"Gaiteiros Galegos"

(Ultima actualizaci??12-02-2020)

XXXVIII Curso de Cultura Tradicional da Asoc. Cántigas e Frores (Lugo)

- concertos-

9, 10 e 11 de abril en Lugo.

- Xisco Feijoò e Artur Puga: Baile tradicional.

- Miguel Anxo Lòpez ‘Chino’: Percusión tradicional.

- Pablo Dalama: Gaita galega.

- Ana Edreira: Canto tradicional.

O prezo da matrícula é de 45€ para soci@s de ‘Cántigas e Frores’ e da Asociación de Gaiteiros Galegos; e de 55€ para o resto (os gastos de estadía en Lugo serán a cargo dos asistentes ao curso).

Esta cantidade ingresarase na conta de ABANCA ES43-2080-0152-69-3040026419.

As inscricións pódens(...)

2019

Tradición en feminino en Mazaricos

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??22-11-2019)

- concertos- Gaiteiros Galegos-

O 23 de novembro en #Mazaricos: “Tradición en feminino”,con obradoiros prácticos, charla e mesa de debate. Unhas xornadas subvencionadas coas axudas para actividades culturais da Cultura da Deputación da Coruña

Prazas limitadas, tendo @s soci@s da #AGG prazo de inscrición preferente. De balde

Mais info: secretaria@gaiteirosgalegos.gal

(Ultima actualizaci??22-09-2019)

VII Xornadas Arredor da Música Tradicional en Viascón (Cerdedo)

- concertos-

O sábado 28 de setembro a Asociación de Gaiteiros Galegos organiza, coa colaboración da Consellería de Cultura e Turismo, unha nova edición das Xornadas Arredor da Música Tradicional.

Serán de balde previa inscrición

PROGRAMA

10.15 – Apertura e entrega de documentación

10.30 – Relatorio I - Demostración

“O pandeiro de paos”. María Vidal e Xermán Muíños

11.20 Quenda de preguntas

11.30 – Relatorio II

“Florencio, o Cego dos Vilares. Aproximación ao estilo interpretativo a través da anál(...)

(Ultima actualizaci??20-09-2019)

Xornadas de Baile Tradicional en Lugo

- concertos- tradescola- asociación de gaiteiros galegos-

O domingo 22 de setembro a Asociación de Gaiteiros Galegos organiza, xunto colaboración da Consellería de Cultura e Turismo, unha nova edición das Xornadas de Baile Tradicional.

Serán de balde previa inscrición, tendo preferencia @s soci@s da AGG - Asociación de Gaiteiros Galegos e alumn@s da Tradescola, que terán de prazo ata o día 18. Despois desa data, si quedan prazas dispoñibles cubriranse coas solicitudes de inscrición de non soci@s, segundo orde de chegada.

Programa:

11.45 - Apertura (...)

As Treboadas do Baixo Miño (Concello de Tomiño)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??14-06-2019)

- concertos-

Sábado 15 de xuño.

¿Cómo é a primeira gaita de barquín que apereu en #Tomiño e que foi recuperada?

¿Cómo se constrúen os bombos de #Treboada?

Este sábado descubrirémolo da man de #XerardoSantomé na última entrega dos #roteiros pola tradición musical da #PontevedraProvincia organizados pola AGG - Asociación de Gaiteiros Galegos e Deputación Pontevedra

Nel afondaremos na historia desta formación típica do Baixo Miño, visitaremos o obradoiro de Óscar Lobato (constructor de bombos de treboada (...)

Roteiros pola tradición musical da provincia de Pontevedra

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??07-06-2019)

- concertos-

Domingo 9 de xuño

¡Da casa natal de Casto Sampedro en Redondela ao seu “Despacho” en Pontevedra!

Os roteiros musicais da AGG - Asociación de Gaiteiros Galegos e Deputación Pontevedra chegan este domingo a #Redondela e #Pontevedra, para afondar no legado de #CastoSampedro, quen tivo un papel inestimable na recuperación dun gran volume de material sobre a nosa música tradicional e a quen lle debemos o “Cancionero musical de Galicia”.

Percorrido que faremos con Xavier Groba e coa música de(...)

2018

(Ultima actualizaci??05-10-2018)

Programa musical do San Froilán (Lugo)

- concertos-

PROGRAMA

Xoves 4 de outubro de 2018

21.00 h Os Pelúdez entre nós + Los Gofiones + Cabezudos no pregón.

