"Churrasco"

(Ultima actualizaci??19-06-2019)

Festas de San Xoán Santiago de Compostela 2019

- concertos-

Do 21 ao 23 de xuño

PROGRAMA Todas as actividades son na PRAZA DE MAZARELOS a menos que se indique outra localización. VENRES 21 DE XUÑO18 h a 00 h. Festival de San Xoán na praza de Mazarelos: Mercadiño artesán con demostración ao vivo, 'Espazo Palleiro' para peques e zona gastronómica 'Área Asardiñada'. Entrada de balde.

18 h a 20 h. Obradoiro de pintado de pratiños decorativos de polbo. Actividade de balde para todos os públicos.

19:30 h a 21:30 h. Obradoiro de baile tradicional(...)

(Ultima actualizaci??14-06-2019)

XII FOLK IN RIO en Touro (Compostela)

- concertos-

Domingo 16 de xuño ás 12h na área recreativa de Santaia, en Touro,

O programa musical ábrese ás once e media polos locais do Forte con cantos de taberna. Estarán os grupos Son do Souto e Muxicas da Silvei de San Fins de Sales; A Brincadeira de Carbia; A Pinguela de Barna; A Ferrina Furtiva de Redondela; Revi, Volta de O Pino; Fiadei de Antas de Ulla; O Ghusto do Boi de Lestedo; Sarillo de Aiazo de Frades; Vai Nela de Salgueiros; Arricandeira de Arzúa; Stihl Brothers de Compostela; e UGT, (...)

(Ultima actualizaci??10-05-2019)

Festa Sementeira e Música en Corzáns (Salvaterra de Miño)

- concertos-

A Asociación Quinta do Piñeiro é organizadora da ‘ Festa Sementeira e Música’ que alcanza este ano a 13ª edición e que nesta ocasión ha de celebrarse os días 11 e 12 de maio na área recreativa do Muiño dá Ponche, na parroquia de Corzáns, no municipio pontevedrés de Salvaterra de Miño.

Dous días nos que a artesanía, a diversión e a tradición estarán presentes.

A festa comezará o sábado pola mañá, cunha concentración de tractores clásicos que a continuación realizarán un roteiro polos p(...)

2018

Magusto Da Arca (Vilar de Santos)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??16-11-2018)

- Festa-

Sábado, 17 de novembro, por volta das 19h00, temos o magusto da Arca. Estarão connosco o grupo Tres por Catro. Haverá churrasco, chouriços, castanhas, vinho e FOLIADA. Também teremos empada de cogumelos e churrasco de verduras para veganos.

O preço é de 10€ (Aponta-te na Arca ou enviando uma sms privada ao facebook antes de dia 16)

II Foliada de Reigosa (A Pastoriza. Lugo)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??26-10-2018)

- Festa-

Sábado, 27 de outubro

Arrancaremos ás 11:00 am coa apertura da feira mensual. Ás 13:00h haberá un pasarrúas a cargo do grupo Grupo de gaitas "Brisas del Eo" de San Tirso de Abres (Asturias).

Xantaremos a fartar polbo á feira e churrasco para prepararnos para o obradoiro de baile das 18:00h impartido por Iago Dominguez Rodriguez, da asociación Cantigas e frores. Á noite comezarán os concertos con Son de Lugh, Os Amigos do Caldeiro, #PandereiteirasdeMeira, #GrupoDeMúsicaTradicionalDaPas(...)

(Ultima actualizaci??07-09-2018)

Noite de música tradicional en Ouzande (A Estrada)

- concertos- A Fervenza de Ouzande-

Venres, 7 de setembro ás 22h no Campo da Festa de Ouzande.

Haberá posto de polbo e churrasco, así como servizo de bar.

As actuacións dos grupos convidados serán todas elas “a pé de campo”, mesturándose entre o público , tratando así de recuperar o sabor e ambiente das foliadas tradicionais, e procurando a maior participación posible dos asistentes. 

Actuacións Musicais

Os Xeitosos de Trazo (Trazo)

“Os Xeitosos de Trazo” nace por iniciativa municipal no inverno do ano 1979. Comeza c(...)

FESTA Popular Froles Mareliñas (Chapela. Redondela)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??06-09-2018)

- concertos- Froles Mareliñas-

Sábado 8 de setembro ás 11:00h

A.C. Sadeo

Os Carunchos

Froles Mareliñas

Naicosqueira

E ao remate Foliada Popular

------------

Coma tódolos anos celebramos a festa popular da nosa asociación.Será o Sábado 8 de setembro e terá lugar na Alameda Rosalía de Castro (en Chapela).

RESERVA XA O TEU MENÚ, NON QUEDES SEN ÉL (Churrasco, cahelos, pan e unha bebida) mercando o tique por un módico precio de 10€ na oficina de Seguros Soto ou na Cafetería Kima, ou no teléfono 687-382-508

Este (...)

Festival BelvisSong

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??07-07-2018)

- concertos-

Presentamos #BelvisSong, festival no Parque de Belvís (Compostela) para o domingo 15 de Xullo. PLANAZO!

Os d'Abaixo

García Mc & Pequeno Quilombo

Biribirlocke

Sex Museum Official

RUXE RUXE

sesión vermú con Do Fondo DoPeto

área #soundsystem, ludoteca, polbo e churrasco, artesanía... sol, festa!

Organiza: Kraken Compostela

Colabora: Pazo de Raxoi, Mahou, Luneda Producións, North Patrol Sound System e Sagrado Corazón Tatuajes.

(Ultima actualizaci??19-04-2018)

FESTA DA SEMENTEIRA DO MILLO 28 - 29 ABRIL EN MATAMÁ (VIGO)

- concertos- SEMENTEIRA-

A Asociación COLECTIVO CULTURAL ALTERNATIVO MALAHERBA, xa estamos preparando a sétima edición da FESTA DA SEMENTEIRA DO MILLO que se celebrará en Matamá (Vigo) os días 28 e 29 de abril.

