"Foliada da Mariña"
2020
Cancelada/Adiada a XV Festa do Lacón e Foliada da Mariña 📢 📢 🦠 😷 Con moito pesar, pero tentando tomar a decisión correcta, a situación sanitaria levounos a cancelar (esperemos que simplemente mudar de data) a XV Festa do Lacón e Foliada da Mariña 😷🦠 . 🎟 Os tickets en venta anticipada devolverase nos mesmos establecementos que se mercaron 🎟 . Desculpade as molestias e confiamos en poder celebrar pronto esta XV edición
XV FESTA DO LACÓN E FOLIADA DA MARIÑA Sábado 14 de marzo 16.00 Obradoiros Infantís (a partir de 5 anos) - Complementos artesanais (Imavi) - Instrumentos musicais (Xaneco) 20.30 Festa do Lacón Sopa, lacón, pataca, chourizo, pan e bebida (9€*) *8€ venda anticipada en Estética Marta, Pizzería Cervecería Onde Sempre, Peluquería Carlos e Restaurante Pulpería O Refugio 22.30 Foliada -Pandereteiros de Cantigas e Agarimos (Santiago) -Argallo de Xacarandaina (A Coruña) -Gaiteiros e Pandereteiras de Santaia (Oleiros) -Pander(...)
2019
2015
XI Foliada da Mariña, Xove (Lugo) Sábado 12 de setembro a partires das 18:30 na Praza do Centro Cívico.
2014
2013
Sábado, 14 de Setembro de 2013 Carpa instalada no Centro Cívico de Xove 13.00 Pasarruas a cargo dos gaiteiros de Saiñas e a continuación sesión vermú 17.30 Xogos 21.00 Cea popular (churrasco, chourizo, tortilla, pan e bebida) 22.00 Foliada Organiza: Asociación Cultural Saíñas
2012
VIII Foliada da Mariña en Xove. Sábado 28 de Xullo. Con TUMBA E DALLE e TANTO NOS TEN Na carpa situada no Centro Civico - Xove - 13:00 h. Pasarrúas a cargo dos gaiteiros de Saiñas - 18:00 h. Xogos tradicionais -20:00 h. cea popular -21:30 h. Foliada popular con todos os asistentes -23:00 h. Concertos cos grupos (TUMBA E DALLE e TANTO NOS TEN)
2010
A Asociación cultural Saiñas de Xove vai celebrar o vindeiro sábado, 17 de xullo a VI FOLIADA DA MARIñA na carpa situada na praza do Centro Cívico de Xove. Comezaremos sobre as 14:00 h. con pasarrúas e actuación dos gaiteiros de Saiñas. A partires das 18:00 h. terán lugar os xogos tradicionais para pequenos e maiores no parque do Centro Cívico. ís 20:00 h. temos preparada unha cea popular que estará composta por empanada, tortilla, churrasco, chorizo, pan e bebida a un prezo de 10€.(...)
2009