes conseguir na ligazón que indicamos. No 2016, ano en que recibe o Premio Martín Códax da Música á mellor artista na categoría de canción de autor, Guadi Galego presenta O mundo está parado (FOL Música,(...)

(Ultima actualizaci??13-01-2017)

Cantos na Maré 2017 en Pontevedra

- concertos-

Sábado 14 de xaneiro ás 21:00h

Pazo da Cultura de Pontevedra.

Rúa Alexandre Bóveda.

Pontevedra.

CANTOS NA MARÉ, o Festival Internacional da Lusofonía, terá lugar o 14 de xaneiro no Pazo da Cultura de Pontevedra. E os seus protagonistas serán Guadi Galego, o guineano Manecas Costa, o angolano Paulo Flores, a portuguesa Celina da Piedade e a brasileira Kátya Teixeira, ademais dun último convidado sorpresa que se desvelará nos vindeiros días.

Xa é posible mercar as entradas en ataqu(...)

2016

(Ultima actualizaci??13-12-2016)

Guadi Galego no Concerto de Nadal da Universidade de Vigo

- concertos- guadi galego-

Mércores 14 de decembro ás 20:30h no Teatro Afundación (García Barbón)

Guadi Galego presenta no tradicional Concerto de Nadal da Universidade de Vigo o seu último disco, "O mundo está parado".

Nesta ocasión, Guadi estará acompañada no escenario por invitados como Abe Rábade (piano) Anxo Pintos (multinstrumentista), Santi Cribeiro (acordeón), Anxo Angueira (escritor), Pablo Pascual (clarinetista), Javier Ruibal (cantante e guitarrista) e Sonia Lebedynski (voz).

(Ultima actualizaci??06-11-2016)

Novo disco de Guadi Galego: O mundo está parado

-

Guadi Galego volta á escena cun novo traballo en novembro: O MUNDO ESTÁ PARADO

Co seu anterior LUAS DE OUTUBRO E AGOSTO (Fol Música 2014), a compositora GUADI GALEGO conseguiu conquistar a público e crítica cun disco extraordinario, cheo de cancións fermosas, melodías sublimes e letras moi persoais.

O vindeiro 4 de novembro Guadi vai publicar o seu terceiro disco en solitario, O MUNDO ESTÁ PARADO, un conxunto de cancións onde a pluralidade a universalidade e á vez a diversidade están prese(...)

(Ultima actualizaci??30-09-2016)

Guadi Galego en Ourense

- concertos-

Venres 30 de setembro ás 21:30

Café Cultural Auriense

(Ultima actualizaci??22-04-2016)

Guadi Galego en Compostela

- concertos-

Venres 22 de abril ás 21:30h no Teatro Principal.

Santiautor 2016

2015

(Ultima actualizaci??10-09-2015)

V Concerto Músicas e Letras en Feminino (Ribadeo)

- concertos-

Venres 11 de setembro no Cine Teatro de Ribadeo: CARMEN RODRIGUEZ e GUADI GALEGO.

(Ultima actualizaci??21-08-2015)

Festival Folk Guisamo

- concertos- festivais-

Sábado 22 a partires das 20:30h

Campo Da Feira Guisamo

Cuarteto Caramuxo

Guadi Galego

Oscar Ibáñez & Tribo

2014

(Ultima actualizaci??10-12-2014)

SONS Tránsitos en Compostela - Luar Na Lubre, Andrés Penabad, Victor Ramil,..

- concertos- Luar Na Lubre-

Teatro Principal, Compostela

Venres 12 de Nadal

LUAR NA LUBRE e ANDRÉS PENABAD

Sábado 13 de Nadal

VICTOR RAMIL (acompañado por Uxía, Guille Fernández, Xabier Díaz, Guadi Galego...)

(Ultima actualizaci??25-11-2014)

LUAS DE OUTUBRO E AGOSTO, novo disco de Guadi Galego

- concertos-

Guadi Galego, unha das artistas máis relevantes da escena musical de Galicia, presenta "Lúas de outubro e agosto" o seu segundo traballo como solista tras o álbum Benzón, que se publicou en 2009.

A traxectoria musical de Guadi Galego é moi intensa e rica, foi voz principal e gaiteira do grupo Berrogüetto, tamén formou parte como intérprete e compositora dos interesantes proxectos colectivos: Nordestinas, Espido e aCadaCanto.

Guadi Galego preséntase agora cun son e unha expresión artística máis madura e tambien máis atrevida, máis melódica pero á vez, máis arriscada.

