"Coral"

(Ultima actualizaci??03-08-2019)

Luar Na Lubre - SacroXira nos Mosteiros

- concertos-

Luar Na Lubre ofrece unha serie de concertos baixo o nome ‘SacroXira nos Mosteiros’ para presentar o seu último traballo ‘Ribeira Sacra’ en diferentes mosteiros da comarca, como o de Santo Estevo de Ribas de Sil / Nogueira de Ramuín (8 de agosto), Santa María de Montederramo (13 de agosto), Patio de Armas do Parador de Turismo de Monterrei (30 de agosto), San Pedro de Rocas / Esgos (15 de setembro), Santa. María de Xunqueira de Espadanedo (20 de setembro) e Igrexa San Francisco de Betanzos (16(...)

(Ultima actualizaci??13-09-2019)

O Teu Xacobeo en Riós (Ourense)

- concertos-

Venres 13 de setembro, na Reitoral da Chaira -tamén coñecida como Casa da Castaña- a partir das 20,30 horas: Banda de Gaitas de Riós, Cantareiras de Riós, Rosa Cedrón e Emilio Rúa.

Sábado 14 de setembro. a partir das 20:30h, Coral de Riós, Agrupación Musical local, Dúo Caamaño-Ameixeiras, Xestreu e a Banda de Garda. Ademais, pola mañá (a partir das 11h), na Casa da Castaña, haberá un obradoiro de producción e gravación de música tradicional, así como de arranxo e armonía tradicional. Tamén (...)

(Ultima actualizaci??30-08-2019)

HOMENAXE ao gaiteiro e musicólogo PERFECTO FEIJOO en Pontevedra

- concertos-

Sábado día 31 de agosto ás 13:00h na Praza da Ferreria de Pontevedra

HOMENAXE ao gaiteiro e musicólogo PERFECTO FEIJOO, polos Coros Galegos: Cantigas e Agarimos de Compostela, Coral De Ruada de Ourense, Cántigas da Terra da Coruña e Real Coro Toxos e Froles do Ferrol, aos 100 anos da homenaxe que os Coros Galegos fireron en vida do fundador do xa desaparecido coro Aires da Terra (1983-1914) de Pontevedra.

(Ultima actualizaci??11-07-2019)

Abride a Fiestra 2019 (Padrón)

- concertos-

13 e 14 de xullo. Casa Museo Rosalí­a De Castro

SÁBADO 13 DE XULLO

19.00 Visita teatralizada con Os Quinquilláns

20.00 Recital poético con poetas galegos e internacionais lendo poemas de Rosalía (no Auditorio da Casa-Museo)

21.00. Concerto de Cristina Pato, con Roberto Comesaña

DOMINGO 14 DE XULLO

Con feira de produtos rosalianos toda a xornada e ludoteca para nenas e nenos.

11.00-11.30 Visita guiada pola horta da Casa, por Carlos Dacal

11.30-12.00 Visita guiada pola Casa, po(...)

(Ultima actualizaci??11-07-2019)

Barrantes Folk (Tomiño. Pontevedra)

- concertos-

Dentro do ciclo “O son da Praza”, este sábado, 13 de xullo, chega á Praza do Seixo unha nova edición do “Barrantes Folk”, un festival organizado pola Banda de Gaitas San Vicente de Barrantes e patrocinado pola asociación veciñal do mesmo nome e o Concello de Tomiño.

O festival, para todos os públicos e de balde, comezará ás 22.30 horas e contará coa actuación da propia banda de Barrantes, o grupo “Lirolai” de O Rosal, e a Coral San Telmo, de Tui, coma agrupación convidada.

(Ultima actualizaci??04-07-2019)

XV Xornadas de cultura mariñeira Muros Mira ao Mar

- concertos- Muros Mira ao Mar- Treixadura- Brincadeira-

Venres 5, sábado 6 e domingo 6 de xullo

VENRES, 5 xullo

11.00 h Visita guiada “A vida no areal”

11.00 h Apertura do mercado, obradoiros e exposicións

11.15 h Pasacalles Longarela

11.30 h Obradoiro infantil: “Oficios”

11.45 h Visita guiada conxunto histórico

12.30 h Visita guiada colección permanente “Conserveira de Sel”

12.45 h Animación musical: “O cego na feira”

13.00 h Mostra de traballos artesanais: “Traballos en Coiro”

18.00 h Apertura do mercado, obradoiros e exposicións

18(...)

(Ultima actualizaci??03-07-2019)

VII Sons nas Fervenzas de Codeso

- concertos- festivais-

Sábado 6 de xullo ás 20h

Canto Canteiro, Coral Castrosúa, Muxicas da Silveira, O Ghusto do Boi, Os Amighos da túa Prima, Os Brañas de Lamas, Pena do Corvo, Pandereteiras de Codeso, Son de Gaita, Trio Prata; Germán Soneira, Vai Nela

(Ultima actualizaci??26-06-2019)

41 Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira

- concertos- Anxo Lorenzo- Tanxugueiras- Leilía- Andrés Penabad- festivais- Dequenvessendo- O Fiadeiro-

Do 11 ao 14 de xullo

Xoves 11

Túa (Murcia)

Dequenvessendo (Galiza)

Yuki Kojima Band (Xapón)

Stolennotes (Andalucía)

Gwendal (Bretaña)

Venres 12

Peoples Ford Boghall & Bathgate Caledonia Pipe Band (Escocia)

Project Smok (Escocia)

The Moving Hearts (Irlanda)

Anxo Lorenzo Band (Galiza)

Escola de Gaitas de Ortigueira

Sábado 13

Bagad Kerlenn (Bretaña)

por Dominic Graham School of Irish Dance (Irlanda)

Shoglenifty (Escocia)

Flook (Inglaterra)

Beltaine (Polonia)

Domingo 14

O Fiadeiro

Tanxugueiras

Leilía

Andrés Penabad Band.

(Ultima actualizaci??09-04-2019)

A Coral De Ruada celebra o seu Centenario en Ourense

- concertos-

O Auditorio Municipal de Ourense acollerá este venres, día 12 de abril, ás 20.30 horas o concerto “De Ruada entre amigos”, no que a coral ourensá celebrará o centenario do seu nacemento. As persoas interesadas en desfrutar do espectáculo poderán recoller as entradas desde mañá ate o propio venres, de 9 a 14 horas, na recepción do Auditorio. Son gratuítas, cun máximo de 2 localidades por persoa. En caso de que quedaran entradas dispoñibles, poderíanse retirar tamén o propio venres pola tarde no d(...)

