"Entroido"

(Ultima actualizaci??21-09-2019)

Espectáculo Os Ollos de Miss Margaret - Vilamarí­n

- concertos- Rebulir-

Domingo 29 de setembro ás 20h no Auditorio Municipal de Villamarín

Chega a VILAMARÍN "Os Ollos de Miss Margaret" un espectáculo da AC. Rebulir de Ramirás en colaboración coa compañía teatral Arunrun e coa participación do Grupo de Teatro de Vilamarín. Sobre o escenario recréanse diferentes escenas vividas e sentidas pola nosa protagonista, e que nos achegan a Galicia dos anos 20. Un país de contrastes, cunha rica e variada cultura que era encarnada e transmitida polos seus habitantes du(...)

(Ultima actualizaci??11-08-2019)

XXIV Festival As Nosas Músicas de COUSO (A Estrada)

- concertos- Festivais-

Mércores 14 de agosto

Sesión Vermú coa Requinta de Xián, e diversas actividades durante o día (Xogos Tradicionais, Danza no Entroido do Ulla, Iniciación ao baile). A partir das 22h, concerto dre Melidaos, Os da Porfía, Comando Curuxás, Campantes da Baña e Fanfarria Taquikardia

Foliada de Entroido en Boiro

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??09-03-2019)

- Festa-

Traémosvos unha sorpresiña para comezar o día! O próximo domingo 10 de marzo FOLIADA DO ENTROIDO 🎭🎶

A partir das 12:00h no porto de Escarabote ➡️ foliada con grupos da zona, xantar a prezos populares e sobremesa con filloas, orellas e música. Ao remate do Felipiño seguiremos a festa 🎉 e non vos preocupedes polo tempo... en caso de chuvia haberá carpa

Março na Arca da Noe (Vilar de Santos)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??09-03-2019)

- concertos-

Despois de desfrutar do entroido, começamos uma nova travessia: MARÇO

9 de março,

às 22h, concerto de Maskarpone

15 de março,

às 22h00, concerto de Raiceira

16 de março,

às 22h00, concerto de La Casa de los ingleses

17 de março,

às 20h30, Poemas+ concerto Arancha Nogueira + Quico Valeiras + Roberto Sobrado

22 de março,

às 22h00, concerto de Sara Cangas

23 de março,

às 22h00, concerto de O Modulador de Ondas

30 de março,

às 18h30, Espetáculo de Circo com Duend(...)

I Ruada de Entroido en Bandeira (Silleda)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??09-03-2019)

- Festa-

Sábado 9 de marzo

Boas camarada! Tendes gañas de festa? 🎉🎉🎉😍

Aquí vos deixamos o cartaz da I Ruada de Entroido que andamos a argallar, con grupos que vos iremos desvelando pouco a pouco ademáis de un milleiro de novas... ☺️☺️

Vaste perder esta cita? Agardámoste o día 9 a partires das 17:00h na praza do parque de Bandeira, prepara o teu disfraz e as túas ganas de troula. 👏💃

Se ademáis tes un grupo e che apetece (...)

(Ultima actualizaci??02-03-2019)

Romería de Entroido en Antas de Ulla

- Festa- A Legua Dereita-

Sábado 2 de marzo na Casa escola de Peibás

2018

(Ultima actualizaci??16-02-2018)

EntroiDanzas en Narahío

- concertos-

Sábado 17 de febreiro ás 20:00h

O Castelo de Narahío.

Sábado 17 de Febreiro entroido en Narahío para toda a familia e todas as idades co espectáculo Entroidanzas de Pesdelán.Aprenderemos a bailar danzas dos entroidos do mundo como o de Galicia,Perú, Brazil, Italia,etc..

- Ás 20:00 comeza a actuación de Pesdelán e ao remate do Entroidanzas pincharemos música ata máis ou menos media noite. Este ano facemos todo do tirón.

Vémonos no entroido en Narahío.

2017

(Ultima actualizaci??01-07-2017)

31 festival de Xirandola (A Bandeira. Silleda)

- concertos-

Sábado 1 de Xullo, ás 19:30 horas, na Bandeira (Praza Juán Salgueiro)

Seguindo coas actividades do noso 30 aniversario, queremos convidarvos un espectáculo ÚNICO, onde a música, canto, e baile, son PROTAGONÍSTAS ABSOLUTOS deste show de innovación cultural, onde a cultura musical e o baile se unen en tódolos seus niveis.

A mixtura da Asociación Cultural Xirandola, cos nosos amigos da Banda de Música Recreativa e Cultural de Bandeira e o Coro Vales Mahía serán os protagonistas deste evento, xunt(...)

(Ultima actualizaci??24-02-2017)

Máscaras Tradicionais de Entroido no Museo do Pobo Galego (Compostela)

- concertos-

Venres 24 de febreiro ás 19:30h

Museo do Pobo Galego.

San Domingos de Bonaval s/n.

Santiago de Compostela.

Conversa coa antropóloga e profesora da Universidade Nova de Lisboa Paula Godinho, sobre os entroidos galegos e as facultades do riso como estratexia popular e desta festa como subversión.

Entrada libre.

2016

(Ultima actualizaci??21-07-2016)

Entroido Quente de Maceda (Ourense)

- concertos-

Sábado 23 de xullo

Superoito

Liska

Cuchufellos

(Ultima actualizaci??01-07-2016)

XXX festival de baile e música tradicional Xirandola

- concertos- Xirandola-

Sábado 02 de xullo

A Bandeira

Este Sábado día 2 de Xullo #vive en directo o noso XXX festival de baile e música tradicional Xirandola.

