"Foliada de Melide"
2018
27, 28 e 29 de abril ás 20:00h Melide. Un ano máis chega a tan esperada #foliadamelide a última fin de semana de abril. Estades preparados? :)
2016
Xira de Primavera de Os D'Abaixo Sábado 23 de abril na Foliada de Melide. Xoves 4 de maio ás 21h na Capela do C.C. Torrente Ballester (Ferrol). Venres 6 de maio ás 20h no Auditorio Carme Estévez (Vilalba). Sábado 21 de maio ás 00:00h no pazo da Peregrina (Ames), no Festival da Maía. Convidadxs a vir botar unhas bailas para ir quentando para o verán. Vémonos pola terra, esperamos que con bo tempo xa! Saúde!
22, 23 e 24 de abril. Melide, A Coruña VENRES 22 DE ABRIL Casa da Cultura a partir das 22h. - Estrea da curtametraxe "O tesouro da ferreña", unha producción en exclusiva para a Foliada de Melide - Actuación de Cantata Vernácula. SÁBADO 23 DE ABRIL MOSTRA DE ARTESANÍA E INSTRUMENTOS Abrirá as súas portas a partir das 11h e permanecerá instalada na Praza do Convento durante toda a fin de semana. Reunirá a artesáns de todo o país repartidos en vinte postos que abarcan den(...)
2015
VENRES 24 DE ABRIL Casa da Cultura a partir das 22:00h Os Melidaos Tromentelos SÁBADO 25 DE ABRIL MOSTRA DE ARTESANÍA E INSTRUMENTOS Abrirá as súas portas a partir das 11:00h da mañá e permanecerá instalada na Praza do Convento durante toda a fin de semana. CANTOS DE TABERNA Participarán dezaoito grupos e outros tantos locais de hostalería. OBRADOIRO DE BAILE TRADICIONAL O obradoiro levarase a cabo a partir das 18:00h na Praza do Convento MARCHA GAITEIRA As sete da tard(...)
2012
Programa do Seminario de Percusión (Melide) A Asociación de Gaiteiros Galegos, na súa pretensión de abarcar todos os ámbitos da música tradicional, organiza o vindeiro sábado 28 de abril como ven sendo habitual, coincidindo coa Foliada de Melide, un seminario que ao igual que as últimas edicións que espertaron un grande interese, versará sobre percusión tradicional. Os instrumentos de percusión moitas veces quedan relegados aun segundo plano, nembargantes a música tradicional galega é moi rica nesta tipoloxía de instrumentos, que compl(...)
A FOLIADA é un encontro cultural de música, artesanía e tradición. A dinamización e divulgación da nosa cultura e o noso folclore é unha das prioridades deste evento, que se celebra anualmente a última fin de semana de abril en Melide Concertos: Cé Orquestra Pantasma, Pepe Vaamonde Grupo (Sábado 28), Odaiko Percussion Group (Domingo 29), Serán Grupos participantes: 1. HERBA GRILEIRA (Melide) 2. FROITO NOVO (Melide) 3. POZO PEQUENO (Melide) 4. LEIRABUXO (Melide) 5. OS MEL(...)
2011
MOSTRA DE ARTESANÍA E EXPOSICIÓNS Os postos de artesanía permanecerán instalados durante toda a fin de semana na Praza do Convento. Reunirá a artesáns de todo o país repartidos en vinte postos que abarcan dende instrumentos de percusión, gaitas ou zanfonas ata confección de traxes tradicionais, talla de madeira, coiro… etc CONCURSO DE CANTOS DE TABERNA O sábado 30 de abril, na primeira xornada da Foliada celebrarase o 3º Concurso de cantos de taberna. Participarán quince formacións (...)
PRESENTACIÓN VII FOLIADA DE MELIDE O vindeiro venres 1 de abril presentaremos o programa da VII FOLIADA DE MELIDE na Sala 600. Para celebralo organizamos un serán no que participarán os grupos: - HERBA GRILEIRA (Melide) - LEIRABUXO (Melide) - TRIMUIÑOS (Toques) - A MARISTELA (Sobrado) - OS DA TROULA (Cesuras) A festa está asegurada!!!... quedades convidados
2010
SERÁN-PRESENTACIÓN VI FOLIADA DE MELIDE Xoves 18 de marzo ás 23:30h na SALA 600 (Melide) Grupos participantes: - HERBA GRILEIRA (Melide) - A MARISTELA (Sobrado) - FIADEIRA (Antas de Ulla) - TRIMUIÑOS (Toques) Organiza: Asociación Cultural e Musical O CASTELO Colectivo musical HERBA GRILEIRA
II CONCURSO DE CANTOS DE TABERNA A Asociación Cultural e Musical O Castelo organiza dentro da programación da VI FOLIADA DE MELIDE o “II Concurso de cantos de taberna” que se celebrará en Melide o sábado 24 de abril entre as 12:00h e as 15:00h BASES 1. Participarán un máximo de 12 grupos que serán incluidos por orde de inscrición 2. Os grupos participantes estarán compostos por un máximo de dez compoñentes 3. A inscrición é gratuita e poderase realizar mediante o e-mail da organización: foliadamelide[a(...)
2009
IV SEMINARIO SOBRE PALLETAS E PALLÓNS PARA GAITA GALEGA A Asociación de Gaiteiros Galegos quere convidarvos un ano máis ao Seminario sobre Palletas e Pallóns para Gaita Galega. Unha actividade que camiña pola súa cuarta edición, e a través da cal pretendemos dar a coñecer os segredos destes pequenos anacos de cana, fundamentais para acadar un correcto son e afinación na gaita. Así trataremos diversas temáticas, dende a historia das palletas á súa construción e tipos e a súa correcta selección, uso e mantemento. Este ano, o seminario celébrase o sá(...)
I CONCURSO DE CANTOS DE TABERNA na Foliada de Melide O vindeiro 25 de abril, dentro da programación da V FOLIADA de MELIDE, celebrarase o I CONCURSO DE CANTOS DE TABERNA pola zona de viños de Melide, na que participarán un total de 14 tabernas e 11 grupos. Se che gusta a festa, anímate e ven participar nas diferentes actividades encadradas no programa da V FOLIADA de MELIDE. AGARDÁMOSTE!!!
IV SEMINARIO SOBRE PALLETAS E PALLÓNS PARA GAITA GALEGA Asociación de Gaiteiros Galegos quere convidarvos un ano máis ao Seminario sobre Palletas e Pallóns para Gaita Galega. Unha actividade que camiña pola súa cuarta edición, e a través da cal pretendemos dar a coñecer os segredos destes pequenos anacos de cana, fundamentais para acadar un correcto son e afinación na gaita. Así trataremos diversas temáticas, dende a historia das palletas á súa construción e tipos e a súa correcta selección, uso e mantemento. Este ano, o seminario celébrase o (...)