Lirolai en O Rosal (Pontevedra)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??15-03-2019)

- concertos-

O próximo domingo 17 de marzo, chega un día moi importante para nos. A presentación do novo disco na nosa casa, diante da nosa xente. Como podedes ver no cartel, estaremos acompañados pola Coral San Telmo de Tui, que tamén participa no disco e dos amigos da Escola de gaitas e percusión da provincia de Pontevera, aparte de outras sorpresas

Roteiro de Xurxo Souto: Cantos de traballo das Mulleres do Mar (A Coruña)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??08-02-2019)

- concertos-

O próximo sábado dí­a 9 ás 11.00 horas sairemos da Praza da Fábrica de Tabacos para emprender un roteiro guiado por Xurxo Souto: "As cantigas do Muro: Cantos de traballo das Mulleres do Mar". Faremos un percorrido dende Castiñeiras á Palloza, por algúns dos establecementos históricos do comercio local como tascas, efectos navais e outros establecimentos. Ao remate, celebraremos unha

sesión coral -colectiva e interactiva- con Xurxo Souto e Pulpiño Viascón: "Cantigas do Muro".

As persoas inter(...)

2018

14 Ciclo de Coros Galegos históricos e novos en A Coruña

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??30-11-2018)

- concertos-

Domingo 2 de decembro ás 19h. podedes asistir á terceira e última xornada do 14' Ciclo de Coros Galegos, Históricos e Novos. Nesta terceira xornada do Ciclo, participaran:

- CORAL DE RUADA. Coro irmán e Histórico, neste ano está de centenario. Fundado o 5 de outubro de 1918. Moitos parabéns polos 100 !

- CORAL POLIFÓNICA EL ECO. 137 anos de historia musical coruñesa.

Se non chove, faremos pasarrúas pola rúa Real ás 18.30h.

-Pechará o acto o coro anfitrión, CÁNTIGAS DA TERRA, que nesta ocasió(...)

(Ultima actualizaci??17-08-2018)

Luar Na Lubre en Esgos (Ourense)

- concertos- dequenvessendo-

Domingo, 19 de Agosto

Romerí­a dende as 12 de mañá na Finca da Casa Reitoral de Esgos, na que tamén haberá espazo para a artesaní­a, os xogos tradicionais, a olerí­a e a gastronomí­a.

As 20:30h actuación de Dequenvessendo, e despois:

CONCERTO ESPECIAL DE LUAR NA LUBRE, con máis de 60 convidados: a Coral de Ruada, Felix e Castor Castro, Oscar Rosende, SÉS, Nani Garcí­a, Marisa Valle Roso e Pablo Carreira, Astarot, Bieito Romero Diéguez, Irene Cerqueiro... e máis sorpresas.

(Ultima actualizaci??12-07-2018)

Festival Abride a Fiestra

- concertos-

VENRES 13 DE XULLO

Quero ver o mar, CARRIL

12.00. Inaugúrase a exposición ‘Rosalía e o Carril’ (Museo do Ferrocarril)

21.30. Lectura de poemas, dramatización ‘Quero ver o mar’ e recreación da viaxe en lancha de Rosalía desde a praia á estación (Praia da Covacha)

22.30. Actuación musical de NAJLA SHAMI

SÁBADO 14 DE XULLO

Inchadiña Branca Vela, DE VALGA A PADRÓN

15.30 Saída de Valga (Praia da Telleira, Vilarello) de dornas, galegóns, botes, bucetas e gamelas.

17.30 Chegada a Padrón (Esp(...)

(Ultima actualizaci??07-07-2018)

VI Sons nas Fervenzas de Codeso

- Festa-

7 de xullo a partires das 20h

- Coral Castrosúa

- Muxicas da Silveira

- O Ghusto do Boi

- Os Brañas de Lamas

- Os Xeitosos de Trazo

- Pandereteiras de Codeso

- Son de Gaita

- Trioprata, Germán Soneira

(Ultima actualizaci??06-07-2018)

XIV Xornadas Muros Mira ao Mar

- concertos-

Xornadas de Cultura Mariñeira, do 6 ao 8 de xullo.

Pasarrúas cos grupos:

Agrocovo, Faltriqueira, Galanía, Longarela, O Rumial, Xeitura, Ximiela,

Orfeón Ría de Muros, Flashtop Circus, Iago Prieto, David Álvarez e

Nelson Quinteiro

Actuación (praza do Mercado)

Sábado:

21.15 | BAIUCA

Domingo:

13.00 | DAVIDE SALVADO

20.15 | Certame coral de Cantos Mariñeiros: CORAL D.

DIEGO DE MUROS, SAN XOÁN DE SERRES e AGUSTÍN GONZÁLEZ DE LOURO.

Concertos (Curro da praza)

Venres:

23.00(...)

(Ultima actualizaci??19-01-2018)

Cerimonia VIII Premio X. Prado Lameiro (Ourense)

- concertos-

Venres 19 de xaneiro ás 20:30h

Teatro Principal de Ourense.

O acceso ao Teatro é libre ata completar aforo.

Actuarán: Grupo de Teatro Xabier Prado Lameiro, Colectivo Rebulir, Coral de Ruada.

A Asociación Cultural Rebulir recollerá o vindeiro venres día 19 de Xaneiro as 20:30 h. no Teatro Principal de Ourense o VIII Premio Xabier Prado Lameiro da Cultura Galega que otorga a Coral de Ruada. Deste xeito, a asociación ramirense súmase a outros nomes ilustres no eido da cultura tradicion(...)

2017

(Ultima actualizaci??19-12-2017)

Luar Na Lubre e amigos en A Coruña

- concertos- Luar Na Lubre- dequenvessendo-

Martes 19 de decembro ás 20:30h

Teatro Rosalía de Castro.

Número, 37.

A Coruña.

Concerto especial de Nadal no que participarán como convidados especiais as voces Irene Cerqueiro e Irma Macías, a CORAL De RUADA, xunto con Pablo Rosales e Bieito Romero Diéguez do grupo Dequenvessendo

(Ultima actualizaci??16-12-2017)

Gala Ano do Patrimonio en Cangas

- concertos-

Sábado 16 de decembro a partires das 20h no Auditorio de Cangas

A gala estará presentada pola actriz Isabel Risco e contemplará actuacións de regueifa, teatro e música relacionadas con diferentes aspectos patrimoniais.

Teatro de Ningures, que actualmente se atopa traballando na montaxe que levará a cabo no evento de Cangas 1617: A Defensa da Vila, representará un fragmento do xuízo que se lle fixo a María Soliña, no que se lle acusaba de meiga. Tamén se reproducirá unha visión lírica poét(...)