"Lúas de outubro e agosto" contén fermosas cancións cun nexo común, a natureza das composicións, a esencia do vivido e madurado, a emoción e a intensidade, a delicadeza e o risco. Todo un exercicio de inspiración para encontrar vías non exploradas e propoñer unha música chea de sinceridade que sen dúbida vai sorprender.

"Lúas de Outubro e agosto" gravouse en xuño de 2014 nos estudos Alis Records de Baeza coa produción musical a cargo de Pachi Alis, o mago que soubo entender a Guadi e conseguir un resultado sofisticado e sorprendente. Conta coas colaboracións de Santi Cribeiro ao acordeón e Pablo Pascual tocando clarinetes.

"Lúas de Outubro e Agosto" preséntase nun orixinal digipack de edición limitada con faixa acuñada e libreto de 16 páxinas.





2013

(Ultima actualizaci??24-02-2013)

Finalistas XII Premios Opinión: Candidatos veteranos e noveis

- concertos- A Cada Canto- Rodrigo Romaní- Pancho Álvarez- Os Cempés- PelDeNoz-

MELLOR ARTISTA

Pancho Álvarez

O porriñés foi membro nos anos oitenta do grupo Na lúa. A carreira como solista vai sumando etapas e con este cuarto disco logra o seu recoñecemento como compositor e instrumentista.

Alonso Caxade

O músico é acordeonista dos Caramuxo. O seu labor como arranxista no traballo ‘jazz&trad’, do dúo PeldeNoz, fixo que o xurado recoñecese os seus méritos para entrar nesta lista.

Óscar Fernández

Esta é a segunda candidatura acadada polo músico ferrolán nesta categ(...)

2015

(Ultima actualizaci??04-03-2015)

Guadi Galego - Xira presentación lúas de outubro e agosto

-

Venres 6 de marzo ás 21h no Auditorio Centro Cultural A Fábrica (Oleiros)

Sábado 7 de marzo ás 21h no Salón García (Vilagarcía)

Domingo 8 de marzo ás 20:30h no Auditorio Municipal de Ourense

Sábado 21 de marzo ás 21h no Auditorio Xunqueira de Redondela

Sábado 28 de marzo ás 20:30h no Auditorio Municipal de Cedeira

2014

(Ultima actualizaci??21-02-2014)

O Concello de A Estrada celebra o día de Rosalía coa actuación de aCadaCanto

- concertos-

Con motivo da celebración do día de Rosalía o día 24 de febreiro, o Concello de A Estrada celebrará o vindeiro día 25 de febreiro ás 22:30 hs no Teatro Principal da Estrada un acto para lembrar a esta escritora galega.

 

O acto consistirá un breve recital sobre poemas de Rosalía de Castro a cargo dun grupo de nenos/as dos centros de ensino da Estrada e despois un Concerto do grupo aCadaCanto presentando o traballo A Rosa d´Adina. aCadaCanto, é un proxecto de Guadi Galego, Xabier Díaz, Guillerm(...)

2013

(Ultima actualizaci??25-05-2013)

A Escola Livre da MPG no Salón Teatro (Compostela). REFÓRZANOS

- concertos- aCentral Folque-

O vindeiro sábado 25 de maio aCentral Folque organiza un concerto especial do alumnado e profesorado da Escola Livre da MPG, centro de estudos en Compostela que brinda a oportunidade de ver diferentes proxectos en palco: Os Cempés cos mozos e mozas da ELMPG, o Combo Folque de Pedro Pascual, Guadi Galego, o Noticiario Folk 1932 coa banda sonora ao vivo de Comisa Bal, o Ensemble vocal de Davide Salvado e Paulina Ceremusynska. Os artistas colaboran xenerosamente neste concerto e os fondos recadados(...)

