"Casco Vello"

2019

XXI edición da Mostra de Música Tradicional do Domingo das Mozas (Lugo)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??01-10-2019)

-

Xa non queda nada para gozar coa nosa música tradicional no día mais emblemático das festas do San Froilán!!!

O vindeiro domingo 6 de outubro todos a Lugo!!! Dende a AGG organizamos a XXI edición da Mostra de Música Tradicional do Domingo das Mozas, unha mostra que contará coas actuacións de numerosos grupos de música tradicional galega, que encherán da nosa música o casco vello da cidade de Lugo no día máis emblemático das festas do San Froilán.

Os Grupos participantes nesta edición son:(...)

(Ultima actualizaci??24-07-2019)

Festas do Apostolo (Compostela)

- concertos-

19 de xullo 

*XLI Torneo de chave Festas do Apóstolo. Parque da Alameda.A carón da Escola Infantil de Santa Susana

19.30 h Torneo feminino

20.30 h Torneo masculino 

*22.30h Pregón desde os balcóns do Pazo de Raxoi a cargo de Luis Zahera. Praza do Obradoiro

*23.00h Concerto: Zalón. Praza do Obradoiro

*23.00h Concerto: Budiño. Praza da Quintana

*23.30h Concerto: Kind of Soul. Praza do Toural

 

20 de xullo

*'Día do Traxe Galego'

11.30 h Concentración de participantes na  Alameda e de(...)

(Ultima actualizaci??10-05-2019)

XXXVII Festa dos Maios en Vigo

- concertos-

Domingo 12 de maio

Os actos festivos comezarán na citada Praza do Berbés ás dez e media da mañá con diversos talleres infantís; ás doce haberá unha sesión de contacontos, tamén dirixida aos máis pequenos, que irá seguida, a partir da una da tarde, da actuación dos grupos “Os Ferraias da Etea” e “ Pandereteiras de Frián”. Tras a comida popular, que comezará sobre as 14.30 horas, a intervención da banda de gaitas do Casco Vello, ás cinco da tarde, servirá de introdución ao acontecemento princip(...)

(Ultima actualizaci??03-05-2019)

VIII Festa da Sementeira do Millo en Matamá (Vigo)

- concertos-

Domingo 05 de maio.

A FESTA comezará pola mañán, ás 10:30h coa SAÍDA DO CARRO DE BOIS dende o torreiro da festa acompañado pola música das gaitas e percusión da Banda de Gaitas do Casco Vello.

Unha vez chegado ao lugar da festa os bois comezarán cos traballos da labranza da leira acompañado polos cantos das Cantareiras da Sociedade Atlántida de Matamá (12h).

A partir das 14h e para recuperar folgos, serviráse un XANTAR POPULAR.

E xa pola tarde haberá diversas actuacións musicais (Ape(...)

2018

Cantada de nadal polos bares de Cangas

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??21-12-2018)

- Festa-

Venres 21 de nadal. Organiza A,C. Peis D'hos

Hoxe ten lugar o solsticio de inverno. @s nos@s antepasad@s celebraban a chegada da invernía e nós non queremos ser menos!! Imos celebralo cunha Cantada de Nadal polos bares do casco vello de Cangas!!

Vémonos polos bares a partir das 20h!! 🕗

Vinde tomar uns viños!!

(Ultima actualizaci??30-11-2018)

I Serán do Santo Andrés de Comesaña (Vigo)

- Festa-

Sábado 1 de decembro a partires das 21h no Torreiro da Igrexa

Sondarúa e Keltoi no V Aniversario Colectivo NÓS (Vigo)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??30-11-2018)

- concertos-

Venres, 30 de novembro na sala Master Masterclub

O Colectivo NÓS cumprimos o próximo setembro o noso V Aniversario de vida e actividade dentro da grande familia do celtismo, e celebrarémolo por todo o alto cunha festa concerto o venres 30 de novembro ás 23:30 horas na sala Masterclub (Vigo).

Na nosa festa haberá un concerto dos pontareáns SONDARÚA co seu hip hop combativo en galego e tamén dos nosos compañeiros celtistas KELTOI! co seu street punk e Oi! comprometido.

O prezo das entr(...)

(Ultima actualizaci??10-09-2018)

V Cita coa Historia en As Pontes

- concertos-

Sábado día 15 de setembro ás 22.30h no Casco Vello

Ulträqäns

Pelepau

Tanto Nos Ten (TNT)

2017

(Ultima actualizaci??31-10-2017)

Samaín no Berbés (Vigo)

- Festa-

Martes 31 de outubro a partires das 17h

Praza O Berbés, 36202 Vigo (Pontevedra),

Organiza: Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello de Vigo

(Ultima actualizaci??13-10-2017)

IV Poemagosto. Festival Internacional de Poesía en Allariz.

- concertos-

VENRES 13 OUTUBRO

20:30h – Patio do Museo do Coiro. Acceso con entrada (https://airadasletras.gal/tenda/)

- Poesía. Antía Otero e Yolanda Castaño

- Concerto. Luis Pastor. ¿Qué fue de los cantautores?