(Ultima actualizaci??15-12-2017)

Despedida 'O poder do arcabuz' na Coruña

- concertos- Xacarandaina-

Sábado 16 de decembro ás 20:00h

Teatro Colon A Coruña.

A Coruña.

Dous anos despois da súa exitosa estrea no mesmo lugar con dous cheos, despídese o musical creado por Quique Peón Cía e Xacarandaina con dúas funcións que terán lugar os días 16 e 17 de decembro no Teatro Colón da Coruña.

‘O Poder de Arcabuz’, un musical que recrea a Revolución Irmandiña que tivo lugar en Galicia na Baixa Idade Media, percorreu nestes dous anos grandes auditorios de todo o país coa súa fórmula que com(...)

(Ultima actualizaci??30-08-2017)

Espectáculo "Festa na Vila" nas Festas do Cristo de Cangas

- concertos- Meiramar-

Mércores 30 de agosto ás 22:00h

Avenida de Castelao (Cangas).

Lembranzas da Ría presenta este espectáculo de baile e música popular en conxunto coa Banda de Música Airiños do Morrazo de Moaña, a Escola Municipal de Artes Escénicas de Cangas, Meiramar-Axóuxeres e a Coral Lestonnac.

"Festa na Vila" mostra o baile e músicas tradicionais das romarías e festas amenizadas por cuartetos de gaiteiros, charangas e bandas de música. Un percorrido dende principios do século XX ata a súa metade, on(...)

(Ultima actualizaci??21-06-2017)

Clara Pino e Pablo Vidal presentan NOWHERE en Compostela

- concertos- aPenultima- Crechas-

A Casa das Crechas acolle o xoves 22 de xuño un concerto de Clara Pino e Pablo Vidal, no que presentan o seu primeiro traballo xuntos, ‘Nowhere’, que fai referencia aos chamados “non lugares” ou lugares de tránsito.

Xestado e gravado na Ría de Arousa (@ldeaglobal) consta de 18 pistas repartidas en nove cancións e nove textos orixinais que se sitúan entre a tradición e a vangarda, con letras de Clara Pino e músicas compartidas por ambos baixo a produción de Pablo Vidal. Colaboraron como músic(...)

(Ultima actualizaci??19-05-2017)

FestiLetras na Aldea do Couto (Ponteceso)

- concertos-

DOMINGO 14 MAIO

Sesión matinal

12:15 horas. OS BOS E XENEROSOS

Lugar: Igrexa de San Tirso, O Couto.

Ofrenda floral no adro da igrexa de San Tirso.

Rosalía, Curros, Pondal e Inllar co Himno do Antigo Reino de Galicia.

Alba e Francisco Costa interpretan “Ponteceso”.

Entrega do premios ” Bos e Xenerosos” a Ramón Villares, Uxía Senlle, Fundación Barrié, Concha Blanco, Touriñán e Pereiro.

Presenta: Patricia Blanco.

12:45 horas. EXPOSICIÓN DE PINTURA “A CANTIGA DE BUSERÁN”

Lugar: F(...)

(Ultima actualizaci??08-04-2017)

Concerto sacro na Semana Santa da Estrada

- concertos- 2naFronteira-

Sábado 8 de abril ás 20:00h

A Estrada.

Castro Caldelas.

Na igrexa de A Estrada, organizado pola Confradía, dentro das actividades da Semana Santa estradense, 2naFronteira levará o seu concerto A voz da pedra, con rpertorio sacro e antigo.

Intérpretes: Maurizio Polsinelli, co órgano da igrexa.

Carmen Penim, voz

Margarida Mariño, violoncello

Miguel Paz, percusión

Programa:

Danza da lúa en Santiago García Lorca/C. Penim

A Virxe da Barca F.García Lorca/C.Penim

Noite do mundo(...)

(Ultima actualizaci??23-01-2017)

Luar Na Lubre en Compostela

- concertos- Luar Na Lubre-

Sábado 28 de xaneiro ás 21:00h

Auditorio Abanca.

Rúa do Preguntoiro, 23,15704 Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela.

1º concerto da xira "XXX Aniversario" con convidados especiais como a Coral de Ruada, Ismael Serrano etc e tamén novidades de cara a nova tempada.

2016

(Ultima actualizaci??12-11-2016)

XXVII edición da Semana da Música da Terra de Melide

-

12, 13, 18, 19 e 20 de Novembro ás 20h na Casa da Cultura de Melide

Organizada pola Coral Polifónica de Melide.

Sábado 12

-A Maristela

-Fátima Lea

-Coral Polifónica de Sobrado

Domingo 13

-Pozo Pequeno

-Coral Polifónica de Santiso

-Melidaos

Viernes 18

-O Balado de Toques

-Coro Parroquial

-Leirabuxo

Sábado 19

-Escola de Gaitas e Percusión do Concello

-Xoan Curros, Irene Ruíz y Carla Rey

-Herba Grileira

Domingo 20

-Froito Novo

-Acordeóns A Xuntanza (...)

(Ultima actualizaci??11-11-2016)

O Poder do Arcabuz en Compostela

- concertos-

Domingo 13 de novembro ás 20:30h

Auditorio de Galicia.

Avenida do Burgo das Nacións, Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela.

Quique Peón Cía presenta o vindeiro domingo 13 de novembro en Compostela o espectáculo ‘O Poder do Arcabuz’, un musical que recrea a Revolución Irmandiña que tivo lugar en Galicia na Baixa Idade Media. Trátase dun espectáculo que combina música e danza (tradicional e contemporánea) en gran formato, con case un cento de artistas no escenario: 33 bailarín(...)

(Ultima actualizaci??05-11-2016)

Gala 25 anos de Tromentelo en Cangas

- concertos-

Sábado 12 de novembro ás 20h no Auditorio de Cangas

Con: Rodrigo Romani, Anxo Pintos, Begoña Riobó, Anton Varela, Xosé Liz, Anxo Lorenzo, e a Coral Areas Gordas

(Ultima actualizaci??05-11-2016)

Lembrade Nós - Homenaxe á xeración Nós. En Ourense

- concertos-

Sábado 5 de novembro partir das 20h no Liceo de Ourense.

