"De Ruada"

2019

(Ultima actualizaci??14-10-2019)

X Festival CORALIMIA (Xinzo de Limia)

- concertos-

Sábado 26 de outubro ás 20:30h na Igrexa parroquial de Sta. Mariña de Xinzo

X Festival de Coros de Música Popular. Coa Coral de Ruada e o Coro Aimil

(Ultima actualizaci??30-08-2019)

HOMENAXE ao gaiteiro e musicólogo PERFECTO FEIJOO en Pontevedra

- concertos-

Sábado día 31 de agosto ás 13:00h na Praza da Ferreria de Pontevedra

HOMENAXE ao gaiteiro e musicólogo PERFECTO FEIJOO, polos Coros Galegos: Cantigas e Agarimos de Compostela, Coral De Ruada de Ourense, Cántigas da Terra da Coruña e Real Coro Toxos e Froles do Ferrol, aos 100 anos da homenaxe que os Coros Galegos fireron en vida do fundador do xa desaparecido coro Aires da Terra (1983-1914) de Pontevedra.

(Ultima actualizaci??03-08-2019)

Luar Na Lubre - SacroXira nos Mosteiros

- concertos-

Luar Na Lubre ofrece unha serie de concertos baixo o nome ‘SacroXira nos Mosteiros’ para presentar o seu último traballo ‘Ribeira Sacra’ en diferentes mosteiros da comarca, como o de Santo Estevo de Ribas de Sil / Nogueira de Ramuín (8 de agosto), Santa María de Montederramo (13 de agosto), Patio de Armas do Parador de Turismo de Monterrei (30 de agosto), San Pedro de Rocas / Esgos (15 de setembro), Santa. María de Xunqueira de Espadanedo (20 de setembro) e Igrexa San Francisco de Betanzos (16(...)

(Ultima actualizaci??09-04-2019)

A Coral De Ruada celebra o seu Centenario en Ourense

- concertos-

O Auditorio Municipal de Ourense acollerá este venres, día 12 de abril, ás 20.30 horas o concerto “De Ruada entre amigos”, no que a coral ourensá celebrará o centenario do seu nacemento. As persoas interesadas en desfrutar do espectáculo poderán recoller as entradas desde mañá ate o propio venres, de 9 a 14 horas, na recepción do Auditorio. Son gratuítas, cun máximo de 2 localidades por persoa. En caso de que quedaran entradas dispoñibles, poderíanse retirar tamén o propio venres pola tarde no d(...)

2018

14 Ciclo de Coros Galegos históricos e novos en A Coruña

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??30-11-2018)

- concertos-

Domingo 2 de decembro ás 19h. podedes asistir á terceira e última xornada do 14' Ciclo de Coros Galegos, Históricos e Novos. Nesta terceira xornada do Ciclo, participaran:

- CORAL DE RUADA. Coro irmán e Histórico, neste ano está de centenario. Fundado o 5 de outubro de 1918. Moitos parabéns polos 100 !

- CORAL POLIFÓNICA EL ECO. 137 anos de historia musical coruñesa.

Se non chove, faremos pasarrúas pola rúa Real ás 18.30h.

-Pechará o acto o coro anfitrión, CÁNTIGAS DA TERRA, que nesta ocasió(...)

De Ruada en Bos Aires

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??28-09-2018)

- concertos-

Sábado 29 de setembro a partires das 20:30h

(Ultima actualizaci??17-08-2018)

Luar Na Lubre en Esgos (Ourense)

- concertos- dequenvessendo-

Domingo, 19 de Agosto

Romerí­a dende as 12 de mañá na Finca da Casa Reitoral de Esgos, na que tamén haberá espazo para a artesaní­a, os xogos tradicionais, a olerí­a e a gastronomí­a.

As 20:30h actuación de Dequenvessendo, e despois:

CONCERTO ESPECIAL DE LUAR NA LUBRE, con máis de 60 convidados: a Coral de Ruada, Felix e Castor Castro, Oscar Rosende, SÉS, Nani Garcí­a, Marisa Valle Roso e Pablo Carreira, Astarot, Bieito Romero Diéguez, Irene Cerqueiro... e máis sorpresas.

(Ultima actualizaci??19-01-2018)

Cerimonia VIII Premio X. Prado Lameiro (Ourense)

- concertos-

Venres 19 de xaneiro ás 20:30h

Teatro Principal de Ourense.

O acceso ao Teatro é libre ata completar aforo.

Actuarán: Grupo de Teatro Xabier Prado Lameiro, Colectivo Rebulir, Coral de Ruada.

A Asociación Cultural Rebulir recollerá o vindeiro venres día 19 de Xaneiro as 20:30 h. no Teatro Principal de Ourense o VIII Premio Xabier Prado Lameiro da Cultura Galega que otorga a Coral de Ruada. Deste xeito, a asociación ramirense súmase a outros nomes ilustres no eido da cultura tradicion(...)

2017

(Ultima actualizaci??19-12-2017)

Luar Na Lubre e amigos en A Coruña

- concertos- Luar Na Lubre- dequenvessendo-

Martes 19 de decembro ás 20:30h

Teatro Rosalía de Castro.

Número, 37.

A Coruña.

Concerto especial de Nadal no que participarán como convidados especiais as voces Irene Cerqueiro e Irma Macías, a CORAL De RUADA, xunto con Pablo Rosales e Bieito Romero Diéguez do grupo Dequenvessendo

(Ultima actualizaci??10-11-2017)

XIII Ciclo Coros Galegos no teatro Rosalía de Castro (A Coruña)

- concertos-

Domingo 28 de outubro

Coro "De Ruada"

Etnográfico cas Mariñas

Cántigas da Terra

Domingo 12 de novembro

Orfeón Mariñeiro do Berbés

Teatro de Cántigas da Terra

Cántigas da Terra

Domingo 26 de novemnbro

Cantigas e Agarimos

Os Enxebres de Cacheiras

Cántigas da Terra

(Ultima actualizaci??23-01-2017)

Luar Na Lubre en Compostela

- concertos- Luar Na Lubre-

Sábado 28 de xaneiro ás 21:00h

Auditorio Abanca.

