"Fervenza de Músicas"

2016

(Ultima actualizaci??09-09-2016)

IX Fervenza de Músicas (Ouzande - A Estrada)

- concertos-

9 de setembro a partires das 22h en Ouzande. Con Os Buxantes, A.C. Xarandeira, Pana Raiada, Retrouso e Recanto

2015

(Ultima actualizaci??04-09-2015)

VIII Foliada de Música Tradicional en Ouzande

- concertos- A Fervenza de Ouzande-

A AC A Fervenza de Ouzande presenta o cartel da VIII edición da Fervenza de Músicas adicada á música popular e tradicional do pais. Terá lugar o próximo 11 de setembro, venres, e inclúese dentro do programa das festas do Socorro da parroquia.

Os grupos convidados este ano son:

Tequexetéldere (A Estrada)

Nai (Santiago)

Sonche Lerias (Vedra)

Retrouso(Ouzande)

Recanto (Ouzande)

2014

(Ultima actualizaci??03-09-2014)

IV Fervenza de Músicas (Ouzande - A Estrada)

- concertos- A Fervenza de Ouzande-

O venres 12 de setembro, ás vésperas das festas en Ouzande celébrase a "Fervenza de Músicas", unha foliada de música tradicional promovida pola Fervenza de Ouzande desde hai 7 anos e na que ademais de polbeiro haberá festa a cargo de varios grupos como son os estradenses Milgrandeira, os composteláns Vou Vir Vor Ver e A Xuntanza de San Pedro e mailos ouzandeses Recanto e Retrouso.

Milgrandeira parte da formación recibida na escola de música tradicional de Barbude e xa participaron en festas co(...)

2013

(Ultima actualizaci??28-08-2013)

FERVENZA DE MÚSICAS 2013 EN OUZANDE (A ESTRADA)

- concertos- Fervenza de músicas- A Fervenza de Ouzande-

VI FOLIADA DE MÚSICA TRADICIONAL. OUZANDE-A ESTRADA

O programa desta VI Foliada será o seguinte:

Dí­a: Venres, 6 de setembro de 2013

Hora: 22:00 h.

Lugar: Campo da Festa de Ouzande.

O campo estará cuberto por unha carpa e haberá posto de polbo e churrasco, así­ como servizo de bar. Actuacións Musicais:

O Ghusto do Boi (Boqueixón) 

Animada e animosa charanga de música tradicional e popular. Unha ducia de compoñentes, con moito instrumento de vento, percusión e acordeón. Presentes en more(...)

2012

(Ultima actualizaci??02-09-2012)

V Foliada de Música Tradicional en Ouzande (A Estrada)

- concertos- Fervenza de Músicas- A Fervenza de Ouzande-

GRUPOS PARTICIPANTES

Maravallada (Pontevedra)

Xuntanza dos Regatos (Orazo)

Os Tabernícolas (Santiago)

Retrouso (Ouzande)

Pana Raiada (Santiago)

O campo estará cuberto e haberá polbo e churrasco.

Posto de venda de camisolas e gorras, así como o primeiro disco de Retrouso, Ou.

2011

(Ultima actualizaci??06-09-2011)

IV Foliada de Música Tradicional en Ouzande (A Estrada)

- concertos- Fervenza de Músicas- A Fervenza de Ouzande-

A partir das 21:30 da noite do 9 de setembro de 2011 no Campo da Festa de Ouzande, A Estrada. Compartiremos festa cos grupos:

- Retrouso (Ouzande)

- Os Xeitosos de Trazo

- Gharatuzas (Santiago)

- Reviravolta (O Pino)

- Faíscas da Pontraga (Tordoia)

Haberá polbo e churrasco, servizo de bar, venda de camisolas do X aniversario da asociación, e toda a festa que queiras.

Campo cuberto.

2010

(Ultima actualizaci??08-09-2010)

III FERVENZA DE MÚSICAS EN OUZANDE, A ESTRADA

- concertos- A Fervenza de Ouzande-

A Asociación Cultural A Fervenza de Ouzande presenta a terceira edición da FERVENZA DE MÚSICAS, III Foliada de Música Tradicional para estas Festas do Socorro. A cita musical terá lugar o próximo venres, 10 de setembro, a partir das 9 da noite no Campo da Festa de Ouzande, A Estrada.

Os grupos convidados son:

A Requinta da Laxeira (Sarandón)

Os Xeitosos de Trazo

Regato de Matamulleres (Callobre)

Gharatuzas (Santiago)

Retrouso (Ouzande)

O campo estará cuberto (...)

2009

(Ultima actualizaci??09-09-2009)

II Fervenza de Músicas

- concertos- A Fervenza de Ouzande-

A Asociación Cultural A Fervenza de Ouzande presenta a segunda edición da FERVENZA DE MÚSICAS, II Foliada de Música Tradicional.

A cita musical terá lugar o próximo venres, 11 de setembro, a partir das 9 da noite no Campo da Festa de Ouzande, A Estrada.

Os grupos convidados son:

Os Xeitosos de Trazo

Regato de Matamulleres (Callobre)

Pana Raiada (Santiago)

Cé Orquestra Pantasma (home orquestra)

Retrouso (Ouzande)

+Foliada Aberta

O campo estará cuberto cunha carpa e haberá posto(...)

2008

FERVENZA DE MÚSICAS. I FOLIADA DE MÚSICA TRADICIONAL DE OUZANDE

- concertos- A Fervenza de Ouzande-

Presentamos un novo proxecto musical: fervenza de músicas. Trátase dunha foliada de música tradicional e popular que terá lugar o próximo venres 12 de setembro no campo da festa de Ouzande, a partir das 10 da noite.

Os grupos convidados son

Retrouso (Ouzande)

Regato de Matamulleres (Callobre)

Xa son faif (Teo)

Requinta da Laxeira (Vedra)

Por suposto estás convidado/a a vir pasalo ben, e se queres trae algún instrumento que non hai hora para o remate da festa.

Tere(...)