(Ultima actualizaci??06-04-2013)

Vindeiros Concertos de aCadaCanto

- concertos- aCadaCanto-

Sábado 6 de Abril - Auditorio Gabriel García Márquez de Mera (Oleiros)

Xoves, 11 de Abril - Centro Cultural Torrente Ballester, Ferrol

Domingo, 9 de Xuño - Teatro de Ribadeo

(Ultima actualizaci??28-03-2013)

Casa das Crechas - Programación Abril 2013

- concertos- aPenultima- Crechas-

JAM DE JAZZ (1€)

Luns 1 a partir das 21h30

Martes día 2 ás 22h30 (6€ anticipada, 8€ na billeteira)

TEJEDOR

Sábado día 6

FESTA BOLLYWOOD

Martes día 9 ás 22h30 (5€)

PROXECTO SAPOCONCHO

DESCARGA CUBANA (2€) Jam a cargo de “Dinero Negro”

Xoves 11 a partir das 22h30

CICLO DE CINEMA BRASILEIRO (20h, entrada de balde)

Domingo 14 - O palhaço (2011), de Selton Mello

JAM DE JAZZ (1€)

Luns 15 a partir das 21h30

Martes día 16 ás 22h30 (6€)DÚO CAVEZ – MONTANARO

[organiza: aCentral Folque]Sophie Cavez (acordeón diatónico) e Baltazar Montanaro (violín)

FOLIADA (1€)

Mércores 17 a partir das 22h30

DESCARGA CUBANA (2€) Jam a cargo de “Dinero Negro”

Xoves 18 a partir das 22h30

CICLO DE CINEMA BRASILEIRO (20h, entrada de balde)

Domingo 21 - São Bernardo (1971), de Leon Hirszman

Martes día 23 ás 22h30 (5€)

CREBINSKY 5

FOLIADA (1€)

Mércores 24 a partir das 22h30

Xoves día 25 ás 21h (5€ anticipada, 6€ na billeteira)SÉRGIO TANNUS “SON BRASILEGO”

... e despois JAM LUSÓFONA 25 DE ABRIL

CICLO DE CINEMA BRASILEIRO (20h, entrada de balde)

Domingo 28 - Corações sujos (2013), de Vicente Amorim

CRECHAS SOUNDSYSTEM

(sesións de músicas do mundo por diferentes persoeiros do mundo da arte e a cultura )Todos os venres a partir das 23h

2012

(Ultima actualizaci??14-12-2012)

Obradoiro de Pesdelán en Moaña

- concertos- Pesdelán-

Venres 14 de decembro de 2012 ás 18:00h

Praza de Abastos, Moaña (Pontevedra)

Organiza: Concello de Moaña

Este obradoiro esta pensado para o publico familiar.

Unha oportunidade unica para que pais, nais, avos, fillos e fillas participen xuntos da aprendizaxe

de xogos de roda e bailes, dun xeito ameno e divertido.

As pezas que bailaremos son parte do libro CD / DVD Na Punta do Pé, do grupo Pesdelán e foron recollidas

en distintas zonas da xeograf(...)

(Ultima actualizaci??29-11-2012)

Culturgal 2012 (Pontevedra)

- concertos-

PROGRAMACIÓN MUSICAL

O Pazo da Cultura de Pontevedra converterase a próxima fin de semana nunha sala de concertos permanente, na que haberá 18 actuacións en directo e 13 presentacións máis relacionadas coa industrias da música. O Culturgal será a pista de lanzamento de novas bandas e grupos, de festivais, de discos e de iniciativas conxuntas entre artistas de distintas procedencias e disciplinas, como a literatura ou o audiovisual. Ademais, a Fundación de Autor celebrará na Feira das Industri(...)

(Ultima actualizaci??26-08-2012)

Carboeiro acollerá o dí­a 31 (de Agosto) o concerto de aCadaCanto

- concertos- aCadaCanto-

Entradas no 986 581 028 ou en info@turismosilleda.es

O mosteiro de Carboeiro acollerá o vindeiro venres día 31 o concerto de presentación de aCadaCanto, o quinto traballo discográfico do selo Músicas de Salitre. Artistas como Guadi Galego, Guillerme Fernández, Xavier Díaz e Xosé Lois Romero son os artífices desta obra resultante desta suma de artistas que, aínda que coincidiron en moitas ocasións, é a primeira vez que participan de forma conxunta.

A cita en Carboeiro será ás 21.30 horas, con(...)

(Ultima actualizaci??06-04-2012)

Terra da Fraternidade, Festival Tributo a Zeca Afonso

- concertos-

Un grupo de artistas galegos, co apoio de compañeiros portugueses e brasileiros, farán o 10 de maio no Auditorio de Galiza a súa particular homenaxe ao cantautor portugués Zeca Afonso e a canción Grândola, Vila Morena, himno dunha xeración e dunha revolución.

Esta mañana no parque Zeca Afonso de Santiago presentouse o cartel do festival Terra da Fraternidade, composto por máis de 30 actuacións e 100 artistas que colaboran de forma gratuita nesta homenaxe. Terra da Fraternidade é unha gala col(...)