Será a partir das 19:30 horas na Praza Juán Salgueiro (antiga Praza do Entroido), en A Bandeira.

Ademáis de participar no festival o noso maravilloso grupo de acompañamento, faráo toda a escola de baile e o grupo de baile. Contaremos tamén coa estrea dos nosos #GRANDES #XIGANTES, a nova formación da Asociación Cultural Xirandola feita fai só un ano e que d(...)

(Ultima actualizaci??05-02-2016)

Vindeiros concertos de Gramola Gominola

- concertos-

Luns 8 de Febreiro de 2016, 17.00 h

Cidade da Cultura de Galicia - Santiago de Compostela-Gaiás

Baile de Entroido Chinés coa música en directo de A Gramola Gominola

Venres 11 de marzo de 2016, 18:30 h

Casa da Cultura de Bertamiráns

Ames (AGADIC-Rede de Teatros e Auditorios)

(Ultima actualizaci??05-02-2016)

Vai de Roda, Habelas Hainas e Carapous no Domingo de Entroido de Rianxo

- concertos-

Domingo de entroido (7 de febreiro) na Praza Castelao, en Rianxo:

sesión vermú coa charanga tradicional de Vai de Roda, un cocidiño e concerto de Habelas Hainas e Carapaus.

"Xa chegou febreiro entroito

cos seus días vinteoito,

que si chegha a ter mais catro,

non queda nin can nin gato

...nin raposa no burato!"

(Ultima actualizaci??22-01-2016)

Gala X Aniversario Armadanzas de Laraño (Compostela)

- concertos- Armadanzas-

Domingo, 31 de xaneiro ás 19h no Auditorio Abanca (Rúa do Preguntoiro)

A Gala X Aniversario dos Armadanzas de Laraño será un espectáculo no que o fío condutor é a historia de María, unha rapaza Zamorana que chega a Compostela, para realizar os seus estudos universitarios. Na facultade coñece a Xan, natural de Laraño, amante da música, baile e costumes tradicionais. A obra fará un percorrido polas festas anuais de Compostela. Dende as celebracións máis rurais, como o San Martiño de Laraño; (...)

2015

(Ultima actualizaci??15-05-2015)

Cerne no De Catro a Catro (Vigo)

- concertos-

Sábado 16 de maio ás 22h no De Catro a Catro

Entrada de Balde.

Cerne é un grupo de gaiteiros que nace no vrán do 1996 a raíz dunha idea que xa levaba anos madurando, os seus compoñentes proceden de outros grupos,nos que beberon toda a enxebreza da música galega, acadando unha extensa formación popular.

Xúntanse todos nesta idea camada CERNE con un par de obxetivos ben clarificados:

-Transmitir toda a forza i enxebreza da música tradicional Galega.

-Traballar en novos temas, sen perder(...)

(Ultima actualizaci??20-02-2015)

73 Foliada no Lar (As Pontes)

- Festa- Foliada no Lar-

Pasado o Entroido, maravillosamente acompañado de esa dieta lixeira do cocido, as orellas e os freixós, voltamos as Foliadas do Lar onde a Música, as voces d@s cantareir@s e os bailes tradicinais se dan cita cada derradeiro venres de mes.

Este mes somos o Grupo No Cómbaro os responsables da 73 Foliada, polo que nos sentimos ben satisfeitos de poder contar para a ocasión coa A. C. Buxainas de Cedeira e coa A. C. A Mámoa de Luou (Teo). Dúas asociacións que están a divulgar e espallar a música e(...)

(Ultima actualizaci??13-02-2015)

Foliada de ENTROIDO no C.S. En Pé (Pontevedra)

- Festa-

Sábado 14 de Febreiro a partires das 22:30

(Ultima actualizaci??13-02-2015)

Entroido e VI Concurso de Tapas na Baiuca (Arteixo)

- concertos- aPenultima- abaiuca-

Esta fin de semana na Baiuca xúntanse festa, entroidada e gastronomía, co VI Concurso de Tapas de Arteixo.

A tapa baiucana leva por nome "Fol De Mar", delicatessen feita cun chipirón recheo de gambas e gulas en salsa mariñeira, e por suposto non será o único fol da noite do venres e o sábado; a música e a boa compañía están aseguradas. Non faltes!

2014

(Ultima actualizaci??21-08-2014)

Peitieiros acolle presentación do proxecto “Elelelos” da Asociación Retrouso de Cela dentro da Semana Cultura

- concertos- Retrouso de Cela-

 Este xoves 21 de agosto, ás 20:30h, o Centro Cultural de Peitieiros acolle a presentación do proxecto “Elelelos” da Asociación Retrouso de Cela dentro da Semana Cultural, que precede o XXI Festival Folclórico Internacional. A presentación terá lugar no Salón do Centro Cultural e a entrada é libre.

 O proxecto “Elelelos”, músicas de tradición oral no Concello de Bueu, será presentado por Guillerme Ignacio produtor artístico do proxecto, profesor de perfeccionamento da aula de pandeireta de (...)

(Ultima actualizaci??27-06-2014)

Presentación en Bueu do Proxecto Elelelos

- concertos-

Este venres, 27 de xuño estréase oficialmente o proxecto Elelelos: Músicas de tradición oral no Concello de Bueu, en concerto. Será ás 20.00h, de balde, no Centro Social do Mar, no centro da vila morracense.