Real Coro Toxos e Froles

Grupo de Baile Perfecto Feijoo

Agrupación Abertal

Coral De Ruada

Entrada de balde

(Ultima actualizaci??22-04-2016)

Presentación do coro Agarimos da Terra, no Balneario (Mondariz)

- concertos-

Domingo 24 de abril ás 19h no Auditorio do Hotel Balneario de Mondariz

Agarimos da Terra

Bicarelo

Pé de Pote

Volta e Dalle

Agarimos da Terra foi un coro creado no Balneario de Mondariz en 1916, nunha tradición que tivo a súa orixe en 1883 en Pontevedra seguindo o modelo acuñado polo boticario Perfecto Feijóo Poncet (o famoso dono do loro Ravachol) na agrupación Aires d’a Terra coa pretensión de dignificar as músicas aldeanas, no marco da recuperación do folclore, que creou un patrón de (...)

(Ultima actualizaci??07-01-2016)

Luar Na Lubre presenta Extra Mundi en Vigo e A Coruña

- concertos- Luar Na Lubre-

Venres, 8 de xaneiro ás 20:30 no Teatro García Barbón.

Sábado, 9 de xaneiro ás 20:30 no Teatro Rosalía de Castro.

Acompañados pola Coral de Ruada de Ourense.

(Ultima actualizaci??07-01-2016)

Xermolos e Debares inician o ano Manuel María con música e unha muiñada en Parga

- concertos-

Será o sábado 9 de xaneiro coa participación da Coral de Xermolos, escritores e músicos convidados.

Unha demostración da moenda no muíño de Parga, unha actuación da Coral Xermolos e cantos de taberna nos locais da asociación de hostaleiros de Guitiriz, servirán para dar abrir o ano Manuel María no municipio de Guitiriz.

Será o vindeiro sábado 9 de xaneiro nunha xornada organizada por Debares e Xermolos que se desenvolverá a partir das catro e media da tarde. Primeiro desenvolverase a demos(...)

2015

(Ultima actualizaci??11-12-2015)

Luar Na Lubre presenta Extra Mundi en Ourense

- concertos- Luar Na Lubre-

Venres, 11 de decembro ás 21h no Teatro Principal xunto á Coral Ruada de Ourense.

(Ultima actualizaci??26-11-2015)

Santa Cecilia 2015 en Antas de Ulla

- concertos- Asociación Fiadeira-

Domingo 29 de novembro na Casa da Cultura

Coral de Antas de Ulla "Sons do farelo", Banda de mùsica de Antas de Ulla e Asociación Fiadeira

(Ultima actualizaci??12-11-2015)

Estrea de 'O Poder do Arcabuz' (Quique Peón Cía.) no Teatro Colón (A Coruña)

- concertos-

Os días 7 e 8 de decembro Quique Peón Cía estrea no Teatro Colón da Coruña o seu novo espectáculo: ‘O Poder de Arcabuz’, un musical que recrea a Revolución Irmandiña que tivo lugar en Galicia na Baixa Idade Media. Trátase dun espectáculo que combina música e danza (tradicional e contemporánea) en gran formato, con case un cento de artistas no escenario: 33 bailaríns, 24 músicos e 40 persoas no coro.

A obra, que forma parte do programa de residencias do Teatro Colón, “é unha proposta tradi(...)

(Ultima actualizaci??05-10-2015)

Coralimia 2015, VI Festival de Coros de Música Popular (Xinzo de Limia)

- concertos-

Sábado 17 de outubro ás 20:30h na Casa da Cultura

(Ultima actualizaci??20-09-2015)

III FESTA DE AFIRMACION E DIGNIDADE

- concertos-

20 de setembro de 2015

Ás 12 horas, no PEDREGAL DE IRIMIA

Organizan: Irmandade Manuel María, Xermolos e Asociación Cultural Avelino Díaz

Lectura do manifesto e comunicados por varios colectivos

Entrega das “Mans de Irimia” (obra de Manolo Pardo) a Avelino Díaz e Anxo Lamas.

Actuación das Pandereteiras de Meira

Xantar nos Cabanóns de Meira

Ás 6 da tarde, na praza de Meira

Recital de poesía das obras de AVELINO DÍAZ e ANXO LAMAS

Actuacións musicais: Banda de gaitas de Meira, Ban(...)

(Ultima actualizaci??20-09-2015)

Coral de Ruada (Ourense) - Clases de gaita galega e percusión

- concertos-

Cando estamos a inciciar un novo curso, dende a Coral queremos ofrecer aos ourensáns unha nova inciativa na que temos depositadas grandes esperanzas: a Escola de Música Tradicional “Virxilio Fernández”, que, como se pode apreciar, leva o nome do noso primeiro gaiteiro e un dos nosos fundadores, para quen, por certo, temos solicitado ao Concello unha rúa ou praza da cidade.

As características máis salientables desta actividade son as seguintes:

Esta escola está organizada pola Coral De Ruad(...)

(Ultima actualizaci??04-03-2015)

IV encontro de coros tradicionais Cantares no Miñor (Vigo)

- concertos- Toxos e Froles-

Cantares do Miñor, o Encontro de Coros Tradicionais celebrará a súa cuarta edición en Vigo. Será este sábado 7 de marzo, no auditorio do teatro García Barbón, coa entrada de balde. Cantares de Brión, con sede en Vincios, é a agrupación organizadora do evento: “Aínda que esta é unha comarca cunha forte tradición coral, o que non se dá son os coros tradicionais galegos, algo que espallou polo resto de Galicia coa Rexurdimento”, sinala Xosé Crego, presidente da Cantares e quen apunta como ao Orfeó(...)

(Ultima actualizaci??20-02-2015)

SonDeSeu, a Orquestra Folk de Galicia e a ETRAD en "O Canto Das Illas". Auditorio Mar de Vigo. 20, 21 e 22 de febreiro de 2015

- concertos- E-Trad-

O Concello de Vigo promove O CANTO DAS ILLAS", un espectáculo musical e audiovisual no Auditorio Mar de Vigo os días 20, 21 e 22 de febreiro, en apoio á candidatura das Cíes como Patrimonio da Humanidade. 

O espectáculo estará composto de catro bloques escénicos nos que se estreará unha composición encargada especialmente para "O Canto das Illas", e interpretadas por artistas de diferentes estilos. Entre os distintos bloques integraranse os elementos audiovisuais: o videomapping (proxec(...)

2014

(Ultima actualizaci??16-12-2014)

23º CONCERTO DE NADAL EN ORDES (A CORUÑA)

- concertos-

A Asociación Cultural AMIGOS DA MÚSICA DE ORDES organiza en colaboración co Concello de Ordes, o CONCERTO DE NADAL 2014.

O sábado 27, a partir das 19:30 horas na Casa da Cultura

poderedes asistir as actuacións dos grupos:

RITMO GALEGO

OS VIQUEIRAS

CORAL POLIFÓNICA EUMESA

BANDA DE ORDES

(Ultima actualizaci??10-12-2014)

Concerto Aires da Terra no Museo de Pontevedra - O legado de Feijóo

- concertos- Cantigas e Agarimos-

O vindeiro 13 de decembro, Suso Vaamonde e sete músicos máis revivirán o primeiro coro galego: Aires da Terra.