(Ultima actualizaci??14-03-2012)

O canto agochado entre pipotes

- concertos- cantos de taberna-

A RECUPERACIóN DO CANTO DE TABERNA CONTA CON CADA VEZ MáIS ADEPTOS NO PAíS

¿Quen dixo que as tabernas de toda a vida están condenadas á desaparición? Nos últimos anos multiplícanse as iniciativas para lles dar nova a vida da man da música. Os cantos tabernarios resoan por todos os recantos do país cada vez con máis forza. Pontevedra é a última en se sumar á iniciativa, da man de Maravallada, cun ciclo dedicado a esta forma da nosa tradición. Os que se queiran iniciar, téñeno ven sinxelo, xa e(...)

2011

(Ultima actualizaci??17-12-2011)

concerto-despedida Nordestin@s

- concertos- despedida- concerto- música- Nordestinas- Nordestin@s- Abe- Guadi- Ugia-

No Teatro Principal de Compostela gravouse en setembro do 2006,

o único disco das Nordestin@s.

Todo o público presente naquel concerto

aínda lembramos hoxe ese momento cheo de calidade, elegancia e emoción intensa.

Os demais concertos foron todos momentos de luxo, intimidade, beleza e máis elegancia.

As Nordestin@s sempre nos deleitaron con algún detalle especial,

unha flor, un traxe, un tema, unha poesía, un perfume,

unhas medias, uns zapatos, un arranxo especial, unha camiseta,

u(...)

(Ultima actualizaci??22-08-2011)

Espido e Matamá Ensemble no MUSICA NO CLAUSTRO 2011 - TUI

- concertos- Espido- Matamé Ensemble-

Luns 22, ás 21h: Espido (Guadi Galego + Guillerme Fernéndez)

Xoves 25, ás 21h: Matamá Ensemble

(Ultima actualizaci??17-08-2011)

Nordestin@s en concerto, o venres 19 no Auditorio de Rianxo

- concertos- Nordestin@s-

Volven as NOITES FOLC á programación do Verán Cultural 2011 organizada pola Área de Educación e Cultura. Desta volta cun concerto do grupo NORDESTINAS ao abeiro do programa GALICIA É MUSICA promovido pola Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia

Dúas voces galegas de máxima actualidade: Guadi Galego Berrogüetto, Espido) e Ugia Pedreira (Chouteira, Marful, Acróbata) fan castelos de area con composicións propias, rodeada do salitre do repertorio mariñeiro do Norte. Todo isto vai env(...)

(Ultima actualizaci??28-06-2011)

O 'galego campa' achegará a música en galego aos campamentos de verán

- concertos-

Achegar o galego aos campamentos de verán que organiza a Xunta este verán. Esta é a proposta de O galego campa, a iniciativa que a Dirección Xeral de Política Lingüística presentaba esta mañá. A proposta, destinada a rapaces e rapazas de entre 9 e 12 anos artéllase a partir do disco Desaparafusador de gominola, no que participan artistas como Pedro e Pablo Pascual, Guadi Galego, Najla Shami, Ramón Bermejo, Germán Díaz ou Quim Farinha interpretando temas de diferentes estilos. A partir do CD a ca(...)

(Ultima actualizaci??21-06-2011)

Día Europeo da música: Guadi Galego, Xabier Díaz e Guillerme Fernández no Clavicembalo (Lugo)

- concertos- Guadi Galego- Xabier Dí­az- Guillerme Fernández- aPenultima- Clavicembalo-

21/Jun/2011 - 11:00pm

Entrada libre

Guadi Galego, Xabier Dí­az e Guillerme Fernández, músicos da beira atlántica nunha partilla oceánica.Moitas travesí­as feitas en múltiples proxectos: Berrogí¼eto, Espido, Xabier Dí­az trí­o, Nordestinas”¦ e agora xuntos nunha viaxe única e especial na que fan repaso dos seus repertorios e revisan e versionan a outros cantores e cantoras universais.

(Ultima actualizaci??29-04-2011)

VII FOLIADA DE MELIDE

- concertos- Foliada de Melide- Cantos de Taberna- Quempallou- Ce Orquestra Pantasma- Espido- Asociación Fiadeira-

MOSTRA DE ARTESANÍA E EXPOSICIÓNS

Os postos de artesanía permanecerán instalados durante toda a fin de semana na

Praza do Convento. Reunirá a artesáns de todo o país repartidos en vinte postos que

abarcan dende instrumentos de percusión, gaitas ou zanfonas ata confección de traxes

tradicionais, talla de madeira, coiro… etc

CONCURSO DE CANTOS DE TABERNA

O sábado 30 de abril, na primeira xornada da Foliada celebrarase o 3º Concurso de

cantos de taberna. Participarán quince formacións (...)