A festa comezará o sábado 28 coas xa tradicionais OLIMPIADAS DO CAMPO para pasar unha tarde de deporte e bo humor participando en diversas probas como o : "lanzamento de sacho", "debullar millo", "lanzamento de boina", "carreira de trespés", ....

Xa á tardiña actuará o coñecido mús(...)

2017

(Ultima actualizaci??17-11-2017)

Magusto na Arca da Noe (Vilar de Santos. Ourense)

- concertos-

Sábado 18 de novembro ás 19:30h

A Arca da Noe.

Rua do Forno, 13, Vilar de Santos.

Ourense.

Sábado, 18 de novembro, por volta das 19h00, temos o magusto da Arca. Estarão connosco Os Rampeiros da Baixa Limia. Haverá churrasco, chouriços, castanhas, vinho e foliada. Também teremos empada de cogumelos e churrasco de verduras para veganos.

O preço é de 10€ (Aponta-te na Arca ou enviando uma sms privada ao facebook antes de dia 16)

(Ultima actualizaci??06-05-2017)

IV Festival Ventofolk en Ventosela, Redondela

- concertos- festivais-

A cuarta edición do Festival Celta Ventofolk, terá lugar o día 6 de maio na área recreativa de A Miñoteira, en Ventosela (Redondela), organizada pola Asociación Xuvenil Ventorock, e contará con actividades e música durante toda a xornada.

Xa pola mañá, a partir das 12 horas, terán lugar os campionatos Chave e Lanzamento de Forca, además dunha animada sesión vermú que estará acompañada de música tradicional. Deseguido terá lugar un xantar popular no que os que así o desexen, poden levar a súa (...)

2016

(Ultima actualizaci??24-11-2016)

Magosto e concerto de Mitocondrias en Sandiás (Ourense)

- concertos- Mitocondrias-

Sábado 26 de novembro ás 20:00h na Corte dos Bois

Haberá churrasco, chourizo, empanada, viño, licor café, castañas e bica. E o grupo encargado da música serán os enormes MITOCONDRIAS, banda de rock de Ourense por todos coñecida. A cea máis o concerto serán 8 euros. Podedes anotarvos, antes do día 24, a través de mensaxe privada no facebook da Corte dos Bois ou no número 988465395.

(Ultima actualizaci??12-11-2016)

Magusto 2016 na Arca (Vilar de Santos. Ourense)

- Festa-

Sábado 19 de novembro ás 20:00h

A Arca da Noe.

Rua do Forno, 13, Vilar de Santos.

Ourense.

NOVO RUMO

O Magusto da Arca.

Sábado, 19 de novembro, por volta das 20h00. Haverá churrasco, chouriços, castanhas, vinho, concerto dos rusos Alexander Anistratov & Vitali Safranov e foliada incluida. Também teremos empada de cogumelos e churrasco de verduras para veganos.

O preço é de 10€ (Aponta-te na Arca ou enviando uma sms privada ao facebook antes de dia 17)

(Ultima actualizaci??03-09-2016)

Serán Careco Solidario (San Claudio - Ortigueira)

- Festa-

O sábado 10, no campo da festa da Rocha (San Claudio - Ortigueira) chega o Serán Careco solidario, onde Os Carecos organizamos un Serán cheo de actividades para o disfrute de todo o que se queira achegar e colaborar, xa que TODOS os beneficios recaudados serán doados a Asociación Española contra o Cancro (AECC), asociación que pon toda a forza e medios dispoñibles para axudar a todas esas persoas que sufren esta grave e complexa enfermidade como tamén a sua investigación, motivos mais que sufici(...)

(Ultima actualizaci??18-06-2016)

XII Festival da Muiñéira e I Fouliada en Mazaricos (A Coruña)

- Festa-

Sábado 18 de xuño

Ermida Da Virxe do Monte ( Campo da Romaxe)

A festa comeza ás 5 da tarde e dura ata que o corpo aguante.

Contaremos con grupos de gaitas, escolas de baile e música, pandereteiras, grupos folk e moito máis. Tamén contamos cunha clase maxistral de baile, con polbeira, churrasco, e sortearemos dous xamóns e un chapeu.

Anímadevos!!!

(Ultima actualizaci??17-06-2016)

Día da Música en Silleda

- concertos-

Sábado 18 de xuño

Carballeira das Pedrosas - Silleda

PROGRAMA DE ACTIVIDADES:

10:30 h - PASARRÚAS a cargo dos Bombos, gigantóns e cabezudos de AREOSA.

11:30 h - OBRADOIROS para os nenos na Carballeira.

13:00 h - Presentacion da FESTA DO LACÓN e degustación.

13:30 h – Actuación da Orquesta Popular SOPRO DE CORDAS.

18:30 h - Audición da EMMS.

19:30 h - MERENDA para todos alumnos da EMMS organizada pola ANPA MUSIQUIÑOS.

20:00 h - Concerto da BANDA DE MÚSICA MUNICIPAL DE SILLEDA, co(...)

(Ultima actualizaci??15-04-2016)

V foliada Varacuncas (Rodeiro)

- Festa-

Sábado 16 de abril

Rodeiro

Un ano máis ten lugar a foliada Varacuncas, este ano celebrando a V edición presentando a nova xira "Latiguillo Balboa Router".

Este ano como novidade salientar o cambio de ubicación, farémolo no centro urbán de Rodeiro.

- 19:30h Pasabares por TÓDOLOS BARES do centro urbán de Rodeiro.

- 22:30h Cea tradicional: empanada, churrasco, postre, pan e viño.