A só dous días do centenario da disolución do coro por parte do seu creador, Perfecto Feijoo, rememoraranse algunhas melodías do coro interpretadas con instrumentos orixinais.

Presentará o acto Xurxo Souto, e contarase coa presencia de José Luís Calle (autor do libro "Aires da Terra. La poesía musical en Galicia"), de Xosé Manuel Aldea Moscoso (Director da editorial "Ouvirmos"(...)

2012

2013

(Ultima actualizaci??22-11-2013)

IV Fia e Baile de Pandeireta (Trazo)

- concertos-

O sábado 23 de novembro ás 21 horas no Pavillon de Viaño Pequeno en Trazo. Coa músoca de:

- Gharatuxa Gaiteiros

- Coral de Castrosúa

- Retrouso e Recantos

- Grupo de pandeireta Xentiña de Trazo

- Pana Raiada

- Faiscas da Pontagra

- Pandereteirs de Anxeriz

- AC Raiolo

- Os Xeitosos  de Trazo

 

(Ultima actualizaci??12-10-2013)

IX Ciclo de Coros Históricos - C.C. Ágora (A Coruña)

- concertos- Toxos e Froles- Cántigas da Terra-

20 de Outubro

- Coral de Ruada

- Homenaxe a E. Vilariño e A. Mato

- Cántigas da Terra

10 de Novembro

- Aires de Bergantiños

- Cántigas da Terra

24 de Novembro

- Toxos e Froles

- J.M. Yáñez (piano) e Victoria Á. Acón (voz)

- Cántigas da Terra

(Ultima actualizaci??11-08-2013)

VI Festa Galega de Malpica

- concertos- Media Ducia- Luar na Lubre- Tonhito de Poi- Fol de Veneno- Cantigas e Agarimos-

Xoves 1517:00 h.Feira medieval Mariñeira20:30 h.Na Praza Anselmo Villar Amigo, exhibición de danza e música tradicional a cargo da agrupación folclórica cantigas e agarimos Venres 1610:00 h.Feira medieval mariñeira21:30 h.Actuación da coral de Malpica, na Praza Anselmo Villa Amigo22:00 h.Exhibición de danza e música tradicional X Aniversario da A.C. Malante23:45 h.Fol de Veneno Sábado 1710:00 h.Feira Medieval Mari&nt(...)

(Ultima actualizaci??30-07-2013)

XXXIV FESTIVAL DE PARDIÑAS (GUITIRIZ)

- concertos- festivais-

Este ano, 2013, celebrarase os días 2-3 e 4 de Agosto. Cada Festival ten a súa identidade, os seus apelidos, o seu futuro, e medra coa fidelidade a este feito fundacional. O Festival de Pardiñas, nace co alcume de "Feira e Festa da música e da Arte". Xa fan 34 anos, coma una fervenza viva e dinámica de todas as artes, multiplicándose en moitos espazos ateigados de creación: a Mostra de Artesanía, a de Artesán(...)

CONCERTOS SUSPENDIDOS OU ADIADOS TRALA TRAXEDIA DO ACCIDENTE FERROVIARIO EN COMPOSTELA

-

- O Concello de Santiago comunica a suspensión de todas as actividades das Festas do Apóstolo.

- Aprázase a XXIX edición do Festival Intercéltico do Morrazo, que se ía desenvolver este venres 26 e sábado 27 de xullo na localidade de Moaña

- Queda Cancelado o evento Plazoleta Sons en Monterroso

- Aprazado o FESTIVAL DE ALBORADA en Bueu

- Tralos tráxicos acontecementos ocurridos o pasado día 24 en Santiago de Compostela, o Concello de Vigo ven de suspender toda a programación prevista (...)

(Ultima actualizaci??29-06-2013)

Certame de Música Tradicional Interritmos en Mos

- concertos-

Sábado 29 de Xuño no Centro Multiusos das Pozas

Participan:

CORAL POLIFÓNICA SANTA MARÍA DE PAZOS

AIRIÑOS NOVOS DE PINZÁS

ABELEIRAS DE ALXÁN

TREBOEIROS DA MUIMENTA

XULIO LORENZO E XAVI COLLAZO

PANDERETEIRAS A BUXAINA

GRUPO DE GAITAS GANDARIÑO

GRUPO DE GAITAS LUMEIRADA

BANDA DE GAITAS ATLÁNTIDA DE MATAMÁ

CORAL A RAIÑA

(Ultima actualizaci??27-06-2013)

Concerto dos amigos da Coral de Ruada (Ourense)

- concertos-

O xoves, día 27 de xuño, a Coral de Ruada ofrece o seu tradicional Concerto dos Amigos no Teatro Principal de Ourense, ás 20.30 horas.

Os amigos da coral poderán recoller as invitacións para asistir ao concerto na taquilla do teatro, os días 25, 26 e 27 de xuño de 11.30 a 13.00 horas, previa identificación como amigo da Coral.

As invitacións non retiradas polos amigos do grupo serán ofrecidas ao público o mesmo día do concerto, 27 de xuño, de 19.30 a 20.30 horas.

(Ultima actualizaci??15-05-2013)

Concertos no Toxos

- concertos- Toxos e Froles-

O Real Coro "Toxos e Froles" convídaos ao concerto que terá lugar no noso local social da rúa Magdalena 220 (Ferrol) o vindeiro sábado 18 de Maio ás 20:30 horas. Nesta ocasión contamos coa presenza do Coro Aimil de Xinzo de Limia (Ourense).

Formado por un grupo de xente que gosta do canto popular como mostra do espíritu lúdico da música, recolle a herdanza musical dos coros galegos iniciada en 1883 polo pontevedrés Coro Aires da Terra e continuada polo Real Coro Toxos e Froles, Cántigas (...)

(Ultima actualizaci??18-01-2013)

II Encontro de Coros Tradicionais, CANTARES NO MIÑOR

- concertos- Coral de Ruada- Cantares do Brión-

Sábado, 26 de xaneiro, ás 20,00 horas, en Baiona, no Auditorio Municipal Quinto Centenario.

Presenta: Leo de Matamá.

Actuación da Coral De Ruada, de Ourense, e do Coro Tradicional Cantares do Brión, con sede no Centro Cultural de Vincios (Gondomar).

