"Casto Sampedro"

Roteiros pola tradición musical da provincia de Pontevedra

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??07-06-2019)

- concertos-

Domingo 9 de xuño

¡Da casa natal de Casto Sampedro en Redondela ao seu “Despacho” en Pontevedra!

Os roteiros musicais da AGG - Asociación de Gaiteiros Galegos e Deputación Pontevedra chegan este domingo a #Redondela e #Pontevedra, para afondar no legado de #CastoSampedro, quen tivo un papel inestimable na recuperación dun gran volume de material sobre a nosa música tradicional e a quen lle debemos o “Cancionero musical de Galicia”.

Percorrido que faremos con Xavier Groba e coa música de(...)

2014

(Ultima actualizaci??23-01-2014)

Exposición: Casto Sampedro, 75 anos do seu pasamento

- concertos-

Do 20 de Xaneiro ao 7 de Febrero de 2014

Gratuito

Horario: De luns a venres, de 9:00 a 14:00 h

A sede de Vigo da Deputación acollerá, a partir do luns 20 de xaneiro, a exposición sobre a figura de Casto Sampedro. Nela recóllense as principais facetas deste ilustre avogado e historiador redondelano, do que se conmemoran os 75 anos do seu falecemento.

ó longo dos seus 89 anos de vida Casto Sampedro realizou un importante labor de búsqueda, estudo, difusión e conservación de fontes histórica(...)

2013

(Ultima actualizaci??25-01-2013)

Casto Sampedro. 75 anos do seu pasamento. Charla e concerto no Viso (Redondela)

- concertos- Casto Sampedro-

O vindeiro sábado 26 de xaneiro as 20h na Sociedade de Agricultores do Viso (Antiga Escola de Tuimil) o Concello de Redondela organiza un acto para difundir a figura de Casto Sampedro na parroquia do Viso. O acto contará cunha charla "Casto Sampedro. 75 anos do seu pasamento" impartida por Julio Alonso Monteagudo á que lle seguirá un concerto do dúa de arpa e zanfona "Os Artesáns" (Carlos do Viso e Luis Martinez) qué interpretarán pezas relacionadas co coñecido etnógrafo.

2012

(Ultima actualizaci??30-11-2012)

Cuarteto Caramuxo no Multiusos de Redondela. Sábado 1 de Nadal

- concertos- Cuarteto Caramuxo-

Este Sábado 1 de Decembro en Redondela imos ofrecer un adianto do novo repertorio do cuarteto.

Pequenos cambios na instrumentación, novos ritmos e as mesmas ganas de facer o que nos peta que sempre tivemos.

Iso sí­, utilizando na base melodí­as do repertorio recollido por Casto Sampedro grazas ó gran traballo do noso bó amigo Xabier Groba

(Ultima actualizaci??25-11-2012)

I Xornadas arredor da Música Tradicional

- concertos- Son do Fol- Pablo Carpintero- Chichisos- Olga Kirk- Pablo Díaz- David Bellas-

No seu afán de promocionar e divulgar a cultura tradicional, a Asociación de Gaiteiros Galegos organiza este ano a que será a I edición das Xornadas arredor da Música Tradicional que se celebrarán en Lugo os días 15 e 16 de decembro de 2012.

Esta cita está destinada non só a aquelas persoas que traballan no entorno da música tradicional, senón que tamén será un encontro de interese para os que queiran saber máis tanto da nosa cultura como doutras tradicións, xa que ademais da galega amosarans(...)

(Ultima actualizaci??15-11-2012)

75 Anos do pasamento de Casto Sampedro - Actos conmemorativos i exposición no Multiusos de Xunqueira (Redondela)

- concertos- Casto Sampedro- Carlos do Viso- Cuarteto Caramuxo-

Do 15 de novembro ó 15 de xaneiro, Multiusos da Xunqueira, Redondela

(..)

29 novembro 19 h. As. Veciños Chan das Pipas

CHARLA CASTO SAMPEDRO. XAVIER GROBA, JULIO ALONSO MONTEAGUDO

30 novembro 20 h. As. Veciños de Ventosela

CHARLA CASTO SAMPEDRO. JOSÉ MARTÍNEZ CRESPO

1 decembro. Multiusos da Xunqueira

18 h. PRESENTACIÓN DA OBRA CASTO SAMPEDRO E A MÚSICA DO CANTIGUEIRO GALEGO DE TRADICIÓN ORAL, do profesor Xavier Groba González, editada en dous volumes polo Concello de Redondela en base á tese de doutoramento do autor.

Presenta Carlos Villanueva Abelairas, Catedrático de Música da Falcultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela

20 h. Actuación do CUARTETO CARAMUXO, tocando pezas do Cancionero

7 decembro. As. Veciños Vilar de Infesta

CHARLA CASTO SAMPEDRO. AMADO RICÓN

13 decembro. As. Veciños San Esteban de Negros

CHARLA. JULIO ALONSO MONTEAGUDO

14 decembro 20 h. Multiusos Piñeiral do Crego, Chapela

CHARLA a cargo de Julio Alonso Monteagudo e Xavier Groba.

Actuación do intérprete redondelán CARLOS DO VISO

15 decembro 20 h. As. Veciños Cidadelle

CHARLA. AMADO RICÓN

10 xaneiro 20 h. As. Veciños Reboreda

CHARLA. JOSÉ MARTÍNEZ CRESPO

11 xaneiro 20 h. As. Veciños Cabeiro

CHARLA. JULIO ALONSO MONTEAGUDO

12 xaneiro 2013. 20.30 h. Multiusos da Xunqueira

ACTO PECHE DA HOMENAXE.

CONCERTO DA ORQUESTA DE SAXOS tocando versións das pezas do Cancionero

2008

(Ultima actualizaci??24-11-2008)

La Voz lanza unha colección de libro-discos de música tradicional

- concertos-

En dez volumes reuniranse os temas máis coñecidos dos sons populares con guías culturais das comarcas

La Voz de Galicia inicia o próximo domingo 30 de novembro unha colección inédita ata agora en Galicia. Baixo o título de O son e a terra , dez libro-discos reunirán os douscentos temas máis coñecidos da música tradicional galega, que irán acompañados por unha completa guía que debuxará un percorrido xeográfico-cultural polas comarcas do país. Este ambicioso proxecto está patrocinado polo Ba(...)

PROGRAMA DA CELEBRACIÓN DO XVIII CONCURSO DE GAITA GALEGA “CONSTANTINO BELLÓN”

- concertos-

DÍAS 30 e 31 de AGOSTO de 2008

no TEATRO JOFRE

DATA: 30 de agosto

LUGAR: TEATRO JOFRE - FERROL

HORA: 20,30 h. da tarde

 PRESENTACIÓN da EDICIÓN do DOBRE CD DA GRAVACIÓN DOS ACTOS DO 2007

 PRESENTACIÓN DA PEZA GAÑADORA DO CONCURSO DE COMPOSICIÓN “CONSTANTINO BELLÓN” 2008.

INTERPRETACIÓN DA PEZA GAÑADORA 2008

Autor: PABLO DEVIGO VÁZQUEZ pola partitura “BRÍA” para Gaita Solista en DO, Cordas e Piano

FINALISTAS deste premio:

JAVIE(...)