"En Pé"
2020
2019
Xabier díaz & Adufeiras de Salitre en Narón Sábado 21 de decembro ás 20h no Padroado de Cultura Concello de Narón DANZA E CANTO "Noró" - Xabier díaz & Adufeiras de Salitre Noró é unha revisión actual dun traballo de investigación e recuperación de música da Fonsagrada, Laxe, Nuez de Aliste, Vimianzo ou Quintanilla del Monte ..., pezas que conforman o noso ADN musical. Este álbum é como un retrato da miña recente liña de tempo, como unha necesidade de rematar a talla e mellorar o método, como a insistencia do Tambourine, coma se(...)
Tanxugueiras presenta novo disco: Contrapunto 5 de decembro ás 20:30h Auditorio Municipal de Celanova (Ourense) 14 de decembro ás 21h Auditorio Municipal de Burela 2 de febreiro ás 20h Sala Capitol de Compostela O segundo disco de Tanxugueiras, Contrapunto, pódese escoitar dende hoxe nas principais plataformas dixitais. Despois de lanzar dous adiantos, as cancións Desposorio e Perfidia acompañados de sendos videoclips, o grupo volve aos escenarios cun proxecto moi persoal no que explora os límites da música tradicional a trav(...)
Este sábado ás 17h no salón de plenos de Pedrafita do Cebreiro, primeira presentación de é-brindo e é-romance! Contaremos coa participación dos autores dos libros —José Luís Forneiro, Sergio de la Ossa, Kike Estévez Hernández e Pablo Bernárdez Mato—, do histórico sacerdote Xesús Mato e mais do grande improvisador Antonio Río Montero, máis coñecido como O Ribeira de Louzarela, que conta 93 anos (https://www.youtube.com/watch?v=KH6LsEHOkhM). Non o perdades!
Sábado 31 de agosto ás 14:30h no Embora Bar Cultural Brúa nace da amizade agromada á calor das foliadas compostelás. Traballan partindo fundamentalmente da tradición galega, incluíndo tamén pezas de tradicións irmás, como a asturiana ou a portuguesa, e tamén algunhas de composición propia. No seu son, baseado na linguaxe do folk atlántico, nótase o pulso das foliadas e máis o contacto con outras músicas europeas. Gostan dun estilo directo e sinxelo, máis coidando os arranxos e pondo espec(...)
Carlos Núñez en Campo Lameiro (Pontevedra) Domingo 14 de xullo ás 19h Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro O concerto será completamente en acústico e terá lugar en diferentes emprazamentos do Parque Arqueolóxico, así que se aconsella só para persoas cunha mobilidade e capacidade auditiva normais e para nen@s a partir de 7 anos. Asimesmo aconsellamos levar un coxín ou toalla para poder sentarse no chan. Antes do concerto, ás 18.30 o arqueólogo especialista en petroglifos Manuel Santos Estévez e Carlos darán unh(...)
O Ateneo Atlántico e Ora Galega queremos xuntarnos para encher Andel Libraría de palabras e música: así este venres 22, ás 20:00h organizamos alí un recital poético e músical para agradecer o seu labor impagable pola lingua galega e despedi-la como se merece. Vinde a escoitar versos recitados por Marga do Val, Andrea Costas, Marcos de la Fuente, Clara Do Roxo, Antonio García Teijeiro, Lola Villar, Xavier Rodríguez Baixeras e moitos amigos máis, xunto con Pepe Cáccamo como presentador e a mús(...)
Cantos Para Rosalía en Domaio (Moaña) Domingo, 24 de febreiro, ás 12h no Auditorio Rosalía de Castro Cantos para Rosalía con Carmen Penim, voz e harmonio e Maurizio Polsinelli, piano e harmonio. Poemas da nosa raíña e doutros poetas dedicados a Rosalía de Castro. Entrada libre.
Curso Avanzado de Percusión Tradicional en Sarria O próximo domingo día 3 de febreiro haberá un curso de percusión tradicional para alumnos que xa teñen nivel para tocar con pandeireta ou tamboril. Non está enfocado a xente que está aprendendo a manexar o instrumento. Será impartido polo percusionista Marcos Pérez Saburido (Kihnos Saburido). Prezo por alumno: 15 € O horario do curso será: – Mañá: de 10:00 a 14:00 horas – Tarde: de 16:00 a 20:00 horas Os interesados poden persoarse o mesmo día do curso á hora de comenzo no Lar social de (...)
2018
Venres 16 e sábado 17 de novembro Esta fin de semana vén cheíña de obradoiros para todas as idades e niveis, e DE BALDE!!! Sen necesidade de inscrición nin reserva, tan só pasade polo local e metédevos na aula que prefirades! Aquí tendes toda a info!