O espectáculo estará centrado na interpretación das pezas do disco por parte dos músicos da Asociación Cultural Retrouso de Cela, responsables da iniciativa, aínda que, por ser a presentación oficial contará con varias sorpresas especiais.

A primeira será que haberá un recoñecemento públ(...)

(Ultima actualizaci??28-02-2014)

antroido 2014. OUZANDE FAXION WEEK (A Estrada)

- entroido2014- A Fervenza de Ouzande-

A semana da MODA EN OUZANDE. Hai que irse preparando porque este antroido a parroquia ponse de etiqueta: top model, príncipes e raíñas, famoseo, drags queens, paparazzis, seguratas, e a tendencia deste ano: as KATIUSKAS... Así que, se tés ganas de participar, asiste á reunión do próximo sábado 22 de febreiro ás 5 da tarde no local social do campo da festa: podes traer ideas, disfraces, complementos, instrumentos... ESTÁN CONVIDADOS ESPECIALMENTE TODOS OS RAPACES E RAPAZAS DA PARROQUIA. Ademais(...)

(Ultima actualizaci??28-02-2014)

Entroido en Bandeira - Asociación Cultural Xirandola

-

Venres 28, a partires das 20:00 gran #vellada polas rúas da vila co tractor filloeiro... se vés vestido de vello tes unha filloa, chourizo e un vaso de viño de balde!

O sábado 1, pola mañá, representación teatral a cargo dos #cabezudos e pola tarde desfile de entroido e Alto dos Xenerais. Xa entrada a noite, gran festa de entroido no pavillón municipal con verbena e troula ata que o corpo aguante

(Ultima actualizaci??28-02-2014)

Os vellos entroidos que veñen

- entroido2014-

CULTURAGALEGA.ORG

Cada vez son mais a iniciativas que pulan por recobrar festas de Entroido por todo o pais. A volta do Merdeiro de Vigo, o Entroido Ribeirao de Lugo ou o retorno a Compostela dos Xenerais do Ulla son so alguns exemplos recentes dunha tendencia cada vez mais forte. No entanto, a ansia de espectaculo ou o excesivo particularismo poden deturpar estas celebracions. Rafael Quintia, da Sociedade Antropoloxica Galega, fala con nos sobre estes procesos ao abeiro da II Xornadas sobr(...)

(Ultima actualizaci??28-02-2014)

Entroido Vigo 2014. Programación

- entroido2014-

(Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo)

Mañá comenzarán seis días de festa para tódalas idades. Seis días de Entroido nos que disfrutaremos de concursos, desfiles, a queima do Meco, música, baile...

A Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo temos todo preparado. A continuación poderedes saber os horarios de tódalas actividades programadas para o Entroido de Vigo 2014.

- Venres 28 de Febreiro

Murgas, charangas, merdeiros e treboadas animarán as ruas dende a (...)

(Ultima actualizaci??07-03-2014)

Foliada de entroido en Salason (Cangas)

- Festa- entroido2014- aPenultima- Salason-

Venres, 7 de marzo / 23:00 h.

Tóda-las persoas que acudan disfrazadas teñen a primeira copa a metade de precio, animádevos!!

(Ultima actualizaci??28-02-2014)

Entruido nas escolas Semente no Centro Cívico de Teis (Vigo)

- entroido2014-

PGL - As Escolas de Ensino Galego Semente celebram o entruido com vontade pedagógica e participativa. Da Semente Vigo tenhem marcado o encontro "sementando a semente" para sábado, dia 1 de março, em Teis; da Semente Compostela organizam entre os dias 3 e 5 de março o acampamento "as peliqueiras picheleiras".

(Ultima actualizaci??28-02-2014)

Mes de Marzo cheiño de actividades en A Baiuca (Arteixo)

- concertos- entroido2014- aPenultima- abaiuca-

A BAIUCA ferve!!!

Día 1, sábado: Entroido con pratos de cocido galego e postres tradicionais da época… E boa música!!!

Día 8, sábado: II sidrada nA BAIUCA con sidras de Euskadi, Asturies e por suposto as galegas + Viandas propias do tempo.

Día 14, venres: Presentación para a prensa e público o C.D. “Crossing” de Andrés Penabad.

Día 15, sábado: San Patricio 2014, patrón de Irlanda con festas de Guinness e Murphys + Jam Session.

Día 22, sábado: Iº Aniversario dA BAIUCA: Festa Racha(...)

(Ultima actualizaci??28-02-2014)

Tradicional Pasarrúas de Antroido da ETRAD…Imos de ruada! Venres 28 de Febreiro. 17hs.

- concertos- entroido2014- E-Trad-

Chega o antroido e na ETRAD aproveitaremos para disfrazarnos e reunirnos tod@s previamente na escola para ensaiar as coplas deste ano. Unha vez que estemos preparados sairemos á rúa a facer un pouco de festa e amosar ás nosas coplas a quen as queira escoitar e desfrutar con nós.Venres 28 de febreiro

17h

Auditorio Milladoiro

Entrada libre

(Ultima actualizaci??28-02-2014)

Celebración Entroido Antrospinos. "Bituin de Tris"

- entroido2014-

Este venres, 28 de Febreiro, o Entroido celébrase en Taragoña (Rianxo), da man de Antrospinos.

O xa famoso Bituin de Tris, chega xa á sua cuarta edición.

Ó esceario do Centro Cultural de Taragoña, subiranse imitadores de artistas, tales como Paloma San Basilio, Happiness, Marta Sánchez, David Bustamante, Pimpinela entre outros moitos, que de seguro o farán pasar en grande ás persoas que se acerquen ata o Centro Cultural.