Se no I Encontro acudiu ao Val Miñor o coro Cantigas e Agarimos, de Santiago de Compostela, nesta ocasión será a tamén histórica agrupación Coral De Ruada quen nos visite. En 2011 foi Cántigas da Terra, da Coruña, quen estivo na presentación(...)

2012

(Ultima actualizaci??27-12-2012)

Festival de Nadal Aleivosía (Rianxo)

- concertos- Fogo Fatuo-

Este 28 de decembro as 21.00h no Auditorio de Rianxo agardámosvos no noso Festival de Nadal no cal participan a ASC Fogo Fatuo, a Coral Polifónica do Liceo Marí­timo Rianxeiro e a Folí­ada da Asociación de Amas de Casa de Mazaricos.

Organiza: Asociación Sociocultural Fogo Fatuo

(Ultima actualizaci??29-11-2012)

Culturgal 2012 (Pontevedra)

- concertos-

PROGRAMACIÓN MUSICAL

O Pazo da Cultura de Pontevedra converterase a próxima fin de semana nunha sala de concertos permanente, na que haberá 18 actuacións en directo e 13 presentacións máis relacionadas coa industrias da música. O Culturgal será a pista de lanzamento de novas bandas e grupos, de festivais, de discos e de iniciativas conxuntas entre artistas de distintas procedencias e disciplinas, como a literatura ou o audiovisual. Ademais, a Fundación de Autor celebrará na Feira das Industri(...)

(Ultima actualizaci??21-11-2012)

O dúo Quodlibet inaugura a Semana da Música do Casino de Ferrol - Mércores 21 de Novembro

- concertos- Quodlibet-

O Casino Ferrolano celebra desde hoxe e ata o sábado a súa cuarta Semana da Música. Os concertos, con entrada libre para calquera persoa interesada, serán no salón de actos da súa sede da rúa Real, e comezarán ás oito da tarde.

A actuación inaugural correrá por conta do dúo Quodlibet, fusión de piano clásico e de gaita galega, a cargo de Felipe Rea e Andrea García. Eles demostran a boa conxunción que hai entre a música tradicional e as composicións clásicas.

O xoves pasará polo Casino o cuart(...)

(Ultima actualizaci??16-11-2012)

Festa Homenaxe a Uxío García Amor na Casa da Cultura de Vilalba

- concertos- Mini e Mero-

Ás 12:00h na Casa da Cultura de Vilalba (Entrada Libre): TÁBOA REDONDA

Coas intervencións de:

Alfonso Baamonde, Presidente da Coral Polifónica de Vilalba.

Xaquín Campo Freire, sanitario, crego animador da Pastoral Penitenciaria.

Samuel López González, fundador do Orfeón da Sociedade de Obreiros Católicos de Mondoñedo.

Félix Villares Mouteira, Secretario Chanceler do Bispado, especialista na Escola Poética de Mondoñedo.

Moderador: Xulio Xiz.

Intervención da Coral Polifónica Vilal(...)

(Ultima actualizaci??01-10-2012)

XXIV Xuntanza de Gaiteiros 2012 en Fene

- concertos- Susana Seivane- Xabier Díaz- BellónMaceiras- Xerfa- Agarimo- Airiños de Fene-

A Banda de Gaitas Tradicional “Airiños de Fene” está a organizar unha nova edición da Xuntanza de Gaiteiros, a número XXIV, que se celebrará o sábado día 06 de outubro as 19.30 horas na S. C. R. D Agarimo de Sillobre (Fene).

Este ano é un ano moi especial para nos xa que cumprimos 25 anos. 25 anos de traballos e esforzos, de penas e alegrías, de ilusións e decepcións, de horas e horas en autobús, de durmir como e onde se podía…. pero visto agora cremos que todo valeu a pena.

Sempre aprovei(...)

(Ultima actualizaci??17-08-2012)

V Festa Galega de Malpica

- concertos- ilalelo- Budiño- Bellón Maceiras- Treixadura- Fol de Veneno-

I Feira Medieval Marineira de Malpica 2012

Venres 17 de agosto:

- 11.00h Feira Medieval Mariñeira

- 22.00h Na Praza Anselmo Villar Amigo actuación da Coral de Malpica

- 22.30h Na Praza Anselmo Villar Amigo actuación do grupo Media Ducia.

Sábado 18 de agosto:

- 11.00h Feira Medieval Mariñeira

- 11.30h Pasarrúas cos gaiteiros da A.C. Carcaxía e da A.C. Raigañas

- 17.00h Pasarrúas mariñeiro

- 19.15h II Desfile de bandas de gaitas da A.C. Malante (Sairán do Centro Cívico de Malpica)

- 22.0(...)

(Ultima actualizaci??26-06-2012)

Festas do Barrio de San Pedro (Compostela)

- concertos- Talabarte- Os Modernos- Ardentía- Sacha na Horta- Dios Ke Te Crew- Terbutalina- Os Estalotes- - Asociación Cultural Maghúa- Brincadeira-

Programa do 2012

27, 28, 29, 30 de Xuño e 1 de Xullo de 2012

MÉRCORES 27

22.00h MÚSICA. (Praza da Angustia)

Talabarte

23.00h CONTACONTOS. (Adro da Igrexa da Angustia)

María da Pontragha

XOVES 28

20.00h. VIDEO-FORO (Na Xuntanza, Rúa Fraguas)

A crise da débeda

22.30h. FOLIADA. (Praza 8 de marzo)

Maghúa

Os Modernos

Ardentía

VENRES 29

19.00h. ENCONTRO DE CORAIS. (Museo do Pobo Galego)

Coral «A Xuntanza»

Duo Mara

Coral José Saram(...)

(Ultima actualizaci??25-06-2012)

Concerto-Homenaxe a Celso Emilio en Vigo

- concertos- Ataque Escampe- Luis Emilio Batallán-

26 de Xuño do 2012

Ademais da exposición, a Consellería de Cultura e Educación organiza na cidade da oliveira un concerto homenaxe a Celso Emilio Ferreiro, que terá lugar o martes 26 de xuño, ás 20:00 horas, no Teatro do Centro Cultural Novacaixagalicia, e que será de entrada aberta e gratuíta. O evento congregará diversas propostas artísticas, dos ámbitos musical e poético, baseadas na obra do escritor, da man de voces novas da cultura galega.

As actuacións de Ataque Escampe, El Puto Coke(...)