Sábado 27 de outubro na Cidade da Cultura Chegou o outono e con el unha das festas con máis arraigo na cultura popular galega: o Magosto! Xa é unha tradición que viñades festexalo con nós á Cidade da Cultura con castañas —asadas ou de ingrediente principal en petiscos— e con boa música; a que poñen Xosé Lois Romero & Aliboria. Mais este ano, ademais, convidámosvos —a todas as persoas que o desexedes— a participar nun pequeno obradoiro de percusión tradicional con tarrañolas, impartido polo pr(...)
XIII Encontro de danzas tradicionais do mundo no Carballiño Do venres 19 ao domingo 21 de outubro ¡Vai ter lugar un novo Encontro de danzas do mundo na Residencia de Tempo Libre do Carballiño (Ourense)! A ASOCIACIÓN SEBAILA, organiza unha nova edición deste encontro, concebido para compartir momentos de música, baile, andainas ou simplemente de estar xuntos, aberto a todas as persoas que se queiran apuntar, independentemente da súa habilidade para a danza. Se tocades algún instrumento animádevos a traelo! Tamén haberá música en directo, cl(...)
Gala Benéfica a favor da AECC en Cangas Venres, 21 de setembro no Auditorio Cangas Gala Benefica a favor da loita contra o cáncro. Entrada gratuita so hai que aportar un donativo o que ti estimes oportuno. Colabora por unha boa causa.
II Festival Son Labreg@ (Chantada) Sábado, 22 de detembro dende as 11:30h da mañá. Palestras, obradoiros, concertos (Liviao de Marrao (Chantada), Cuarta Xusta (Melide), Punkdereteiras (Chantada), DJ Peter) e moita festa! Nota de prensa: O Sindicato Labrego Galego presentou en Chantada, a que será a segunda edición do Festival Son Labreg@, que desta vez elixiu como escenario o entorno do Cinema Palleiriso, en Garabelos (parroquia de Mariz), apoiados por Anxo Moure e a Asociación Cultural Papaventos de Educación Ambiental. T(...)
Presentación de Herdeiras en Mondariz Venres 16 de febreiro ás 19:30h Mondariz. Carmen Penim, acompañada polo seu pianista Maurizio Polsinelli, presentará o libro-CD HERDEIRAS, muller, memoria, identidade. Intervirán a escritora Isabel Blanco e a historiadora Marta Candeira. Interpretaránse en directo algunhas cancións do traballo e proxectaráse a curtametraxe de Margarita Ledo BUCLE, incluido no libro CD.
2017
AGRUPACIÓN O FIADEIRO dentro do ciclo... DANZA 3 - Folclore na rúa Sábado 18 de novembro de 2017 ás 22:00h Lugar: Baltar (no pabellón de deportes) Entrada: de balde. Organiza: Agadic, Concello de Baltar O proxecto Danza 3 levado a cabo conxuntamente entre o AGADIC e as agrupacións Cantigas e Agarimos de Santiago de Compostela, Xacarandaina de A Coruña, e o grupo de baile e música O Fiadeiro de Vigo, pretende dignificar e amosar a riqueza do extenso e amplo patrimonio inmaterial da C(...)
Domingo 12 de novembro ás 19:00h Padroado de Cultura Concello de Narón. Rúa Holanda s/n. Narón. Historias de mortos, de caciques, de curas, de personaxes singulares... Baseado no libro "Os Contos de Joselín". Primeiros documentos sonoros do teatro galego ( 1929 - 1954 ). Un espectáculo que fai estalar o riso en tódas as xeracións, dos maiores aos máis pequenos, sen distinción. "Os Contos de Joselín" é un espectáculo que ten contadores - e cantadores - de luxo: Quico Cadaval (...)
Estrea de Herdeiras de Carmen Pemín en Compostela Sábado 23 de setembro ás 20:00h Teatro Principal de Santiago de Compostela. Rúa Nova, 21. Santiago de Compostela. Por fin culminando dous anos de traballo, presentamos o libro-CD e o espectáculo nunha primicia única, con cinco mulleres no escenario: Carmen Penim, autora da música e coordinadora do proxecto, pon a voz; Carmen Gallego- violín e nickelharpa; MArta Figueiredo, a percusión; MArgarida Mariño, co violoncello e Xiana Vilas, danza. Ó piano, Maurizio Polsinelli. Será unha gr(...)
Afamadas e tradicionais festas da Rúa de Abaixo (Compostela) Do 31 de Agosto ao 10 de Setembro barrio da rua de Abaixo estará en pe de Festa! Eis o programa completo: 31 de agosto 18h30 Decoramos a rua! Fonte da rua de Abaixo 6 de setembro 19h30 - Passeio de Jane: A rua de Baixo.... é-che umha história! Rua de Abaixo (na entrada) projeçom a cargo do Cineclube de Compostela do filme "A Voda do Meu Irmán" de C. Burnett as 21:30 7 de setembro 20h00 Cinema infantil, chocolatada e outros inventos Traede mantel e comida para partilhar, o cho(...)