(Ultima actualizaci??28-02-2014)

Cea de Entroido e concerto de Recambios Tucho en Corcubión

- concertos- entroido2014-

Sábado, 1 de marzo

Chega o entroido, e non pode faltar a cita do Praia de Quenxe!

Este ano aparte de ofrecerche a habitual cea de entroido, tamen che ofrecemos, xunto ou por separado, un pedazo de concerto!

Como cea, teremos un menú inspirado nesta época a un prezo imbatible!

Lacón prensado e pimentón

Croquetas de cocido

Orella en tempura

Codillo asado, puré de pataca

e tomatiños

Filloa rechea e mini orella

Viño branco e tinto

Auga

Café e infusións

(...)

(Ultima actualizaci??28-02-2014)

Entruido no Gaioso (Atochas - Monte Allto, Corunha)

- Festa- entroido2014-

Sábado, 1 de marzo

Rua Marcóni 9, rés-do-chao esquerda, Corunha (Atochas - Monte Allto)

Para o sábado 1 de março o Centro Social está a preparar um entruido bem animado.

Será a partir das 21h e podes trazer, para além do teu disfarce, instrumentos para a foliada. Nós daremos chouriços com pam de graça. Será que nom tés pensado vir?

Entruido no Gaioso

(Ultima actualizaci??28-02-2014)

Entroido na C.S.A. a Cova dos Ratos (Vigo)

- Festa- entroido2014-

Sábado, 1 de marzo

C.S.A. a Cova dos Ratos - Rúa Romil nº 3 (Baixo). Vigo- Gz

Este vindeiro sábado 1 de marzo, a partires das 20:30h, achégate polo C.S.A. a Cova dos Ratos e vén celebrar o entroido coa escola de ensino galego Semente Vigo. Haberá proxección, cea solidaria vegana a prezos populares e foliada. Aquí vos deixamos os horarios:

20:30h: Proxección do documental “Os merdeiros, a recuperaçom”. Documental que trata sobre a recuperación de esta figura do entroido Vigués na zona v(...)

(Ultima actualizaci??28-02-2014)

Festa de Antroido da ARC Os Tilos (Compostela)

- entroido2014-

Rúa Ameneiro, número 8, 15894

Este venres 28 dende ás 17:00h. celebra con nós a chegada do Antroido, participa na festa que temos organizada para toda a familia.

E se o teu é a cociña podedes participar no Concurso de pratos típicos de Antroido. (recepción ata ás 17:30h. antes do comezo da merenda).

Soci@s: gratuito

Non soci@s: Adultos/-as: 2€ --- Nenos/-as: 1€

Contamos con todos e todas vós para pasar un gran tarde en familia!!!

(Ultima actualizaci??28-02-2014)

Seráns da Nave (Compostela) - SERÁN DE ENTROIDO!!

- Festa- entroido2014-

Xoves 6 de marzo

A Nave de Vidán (Av. Mestra Victoria Míguez, 44, Compostela)

Serán de entroido! Vide disfrazados/as!

Quen vén tocar esa noite?

21h30 . Obradoiro de baile con Marcos Botana

22h30 . AF Colexiata do Sar

23h15 . Carapaus

24h00 . Arrueiro

01h00 . Foliada aberta até ás 03h00

(Ultima actualizaci??27-02-2014)

Deixandar e O Son da Triga na III Festa de Entroido de O Rosal

- concertos- entroido2014-

Deixandar, grupo rosaleiro de música tradicional galega, actuará este venres 28 de febreiro (22:00 horas) xunto con O Son da Triga, do Condado, na terceira edición da festa de Entroido, "Da-lhe co Sacho", organizada polo Centro Social Fuscalho (A Guarda).

Tal e  como reza o cartel, a partir das 19:00 horas, haberá xogos populares (zancos, lanzamento de boina...), premio ao mellor disfraz, etc.

Máis información: http://fuscalho.blogspot.com.es/

(Ultima actualizaci??27-02-2014)

VI HORA GALEGA NO BAR BALOCA (CAMBADOS) COINCIDINDO CO VENRES DE ENTROIDO

- Festa- entroido2014-

Venres, 28 de Febreiro

AS BULIDEIRAS DE FONTECARMOA ANIMARÁN O ACTO

Aínda que coincide co Venres de Entroido, o Bar Baloca non quixo deixar pasar a oportunidade  para proceder  a celebración do VI Hora Galega, onde repiten as Bulideiras de Fontecarmoa, quen xa deran o callo na III edición. Ademais os do Baloca anímanos a ir disfrazados, pois coincide con Venres de Entroido e ademais hai o excepcional sorteo do XAMÓN, podedes mercar as rifas durante esta semana e o mesmo día no Bar Baloca. Dur(...)

(Ultima actualizaci??25-02-2014)

48ª NOITES DE TASCA EN TORDOIA

- Festa- entroido2014- Noites de Tasca-

VENRES 7 MARZO,  a partir das 21:30 hNa Cercecería BRINCADEIRA (na praza do concello da Pontepedra-Tordoia)NOITE DE TASCA ESPECIAL ENTROIDO!O protagonista desta noite será o grupo:O CAPITÁN CO GHALLETOda A.C.D. Galanía de Muros (A Coruña)Despois... FOLIADA!!!Vide tocar con nós e disfrazados, haberá agasallos!