- 00:00h Concertos a cargo de A Requinta da Laxeira e de Zoadeira.

- Foliada ata que o corpo aguante.

(...)

2015

(Ultima actualizaci??20-11-2015)

Habelas Hainas no Magosto na Corte dos Bois (Sandiás, Ourense)

- concertos-

Sábado 28 de novembro, a partir das 20h00 da tarde, haberá magosto na Corte dos Bois (Santa Ana 22, Sandiás, Ourense)

Con churrasco, castañas, chourizos, viño, gaiteiros... e ás 22h00, concerto de Habelas Hainas e, ata que aguante o corpo... A entrada de 7 euros inclúe a cea (con viño e auga) e o concerto. Apuntarse ata o día 25 de novembro na Corte ou mediante mensaxe privada no facebook.

(Ultima actualizaci??20-11-2015)

Magusto da Arca e concerto de Faltriqueira en Vilar de Santos (Ourense)

- concertos- Faltriqueira- Arca da Noe-

Sábado, 21 de novembro ás 20h na Arca da Noe (Rua do Forno, 13, Vilar de Santos)

Haverá churrasco, chouriços, castanhas, vinho e foliada incluida.

O preço é de 10€ (Aponta-te na Arca ou enviando uma sms privada ao facebook antes de dia 19)

(Ultima actualizaci??17-09-2015)

IV edición do festival Ao Son Do Masma (Celeiro De Mariñaos - Lugo)

- concertos-

Sábado, 19 de setembro, a carón do río Masma:

9:30h. Dará saída o ROTEIRO que percorrerá a beira do río e con subida a Cornería.

12:00h. Apertura da FEIRA DE ARTESANÍA E PRODUCTOS TÍPICOS.

13:00h. SESIÓN VERMÚ ao son do grupo de música tradicional A VOLTA DO AGRO.

13:00h.en diante, XANTAR ao son do Masma: polbo, churrasco, xamón, empanadas e tortillas.

_________________________

16:00h. OBRADOIRO de XOGUETES TRADICIONAIS, para todos os públicos.

16:30h. Monólogo con CELSO SANMARTÍN.

18(...)

(Ultima actualizaci??10-09-2015)

Airiños da Lagoa en Legazpi (Guipúzcoa)

- concertos-

Sábado, 12 de setembro ás 19:30

Plaza Euskal Herria (Legazpi)

Esta fin de semana o Grupo de Baile e Música Tradicional Airiños da Lagoa, participaremos na festa Agorreko Santikutzak, en Legazpi, onde este ano toma un punto galego.

A nosa actuación será ás 19:30 h. na Praza Euskal Herria, pero durante todo o día haberá un stand de gastronomía galega onde se poderá degustar pulpo, empanada, lacón, chourizo, churrasco, tarta de Santiago, queixo de Arzúa, Ribeiro, Alvariño, etc., ademáis (...)

(Ultima actualizaci??28-08-2015)

I Festival "Sons na Cortiña" (San Sadurniño)

- concertos-

Sábado, 29 de agosto ás 22:30

Lugar da Cortiña, San Sadurniño (Ao pé do Río Xubia)

Para pechar unha intensa xornada de posta en valor do rural e do deporte solidario deberemos voltar á beira do Xubia. E é que a partir das 22.00h. se vai celebrar no lugar da Feira Rural o primeiro festival de música "Sons na Cortiña".

Trátase dunha cita aberta a todos os públicos -aínda que pensada para a xente nova- enmarcada na programación de lecer impulsada polo departamento de Mocidade. A entrada(...)

(Ultima actualizaci??22-08-2015)

Foliada Tradicional e XXVII Festival da A.C. Pedra da Aroña en Escarabote (Boiro)

- Festa- festivais-

Venres 21 e Sábado 22 de agosto no peirao de Escarabote

O venres estará adicado a FOLIADA, na que participarán grupos como Adorniña Abanqueiro, Aixola Pandereteiras, Gaitas Barlovento, As pandereteiras de Aroña, Rianxeiras da Covecha, A.c. Fiadeira, Lumieira, Nunca E Tarde, entre outros... Pero esperamos que logo todos vos animedes a bailar polo menos unha muiñeira na foliada libre!!

Tamén contaremos cunha barra na que serviremos bebida e diferentes tapas como MEXILLÓNS e CHURRASCO a prezos (...)

(Ultima actualizaci??20-08-2015)

XVIII NOITE FOLK (NEGREIRA)

- concertos-

Sábado, 22 de agosto

Refuxio de Covas

-LIMAGOIA - 22:00h

-LEILÍA - 23:00h

-BUDIÑO - 00:30h. Con Isaac Palacín, Alfonso Casi Siempre, Fernando Barroso,e como convidado especial: Xabier Diaz.

Chega unha nova edición da Noite Folk de Negreira nun ano moi especial, no que as pandereteiras nicrarienses Limagoia celebran o seu 25 aniversario. Farano na compaña do grupo de pandereteiras con maior traxectoria no nosos país: Leilía. No escenario estará ademais coa súa banda un dos gaiteiros(...)

(Ultima actualizaci??18-04-2015)

IV Foliada Varacuncas en Santa Baia (Rodeiro)

- Festa-

Venres 18 de abril

As 16:00 comeza o Obradoiro de Gaita con David Bellas, os participantes tentade estar algo antes.

As 17:00 comeza o Obradoiro de Davide Salvado , igualmente facede por chegar algo antes.

As 19:00 comeza o Obradoiro de Baile con Alexandre Sotelino

As 20:30 abrimos o torreiro xa cos alumnos de baile

Pola tarde comezaremos a colocar os postos de artesanía e comprácenos comunicarvos que contamos con:

1 - Rosquillas casa da Xorxa.

2 - Os Alegres ,instrumentos tradicio(...)

