"Grelo Folc"

2018

(Ultima actualizaci??19-10-2018)

Festival Grelo Folc 2018

- concertos- festivais-

Sábado, 20 de outubro no Mosteiro de Monfero

A partir das 14.00h

Sesión vermú cos Folclóricos de Monfero

Xantar (15euroS) apuntarse no 696 166 277 ou oabordelo@gmail.com

A NABICIÑA. FESTIVAL INFANTIL

A partir das 16.30h Xogos Tradicionais

Ás 18.30h. CÉ ORQUESTRA PANTASMA co espectáculo 'A xogar, cantar e bailar'

A partir das 19.30 merenda gratis para todas as nenas e nenos!

A partir das 21.00h actuación de:

-CÉ ORQUESTRA PANTASMA

-TNT (Tanto nos Ten)

-LÉVEDO (Un proxecto das (...)

2016

(Ultima actualizaci??09-10-2016)

Grelo Folc 2016 (Monfero. A Coruña)

- concertos- aPenultima-

Sábado 15 de outubro no Mosteiro de Monfero.

Parroquia de San Fiz de Monfero.

A partir das 14.00h:

Sesión vermú cos VERANEANTES

Xantar no campo da festa

(15€. Anotarse no oabordelo@gmail.com, no 679251163 ou dicíndollo a calquera persoa do Abordelo)

Pola tarde:

Eira Xandobeleira. Xogos e enredos para a xente miúda.

A partir das 18.00h

Concerto infantil con PALITROKE

(haberá merenda para toda a cativería)

Á noite:

Concertos:

NO CÓMBARO. (música tradicional desde as Pontes) (...)

2015

(Ultima actualizaci??06-10-2015)

Grelo Folc 2015. Monfero

- concertos-

Grelo Folc 2015

17 de outubro

Mosteiro de Monfero

Sesión vermú coa Troba do Bugallo

Xantar:

Caldo de nabizas, xamón escaldado con cachelos, postre e café: 12€

Anotarse nos tfnos: 679251163 / 698166277

ou no mail: oabordelo@gmail.com

Ás 18.00h

A Nabiciña:

Concerto infantil con Chuches Amil.

Merenda e xogos populares

Ás 22.00

Mini e Mero

Zoadeira

Sacha na horta

DJ Mouriño

Organiza: A. C. O Abordelo

2014

(Ultima actualizaci??15-10-2014)

Grelo Folc 2014 en Monfero - A Coruña

- concertos- Grelo Folc- Ataque Escampe- Trapallada- A Requinta da Laxeira- Eudemónicas-

Sábado 18 de outubro no mosteiro de Monfero

Un ano máis e como non podía ser doutro xeito a Asociación Cultural O ABORDELO organiza unha nova edición do festival GRELO FOLC en MONFERO.

Trala ansia de abordelar pola vida, pola festa e polo xenio da aldea, cos contos... xa van alá doce festivais no noso concello, con paróns no tempo mais sen parada no espazo..

E isto todo se ofrece o 18 de outubro no Mosteiro de Monfero:

Xantar Popular

A partir das 14:00h servirase o xantar no campo da (...)

2013

(Ultima actualizaci??19-10-2013)

Grelo Folc 2013 - Monfero

- concertos-

Sábado 19 de Outubro no Mosteiro de Monfero

O XANTAR:

a TUTTI churrasco

A partir das dúas

Prezo: 12 €

Anotarse: oabordelo@gmail.com ou

679 251 163 / 667 782 774

O NABICIÑA:

A partir das 17:00h

para os pequerrechos e pequerrechas da casa,

MARÍA DA PONTRAGHA

O MAGO FIZ

OS CONCERTOS:

A partir das 22:00h

Pandereteiras BOUBA

TAGHAITAÍ

Os TRES TREBóNS

Familia Caamagno

OS CARTOS:

Colabora! gasta un peso!:

super CAMISOLAS por 10€.

e rifas, moitas rifas!!

2012

(Ultima actualizaci??19-10-2012)

Grelo folc 2012 no Mosteiro de Monfero

- concertos- GRELO FOLC- CÉ ORQUESTRA PANTASMA- OS CARUNCHOS- QUEMPALLOU- RESIDUOS ATRACTIVAS-

Un ano máis a Asociación Cultural O Abordelo de Monfero organiza unha nova edición do Festival Grelo Folc no Mosteiro de Monfero.

Será o sábado 20 de outubro a partir das 22.00h. e contará coas actuacións de

CÉ ORQUESTRA PANTASMA

OS CARUNCHOS

QUEMPALLOU

RESIDUOS ATRACTIVAS

Visualizar o mapa ampliado

2011

(Ultima actualizaci??19-10-2011)

Grelo Folc 2011

- concertos- Cuchufellos- Estimaba que Viñeras- Lois Pereiro- Grelo Folc-

Sábado 22 de Outubro a partires das 22.00 h. no Mosteiro de Monfero

ONDAS MARTENOT (homenaxe a Lois Pereiro)

ORQUESTRA OS MODERNOS

OS CUCHUFELLOS

ESTIMABA QUE VIÑERAS

Presentará XOSÉ MANUEL PEREIRO (ex Radio Océano, escritor e xornalista)

2010

(Ultima actualizaci??16-10-2010)

O Grelo Folc 2010

- concertos- Grelo Folc- Alalé- Ulträqäns- Zënzar- Sacha na Horta- Homes sen Medo-

A Asociación Cultural O Abordelo de Monfero convoca unha vez máis aos/ás adeptos/as do Grelo Folc a unha nova edición, que se celebrará o día 23 deste mes de outubro no Mosteiro da Cela de Monfero, baixo a súa xa tradicional carpa.

Nesta ocasión poderemos presenciar un evento no que se mesturan os máis variados estilos: dende o tradicional de Alalé ao psicofolk de Ulträqäns, do punk-rock de Zënzar á mestizaxe de Sacha na Horta ou ao toque dixie jazzístico da Magnifique Bande dos Homes sen Me(...)