O CAPITÁN CO GHALLETO, naceron como grupo de gaiteiros dentro da A.C.D. Galanía de Muros, da man de Serxo Núñez Martínez. Eles son, Marcos, Laura, Jessica, María, Iván, Manu, Chema e Ja(...)

(Ultima actualizaci??21-02-2014)

64 Foliada das Pontes

- Festa- entroido2014-

O vindeiro venres 28 de Febreiro tocanos a OS TREVILLAS organizar a Foliada das Pontes, que se celebra na cafeteria LAR, o último venres de cada mes.

Coincidindo esta co venres do Entroido, animámosvos a que veñades disfrazados, facendo así unha foliada distinta.

Estaremos acompañados dos grupos:

- QTRASDASPONTES FOLK

- QUADRILHA DO CAMPO DE CHAO

Esperamosvos e suguro que o paseremos moi ben.

(Ultima actualizaci??03-02-2014)

Febreiro nas Crechas

- concertos- aPenultima- Crechas-

Mércores 12, 19 e 26 ás 22h30 – 1€

FOLIADA coa Banda das Crechas

Xoves día 6 ás 21h30 – 4€

EÑAUT ELORRIETA

O circuito estatal 'Girando por Salas' tráenos a este cantor basco para presentarnos 'Deserriko Kantak' (cancións do desterro), un traballo no que se fala de patria e de exilio desde puntos de vista ben dispares. Ademáis dos seus propios textos, Eñaut musica tamén o desterro político de Joseba Sarrionandia ou Joan Oliver e o desterro poético de Mario Benedetti ou Bernardo Atxaga.

h(...)

2013

(Ultima actualizaci??08-02-2013)

Desfile de Folións e Festa do Cabrito en Vilariño do Conso - Viana (Ourense)

- Entroido 2013-

Sábado 9 de Febreiro, a partires das 19h

Percorridos dos fulións polo pobo e bodegas, cos Versos de permiso.

Domingo 10 de Febreiro

11:30 Desfile dos folións denende a rúa Toural ate o colexio municipal.

14:30 Xantar popular

2012

(Ultima actualizaci??22-11-2012)

De Serán en Romaría - I Espectáculo de Baile e Música Tradicional Traspés

- concertos- Traspés-

Domingo 25 de novembro de 2012 ás 21h

Auditorio Pazo da Cultura Mar de Vigo, Vigo (Pontevedra)

Organiza: Asociación Cultural Traspés

Colabora: Concello de Vigo

Entradas: Servinova

O Grupo de Música e Baile Tradicional Traspés é unha entidade adicada á recuperación, investigación, conservación e difusión do folclore.

Este espectáculo amosa a través de relatos, música e baile, as vivencias dun tamborileiro que percorreu grande parte da xeografía galega por mor das inquedanzas do seu tío, o(...)

(Ultima actualizaci??01-03-2012)

Xoves 1 de Marzo - Serán no Sarela (Compostela)

- Festa- Serán- Sarela- Seráns en Compostela- Vai de Roda-

Xoves 1 de marzo (21:30h)

Discoteca O Sarela (Rúa da Codeseira de Vidán, Compostela)

“Seráns en Compostela agora no Sarela!”

Para superar a fin do entroido vide botar unhas bailas!

Quen vén tocar esa noite?

21h30 . Obradoiro con Javier Magariños (A Ponte Vella e Cantigas e Agarimos)

22h30 . A Ponte Vella

23h15 . Asc Agarimo

24h00 . Vai de roda

01h00 . Foliada até que o corpo aguante!

(Ultima actualizaci??21-02-2012)

Entroido en Salcedo

- Entroido-

Sábado 18 de febreiro:

22:00h. Representación teatral no Local Multiusos da Asociación

00:00h. Disco Móvil.

Domingo 19 de febreiro:

17:00h. Pregón a cargo de Olga Novo

18:00h. Madamas e Danzantes acompañados polo grupo Aires da Poxa

20:00h. Baile amenizado pola orquestra Charleston Big Band e o dúo Sabor Latino

22:00h. Representación teatral no Local Multiusos da Asociación

00:00h. Verbena amenizada pola orquestra Charleston Big Band e o dúo Sabor Latino

Luns 20 (...)

Xoves de Compadres en Viana do Bolo

- Entroido-

Marca o inicio do Entroido, celebrándose a dous xoves antes do Domingo Gordo. Neste día empezan as fariñadas, podendo botar soamente os homes as mulleres. Pola noite gran folionada e cea de Compadres, dándose lugar multitudes de ceas só de homes. Dende as primeiras horas do día colga dun mástil habilitado na Praza Maior, O Lardeiro, un meco que se encargan de elaborar as mulleres da vila roubándolle prendas os homes. O Lardeiro agarda ata o seguinte xoves en espera de compaña.

(Ultima actualizaci??09-02-2012)

Entroido de Verí­n (Ourense)

- Entroido-

Dende o 9 ao 21 de febreiro, a localidade de Verín acollerá a celebración dun dos Entroidos máis participativos, ancestrais e orixinais de Galicia, declarado Festa de Interese Turístico Nacional desde o ano 2009.

XOVES DE COMPADRES (9 DE FEBREIRO DE 2012)

Tras a primeira saída dos cigarróns no día de San Antón, arrinca o Entroido 2012 co Xoves de Compadres. Despois de cear nos restaurantes do municipio e a partir da media noite, os homes e mozos verinenses percorrerán as rúas Montemaior, a(...)