2014

X Foliada da Mariña (Xove)

-

O Sábado 20 de Setembro de 2014 celebrarase na carpa instalada no Centro Cívico de

Xove a X Foliada da Mariña.

O programa será:

13.00 Pasarrúas a cargo dos gaiteiros de Saiñas e a continuación sesión vermú.

17.30 Xogos e Obradoiras de xoguetes e instrumentos tradicionales.

21.00 Cea popular (churrasco, chourizo, tortilla, pan e bebida). A 5€ en venta anticipada

e 7€ o día da Foliada.

22.00 Foliada.

A Asociación Cultural Saíñas é a organizadora do evento e invita a todos os veciño(...)

(Ultima actualizaci??14-03-2014)

Foliada no Xeitoso (Pobra do Caramiñal)

- concertos-

Venres, 14 de marzo

Como cada segundo venres de cada mes, este día 14 de marzo, terá lugar a partir das 22:30 unha foliada! música tradicional,churrasco,bailes...en resumen..FESTA! así que xa sabedes!traede a voz afinada e os vosos instrumentos!!para pasalo en grande!

2013

(Ultima actualizaci??25-10-2013)

Xornada musical e de artesaní­a coa actuación dos Beretes no Xardín de Mantelas (Vigo)

- Festa-

Sábado 26 de Outubre

Rúa Mantelas 26 inerior.Vigo

A xornada comezará pola mañán coa animación musical tradicional a cargo de Os Beretes.

Haberá pulpeiro e churrasco a bos prezos e tamén feira de artesaní­a.

Continuaremos ao longo da tarde cunha foliada e para iso queremos convidarvos a tod@s @s que queirades vir tocar con nós

(Ultima actualizaci??19-10-2013)

Grelo Folc 2013 - Monfero

- concertos-

Sábado 19 de Outubro no Mosteiro de Monfero

O XANTAR:

a TUTTI churrasco

A partir das dúas

Prezo: 12 €

Anotarse: oabordelo@gmail.com ou

679 251 163 / 667 782 774

O NABICIÑA:

A partir das 17:00h

para os pequerrechos e pequerrechas da casa,

MARÍA DA PONTRAGHA

O MAGO FIZ

OS CONCERTOS:

A partir das 22:00h

Pandereteiras BOUBA

TAGHAITAÍ

Os TRES TREBóNS

Familia Caamagno

OS CARTOS:

Colabora! gasta un peso!:

super CAMISOLAS por 10€.

e rifas, moitas rifas!!

(Ultima actualizaci??08-09-2013)

IX Foliada da Mariña (Xove)

- Festa-

Sábado, 14 de Setembro de 2013

Carpa instalada no Centro Cívico de Xove

13.00 Pasarruas a cargo dos gaiteiros de Saiñas e a continuación sesión vermú

17.30 Xogos

21.00 Cea popular (churrasco, chourizo, tortilla, pan e bebida)

22.00 Foliada

Organiza: Asociación Cultural Saíñas

(Ultima actualizaci??05-09-2013)

Festival Folk e Romerí­a Catalmibre (O Burgo)

- concertos- festivais-

Venres 13 e Sábado 14 de Setembro no paseo maritmo do BURGO (CONCELLO DE CULLERDO)

Organizado polo grupo folclorico "CATALMIBRE TRADICIONAL".

Este ano , con motivo do décimo aniversario do grupo, farase un festival folk o venres dia 13 ás 21:00h coa participación de

MINI E MERO

OS MILESIÁNS

LEIRABUXO

GRUPO SAMARÚAS.

Ao día seguinte celebrarase a Romería. Acompañando a Catalmibre estarán "ANDADURA" (León) e a OCT CHORIMA" de ROIS.

Pra que non falte de nada haberá unha carpa po(...)

(Ultima actualizaci??28-08-2013)

FERVENZA DE MÚSICAS 2013 EN OUZANDE (A ESTRADA)

- concertos- Fervenza de músicas- A Fervenza de Ouzande-

VI FOLIADA DE MÚSICA TRADICIONAL. OUZANDE-A ESTRADA

O programa desta VI Foliada será o seguinte:

Dí­a: Venres, 6 de setembro de 2013

Hora: 22:00 h.

Lugar: Campo da Festa de Ouzande.

O campo estará cuberto por unha carpa e haberá posto de polbo e churrasco, así­ como servizo de bar. Actuacións Musicais:

O Ghusto do Boi (Boqueixón) 

Animada e animosa charanga de música tradicional e popular. Unha ducia de compoñentes, con moito instrumento de vento, percusión e acordeón. Presentes en more(...)

(Ultima actualizaci??24-06-2013)

Festas do Barrio de San Pedro

- concertos- Brincadeira-

MARTES 25

20.30h INTERVENCIÓN. (No Cruceiro de San Pedro)

Grito Comunal. Entrega de credenciais as persoas gritadoras oficiais de barrio. De mércores 26 ao sábado 29, todos os días ás 20:30h, esteas onde esteas gritaaaaaaaaa!!!! (as persoas gritadoras oficiais poden acreditar a xente do seu entorno iniciándoos no grito).

21.00h IMPROVISACIÓN-TEATRAL. (Na Praza da Angustia)

The Momento Impro

23.00h MÚSICA-CINE. (No Cemiterio do Parque de Bonaval)

Banda Municipal de Música music(...)

(Ultima actualizaci??19-06-2013)

Foliada e Sardiñada na Taberna Eiravella (Boqueixón)

- Festa-

Este sábado 22 de Xuño temos sardiñas e churrasco gratis para tódalas persoas que queiran disfrutar da festa do San Xoán

(Ultima actualizaci??31-05-2013)

VIII Xuntanza de Gaiteiros "MANUEL VILLANUEVA" en Poio

- Festa-

Como todolos anos a escola de música tradicional de Poio organiza a VIII Xuntanza de Gaiteiros "MANUEL VILLANUEVA".

