"Forumfolk"
2011
Fórum Metropolitano: Mostra de fin de curso da Asociación Folclórica “Os Gaiteiriños” Martes 5 de Xullo, ás 19:30, no Fórum Metropolitano de A Coruña Entradas: 2 euros.
CLAUSURA FóRUM FOLK 2011, 25 de xuño Desde a Concellaria de Cultura do Concello d’A Coruña encarregaron à Asociación Cultural Maghúa a organización da clausura do Fórum Folk 2011. Que mellor xeito que facendo unha boa festa xunto co resto dos grupos e asociacións da nosa vila e arredores? Dispoñemos do marco incomparábel do antigo Cárcere provincial d’A Coruña, situado fronte à Torre de Hércules. A idea é despedir o Fórum Folk cunha FOLIADA no pátio do edificio, e para isto queremos contar contigo, co teu grupo, no desenvo(...)
A Coruña Cultura » Forumfolk 2011: Foliada participativa Dentro do Ciclo Forumfolk, Foliada (concerto participativo), coa presenza de Os Gaiteiriños, Grileiros, Asociación Cultural Donaire, Asociación de Música e Danza Tradicional Queiroa, Cántigas da Terra e Maghúa. Ramiro Neira será o mestre de ceremonias desta tarde-noite de festa.
2010
As festas en Galiza teñen un compoñente imprescindible: o canto. Non hai festa na que os participantes non rematen cantando. Así vén sucedendo desde séculos. O mesmo ocorreu co tempo do Nadal, ocasión propicia para converter a noite nunha manifestación de alegría colectiva e ilusión. Ao longo de xeracións foise transmitindo oralmente esta tradición, estes cantos que a Igrexa reconverteu en cantigas pagano-relixiosas que chegan até os nosos días. Coa intención de recuperarmos e continuarmos canta(...)
Cantos de Reis no Forumfolk (A Coruña) 20 de decembro de 2010 – 20 h: Cantos de Reis Concerto participativo coa colaboración das asociacións de música tradicional da cidade. Unha cita xa clásica co obxectivo de recuperar a fermosa tradición dos cantos de nadal. Se queres participar (grupo ou asociación) inscríbete con dous cantos de reis no e-mail forummetropolitano@coruna.es antes do día 26 de novembro. Ademáis organizaranse obradoiros para aprender cantos de reis nas bibliotecas municipais da Coruña
2009
O GRUPO DE ZANFONAS DE CÁNTIGAS DA TERRA E OSCAR FERNÁNDEZ NO FORUMFOLK DA CORUÑA O GRUPO DE ZANFONAS DE CÁNTIGAS DA TERRA E OSCAR FERNÁNDEZ NO FORUMFOLK DA CORUÑA Foliada ForumFolkO vindeiro luns 23 de marzo ás 21:00 h actuarán o Grupo de Zanfonas de Cántigas da Terra con Oscar Fernández no Forum Metropolitano da Coruña dentro do programa Forumfolk 09. Farán un percorrido dende os cantos tradicionais ata a zanfona contemporánea coa colaboración de Carlos Quintá e Pulpiño Viascón. Grupo de Zanfonistas e voces de Cántigas da Terra
2008
O Forumfolk de A Coruña invita aos cidadáns a intervir nun concerto O luns 22 de decembro o auditorio do Forum Metropolitano convertirase nuhna grande festa adicada aos cantos de nadal. O ciclo Forumfolk presenta como broche da súa programación de outono-inverno 08 o concerto participativo Cantos de Reis. Trátase dunha iniciativa da Concellaría de Cultura encamiñada á recuperación desta tradición. O concerto contará coa participación das distintas asociacións de música tradicional da cidade así como cos músicos Mini, Mero e Raúl Galego. Dende o Fórum Metropo(...)