(Ultima actualizaci??03-01-2011)

“Música baixo as estrelas” con Xabier Díaz, Guadi Galego e Guillerme Fernández

- concertos- Música baixo as estrelas- Xabier Díaz- Guadi Galego- Guillerme Fernández-

Recital de Xavier Díaz, Guadi Galego e Guillermo Fernández.

Música e proxección dixital do Planetario da Casa das Ciencias (A Coruña), combinadas especificamente para a ocasión.

Dous pases, ás 20.00 e 20.45 horas, o mércores 5 e o venres 7 de xaneiro

Prezo: 5 euros

Entradas á venda dende o 27 de decembro:

-Na praza de Ourense de 09,30 - 13,30 e de 16,30 - 19,30 hrs

-Por teléfono: 902 504500

Os días dos concertos venderanse entradas na propia Casa das Ciencias, se non se completou aforo.(...)

2010

(Ultima actualizaci??27-11-2010)

PRE-LANZAMENTO DE ‘NA PUNTA DO PÉ’

- concertos- Cantigas e Agarimos-

A próxima semana chegan ás librarías e bibliotecas de Galicia e de Portugal o libro-cd-dvd “Na punta do pé” -que na súa edición en portugués se titula “Pezinhos de lã”- para animar a bailar e a cantar a público infantil, xuvenil e adulto. O grupo Pesdelán é o autor desta obra, ilustrada por João Vaz de Carvalho, que xa se pode ver no stand (C3) de KALANDRAKA en Culturgal. Este domingo a partir das 17:00 horas, Pesdelán impartirá un obradoiro de música e baile nesta Feira das Industrias Culturais(...)

Berrogüetto filma unha actuación histórica

- concertos- Berrogüetto-

Finalistas dos Grammy e gañadores dunha ducia de garladóns, Berrogüetto é unha das bandas do país con máis éxito internacional. Porén, non logran actuar en Galicia tan a miúdo como lle gustaría aos seus seareiros. Este sábado estiveron en Santiago para grabar un DVD. Unha actuación histórica que recolle en primicia a cámara de Tingalaranga para Galicia Confidencial. Vídeo no interior con declaracións en exclusiva dos músicos nos camerinos.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 15/11/2010

Kos(...)

(Ultima actualizaci??27-10-2010)

Cristina Pato e Mercedes Peón en WOMEX 2010

- concertos- Womex- Cristina Pato- Mercedes Peón-

TEXTO: anosaterra.org

O Womex de Copenhague, a máis importante cita profesional coa música de raíz tradicional, conta con representación galega a través das actuacións de Cristina Pato e Mercedes Peón, así como de sete empresas e dúas asociacións.

A esta feira internacional, que por segundo ano consecutivo ten a súa sede na capital dinamarquesa, asistirán as compañías Articket, Berrogüetto Producións, Fol Music, Lóspregos, Mare, Nordesía e Zouma. Xunto á representación institucional encabe(...)

(Ultima actualizaci??01-10-2010)

IX Premios Opinión de Música Folk

- Premios Opinión-

Hai seis anos, na terceira edición dos nosos galardóns, Guadi Galego e Guillerme Fernández facían o seu debut como dúo con Espido. A cedeirense é unha presenza constante enriba do escenario ao longo das diferentes edicións celebradas e hoxe vai pór en escena temas do seu disco Benzón, que conseguiu ser o mellor álbum folk galego do ano pasado, unha obra que non foi feita para levar a escena, dados os múltiples colaboradores que tomaron parte nela, pero hoxe é unha ocasión especial para celebrar (...)

(Ultima actualizaci??17-09-2010)

Aberto o prazo de inscrición da Escola Livre da MPG

- concertos- aCentral Folque-

Xa está aberto o prazo de inscrición da Escola Livre da MPG, a sección docente d'aCentral Folque en Santiago de Compostela con ensino regular en diferentes instrumentos populares e con mestres en activo nos circuítos profesionais do folk e a música tradicional coma Edelmiro Fernández "Chuco" Estévez, Paulina Ceremuzynska, Guadi Galego, Ugia Pedreira, Óscar Fernández, Pedro Pascual, Roberto Sala e Gutier Álvarez.