Este ano comenzaremos o venres 31 de maio a partir das 22:00h. e nos acompañarán os grupos de pop rock LA FRANJA e NIRVANA COVER.

O Sábado 1 de xuño haberá musica tradicional todo o dia a cargo da Banda de Gaitas da ESCOLA DE MÚSICA TRADICIONAL DE POIO e o grupo GUILLERME E BASTARDO durante o xantar e como en anos anteriores os MAGOS DO RIBEIRO. Na noite do sábado a partir das(...)

(Ultima actualizaci??23-03-2013)

V Aniversario do L.S. Aturuxo (Boiro)

- concertos- Aturuxo- aPenultima- lsAturuxo-

Escoitaron? É o son do seu mundo desmoronándose.

É o son do noso rexurdindo.

Subcomandante Marcos, EZLN

Moitas cousas mudaron dende que o Local Social Aturuxo abreu a súas portas, alá polo ano 2008. Fai cinco anos comezamos unha carreira de fondo, a xestión dun espazo onde a cultura galega fose o eixo principal. A súa defensa, divulgación e normalización non son tarefa doada cando todo o que nos rodea está sometido a un marco legal e simbólico feito polos de arriba e para os(...)

2012

(Ultima actualizaci??02-09-2012)

V Foliada de Música Tradicional en Ouzande (A Estrada)

- concertos- Fervenza de Músicas- A Fervenza de Ouzande-

GRUPOS PARTICIPANTES

Maravallada (Pontevedra)

Xuntanza dos Regatos (Orazo)

Os Tabernícolas (Santiago)

Retrouso (Ouzande)

Pana Raiada (Santiago)

O campo estará cuberto e haberá polbo e churrasco.

Posto de venda de camisolas e gorras, así como o primeiro disco de Retrouso, Ou.

(Ultima actualizaci??25-08-2012)

X Festival Xironsa

- concertos-

GRUPOS PARTICIPANTES NO FESTIVAL XIRONSA DESTE ANO:

BOU DE BOU

CANIVELA

XIRONSA

Xa está aquí o X Festival Xironsa, este ano mais cargado que nunca de avtividades varias pois cumpre xa unha década este coñecido festival. A asociación cultural botou os seus restos

e o 25 de Agosto en Cambados, máis concretamente na praza da Seca en Corvillón vaise a aburrrir só o que quiera, porque se tes gaña de Troula os de Xironsa vanche celebrar unha festa por todo o alto.

Así ás 12 da mañá pasar(...)

(Ultima actualizaci??18-07-2012)

Festival 27373 en Begonte

- concertos- Guezos- Labregos do Tempo dos Sputniks- festivais-

O vindeiro sábado 21 de Xullo terá lugar no Clube Fluvial de Begonte o Festival 27373, da man da Asociación Cultural Castiñeiro Milenario; o primeiro que organiza esta asociación cumplindo deste xeito un dos proxectos mais desexados dende a súa fundación.

O festival celebrarase durante todo o día, con servizo de polbo e churrasco pra poder comer no mesmo recinto, e ten a intención de dar cabida a público de tóda-las idades.

Así comezará pola mañá, a partires das 11:30, atendendo aos máis pe(...)

(Ultima actualizaci??26-06-2012)

Festas do Barrio de San Pedro (Compostela)

- concertos- Talabarte- Os Modernos- Ardentía- Sacha na Horta- Dios Ke Te Crew- Terbutalina- Os Estalotes- - Asociación Cultural Maghúa- Brincadeira-

Programa do 2012

27, 28, 29, 30 de Xuño e 1 de Xullo de 2012

MÉRCORES 27

22.00h MÚSICA. (Praza da Angustia)

Talabarte

23.00h CONTACONTOS. (Adro da Igrexa da Angustia)

María da Pontragha

XOVES 28

20.00h. VIDEO-FORO (Na Xuntanza, Rúa Fraguas)

A crise da débeda

22.30h. FOLIADA. (Praza 8 de marzo)

Maghúa

Os Modernos

Ardentía

VENRES 29

19.00h. ENCONTRO DE CORAIS. (Museo do Pobo Galego)

Coral «A Xuntanza»

Duo Mara

Coral José Saram(...)

(Ultima actualizaci??23-06-2012)

AREAL 2012 (Ribeira de Berres - A Estrada)

- concertos- Pe de Boi- Tequexetélere-

Un ano mais esperámoste na Noite Máxica do Areal. Sardiñas, Polbo e churrasco a partires das 21:00 , coida que non che dean as Doce, coma sempre ritual de acendido da fogueira , e de seguido os concertos .

Un lema Para este ano > BOTELLON NON por unha festa xusta e sostíbel , haberá prezos para ti , nisto depende a sua andaina .

Como Chegar:

-Dende Compostela: http://goo.gl/maps/0yBq

-Dende A Estrada : http://goo.gl/maps/wvj9

-Dende Ponte Ulla, na Ctra.N525 Santiago Ourense : http:(...)

(Ultima actualizaci??15-06-2012)

1º Serán O Son das Ferreñas (A Pobra do Caramiñal)

- Festa-

Venres 15 de Xuño a partires das 21:30 no Restaurante O Liñar

Serán tradicional galego para pasalo ben onde o que se pretende e cantar, bailar e tocar calquer instrumento. Pandereteiras, gaiteiros, bailaríns, todo o mundo que queira una noite de festa galega que acuda. Haberá tortillas, empanadas e churrasco, de balde, postos polo Liñar, só pagará cada un o que consuma. Animádevos. Este serán será o primeiro que se celebra na Pobra do Caramiñal

(Ultima actualizaci??12-06-2012)

XII Romaría do Lecer e Foliada de San Xoán, Organizadas por Xacarandaina (A Coruña)

- Festa- festivais- Xacarandaina-

Comeza o bo tempo e xa se está a respirar o ar festivo polos pobos e aldeas de Galicia. E en Xacarandaina non somos menos e anunciamos a nosa tradicional Romaría do Lecer e por suposto a Foliada pero este ano especial como é a noite de San Xoan.