21.00 h Pasarrúas da charanga Clave de Sol pola rúa da Raí­ña, pr. Maior, Ruanova e pr. da Soidade

21.15 h Concerto de Los Gofiones na pr. de Santa Marí­a

22.15 h Concerto da Orquestra Folk Sondeseu + invitados: Vanesa Muela, Xuacu Amieva e Luis Peixoto, os mestres de Sondeseu, Begoña Riobó, Javier Feijoo Xisco, Anxo Pintos, Xosé Liz, Xaquí­n Xesteira e Rodrigo Romaní­, (...)

2017

(Ultima actualizaci??17-11-2017)

Xornadas de percusión tradicional en Narón

- concertos- A Píntega Marela-

Este sábado 18 de novembro, a partir das 10:00 horas, terán lugar no Café Teatro do Pazo da Cultura unhas Xornadas de Percusión Tradicional, organizadas pola Asociación de Gaiteiros Galegos coa colaboración do Padroado.

O programa previsto para estas Xornadas de Percusión Tradicional comezará ás 10.00 horas coa entrega de documentación e a partir das 10.30 iniciarase o primeiro dos obradoiros, sobre “O pandeiro cadrado na Galiza”, a cargo de dous profesionais da percusión, Xulia Feixoo e Gui(...)

(Ultima actualizaci??14-09-2017)

V Xornadas arredor da música tradicional (Viascón. Cotobade)

- concertos-

Sábado 16 de setembro ás 10:00h

AGG - Asociación de Gaiteiros Galegos.

Galiza.

O vindeiro 16 de setembro terá lugar na Casa da Gaita as V Xornadas arredor da Música tradicional organizadas pola AGG. Unha cita ineludible, non só para todas aquelas persoas que traballan no entorno da música tradicional, senón tamén para todos e todas aquelas que queirades saber máis tanto das nosas tradicións, como das de outros lugares, xa que ao igual que nas pasadas, nesta quinta edición botaremos unh(...)

(Ultima actualizaci??28-03-2017)

XXXV Curso de Cultura Tradicional ‘Cántigas e Frores’ en Lugo

-

Aberto o prazo de inscrición para o XXXV Curso de Cultura Tradicional que organiza a Asociación ‘Cántigas e Frores’.

Este celebrarase os días 13, 14 e 15 de abril en Lugo. Este ano contaremos con Miguel Sotelo para a especialidade de baile tradicional, Julia Feijoo para percusión tradicional, Pablo Seoane para gaita galega e Javier Feijoo 'Xisco' para canto tradicional.

O prezo da matrícula é de 30€ para soci@s de ‘Cántigas e Frores’ e da Asociación de Gaiteiros Galegos; e de 40€ para o r(...)

(Ultima actualizaci??24-03-2017)

Homenaxe a Ricardo Portela

- concertos-

Venres 24 de marzo (coincidindo co 25 aniversario do seu pasamento)

Ás 12:30 na praza do concello de Cerdedo: Ofrenda floral

A partir das 17 h pasarrúas cos Gaiteiros das Rías Baixas, Os Alegres e o grupo Foula.

Ás 18.30h o descubremento dunha placa conmemorativa na rúa do Laranxo, 8.

A partir das 21 h no Teatro Principal: Gala Homenaxe

Ricardo Portela Bouzas (Viascón, 1920-Pontevedra-1992)

Ricardo foi o primoxénito do matrimonio de Emilio Portela e Adoración Bouzas. Emil(...)

2016

(Ultima actualizaci??04-10-2016)

San Froilán 2016 (Lugo)

- concertos-

Festas de San Froilán. Do 4 ao 12 de Outubro

MARTES 04

 17.00 H.

Inicio do XI Sanfroidance na praza da Soidade.

Goma2Crew (Lugo) & Eleka Familia (Pontevedra) 17.00 h. // DJ Koo (Asturias) 18.15 h. // 

DJ Caution 19.40 h. //  DJ Ozetak (Madrid) 21.05 h. // Show-Case: Kiki Sound Aka Kamikaze (CPV-Marruecos) feat Sho Hai (Violadores del Verso-Zaragoza) & Original Jua(...)

(Ultima actualizaci??01-04-2016)

Obradoiro de técnica de base, afinación e repertorio en aberto e pechado

- concertos-

A Tradescola, escola de música tradicional galega que xestiona a Asociación de Gaiteiros Galegos na cidade de Lugo, achegarase o sábado 2 de abril en horario de 11:00 a 14:00 horas a Ribadeo para impartir un obradoiro de Técnica de base, afinación e repertorio en aberto e pechado da gaita, guiado polo músico e mestre da Tradescola Jose Manuel López (Josele).

Neste obradoiro @s asistentes traballarán aspectos da técnica básica de gaita, respiración, tempero e afinación, dixitación, ornamentaci(...)