As aulas estarán repartidas entre tres Centros Socioculturais de Santiago (Castiñ(...)

(Ultima actualizaci??06-08-2010)

Guadi Galego, Marful e Uxía. Músicas Portuarias en Vilagarcía De Arousa

- concertos- aCentral Folque-

A Alameda de Vilagarcía volverá a encherse de música da man do ciclo de concertos ao aire libre ‘Músicas portuarias’ organizado pola concellería de Cultura coa colaboración de A Central Folque. A programación deste ciclo céntrase en tres das voces femininas máis importantes da Galicia, que presentarán en Vilagarcía os seus últimos proxectos: o Marful de Ugía Pedreira, Guadi Galego co Alejandro Vargas New Trío e o Uxía Trío.

Os concertos, que serán de balde, terán lugar o venres 6, o sábado 7 e (...)

(Ultima actualizaci??21-03-2010)

Entrevista a Berrogüetto en Galiciaé

- concertos- Berrogüetto-

''Berrogüetto ten unha visión da música do país e do propio país, e iso é o que queremos reflexar''

''Berrogüetto, corpo aberto en sete latexares, trasládanos esa infinita sinfonía, unha voz que xorde de tan dentro que mesmo doe porque é a nosa propia voz feita música. Eles fannos soñar que outra música, outra orde cósmica é posible''. Rosa Aneiros.

Hai xa quince anos que Berrogüeto viu a luz xuntando baixo o mesmo paraugas seis músicos cunha única finalidade; levar a música tradicional do p(...)

(Ultima actualizaci??17-03-2010)

Novo disco de Emilio Rúa - A voz cálida do Interior

- concertos- Emilio Rúa-

INTERIOR é o terceiro traballo discográfico de Emilio Rúa, cantautor Ourensán da terra das Vendas da Barreira (Riós). Emilio presenta un disco, gravado e mesturado en Casa de Tolos e producido pola cantante galega Uxía e o músico brasileiro Sérgio Tannus onde se exploran novos rexistros nunca antes utilizados por Rúa, familiares e cercanos.

Neste novo traballo Emilio Rúa conta con coñecidos músicos de Galicia e Portugal e colaboracións destacadas coma a de Luís Tosar, Guadi Galego, Toni Lomba(...)

2 comentarios

(Ultima actualizaci??24-02-2010)

Disco e libro con trece «cantigas» do Camiño

- concertos-

No proxecto Raíces enmárcase tamén o traballo colectivo Cantigas do Camiño , un disco conxunto inspirado e relacionado coas rutas xacobeas que inclúe 13 composicións de artistas que participan no ciclo. O disco será accesible en dous formatos. Poderá adquirirse cun libro escrito en galego, español e inglés, nunha edición de luxo de 90 páxinas con ilustracións, textos ao redor do Camiño de Santiago, fotos e letras de cada unha das cancións dos artistas participantes. Ademais, editarase un cedé en(...)

(Ultima actualizaci??19-02-2010)

IVª Xornadas de Agroecoloxí­a

- Festa- Ergom- Uxía- Guadi Galego- Coanhadeira-

As IV Xornadas de Agroecoloxía de Ourense son unha mostra da consolidación dos proxectos sociais, culturais e ecoloxistas que se levan a cabo na cidade de Ourense.

 

Amigos da Terra, A Esmorga, Amarante, Semente e Verdegaia presentan, durante 10 días de festa e reflexión colectiva, o traballo realizado conxuntamente ao longo de todo o 2009 e comezos de 2010 para que sexan cada vez máis visibles, para que cada vez teñan máis voz, proxectos alternativos centrados no compromiso coa xustiza s(...)

2009

(Ultima actualizaci??12-11-2009)

Festival Libérate contra a Violencia de Xénero na Coruña

- concertos-

Sergio, Valerón, Pepe Vaamonde Grupo, Saraiba e moitos máis visitarán Os Mallos co motivo deste Festival contra a Violencia de Xénero. Ti tampouco podes faltar.V Festival LibérateVenres 21 de Novembro ás 20h00Abre o acto: Silvia Longueira, Concelleira de Servizos Sociais; Presenta o acto: Isabel Blanco (Actriz). Actuarán: Pepe Vaamonde Grupo, Guadi Galego e Uxía Pedreira, Mago Pablo, Los Mecánicos, Dúo Jovi, Carlos Bau e Saraiba.Ademais destas actuacións musicais contaremos coa presenza dos xoga(...)