Foliada de San Xoan. Sábado 16 de Xuño

A Foliada comezará o sábado 16 arredor das 18 h. cunha foliada infantil, e partires das 21h. comezarán a gran foliada, que este ano ten como novidade que contará cunha sardiñada.

Dende as 18:00. Foliada(...)

2011

(Ultima actualizaci??06-09-2011)

IV Foliada de Música Tradicional en Ouzande (A Estrada)

- concertos- Fervenza de Músicas- A Fervenza de Ouzande-

A partir das 21:30 da noite do 9 de setembro de 2011 no Campo da Festa de Ouzande, A Estrada. Compartiremos festa cos grupos:

- Retrouso (Ouzande)

- Os Xeitosos de Trazo

- Gharatuzas (Santiago)

- Reviravolta (O Pino)

- Faíscas da Pontraga (Tordoia)

Haberá polbo e churrasco, servizo de bar, venda de camisolas do X aniversario da asociación, e toda a festa que queiras.

Campo cuberto.

(Ultima actualizaci??05-09-2011)

Festival Romería CaTaLmiBre tRaDiCioNaL (O Burgo - Culleredo)

- Festa- festivais-

Sabado 17 de setembro, no paseo maritimo do Burgo (Culleredo) fronte o "Haley".

As 13 horas:

- A.C.A GANDAINA (Palmeira),

- Banda de gaites GÜESTIA (Asturias) ,

- CATALMIBRE TRADICIONAL.

- RAUL GALEGO o gaiteiro nubeiro.

O rematar seguirase toda a tarde de romeria. Podedes levar a vosa comida aínda que haberá churrasco, empanada.. cervexa , viño, licor café... a moi bó precio.

Traede os instrumentos, as voces preparadas e o corpo folgado pra pasar a tarde tocando cantando e ba(...)

(Ultima actualizaci??26-08-2011)

IX FESTIVAL XIRONSA en Corvillón (Cambados)

- concertos-

O vindeiro sábado 27 de Agosto vai ter lugar a IX Festival Xironsa no Campo das Festa de Corvillón e organizada pola Asociación cultural do mesmo nome. Haberá pasarúas a cargo do grupo de gaitas da Asociación. E as 14 horas terá lugar o II Xantar Popular Xironsa no Campo da festa co seguinte menú: empanada , churrasco, chourizo criollo, viño auga , pan, café e postre, todo elo polo módico prezo de 10 euros por persoa (unha ganga) . As tarxetas estarán a venda nos seguintes lugares: Fatima Cost(...)

(Ultima actualizaci??14-08-2011)

XXI Romarí­a Labrega da Chaira en Guitiriz

- Festa- No Combarro-

Sábado 13 de Agosto: A lo largo de todo el día actuará el quinteto de música tradicional “Lumieira“. A las 10:30 horas Concurso Exposición de Perros; a las 12:00 horas concurso- exposición de vacas rubias lecheras, a las 12:30 horas “XXI Carreira Popular“, a las 13:00 horas Carreras Infantiles, a la 13:30 horas entrega de premios. A partir de las 14:30 comida popular en la “Carballeira do Cancelo”, habrá pulpo, churrasco, empanada, pan y vino.

Por la tarde a las 16:30 horas juegos tradicional(...)

(Ultima actualizaci??29-06-2011)

Programa das Festas do Barrio de San Pedro :: Compostela

- concertos- Vilarachos- Tanto Nos Ten- Tiruleque- Treboeiros- Estalotes- Barrio de San Pedro- Brincadeira-

29, 30 de XUÑO e 1,2 e 3 de Xullo de 2011MÉRCORES 2919.00h CORAL. Museo do Pobo.Coral "A Xuntanza" 22.00h CIRCO/DANZA/TEATRO. Praza da Angustia."Encontros" de Lusco Fusco23.00h CONTACONTOS DE MEDO. Praza da Angustia.Paula Carballeira                                           XOVES 30 21.00h. (...)

(Ultima actualizaci??14-06-2011)

Xacarandaina - XI Foliada e Romaría do Lecer

- Festa- festivais- Xacarandaina-

Debido ao éxito do pasado ano, este evento volverá a realizarse no Anfiteatro do Parque de Sta. Margarida. A Asociación ten moitas sorpresas preparadas para todas e todos! As persoas que desexen colaborar na organización do evento poden facelo anotándose na secretaría da asociación, a través do noso facebook ou comentándollo a algún membro da xunta directiva.

A Foliada comezará o sábado 18 arredor das 21 h.! Xa contamos con moitos grupos anotados para actuar ese día, agora esperamos que (...)

(Ultima actualizaci??08-06-2011)

I SERÁN EN VALONGO COTOBADE

- Festa- serán- festa- churrasco- valongo- otobade-

O sabado 25 de xuño a partir das 8 da noite terá lugar en Valongo (cotobade), por primeira vez, no campo da festa, un serán en honrra a San Pedro. Haberá churrasco e moitas ganas de troula.

Esperámosvos a todos alí.