23:59 - Roi Xordo (Praza dos Mesons,3)

- Festa apertura IV Poemagosto + Micro aberto (prégase inscrición previa por mensaxe privado na páxina de Facebook do Poemagosto ou a poemagosto@gmail.com)

SÁBADO 14 OUTUBRO

10:30 – Rúas do casco vello. Inicio: no alto do Portelo

- Poesía (Poeta(...)

2016

(Ultima actualizaci??17-11-2016)

Festival Nun Local 2016 (Vigo)

- concertos-

3º Festival Nun Local

18, 19 e 20 de novembro 2016

Casco Vello de Vigo

50 locais, 150 artistas, cada local un escenario.

Venres 18

19:30

"A Batalha" de Grupo F

Un espectáculo de poesia e danza que da vida ao libro Ano 1993 do autor portugués José Saramago.

Lugar: INSTITUTO CAMÕES

20:30

Poesía On The Rocks

Keith Payne, Lucia Novas, Tamara Andrés e Moncho Iglesias

Lugar: La Consentida

Cuarteto Tetramorph

cuarteto de clarinetes

Lugar: Pancho Lepina

Frank?

Música con d(...)

(Ultima actualizaci??27-10-2016)

Samaín no Berbés (Vigo)

- Festa-

O vindeiro lúns 31 de outubro a Asociación Veciñal e Cultural do Casco Vello de Vigo organiza a Festa do Samaín 2016 a partir das 17:00 horas na Praza do Berbés onde estará instalada unha carpa cuberta en previsión de mal tempo.

A partires das 20:30h celebrarase a Foliada de Defuntos, coas actuacións Anaquiños de Chapela, Pandereteir@s de traspés, Grupo folclórico Nautilus, Ghaiteir@s do Casco Vello, Os Amigos do Chuco, e quen se anime a participar.

Na véspera, o domingo 30 organizarase d(...)

(Ultima actualizaci??28-04-2016)

XXXIV Festa dos Maios en Vigo

- concertos-

Outra nova primavera a Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello organiza o próximo domingo 8 de maio na Praza da Constitución a Festa dos Maios que neste ano 2016 acada a sua trixésimo cuarta edición co seguinte programa:

10:00 horas - Obradoiro infantil.

12:00 horas - Actuacións e contacontos.

18:00 horas - Representación da Festa dos Maios.

20:00 horas - Concerto de ZURRUMALLA

(Ultima actualizaci??28-04-2016)

Día Internacional da Danza 2016. Celebracións en Vigo

- concertos- O Fiadeiro- Corisco-

Sábado 30 de abril

A Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo celebra o Día Internacional da Danza, en colaboración coa Concellería de Festas e Turismo do Concello de Vigo, o sábado 30 de abril ás 20:00h con 15 actuacións simultáneas en distintas prazas de Vigo.

As ubicacións e grupos participantes son:

Porta do Sol

· Asociación Folklórica Corisco Vigo

· Froles Novas

· Folclore Tradicional Os Ventos

Rúa do Príncipe diante do MARCO

· Grupo Etnográfico A Buxaina

· (...)

(Ultima actualizaci??01-04-2016)

Festa Da Reconquista Da Vila De Vigo 2016

- concertos- Tarambainas-

Xoves 17 de marzo

Inauguración da exposición “Retallos da nosa historia” na Casa Galega da Cultura, na Praza da Constitución.

Lúns 28 de marzo

Ensaio xeral da escenificación da Reconquista a partir das 11:00 horas na Porta do Sol.

Mércores 30 de marzo

Ensaio xeral da escenificación da Reconquista a partir das 20:00 horas na dársena nº2 do porto de Vigo, na rúa Gamboa e na Porta do Sol.

Xoves 31 de marzo

Celebración da "Reconquistiña" con máis de 300 nenas e nenos de Vigo:

11:00 (...)

2015

(Ultima actualizaci??26-11-2015)

XIII Obradoiro de Cantos e Danzas de Reis - Casco Vello de Vigo

-

O Venres 27 de novembro comezan os ensaios do Rancho de Reis

(Ultima actualizaci??30-10-2015)

Pandereteir@s Traspés na Foliada de Defuntos de Vigo

- Festa-

Este vindeiro sábado día 31 de outubro, a Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello de Vigo, celebra dende as 12 da mañá a festa do Samaín, con actividades que podedes consultar no cartel que adxuntamos neste evento.

Como broche final da festa vaise celebrar ás 20:30 h., unha foliada na Praza do Berbés que non vos vai deixar indiferentes... será terrorífica!! E claro, Traspés non podía faltar... alí estaremos cantando e bailando toda a noite...

Esperámosvos!! E veña festaaaaaaaa.....

2014

(Ultima actualizaci??27-11-2014)

III Edición Cantos de Taberna - "Hai que Cantar!" - Ourense

- concertos-

Trala boa acollida do segundo encontro de cantos de taberna que tivo lugar na zona dos viños de Ourense o pasado 16 de maio, o grupo organizador (alumnos e alumnas do 2º curso do ciclo de Produción de Audiovisuais e Espectáculos do CIFP Farixa) pon en marcha a III Edición de “Hai que cantar!”.

O vindeiro venres 28 de novembro, o casco vello de Ourense será testemuña unha vez máis dunha actividade organizada por e para revitalizar a antiga tradición de “dar o cante nas tabernas” como décadas a(...)