2015

(Ultima actualizaci??26-11-2015)

I Xornadas sobre o Serán

- concertos-

Como xa vos anunciabamos hai uns días, o vindeiro 28 de novembro dende a Asociación de Gaiteiros Galegos organizamos a I Xornada sobre o Serán, na Casa da Veciñanza de Pazos de Borbén, berce dos seráns do pasado século e xermolador do seu rexurdimento.

Teremos o pracer de poder disfrutar coa participación de grupos de pandereteiras tan históricos da zona como son, as Pandereteiras de Sequeiros e a Ermida, as Pandereteiras de Toutón, Pandereteiras de Gargamala, Pandereteiras de San Vicente de (...)

(Ultima actualizaci??26-11-2015)

VI Xornadas de baile tradicional en Santiago de Compostela

- concertos-

A Asociación de Gaiteiros Galegos organiza unha nova xornadas para tod@s os amantes do baile tradicional. Será a VI edición das Xornadas de Baile Tradicional, e terán lugar o vindeiro sábado 05 de decembro en Santiago de Compostela.

Estas xornadas, que naceron coa intención de cubrir a demanda existente por parte d@s nos@s asociad@s e dun gran público interesado neste aspecto da tradición galega, desenvolveranse no Centro Sociocultural do Castiñeiriño (Virxe de Fátima, 1 – Santiago de Compos(...)

(Ultima actualizaci??06-11-2015)

II Xornadas de Baile Tradicional - A Coruña

-

Programa das II Xornadas de Baile Tradicional organizadas pola Asociación de Gaiteiros Galegos que terán lugar o no Centro Cultural Ágora (A Coruña) o vindeiro sábado 7 de novembro.

09.45h - Entrega de documentación e apertura da Xornada

10.00h - Relatorio

Mercedes Peón: “Xénero é creación colectiva”

10.45h - Quenda de preguntas

11.00h - Descanso

11.30h - Relatorio - Obradoiro

Francisco Feijoo (Chisco)– "As Xotas no sul de Galiza"

13.30h - Xantar

16.30h - Mesa(...)

(Ultima actualizaci??25-09-2015)

III Xornadas arredor da Música Tradicional en Pontevedra

- concertos-

O vindeiro sábado 3 de outubro a Asociación de Gaiteiros Galegos organiza na Casa das Campás en Pontevedra a que será a III edición das Xornadas arredor da Música Tradicional. Unha cita chea de contidos na que intervirán músicos, etnomusicólogos e estudosos da música tradicional chegados dende distintos puntos do mundo que nos ofrecerán conferencias, mesas redondas, concertos...

Dende a AGG continuamos a apostar por este tipo de accións divulgativas, creando oportunidades para coñecer máis a(...)

(Ultima actualizaci??10-09-2015)

IV Xornadas de Percusión Tradicional da Asociación de Gaiteiros Galegos no Concello de Brión

- concertos-

O vindeiro día 19 de setembro de 2015, a Asociación de Gaiteiros Galegos organiza as IV Xornadas de Percusión Tradicional, que terán lugar na Casa da Cultura do Concello de Brión (Carballeira de Santa Minia, nº 5 , Concello de Brión).

No seu afán de abarcar todos os ámbitos da música tradicional, a AGG organiza estas xornadas sobre Percusión Tradicional que terán ao Pandeiro e á Pandeira como protagonistas.

O encargado de impartir os obradoiros prácticos destos dous instrumentos será Luis (...)

(Ultima actualizaci??03-07-2015)

XVI Memorial Ricardo Portela

-

A Ferrería acollerá os próximos 10 e 11 de xullo o XVI Memorial Ricardo Portela, que este ano celebra a súa 16 edición e que está consolidado como unha cita de referencia da nosa cultura, froito, un ano mais, da colaboración entre a Asociación de Gaiteiros Galegos e o Concello de Pontevedra.

Nesta décimo sexta edición contaremos novamente coa mostra de instrumentos tradicionais, na que participarán 12 prestixiosos artesáns de todo o país como son:

Afonso Castro. Gaitas

O Rosal

Alber(...)

(Ultima actualizaci??10-04-2015)

XX Xantar Gaiteiro en Teo

-

Un ano máis, a Asociación de Gaiteiros Galegos quere convidarte ao XX Xantar Gaiteiro.

Será o vindeiro Domingo 12 de Abril, ás 14:30 horas, no restaurante San Martiño (Lugar Espiño N- 550), en Teo, A Coruña.  

Esta xuntanza fará que pasemos un día agradable na compaña dos que gustamos da música e do baile tradicional. Achegádevos e convidade aos vosos amigos a que pasen a xornada con nos, teremos un xantar con música, baile e moita festa !!!

Este ano ademáis, é a XX edición do Xa(...)