"Galicia"

(Ultima actualizaci??31-01-2020)

SonDeSeu en Braga (Portugal)

- concertos-

A Orquestra Folk de Galicia SonDeSeu será protagonista da Cerimonia de Apertura da Braga Capital da Cultura do Eixo Atlântico 2020. Será o vindeiro sábado 8 de febreiro no Altice Forum Braga en torno ás 22:00h hora portuguesa. O concerto de SonDeSeu contará cun convidado de excepción. O ilustre músico portugués, Daniel Pereira. Coa súa achega, a orquestra estreará un arranxo de Rodrigo Romaní sobre un vilancico da tradición oral portuguesa, A entrada é de balde.

Abóbriga no San Brais de de Bembrive

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??30-01-2020)

- concertos-

AMIGOS ABÓBRIGOS E DEVOTOS DO SAN BRAIS !! ESTE SÁBADO ESTAREMOS POR ALÍ FACENDO UN POUCO DE FESTA E GRAVANDO PARA AQUI GALICIA E PARA OS INIMITABLES, ESTE ULTIMO SERÁ NO FURANCHO DA COSTA SOBRE AS 22:30, VIDE TOD@S BEILLAR E CANTAR CON NÓS !!!!!

(Ultima actualizaci??24-01-2020)

Festa en Quireza (Cerdedo-Cotobade)

- Festa-

Festa no lugar de Quireza (Cerdedo-Cotobade) o vindeiro sábado 8 de febreiro de 2020.

2019

Ruada No Suleiro Da Vicha (Mazaricos. A Coruña)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??22-11-2019)

- Festa-

Sábado 23 de novembro ás 9:30h

Colúns,

Ruada no suleiro como antaño. Vinde vestidos, buscade roupa dos avós e animádevos, eles diranvos como se divertian e traedeos que seguro lles fai ilusión!!!

Teremos un montón de sorteos donados polos establecementos da Picota e pinchos, chocolate, rosca... Tamén contamos cunha barra para que non pasedes sede. As portas estarán abertas para todo o mundo.

Curso de pandeireta e canto en Carballo

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??24-10-2019)

- concertos-

Miro Regueira, da Laracha, é ben coñecido e recoñecido dentro do mundo da música tradicional en Galicia, tanto pola súa participación nalgunhas das formacións máis destacadas do país como polo seu amplo labor profesional no ámbito da formación. A súa proposta para o Casino1889 é un curso de aprendizaxe de pandeireta e canto tradicionais, sen ningún tipo de engadido ou artificio; un curso sen máis obriga que a de transmitir unha aprendizaxe que, de xeito lúdico, nos leve a acadar os obxectivos e (...)

(Ultima actualizaci??12-10-2019)

Danza 3 en Vigo

- concertos- O Fiadeiro- Xacarandaina- Cantigas e Agarimos-

Domingo 13 de outubro ás 19h no Teatro Afundación

O domingo 13 de outubro tedes unha oportunidade única para poder ver xuntos no escenario ós 3 grupos de música e baile tradicional que conforman o colectivo XOC para a recuperación, conservación, divulgación e defensa do Patrimonio Inmaterial de Galicia. No espectáculo "Danza 3 no teatro", presentado hoxe, amosaranse bailes, músicas, cantos e traxes do folclore de Galicia recuperado e posto en escena por A. C. Xacarandaina de A Coruña, ACF(...)

(Ultima actualizaci??28-09-2019)

Maina Materia en Pontecaldelas

- concertos-

Domingo 29 de setembro ás 13h no Albergue Jamarte

Maina Materia son:

Lidia India, Eugenia Sanmartín e Carmen Sixto

voces, guitarras, percusións, teclados, composicións e arranxos.

As tres son da comarca de Ferrolterra, nesta Galicia onde a chuvia é arte, e deus botouse unha sestiña. Mais temos o sol na cabeza e saímos ás rúas sen paraugas.

As tres son músicas de moito camiño en directos, eclécticas e con melomanía sen tratar...

O seu proxecto común constrúese compartindo as suas mu(...)

(Ultima actualizaci??26-09-2019)

VIII FestiVal das Brétemas (Ponteareas)

- concertos-

27 e 28 de setembro

Lésbicas Creando, Corentena producións, Zaaf Anuvis , Flow do toxo, A resistência do dedo médio, Abadá-Capoeira Vigo/ESPAÑA, Brigada SOUND (Sapoconcho SemPoncho), Pantera Negra, Sos Racismo Galicia, Tamborililás - Batukada Feminista, Mounqup, Güintervan, TESA, Saya Mohamed e Tremenda Jauría,...

Concerto de Outono de aCentral Folque (Compostela)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??22-09-2019)

- concertos- aCentral Folque-

🌱🎶Desde aCentral Folque querémosvos convidar á estrea dun novo curso académico o vindeiro mércores 25 de setembro ás 20.30 h da EMaCF co Concerto de Outono na Sala Mozart do Auditorio de Galicia con entrada libre. Alumnado e mestres da EMaCF ofrecerán un recital variado coa representatividade de cada aula que se imparte na Escola.

👉🎻🥁🎤Zanfonas, violinos, cantos, regueifas, bailes, percusións de man e algunha sorpresa que se poderá escoitar e ver(...)