Rúa do Preguntoiro, 23,15704 Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela.

1º concerto da xira "XXX Aniversario" con convidados especiais como a Coral de Ruada, Ismael Serrano etc e tamén novidades de cara a nova tempada.

2016

(Ultima actualizaci??05-11-2016)

Lembrade Nós - Homenaxe á xeración Nós. En Ourense

- concertos-

Sábado 5 de novembro partir das 20h no Liceo de Ourense.

Real Coro Toxos e Froles

Grupo de Baile Perfecto Feijoo

Agrupación Abertal

Coral De Ruada

Entrada de balde

(Ultima actualizaci??11-10-2016)

De Ruada en Bos Aires - A Sementeira - 2016

- concertos- Sociedad Parroquial de Vedra-

Sábado 12 de novembro ás 20:30h

Sociedad Parroquial de Vedra

José Mármol 760

BOS AIRES

(Ultima actualizaci??22-04-2016)

Presentación do coro Agarimos da Terra, no Balneario (Mondariz)

- concertos-

Domingo 24 de abril ás 19h no Auditorio do Hotel Balneario de Mondariz

Agarimos da Terra

Bicarelo

Pé de Pote

Volta e Dalle

Agarimos da Terra foi un coro creado no Balneario de Mondariz en 1916, nunha tradición que tivo a súa orixe en 1883 en Pontevedra seguindo o modelo acuñado polo boticario Perfecto Feijóo Poncet (o famoso dono do loro Ravachol) na agrupación Aires d’a Terra coa pretensión de dignificar as músicas aldeanas, no marco da recuperación do folclore, que creou un patrón de (...)

(Ultima actualizaci??07-01-2016)

Luar Na Lubre presenta Extra Mundi en Vigo e A Coruña

- concertos- Luar Na Lubre-

Venres, 8 de xaneiro ás 20:30 no Teatro García Barbón.

Sábado, 9 de xaneiro ás 20:30 no Teatro Rosalía de Castro.

Acompañados pola Coral de Ruada de Ourense.

2015

(Ultima actualizaci??20-09-2015)

Coral de Ruada (Ourense) - Clases de gaita galega e percusión

- concertos-

Cando estamos a inciciar un novo curso, dende a Coral queremos ofrecer aos ourensáns unha nova inciativa na que temos depositadas grandes esperanzas: a Escola de Música Tradicional “Virxilio Fernández”, que, como se pode apreciar, leva o nome do noso primeiro gaiteiro e un dos nosos fundadores, para quen, por certo, temos solicitado ao Concello unha rúa ou praza da cidade.

As características máis salientables desta actividade son as seguintes:

Esta escola está organizada pola Coral De Ruad(...)

2014

(Ultima actualizaci??10-12-2014)

Concerto Aires da Terra no Museo de Pontevedra - O legado de Feijóo

- concertos- Cantigas e Agarimos-

O vindeiro 13 de decembro, Suso Vaamonde e sete músicos máis revivirán o primeiro coro galego: Aires da Terra.

A só dous días do centenario da disolución do coro por parte do seu creador, Perfecto Feijoo, rememoraranse algunhas melodías do coro interpretadas con instrumentos orixinais.

Presentará o acto Xurxo Souto, e contarase coa presencia de José Luís Calle (autor do libro "Aires da Terra. La poesía musical en Galicia"), de Xosé Manuel Aldea Moscoso (Director da editorial "Ouvirmos"(...)

(Ultima actualizaci??28-02-2014)

Tradicional Pasarrúas de Antroido da ETRAD…Imos de ruada! Venres 28 de Febreiro. 17hs.

- concertos- entroido2014- E-Trad-

Chega o antroido e na ETRAD aproveitaremos para disfrazarnos e reunirnos tod@s previamente na escola para ensaiar as coplas deste ano. Unha vez que estemos preparados sairemos á rúa a facer un pouco de festa e amosar ás nosas coplas a quen as queira escoitar e desfrutar con nós.Venres 28 de febreiro

17h

Auditorio Milladoiro

Entrada libre

2013

(Ultima actualizaci??12-10-2013)

IX Ciclo de Coros Históricos - C.C. Ágora (A Coruña)

- concertos- Toxos e Froles- Cántigas da Terra-

20 de Outubro

- Coral de Ruada

- Homenaxe a E. Vilariño e A. Mato

- Cántigas da Terra

10 de Novembro

- Aires de Bergantiños

- Cántigas da Terra

24 de Novembro

- Toxos e Froles

- J.M. Yáñez (piano) e Victoria Á. Acón (voz)

- Cántigas da Terra

(Ultima actualizaci??27-06-2013)

Concerto dos amigos da Coral de Ruada (Ourense)

- concertos-

O xoves, día 27 de xuño, a Coral de Ruada ofrece o seu tradicional Concerto dos Amigos no Teatro Principal de Ourense, ás 20.30 horas.

Os amigos da coral poderán recoller as invitacións para asistir ao concerto na taquilla do teatro, os días 25, 26 e 27 de xuño de 11.30 a 13.00 horas, previa identificación como amigo da Coral.

As invitacións non retiradas polos amigos do grupo serán ofrecidas ao público o mesmo día do concerto, 27 de xuño, de 19.30 a 20.30 horas.