Un saudo:a comisión de festas de valongo 2011

(Ultima actualizaci??25-03-2011)

Inauguración da Casa da Gaita e Xantar Gaiteiro

-

O Concello de Cotobade e a Asociación de Gaiteiros Galegos teñen o pracer de convidarte o vindeiro sábado 26 de marzo do 2011 á INAUGURACIÓN DA CASA DA GAITA, que acollerá unha EXPOSICIÓN SOBRE A GAITA DE FOL e RICARDO PORTELA, un dos seus máximos expoñentes na provincia de Pontevedra. Ao remate terá lugar o XANTAR GAITEIRO que se celebrará por primeira vez neste emprazamento, no lugar de Quintán, 3. Viascón – Cotobade (ao lado de Restaurante Casa Manolo). Pontevedra.

PROGRAMA DA INAUGURAC(...)

2010

(Ultima actualizaci??08-11-2010)

Magosto, 13 de novembro em Vilar de Santos (Ourense)

- Festa- Magosto-

Mais um ano a Aguilhoar organiza o seu tradicional Magosto, que este ano se desloca a Vilar de Santos como acto dentro do leque de actividades que os novos associados do concelho limiao estám preparando e que nos apresentaram publicamente o projecto "Pikanha" como folha de agitaçom local.

No forno de Bárrio, 13 de novembro

O Magosto decorrerá no forno comunitário de Bárrio, Vilar de Santos, apartir das 19h30, e no que haverá além das castanhas, churrasco, chouriços e vinho para todas e todo(...)

(Ultima actualizaci??08-09-2010)

III FERVENZA DE MÚSICAS EN OUZANDE, A ESTRADA

- concertos- A Fervenza de Ouzande-

A Asociación Cultural A Fervenza de Ouzande presenta a terceira edición da FERVENZA DE MÚSICAS, III Foliada de Música Tradicional para estas Festas do Socorro. A cita musical terá lugar o próximo venres, 10 de setembro, a partir das 9 da noite no Campo da Festa de Ouzande, A Estrada.

Os grupos convidados son:

A Requinta da Laxeira (Sarandón)

Os Xeitosos de Trazo

Regato de Matamulleres (Callobre)

Gharatuzas (Santiago)

Retrouso (Ouzande)

O campo estará cuberto (...)

(Ultima actualizaci??15-07-2010)

VI Foliada da Mariña

- Foliada da Mariña- Quempallou- Tanto nos Ten-

A  Asociación cultural Saiñas de Xove vai celebrar o vindeiro sábado, 17 de xullo a VI FOLIADA DA MARIñA na carpa situada na praza do Centro Cí­vico de Xove.

Comezaremos sobre as 14:00 h. con pasarrúas e actuación dos gaiteiros de Saiñas.  A partires das 18:00 h. terán lugar os xogos tradicionais para pequenos e maiores no parque do Centro Cí­vico.

ís 20:00 h. temos preparada unha cea popular que estará composta por empanada, tortilla, churrasco, chorizo, pan e bebida a un prezo de 10€.(...)

(Ultima actualizaci??22-06-2010)

V Conrobla de Boimorto

- concertos- Conrobla- Boimorto- Foliada- Churrasco-

Boas

O próximo 3 de xullo celebrarase na area recreativa da piscina municipal de Boimorto a V Conrobla. Este ano Boimorto mostra a sua cara mais internacional xa que contaremos coas actuaciones do Rancho Etnográfico Santa Maria de Negrelos (Portugal) y Alberto Mvundi (Angola) ademais dos grupos Alxibeira (Narón), Arrolo (Boimorto) e A Estornela (Boimorto), se esquezernos dos dos Xogos Populares e a exposicion dos productos da comarca. Non faltara a cea con callos, churrasco, etc. Se queredes (...)

(Ultima actualizaci??18-06-2010)

X Foliada e Romarí­a do Lecer

- concertos- Foliada- Xacarandaina- O Fiadeiro- Cantigas e Agarimos-

A tradicional Foliada, que os últimos anos se viña realizando no paseo das Pontes, celebrarase este sábado no Parque de Sta. Margarida. Aínda que estaba previsto facelo nos Xardíns de Méndez Núñez, a programación de diversos actos impide que finalmente se realize alí.O sábado día 19 de xuño realizarase, como anticipo á Romaría, unha festa coa que se pretende recuperar outra tradición galega moi popular: a Foliada, festa nocturna de carácter tradicional na que a xente se reunía para cantar, (...)

(Ultima actualizaci??28-04-2010)

VII MANGUELO FOLK

- concertos- Cántigas da Terra-

Un ano máis , a Asociación Sociocultural Coto Manguelo de Orazo – A Estrada , organizamos este Festival de primavera . A música tradicional en todas as súas expresións e a protagonista .

Este ano 15 grupos farannos desfrutar dende primeira hora da mañá ata o amencer .

Contaremos , coma de cote , con artesáns ,exposición de debuxos , zona de acampada e aparcadoiros gratuíto e o campo estará cuberto cunha gran capa . Teremos tamén polbo ,churrasco e bocatas a prezos populares .

E como es(...)

2009

(Ultima actualizaci??09-09-2009)

II Fervenza de Músicas

- concertos- A Fervenza de Ouzande-

A Asociación Cultural A Fervenza de Ouzande presenta a segunda edición da FERVENZA DE MÚSICAS, II Foliada de Música Tradicional.

A cita musical terá lugar o próximo venres, 11 de setembro, a partir das 9 da noite no Campo da Festa de Ouzande, A Estrada.

Os grupos convidados son:

Os Xeitosos de Trazo

Regato de Matamulleres (Callobre)

Pana Raiada (Santiago)

Cé Orquestra Pantasma (home orquestra)

Retrouso (Ouzande)

+Foliada Aberta

O campo estará cuberto cunha carpa e haberá posto(...)