(Ultima actualizaci??09-10-2009)

Radio 3 (RNE) retransmitirá en directo a actuación de Fuxan os Ventos en Lugo

- concertos- Fuxan Os Ventos-

Radio 3 (RNE) retransmitirá en directo a actuación de Fuxan os Ventos en Lugo o próximo 12 de outubro (Praza Horta do Seminario, entrada de balde), dentro do programa de Festas de San Froilán da cidade amurallada. O concerto dará comezo ás 21:00 h.

Acompañando ao grupo estarán desta vez Xabier Díaz (Berrogüetto), Guadi Galego (Berrogüetto, Nordestinas), Pepe Ferreirós (Milladoiro), Nova Galega de Danza, Miguel Lustres e Sabela.

(Ultima actualizaci??01-10-2009)

Fuxan os Ventos presenta novo disco

- Festa- Fuxan Os Ventos-

Fuxan os Ventos presenta o 14 de outubro en Compostela 'Terra de Soños', un libro cd e un en dvd co espectáculo celebrado no Auditorio de Galicia que supuxo o regreso da banda tras case dúas décadas sen subirse aos escenarios

Arteria Noroeste acollerá a presentación de Terra de Soños, un libro cd e dvd no que a banda de música tradicional e folk fai un repaso polo seu repertorio acompañada de convidados de renome. Tanto o cd como o dvd recollen o espectáculo que a banda ofreceu no Auditorio d(...)

(Ultima actualizaci??18-05-2009)

`Benzón´ de Guadi Galego

- concertos- Guadi Galego-

NOTA: Na web de Guadi Galego podense escoitar cortes do novo disco

Acaba de sair á rúa o novo disco de Guadi Galego, ‘Benzón’, un traballo de inspiración propia e múltiples colaboracións.

Guadi Galego devece pola música tradicional galega. As súas cancións teñen ese sabor vello e novo a un tempo. Neste disco tivo o bo ollo de rodearse de grandes músic@s e letristas de aquí que revitalizan e perpetúan cunha visión contemporánea o noso rico e fermoso acervo popular. A inspiración e beleza do(...)

5 comentarios

Entrevista a Abe Rábade: ``Son un pouco jedi´´

- concertos-

Abe Rábade, experto pianista de jazz, metido en proxectos tan interesantes coma o seu trío ou Nordestin@s, ensina aos cativos a escoitar no Auditorio de Galicia

Abe Rábade (Compostela, 1977), cuspe un dialéctico bebop frenético antes de que se lle poida facer ningunha pregunta. Tan incisivo na fala como na creación musical, comenta que a edición en DVD do seu último álbum, Open Doors, lle está a supoñer novos e interesantes retos e, como quen non quere a cousa, a conversa acaba pasando ao fu(...)

(Ultima actualizaci??23-02-2009)

Cultura celebra co espectáculo poético-musical Rosalía 21 o aniversario do nacemento de Rosalía

- concertos-

Unha visión renovada de Rosalía de Castro desde a música, o audiovisual e a poesía. Iso é o que ofrece este xoves 26 de febreiro ás 21 h no Teatro Principal de Santiago de Compostela o proxecto multiartístico "Rosalía 21". Abe Rábade Quartet compuxo dez novos temas que poñen música aos versos da poeta e que se presentan en directo por primeira vez en Galiza, nas voces de Uxía Senlle, Guadi Galego e os recitados de Anxo Angueira.

O director xeral de Creación e Difusión Cultural, Luís Bará, e (...)

2008

(Ultima actualizaci??24-11-2008)

ESPIDO e NUBERU, 26 e 27 de Novembro en Compostela

- concertos-

No Parque Vista Alegre (Rúa das Salvadas, 2A;

15705 SANTIAGO DE COMPOSTELA)

no novo centro de Arteria Noroeste de rechamante

arquitectura, vanse celebrar esta semana dous

concertos de interese para a comunidade folki.

26 mércores 21:00 h. 5 € ESPIDO .

Proposta orgánica de Guadi Galego e Guillerme Fernández

27 xoves 21:00 h. 5 € NUBERU .

grupo referencial do folk asturiano trae a Galicia

“allá va la despedida” co gallo da súa retirada

despois de 30 anos sobre as táboas de(...)