Concertos para celebrar o ano de Pelusco (Pontevedra)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??08-02-2012)

- concertos- Foliada- Leo i Arremecaghoná- Chotokoeu- Güintervan- Entroido-

O Pelusco

Rúa Barón Nº13 - Pontevedra

XOVES 9 FEB • 22.30h Concerto MALA HERBA+A MÁQUINA DE METER MEDO

VENRES 10 FEB • 23.00h FOLIADA ¿Recordades a da inauguración?¡Pois repetimos! E cun barril de cervexa rubia de balde!

SÁBADO 11 FEB • 21.30h CUMPRIMOS UN ANO!

—Festival na Sala Karma—

LEO I ARREMECAGHONÁ

CHOTOKOEU

GÜINTERVAN

ENTRADA: 7€ anticipada e 9 € taquilla.

Coa túa entrada, consumición mínima no Pelusco a partir da 1.30h.

MÉRCORES 15 FEB • 22.30h NOITE DE RAP–FREESTYLE (...)

(Ultima actualizaci??08-02-2012)

Crea a túa copla e participa no entroido coa E-trad (Vigo)

- concertos- Entroido- E-Trad-

Estamos a poucas xornadas do Entroido, en moitas vilas e Galicia xa se están a celebrar as actividades previas. Na e-trad, como corresponde dentro do "ciclo anual", querémolo celebrar cunha convocatoria de creación de coplas.

FORMATO: As coplas teñen que ter forma de cuartetas (Ex. Unha pera dúas peras, non tiña máis a pereira, unha pera para o xastre, outra para a costureira)

OBRADOIRO: O vindeiro Venres 10 de Febreiro terá lugar na aula 5 un obradoiro de cantigas de Entroido impartido por(...)

(Ultima actualizaci??02-02-2012)

Serán de Entroido no Sarela

- Festa- Serán- Sarela- Seráns en Compostela-

Xoves 2 de febreiro (21:30h)

Discoteca O Sarela (Rúa da Codeseira de Vidán, Compostela)

“Seráns en Compostela agora no Sarela!”

ENTROIDO!

Non teñades vergoña en vir disfrazad@s!

Ademais este mes sortearemos un “kit” para facer cocido!

Quen vén tocar esa noite?

21h30 . Obradoiro de iniciación ao baile

22h30 . A. F. Colexiata de Sar

23h15 . Orquestra Os Modernos

24h00 . Os Viqueiras de Ordes

01h00 . Foliada até que o corpo aguante!

2011

(Ultima actualizaci??01-08-2011)

RAIGAME, Espectáculo Castro-Floxo .Xornadas de Folclore

- concertos- Raigame- Castro-Floxo-

O Grupo Castro-Floxo porá en escea a Raigame, un espectáculo que resalta música, baile e tradicións recompiladas nos máis de 30 anos de historia do colectivo.

Seguindo o guión desenvolto recentemente no Auditorio Ilduara de Celanova , polo taboleiro irán pasando diferentes manifestacións tradicionais como eran os fiadeiros, as romarías, os pasarrúas de Cabezudos, o entroido, os xogos dos nenos... Desta vez contase coa colaboración dun Folión de Viana do Bolo, que fará tremer o teatro.

Des(...)

(Ultima actualizaci??22-06-2011)

As Polafí­as da Asociación de Escritores superan os 300 videos de tradición oral en Internet

- Polafía-

Desde 2007, a Asociación de Escritores en Lingua Galega desenvolve, a través da súa sección de Literatura Oral, as polafías. Esta iniciativa recolle contos, cancións e historias populares en encontros por todo o país e súbeas á rede. Antonio Reigosa, coordinador desta iniciativa, explícanos como funcionan e ata que punto axudan a mudar a percepción sobre as nosas propias tradicións.

Xuntar un grupo de xente de certa idade do rural nun local e nunha data concreta. Ilos facendo pasar por un es(...)

(Ultima actualizaci??03-05-2011)

De Serán en Romaría

- concertos- Serán-

Sábado 7 de maio de 2011 ás 21h

Auditorio do Centro Sociocultural de Beade, Vigo (Pontevedra)

O Grupo de Música e Baile Tradicional Traspés é unha entidade adicada á recuperación,

investigación, conservación e difusión do folclore.

Este espectáculo amosa a través de relatos, música e baile,

as vivencias dun tamborileiro que percorreu grande parte da xeografía galega

por mor das inquedanzas do seu tío, o gaiteiro Serafín.

Nos seus espectáculos, Traspés recrea escenas pasadas,(...)

(Ultima actualizaci??06-03-2011)

II Serán de entroido da cidade de Vigo organizado por O Fiadeiro

- Festa- Terribles de Donas- Tanxedoras- Pelepau- O Fiadeiro-

Hora comezo: 19.00

Lugar: Praza da Constitución (Vigo)

Actuarán diversos grupos:

1. Pelepau (Vigo)

2. Charanga O Fiadeiro (Vigo)

3. Pandereteiras "As Boubas" (A Coruña)

4. Os Terribles de Donas (Gondomar)

5. Tanxedoras (Vigo)

6. Grupo de gaitas "Os Xirifeiros" (Carril)

7. Pandereteir@s O Fiadeiro (Vigo)

Presenta: Carlos Veleiro

Repartiranse filloas, orellas e chocolate a tódolos asistentes.

Organiza: ACF O Fiadeiro

Patrocina: Concellería de cultura e animac(...)