(Ultima actualizaci??21-06-2012)

VI Certame Internacional de Coros De Ruada

- concertos- Coral De Ruada- Cantares do Brión- Cántigas da Terra-

Coa participación da Coral De Ruada, Cantares do Brión, Orfeâo de Águeda, Coro Aimil, Cántigas da Terra e o Orfeão de Águeda (Portugal)

(Ultima actualizaci??21-06-2012)

Treixadura en Ourense

- concertos- Treixadura-

Treixadura presenta "Esa si que é Muiñada" o 29 de Xuño ás 23h na Praza Maior de Ourense, acompañados pola Coral de Ruada

(Ultima actualizaci??19-06-2012)

Vindeiros concertos de Treixadura

- concertos- Treixadura-

Música tradicional salvagardada polos coros decanos galegos.

Cantigas populares que arrouparon a gaita no século pasado.

Melodías de gaita que máis prenden nos galegos.

Novas cantigas que Treixadura “peneira no seu tremiñado”.

- (...)

15 de agosto, 22:30 - Pontevedra.Festas da Peregrina

18 de agosto - Malpica

9 de novembro - As Pontes

(Ultima actualizaci??20-05-2012)

ENCONTRO MUSICAL OZA 2012

- concertos- Asociación de veciños Oza Gaiteira Os Castros-

O 26 de maio a partir das 17:30 h a AAVV Oza-Gaiteira-Os Castros organiza no novo Parque de Oza o Primeiro Encontro Musical Oza 2012. Isabel Risco será a encargada de presentar este primeiro encontro de música Tradicional do Concello de Oza no que participarán os seguintes grupos:

XEBRE Escola de Música tradicional da AAVV Oza-Gaiteira-Os Castros

O AMANEXO Grupo de Pandereteiras de Dexo-Oleiros

FROUMA Grupo de Gaitas de Oleiros

OS GAITEIRIÑOS Coro de A Gaiteira

CANTOS DE TABERNA Grupo cor(...)

(Ultima actualizaci??20-04-2012)

REVOLUÇOM DOS CRAVOS Na Gentalha (Compostela) COM CEIA, DISCO E CONCERTO DE TAGHAITAí!

- concertos- Gentalha- Taghaitaí-

Festa galego-portuguesa para comemorar o 25 de abril

sábado 28 de abril no C.S O Pichel

21h00

- ceia portuguesa: entradas, caldo verde, bacalhau e papas de arroz. Vinho verde e café.

- apresentaçom do novo disco duplo: 25 de abril Sempre!

(Com temas de discos inéditos e documentaçom surpreendente)

- Saudaçom das companheiras do Projeto "Amigos maiores que o Pensamento"

22h30

- concerto: TAGHAITAÍ!!! TOUR DE BAIXURA + estreia da coral GAITA ARMADA

* É obrigatório ter bono(...)

(Ultima actualizaci??09-02-2012)

Treixadura presenta ESA SÍ QUE É MUIÑADA en Pontevedra, Vilagarcía e Narón

- concertos- Treixadura- Toxos e Froles- Cantigas e Agarimos- Cántigas da Terra-

O grupo realizara unha xira por teatros que na que, de momento, están confirmados os concertos en Vilagarcía de Arousa e Narón, mentres se está a xestionar a presentación do novo disco noutras grandes cidades de Galicia

O vindeiro 11 de Febreiro Treixadura subirá ao escenario do Pazo da cultura de Pontevedra para presentar en directo o seu novo traballo discográfico “Esa si que é muiñada”. Un disco que toma forma dende o son máis tradicional do grupo, e os cantos populares, que ben souberon r(...)

(Ultima actualizaci??28-01-2012)

Cantigas e Agarimos no Teatro Principal de A Estrada

- concertos- Cantigas e Agarimos-

Sábado 28 de xaneiro de 2012 ás 21h

Teatro Principal, A Estrada (Pontevedra)

Entrada: de valde.

Organiza: Agadic, Concello de A Estrada

A obra Os vellos non deben namorarse, de Castelao, serve de fío conductor á nova gala de Cantigas e Agarimos.

Cantigas e Agarimos quere rendir homenaxe a todos e todas as persóas que en xullo de 1961, fixeron posible aquela primeira representación, fóra de América, da obra de Castelao.

Neste espectáculo, mais de 80 persoas tentarán trasladar ó espe(...)

(Ultima actualizaci??21-01-2012)

CANTARES NO MIÑOR. I Encontro de Coros Tradicionais

- concertos- Cantigas e Agarimos-

A Agupación Folclórica Cantigas e Agarimos e o Coro Tradicional Cantares do Brión, organizador do evento, actuarán o sábado 21 ás 20:30h no Auditorio municipal Lois Tobío de Gondomar

O sábado 21 de xaneiro, a partir das 20:30h, no Auditorio Municipal Lois Tobío de Gondomar, celébrase o evento «CANTARES NO MIÑOR. I Encontro de Coros Tradicionais». No acto participarán a Agrupación Folclórica CANTIGAS E AGARIMOS, de Santiago de Compostela, e o Coro Tradicional CANTARES DO BRIÓN, do Centro Cult(...)

2011

(Ultima actualizaci??17-12-2011)

Treixadura reunirá a 1.500 persoas no Auditorio Mar de Vigo

- concertos- Treixadura- Toxos e Froles- Cantigas e Agarimos- Cántigas da Terra-

A Fundación Inade, Instituto Atlántico del Seguro organiza, para o próximo 17 de decembro, un concerto baixo o título “Gracias a ti”, que terá lugar no Auditorio Mar de Vigo.

Con esta celebración, a fundación Inade quere agradecer ao conxunto da sociedade a confianza depositada nos mediadores de seguros para proteger o seu patrimonio, as súas persoas e as súas responsabilidades a través de contratos coas entidades aseguradoras, así como a labor que teñen levado a cabo, e continúan a facer as pe(...)

(Ultima actualizaci??25-11-2011)

Miro Casabella, Luís Pastor e Uxía unen as súas voces para recordar a Xosé Manuel Eirís

- concertos- Miro Casabella- Uxía Senlle- Xosé Manuel Eirís-

Pazo da Cultura de Carballo

Rúa do Pan s/n

Carballo, Galicia, Spain

35 aniversario da Asociación Cultural Lumieira de Carballo

Homenaxe a Xosé Manuel Eirís

Venres 25 de novembro

21.00 h

Pazo da Cultura de Carballo

Entrada libre e de balde até completar aforo

A asociación cultural Lumieira, de Carballo, segue celebrando o seu 35 aniversario e non quixo esquecerse dun dos principais impulsores culturais da capital de Bergantiños, Xosé Manuel Eirís, ao que homenaxearán o vind(...)