1999

Rosalía baila na boca de Milanés

- concertos-

O cantautor cubano mesturarase con Guadi Galego, Abe Rábade e Anxo Angueira, e con artistas da illa, para recrear e musicar os textos da poeta.

O 23 de febreiro o Teatro Mella da Habana acollerá un dos actos máis emotivos de irmanamento entre Cuba e Galiza. O proxecto Rosalía XXI reunirá no escenario a artistas dun e doutro páis, destacando a presenza de Guadi Galego, Abe Rábade e o poeta Anxo Angueira pola parte galega, e de Pablo Milanés pola cubana. Ao mesmo tempo, proxectaranse pezas a(...)

Lusos e galegos mergullan nas novas tendencias do folk - PONTEVEDRA :: La Voz de Galicia

- aCentral Folque-

Fran Pérez inicia mañá os concertos no Teatro Principal

No ciclo Trad actuarán Carmen Dor, Espido e o Trío de Artur Caldeira

Un diálogo entre a música tradicional galega e as novas tendencias do folk nalgúns países europeos. Este é a formulación da nova edición do ciclo Trad organizado polo Conservatorio Folque e o Concello, empeñados en que «hai outras vidas despois dá gaita e dá pandereita». Este ano os concertos optan por un son máis acústico, dando prioridade á guitarra e á voz

O (...)

Xornal :Presentan no Clube de Prensa un número de Cartafolk adicado a Berrogüetto

- concertos-

Na presentación do quinto número da revista Cartafolk, unha revista que realiza monográficos sobre artistas folk e que, nesta ocasión se adicou ao grupo galego Berrogüetto, o seu director Óscar Losada, autor tamén do texto, comentou que xa tiña ganas de facer un número sobre un artista do país e salientou que Berrogüetto é un conxunto do que sentirse orgulloso dada a súa traxectoria e calidade. A banda acadou nesta década de vida un prestixio musical gañado a pulso co seu traballo "e non só a (...)

Artistas galegos pedirán que a tradición musical figure no Estatuto de Autonomía

-

03/02/2007

(Firma: Xesús Fraga)

¿Debe a tradición musical galega figurar na redacción do vindeiro Estatuto de Autonomía? Esta foi a pregunta que lles formulou o compoñente de Luar na Lubre Bieito Romero a dez artistas no programa Un mundo de músicas , que conduce as fins de semana en Radio Voz. A opinión case unánime foi positiva respecto á posibilidade de que a música reciba un tratamento e unha protección específicas no documento, un recoñecemento que debería servir de pulo para mellorar a(...)

1 comentario

El grupo gallego Nordestin@s se coloca entre los cien discos más vendidos de la Navidad en Espa

- concertos-

Setecientos discos a la semana. Es el ritmo de venta que el trío Nordestin@s ha conseguido alcanzar desde que el pasado 11 de diciembre pusieron en los escaparates su homónimo disco de debú. El trío formado por Guadi Galego, Ugía Pedreira y Abe Rábade ha despachado en veinte días más de dos mil copias, una cifra modesta si se compara con los incesantemente promocionados trabajos de artistas como Alejandro Sanz o Il Divo, que con su disco Siempre ocupa esta semana el número uno de ventas con una (...)

Un disco-libro para nenos recupera a tradición do Nadal en Galicia

- concertos- O Fiadeiro-

«O quiquiriquí», grabado no estudio Casa de Tolos de Gondomar, presentouse onte en Vigo

No traballo participan artistas como Uxía ou o ex Siniestro Total, Miguel Costas

A Asociación de Gaiteiros Galegos e mailos estudios Casa de Tolos asociaronse para facer un documento audiovisual onde se reflexaran diferentes aspectos culturais, tradicionais e antropolóxicos do Nadal en Galicia, que foi bautizado como O quiquiriquí . O proxecto, iniciado a mediados do ano pasado, comezou a tomar form(...)

2 comentarios

Nordestinas graban esta noite seu primeiro disco no Principal

- concertos-

Ugia Pedreira e Guadi Galego achéganse á música popular do norte

Abe Rábade acompaña este experimento de dúas das voces galegas de máis actualidade

(Lugar: m. b. | santiago)

Dúas das máis destacadas voces femininas do panorama musical galego actual, Ugia Pedreira e Guadi Galego, Nordestinas, e un dos músicos de jazz galegos máis internacionais, Abe Rábade, ofrecerán as dez desta noite, no Teatro Principal, un concerto, no que se acercarán á música popular do norte de Galicia que ll(...)