(Ultima actualizaci??19-02-2011)

26ª Noite de Tasca en Trazo

- Festa- Noites de Tasca-

O vindeiro venres 4, a partir das 22:00 h na Parrillada "CAMPO"en Trazo, celebraremos

a 26ª edición das Noites de Tasca ca presenza do grupo FAISCAS DA PONTRAGA (de

Tordoia) que tocará nesta noite de Entroido antes de comezar a Foliada.

Animávovos a participar no Concurso de Aturuxos, xa vamos pola 6ª eliminatoria e

queda pouco para a semifinal.

Colaboran: O Concello de Trazo e a Asociación OS XEITOSOS DE TRAZO.

(...)

2010

(Ultima actualizaci??01-10-2010)

I Festas Alternativas San Froilán

- concertos-

Sábado 2:

* 19:00h : Teatro contra a corrupción Lugar: Praza maior

* 21:00h : Pinchada ska,reggea.. Lugar: CS MADIA LEVA!

* 22:00h : Concerto Punk

COMANDO ROBALY Lugar: CS VAGALUME

Luns 4:

*19:00h : Concurso de tapas, (...)

(Ultima actualizaci??13-02-2010)

O Laboratorio de Sons sae á rúa

- Festa-

O sábado 13 de febreiro os nenos e nenas do Laboratorio de Sons farán unha saída á Praza da Ferrería co gallo da celebración de Entroido. A actividade comezará a partir das 11 da mañá. Levarán instrumentos, irán disfrazados, tocarán e cantarán cancións populares, mofaranse agarimosamente de calquera que pase por

alí, invitando ós paseantes pontevedreses a unirse á festa. Irán cos mestres da AFI e do Laboratorio Jose, Xurxo, Gema e Pepa.

(Ultima actualizaci??12-02-2010)

I serán de entroido no Casco Vello de Vigo o 14 de Febreiro

- Festa- Serán- Xacarandaina- O Fiadeiro- Cantigas e Agarimos- Xiradela-

Estimad@s amig@s, temos o pracer de convidarvos ao I serán de entroido que se celebrará o domingo 14 de febreiro de 19.00 a 22.30 horas na Praza da Constitución, organizado pola ACF O Fiadeiro, coa colaboración da AVC Casco Vello e financiado pola Concellaría de Cultura do Concello de Vigo. Gustaríamos contar con tod@s vós para gozarmos xuntos da música tradicional da nosa terra e botar uns bailes nunha das prazas máis emblemáticas da cidade, no pleno corazón da zona vella de Vigo como é a pra(...)

2009

(Ultima actualizaci??28-12-2009)

EXPOSICIÓN. Unha Ollada ao Pasado. Fotografías Antigas de Ramirás

-

Ás sete da tarde deste domingo, día 27, a alcaldesa de Ramirás, Pilar Otilia López, xunto a outros membros da Corporación deste Concello e o director da Escola Rebulir, inaugurarán a mostra “Unha Ollada ao Pasado” que está organizada por esta escola, e que permanecerá aberta no Centro Sociocultural de O Picouto, Concello de Ramirás, ata o día 9 do mes de xaneiro.

Rebulir sinala que, despois do éxito acadado esta pasada fin de semana polo IV Festival de Baile e Música Tradicional, sigue a pro(...)

(Ultima actualizaci??26-05-2009)

II Concurso de Fotografía Antiga - Rebulir

- concertos- Fotografia Antiga- Rebulir-

A Escola de Baile e Música Tradicional Rebulir en colaboración co Concello de Ramirás e o Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo “Xocas” da Deputación de Ourense, convoca o II Concurso de Fotografía Antiga. Este bosquéxase como principais obxectivos: recuperar da memoria fotográfica de Ramirás e Comarca de Terras de Celanova, , fomentar a investigación, recolleita e indagación de tipo etnográfico entre os participantes, e servir de base para estudar as costumes, traxes, instrumentos, oficios, (...)

(Ultima actualizaci??23-04-2009)

Tanxedoras presenta en directo o seu primeiro disco

- concertos-

Vén de saír á rúa o debut discográfico de Tanxedora, unha formación integrada por cinco mulleres que levan anos mergulladas na música tradicional e de raíz. Esta carta de presentación chega da man de Pai Música. O disco será presentado ao vivo o sábado 25 de abril no Centro Cultural Caixanova.

Leni, Yoli, María, Margó e Tere son as vocalistas que artellan a proposta musical de Tanxedora, unha(...)

(Ultima actualizaci??20-03-2009)

2º concerto aberto de aCentral Folque

- concertos-

Este sábado 21 de marzo terá lugar o segundo concerto aberto de aCF

coas novas propostas do alumnado. Será no centro de ensino da

escola no parque de Vista Alegre a comezar ás 20.30 h.

Será unha escolma de pezas das distintas aulas de instrumento que

se imparten no centro en varios formatos: dúos, tríos, cuartetos,

conxuntos…

Tamén se presentarán as propostas dos combos colectivos,

especialmente o dirixido por Roberto Sala, que leva desde inicio de

curso traballando co repertorio(...)

Entroido en agalega.info

-

O Troteiro é o personaxe central do Entroido en Bande

En Laza celebran o Luns Borralleiro coa tradicional farrapada

En Xinzo as protagonistas son as pantallas

En Verín estréanse os cigarróns co gran desfile

Os folións e os boteiros percorren as rúas de Vilariño de Conso e Viana

Os felos de Maceda estrearon o Entroido percorrendo as aldeas do concello

A provincia de Ourense está mergullada no Entroido

Elaboración das máscaras dos peliqueiros en Laza

Xinzo celebra o domingo c(...)