(Ultima actualizaci??22-09-2019)

VII Xornadas Arredor da Música Tradicional en Viascón (Cerdedo)

- concertos-

O sábado 28 de setembro a Asociación de Gaiteiros Galegos organiza, coa colaboración da Consellería de Cultura e Turismo, unha nova edición das Xornadas Arredor da Música Tradicional.

Serán de balde previa inscrición

PROGRAMA

10.15 – Apertura e entrega de documentación

10.30 – Relatorio I - Demostración

“O pandeiro de paos”. María Vidal e Xermán Muíños

11.20 Quenda de preguntas

11.30 – Relatorio II

“Florencio, o Cego dos Vilares. Aproximación ao estilo interpretativo a través da anál(...)

(Ultima actualizaci??21-09-2019)

Espectáculo Os Ollos de Miss Margaret - Vilamarí­n

- concertos- Rebulir-

Domingo 29 de setembro ás 20h no Auditorio Municipal de Villamarín

Chega a VILAMARÍN "Os Ollos de Miss Margaret" un espectáculo da AC. Rebulir de Ramirás en colaboración coa compañía teatral Arunrun e coa participación do Grupo de Teatro de Vilamarín. Sobre o escenario recréanse diferentes escenas vividas e sentidas pola nosa protagonista, e que nos achegan a Galicia dos anos 20. Un país de contrastes, cunha rica e variada cultura que era encarnada e transmitida polos seus habitantes du(...)

(Ultima actualizaci??21-09-2019)

Tanxugueiras en Cespón (Boiro)

- concertos-

Sábado 28 de setembro ás 21h

(Ultima actualizaci??13-09-2019)

VI Festival As Cores do Outono (A Pobra do Brollón)

- concertos- festivais- As Cores do Outono-

Sábado 14 de setembro

Chega a 6ª edición de As Cores do Outono, festival folk de entrada libre e gratuí­ta na área recreativa Samugueiros (A Pobra do Brollón).

O festival celébrase en horario de tarde-noite. Arranca ás 19:30 co espectáculo familiar ‘Concerto singular’, unha comedia musical e xestual da compañía Píscore, gañador do premio do público no Festiclown 2018.

A partir das 21:00 comezan os concertos. Empeza o músico ourensán Magín Blanco, cun espectáculo para público familiar.(...)

(Ultima actualizaci??13-09-2019)

Cantos na Maré (Pontevedra)

- concertos- Cantos na Maré-

Do 13 ao 15 de agosto

Venres 13

12:30h Xurxo Souto presenta 'Sindo de Olelas. Concertina galega' na Libraría Paz

18h no Museo de Pontevedra. “RUTH” de António Pinhao Botelho. Estrea en Galicia (BSO Portugués)

19:30h na Praza da Pedreira: aura LaMontagne, Bia Ferreira, Dj Mil + Mohammed Yahya, Vivi Pozzebón

Sábado 14

13:30h. Praza da Pedreira: As Cántigas de Elena

19:30h. Praza da Pedreira: Livia Mattos, Assa Matusse, NaPalma, Zeltia Irevire, Brazil Dub

20:30h. Pazo da Cultura: M(...)

VI Festival Agrocuir da Ulloa (Monterroso)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??30-08-2019)

-

Venres 30 e sábado 31 de agosto

----------------------- PROGRAMA DETALLADO -----------------------

VENRES 30 DE AGOSTO.

16.00 HORAS / CENTRO SOCIOCULTURAL

.

.

🎥🌈PROXECCIÓN de Noite Irisada, documental sobre a loita dos colectivos galegos de gais e lesbianas durante as últimas décadas.

Fernando Rodríguez Gómez, produtor executivo do documental, adianta que na realización desta peza audiovisual mudou a súa perspectiva sobre a situación das persoas diversas no en(...)

(Ultima actualizaci??30-08-2019)

XXIII Encontro Folclórico Malveiras (Vilagarcí­a de Arousa)

- concertos-

Sábado 31 de agosto ás 21:30h na Praza de Galicia

Rosalía de Castro (Cacheiras)

Vai na Herva (O Freixo)

A.C. Malveiras (Carril)

Bagdad de Tréguier en Tempo Novo (A Coruña)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??22-08-2019)

- concertos- Tempo Novo-

O xoves 22 de agosto estará connosco a banda do pobo de Tréguier, na Bretaña francesa (Bagad de Tréguier). Queremos convidarvos e animarvos a botar uns bailes bretóns; así­ como a traer os vosos instrumentos e participar nun intercambio cultural entre Galicia e Bretaña.

(Ultima actualizaci??24-07-2019)

Festas do Apostolo (Compostela)

- concertos-

19 de xullo 

*XLI Torneo de chave Festas do Apóstolo. Parque da Alameda.A carón da Escola Infantil de Santa Susana

19.30 h Torneo feminino

20.30 h Torneo masculino 

*22.30h Pregón desde os balcóns do Pazo de Raxoi a cargo de Luis Zahera. Praza do Obradoiro

*23.00h Concerto: Zalón. Praza do Obradoiro

*23.00h Concerto: Budiño. Praza da Quintana

*23.30h Concerto: Kind of Soul. Praza do Toural

 

20 de xullo

*'Día do Traxe Galego'

11.30 h Concentración de participantes na  Alameda e de(...)