(Ultima actualizaci??15-05-2009)

PROGRAMA DA FESTA DO 17 (que se fai o 16) - Compostela

- concertos- Quempallou- Royalties- Projecto Mourente- Brincadeira-

No passeio central da Alameda de Compostela

Manhá:

- 11h00: Ruada

- 12h00: Concentraçom: “ A RAG é um fraude, por um dia das letras popular”. No Toural

- 13h00: Presentaçom Festa e Sessom Vermú.

- 14h00: Jantar Popular.: churrasco, polvo, pam, cafe e sobremesa 18€ (há que reservar no pichel, ou mandando mail)

Continua:

Tarde:

- 17h00: Jogos Populares e Aberto de Bilharda.

- 18h00: obradoiros de jogos bailados com Luis Prego e globofléxia com Nilsom Leite

- 18h30: (...)

(Ultima actualizaci??13-04-2009)

VI REPICHOCA DAS PONTES o 26 de Abril

- Festa-

Un ano mais vense a celebrar a xa consagrada REPICHOCA pontesa, imos xa po la VI edición. Dende fai uns anos e aproveitando a ocasión, os gaiteiros de As Pontes decidimos rendirlle unha pequena homenaxe a unha serie de xente que consideramos dedicaron gran parte da sua vida a manter e a divulgar a música tradicional da nosa terra.

Este ano o elexido e o "caixeiro" dos Ponteses Da Silva. El foi un dos fundadores no ano 1965 do cuarteto Tradicional Os Ponteses, agrupación que anos mais tarde tran(...)

2008

(Ultima actualizaci??19-11-2008)

HAI 90 ANOS QUE NOS CHAMAMOS "NACIONALISTAS"

-

90 aniversário da assembleia nacionalista de lugo

22 de novembro

ceia-acto 10€ (12€ nom sócias)

salpicom, croquetes, churrasco, patacas

gelado, vinho, água e pam

bonos à venda até 20 de novembro

INTERVENÇOM

Bernardo Penabade

concerto

Mini e Mero

Continua

FERVENZA DE MÚSICAS. I FOLIADA DE MÚSICA TRADICIONAL DE OUZANDE

- concertos- A Fervenza de Ouzande-

Presentamos un novo proxecto musical: fervenza de músicas. Trátase dunha foliada de música tradicional e popular que terá lugar o próximo venres 12 de setembro no campo da festa de Ouzande, a partir das 10 da noite.

Os grupos convidados son

Retrouso (Ouzande)

Regato de Matamulleres (Callobre)

Xa son faif (Teo)

Requinta da Laxeira (Vedra)

Por suposto estás convidado/a a vir pasalo ben, e se queres trae algún instrumento que non hai hora para o remate da festa.

Tere(...)

Festival Música Na Noite en Calo (Teo)

- concertos- festivais-

O XACOBEO, A CONSELLERÍA DE CULTURA, CAIXA GALICIA, A DIPUTACIÓN E O CONCELLO IMPULSAN O FESTIVAL MÚSICA NA NOITE

• O festival terá unha moeda propia, as Lúas, cunha equivalencia de unha Lúa por un euro

• O lugar para a acampada e para o aparcadoiro están ó carón do campo

26 de agosto de 2008. O festival Música na noite conta na súa segunda etapa con importante apoio institucional. A diferenza da primeira etapa, na que a organización era só privada, nesta segunda etapa dife(...)

V Encontro de Bandas de Gaitas memorial Manuel García “Lolete”

- concertos-

Desde o 29 de maio do ano 2004 a Asociación de Veciños de Piñeiros vén realizando estes encontros de Bandas de Gaitas, un encontro que desde o falecemento do sempre lembrado e querido Manuel García “Lolete” leva o seu nome.

* Dias: 5 e 6 de Xullo 2008

* Lugar: Campo da festa de Piñeiros

* Entrada á carpa: Gratuita (agás a churrascada)

* Venta de Entradas para a churrascada: Local da A.VV. Piñeiros, Estanco de Piñeiros, Librería Nany, Estanco Penedo (O Feal), Casa Baltasar, (...)

III Festa da Conrobla

- Festa-

Despois do éxito obtido en anos anteriores, os vindeiros días 4 e 5 de xullo celebraremos a III FESTA DA CONROBLA.

A CONROBLA: Era unha festa que se celebraba fai anos ó remate de calquera actividade tanto relacionada coa vida no campo como na vida cotiá. Na nosa comarca, está máis relacionada esta tradición ó tempo da malla. Unha vez que se acababa de mallar nunha aldea, entre todos os veciños que participaban nelas facían unha festa na que non faltaba nin gaiteiros nin bailaríns, e por supo(...)

1999

25 ANIVERSARIO DA AGAL

-

IVª Ediçom dos Encontros do Vale do Leres

Programa de actos inclui Festa da Língua, dedicada ao 25º Aniversário da AGAL

PGL.- Com o apoio das associaçons «Canhom de Pau» e «Amigos da Carvalheira», a comissom organizadora dos Encontros do Vale do Leres convoca umha nova ediçom, neste ano a IVª, a celebrar na célebre Carvalheira de S. Justo (Cotobade) no próximo dia 15 de Julho. Inicialmente orientados à recuperaçom do Caminho Velho Português (...)

Programa da Festa do 17 q se fai o 13 (A Gentalha do Pichel)

- concertos-

FESTA DO 17 QUE SE FAI O 13, praça de BOMBEIROS ("irmao Gomes" detras da cozinha económica, entre a praça de abastos e a porta do caminho).

# Às 10h30: RUADA (iremos pola zona velha tocando e informando

sobre a festa, se alguem quer somar-se so tem que trazer o seu instrumento).

# às 13h SESSOM VERMÚ com o português Ze Marques.

# Ás 14h JANTAR com polveir@s (menú: churrasco e polvo).

# Às 17h FESTIVAL INFANTIL:

· Globofelxia com Nilsom Leite.

· Murais pola língua com(...)