Entroido na Illa de Arousa

-

No Concello de A illa de Arousa o Entroido vai de venres a martes de Entroido, termina o mércores de cinza, e a seguinte fin de semana son sábado de carrozas e domingo de comparsas. É especialmente concurrido o luns, chegando xente de toda a comarca, algúns en autobuses especialmente fletados para participar no Entroido. Os disfraces desa noite soen ser vistosos, moi elaborados, e os mesmos saen tamén o martes pola tarde.

Ponteareas vístese de entroido

-

Xoves, 19 de febreiro.

- 18,00 h.: Obradoiro de maquillaxe de entroido

para nenos na Biblioteca Municipal de Ponteareas.

Venres, 20 de febreiro. “O entroido das escolas”

- 11,30 h.: Desfile das comparsas dos colexios de

Ponteareas polas rúas do casco urbano da vila, saída

dende cada colexio ata a Praza Maior onde

cada centro poderá cantar ou ler as súas coplas.

Para rematar queima do meco.

- 16,30 h.: Obradoiro de maquillaxe de entroido

para nenos na Axencia de Lectura de Xinzo.

Sábad(...)

(Ultima actualizaci??21-02-2009)

O pavillón de San Marcos acolle este domingo o día grande do Entroido en Abegondo

-

O baile de Entroido estará amenizado pola orquestra Foliada

Abegondo, 20 de febreiro de 2009.- O Concello de Abegondo ten programado como acto central das datas de Entroido unha festa que se vai celebrar no pavillón polideportivo municipal de San Marcos este domingo día 22, organizada pola Concellería de Promoción Económica, Cultura e Xuventude.

A festa vai comezar ás 17.00 horas e desde o departamento de Cultura deseñouse un amplo programa de actividades para esta xornada na que participará(...)

Programa Entroido 2009 Concello de Culleredo

-

SÁBADO 21-EDIFICIO DE SERVIZOS MÚLTIPLES.17:00 h. Festa Infantil do chocolate coa actuación da ORQUESTRA SUPERFAMA e Espectáculo Infantil de ANIMACIÓN FANTASÍA.22:00 h. Gran Festa Municipal de Entroido coa ORQUESTRA SUPERFAMA.SÁBADO 21-CENTRO VECIÑAL DE ORRO.20:00 h. Baile de Entroido coa actuación do DÚO FANTASÍA, degustación de filloas, ourellas, rosquillas e disfraces.

DOMINGO 22-CENTRO CULTURAL "O CRUCEIRO" DE CELAS.18:00 h. Festa infantil de entroido.21:00 h. Baile de entroido co DUO F(...)

(Ultima actualizaci??20-02-2009)

Entroido na Casa Cultural da AC Os Muíños de Oliveira (Ponteareas)

- concertos-

O sábado 28 de febreiro, ás 22:00h, terá lugar o xa habitual Festival de Entroido na Casa Cultural da AC OS Muíños de Oliveira.

Comezará cunha cea que dará paso á actuación dos direfentes grupos da Asociación, que amenizarán a festa, na que haberá un Concurso de Disfraces.

O menú, o típico destas datas: Lacón con grelos. Prezo: 12€ socios e 14€ non socios.

Todos aqueles que queirades asistir deberedes poñervos en contacto coa Xunta Directiva para confirmar asistencia no teléfono 986661863.

(Ultima actualizaci??20-02-2009)

Foliada de Entroido no Forum Folk

- concertos- Xacarandaina- AC Donaire-

O Concello da Coruña celebra dentro do ciclo "Forum folk '09" unha Foliada de Entroido na que asociacións da cidade encargaránse de poñer a música para facer bailar a todos/as os que se acheguen polo Forum Metropolitano o vindeiro luns de entroido o día 23 a partir das 21:00 da noite.

Animadevos a participar nesta festa do folclore galego, acercate a bailar, a cantar, a aprender, a mirar.... ao que queiras, pero sobre todo a desfrutar da nosa tradición.

Esta é a orde de participación dos g(...)

(Ultima actualizaci??20-02-2009)

Antroido'09 - Asoc. Cultural Fervenza de Ouzande (A Estrada)

- A Fervenza de Ouzande-

SÁBADO DE ANTROIDO

21 de febreiro de 2009

A partir das 17:00 da tarde concentración de disfraces no Campo da Festa. A continuación, a unha carroza percorrerá os lugares da parroquia acompañando aos cegos do Antroido que, un ano máis recitarán as súas coplas, que non esquecerán os acontecementos da parroquia nin tampouco a actualidade en xeral. Non faltarán a música nin as cancións.

Horario aproximado:

17:15 da tarde: saída do campo

17:30: O Tallo

18:00:. O Castro

18:15: O Picoto e o Red(...)

(Ultima actualizaci??20-02-2009)

Entroido 09 - A Estrada

-

Sábado, 21 de febreiro

16,30 horas na Discoteca Tattoo.

Baile Infantil (obradoiros, xogos e baile)

Pola noite na zona de marcha, Concurso de disfraces

Gran Concurso de Disfraces.

Domingo, 22 de febreiro

17,30 horas na Praza do Mercado

Baile de Disfraces de maiores

Luns, 23 de febreiro

16,30 horas Desfile e concurso de disfraces

Ao remate: Gran Chocolatada na Pza. da Constitución

Martes, 24 de febreiro

17,00 horas Praza da Constitución

ENTROIDO DO ULLA

(Alto dos Xe(...)