(Ultima actualizaci??17-10-2011)

Premio "Xabier Prado Lameiro" 2011 ao Colectivo Castro Floxo

- Coral de Ruada- Castro Floxo- Toxos e Froles-

O Xurado do premio "Xabier Prado Lameiro" ven de conceder o recoñecemento 2011 ao COLECTIVO CASTRO-FLOXO DE OURENSE "polo traballo que ó longo de máis de trinta anos levan realizando no campo da investigación, conservación e divulgación do noso folclore tradicional, non só a través da danza, senón tamén por medio de tódalas demais manifestacións etnográficas que a acompañan, como son a música, as súas vestimentas e os costumes que xiran arredor da mesma.".

ACTA DO XURADO.

_____________(...)

(Ultima actualizaci??23-07-2011)

LELA, Gala de Cantigas e Agarimos, en Padrón

- concertos- Cantigas e Agarimos-

23 Xullo, ás 23h na Praza de Macías, Padrón

Neste 2011 cúmprense 50 anos da estrea na Praza da Quintana de Santiago de Compostela da obra Os vellos non deben namorarse, de Castelao, por Cantigas e Agarimos.

Este é o fio que serve as diferentes seccións de Cantigas e Agarimos (coral, instrumental, grupo de baile e pandeireteiras) para presentarnos un espectáculo de calidade, no que mais de 80 persoas tentan trasladar ó espectador no tempo, levándoo nunha viaxe imaxinaria pola nosa histor(...)

(Ultima actualizaci??29-06-2011)

Programa das Festas do Barrio de San Pedro :: Compostela

- concertos- Vilarachos- Tanto Nos Ten- Tiruleque- Treboeiros- Estalotes- Barrio de San Pedro- Brincadeira-

29, 30 de XUÑO e 1,2 e 3 de Xullo de 2011MÉRCORES 2919.00h CORAL. Museo do Pobo.Coral "A Xuntanza" 22.00h CIRCO/DANZA/TEATRO. Praza da Angustia."Encontros" de Lusco Fusco23.00h CONTACONTOS DE MEDO. Praza da Angustia.Paula Carballeira                                           XOVES 30 21.00h. (...)

(Ultima actualizaci??18-06-2011)

II Ruada Vai de troula

- Festa-

O próximo día 18 a partir das 8 da tarde terá lugar en POULO a II RUADA "Vai de troula" organizada pola A.C. Camiño Real.

Pendentes aínda da confirmación dalgúns grupos aquí vos deixamos unha lista cos nomes dos cales xa sabemos que estarán trouleando en Poulo:

SARILLO (AIAZO)

FLOR DA MAQUÍA (POULO)

FAÍSCAS (PONTRAGA)

OS PELEXOS (ORDES)

ESCOLA DE MÚSICA TRADICIONAL (MESÍA)

CORAL DE MUSICAL TRADICIONAL ( FRADES)

EMBRUXO ( LEIRA)

A.C. CAMIÑO REAL (POULO)

E se ti tes un grupo e t(...)

(Ultima actualizaci??08-04-2011)

Concerto - Presentación Discográfica de Noitarega, "XXI"

- concertos- O Fiadeiro-

O vindeiro sábado 9 de Abril no Auditorio Municipal de Vigo a partir das 21:00 h, o grupo de música tradicional Noitarega presentará ao vivo "XXI", o seu último traballo discográfico, un disco conmemorativo dos seus máis de 21 anos de carreira.

Formado en 1989, Noitarega está considerado como un dos máis relevantes grupos da música tradicional galega, tendo ofrecido actuacións tanto por todo o territorio español (Expo 92 de Sevilla, Palau de Congressos de Montjüic de Barcelona, Festival Inter(...)

(Ultima actualizaci??01-04-2011)

Actividades musicais no Achegarte 2011

- concertos- Xacarandaina- Asociación Cultural Maghúa-

Sábado 2:

* 12:00 h. Rap Regueifa: Noe Orosa, Ninguén Melide e Senlleiro.

* 13:00 h. Marta Quintana, arpista.

* 14:00 h. Coral Follas Novas.

* 16:30 h. Manu Clavijo

* 17:00 h. Xacarandaina.

* 17:30 h. Xoán Curiel

* 18:00 h. Habelas.

* 18:30 h. Luar na Lubre.

* 19:00 h. Fuco Xabier.

* 19:30 h. Pradairo: "Pateado".

* 20:30 h. Noitarega: "Vinteún".

* 21:00 h. Silvia Penide.

* 21:30 h. Tiruleque.

Domingo 3:

* 11:30 h. Pablo Díaz e o grupo "Tic-Tac".

* 11:30 h. PelDeNoz.

* 12:00(...)

2010

(Ultima actualizaci??09-11-2010)

Os músicos ponteses adican Santa Icí­a 2010 á figura do gaiteiro Manuel Castro, “Freixo”

- concertos- Muxarega- Berros do Castro- No Cómbaro- -

Os colectivos e entidades musicais de As Pontes (Ruada) están xa a idear o que será a celebración, un ano máis, da festividade de Santa Icía, a patroa dos músicos, unha cita que, cada mes de novembro, da lugar a máis de dúas semanas de diferentes concertos, festivais e actividades vencelladas ao mundo da música e que este ano estarán adicadas á figura do gaiteiro pontés Manuel Castro, máis coñecido coma Freixo.

O Concello de As Pontes e a empresa Endesa volven patrocinar este programa de ac(...)

(Ultima actualizaci??27-10-2010)

FESTIVAL DE CANTAREIRAS 2010 - Ferrol

- concertos- Cantareiras- Xiradela-

A Agrupación Folklórica e Cultural TERRA MEIGA, conxuntamente coa Asociación ALEN DE ANCOS – Grupo de Música Folk-, ven de organizar un Festival de CANTAREIRAS.

Celebrarase o vindeiro sábado 30 de octubre, na Capela do Centro Cultural Torrente Ballester as 20,00 h.

Participarán, Agrupacións representativas do noso Folklore, como son:

Cantareiras ARUME de Carballo.- Pertenecen a Asociación Xuvenil de Berdillo en Carballo que naceo no ano 1985 co obxetivo de promover o asocia(...)

(Ultima actualizaci??05-10-2010)

Arrinca o novo curso Retrouso

- concertos- Retrouso de Cela-

A Asociación Cultural Retrouso inicia esta semana o curso 2010/2011 das Escolas Retrouso, cunha ampla oferta de actividades vinculadas á cultura tradicional. Mantense o forte volume de clases programadas, xestionando nada menos que 17 grupos de alumnos e alumnas cada semana.

As actividades son baile tradicional, gaita, percusión, canto e pandeireta, acordeón e canto coral. Todas elas con espazos reservados para iniciación ou perfeccionamento e algunhas consegmentación por idades.

As princ(...)