"Carlos do Viso"

2018

(Ultima actualizaci??01-11-2018)

I Xornadas Zanfonas Abertas (Lérez - Pontevedra)

- concertos-

Os vindeiros día 2 e 3 de novembro terán lugar as I Xornadas Zanfonas Abertas organizadas pola Agrupación Gaiteiros das Rías Baixas. Terán lugar na Casa da Cultura de Lérez (Rúa Leandro del Río 12 - Pontevedra) e contarán co seguinte programa:

Día 2

-19.30 horas: Charla coloquio (entrada libre) "A zanfona. Pasado e presente"- Participan: Anxo Pintos, Luciano Pérez e Carlos do Viso.

Día 3

-De 9.30 a 20.00 horas: Xornada de Zanfonas Abertas a cargo de Carlos do Viso

Iniciación co in(...)

Curso de iniciación a zanfona 2018/19 (Carlos do Viso. Redondela)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??13-09-2018)

- concertos-

Lugar: Sociedade de agricultores do Viso (REDONDELA)

Todos os xoves entre as 17:00 e as 22:30

(Ultima actualizaci??26-01-2018)

TresporCatro en Vilar de Santos. Ourense

- concertos-

26 de janeiro, às 22h00

A Arca da Noe.

Rua do Forno, 13, Vilar de Santos.

TresporCatro (Paco da Fonte, Carlos do Viso e Vento) são um trio de música tradicional que a partir de harmonias crocantes e melodias aromáticas constroem músicas com cor, aroma e sabor genuíno.

2017

(Ultima actualizaci??28-03-2017)

II Xornadas de percusión tradicional en Pontevedra

-

Curso de 7 horas de duración impartido polo percusionista Andrés Vilán o 2 de abril en Pontevedra.

Haberá dúas modalidades de participación: como alumno activo (40 €) e como oínte (15 €).

Indicar a modalidade ao facer a inscrición.

Para a primeira modalidade só son necesarios uns coñecementos básicos sobre agarre, golpeo e ritmos tradicionais galegos.

Dirixida, principalmente, a tamborileiros de calquera nivel (desde inicial ata avanzado), percusionistas en xeral ou gaiteiros con coñ(...)

2016

(Ultima actualizaci??21-07-2016)

Zona da Zanfona. XII Encontro Internacional. Rianxo

- concertos-

Zona da Zanfona, o festival internacional de zanfona organizado por aCentral Folque chega a súa XII edición e estrea novo calendario (27 a 31 xullo) buscando os cálidos e longos días de verán para animar as rúas de Rianxo e ofrecer o punto de encontro e espazo de intercambio musical para as zanfonistas do país.

Na súa programación inclúense ofertas variadas e complementarias que van desde o público de veciñas e veciños de Rianxo e a comarca de Arousa e de Barbanza até o máis especializado sob(...)

2015

(Ultima actualizaci??17-09-2015)

Clases de Zanfona e Canto impartidas polo artesán Carlos do Viso (Redondela)

- concertos-

Curso de iniciación á zanfona e canto, impartidas por Carlos do Viso na Sociedade de Agricultores O Viso. Redondela

Tódo-los xoves de 18h a 22h

Tfno: 686474848

INICIACIÓN A ZANFONA.

REPERTORIO TRADICIONAL ADAPTADO.

CANTOS DE CEGO.

POSTA A PUNTO DO INSTRUMENTO.

NON E NECESARIO TRAER ZANFONA PROPIA.

2013

(Ultima actualizaci??18-09-2013)

Comezo das Actividades na Escola de Música Tradicional de Ourense, curso 2013-2014

- concertos-

O VENRES 4 DE OUTUBRO DE 20:00h. A 21:00h. PRESENTACIÓN DAS ACTIVIDADES DA ESCOLA DE MÚSICA TRADICIONAL E CONSULTA DE CALQUERA DÚBIDA NO LOCAL DA ASOCIACIÓN

TRAS BLOQUE 8, BAIXO – BARROCÁS, OURENSE

LÚNS 7 DE OUTUBRO COMEZO DAS CLASES

GAITA: Gonzalo Abelairas e Alejandro Miguélez

PERCUSIÓN: Marcos Pérez Saburido (Kinhos)

CANTO E PANDEIRETA: Patricia López

MÚSICA E MOVEMENTO PARA NENOS/AS: Gerardo Quintela

ACORDEÓN: Gerardo Quintela

LINGUAXE MUSICAL: Gerardo Quintela

*ZANFONA: Car(...)

(Ultima actualizaci??26-01-2013)

Sobre Rodas na Salason (Cangas)

- concertos- Sobre Rodas- aPenultima- salason-

DOMINGO 27 DE XANEIRO, ÁS 20.00 h.

O dúo de zanfonas Sobre Rodas, integrado por Luís Correa “O Caruncho” e Carlos do Viso, tráennos unha nova proposta de interpretación da música popular e de autor, fundindo zanfonas e voces para interpretar un amplio repertorio de cantares de cego e outras melodías da música galega.

Entrada: 5 €

(Ultima actualizaci??25-01-2013)

Casto Sampedro. 75 anos do seu pasamento. Charla e concerto no Viso (Redondela)

- concertos- Casto Sampedro-

O vindeiro sábado 26 de xaneiro as 20h na Sociedade de Agricultores do Viso (Antiga Escola de Tuimil) o Concello de Redondela organiza un acto para difundir a figura de Casto Sampedro na parroquia do Viso. O acto contará cunha charla "Casto Sampedro. 75 anos do seu pasamento" impartida por Julio Alonso Monteagudo á que lle seguirá un concerto do dúa de arpa e zanfona "Os Artesáns" (Carlos do Viso e Luis Martinez) qué interpretarán pezas relacionadas co coñecido etnógrafo.

2012

(Ultima actualizaci??15-11-2012)

75 Anos do pasamento de Casto Sampedro - Actos conmemorativos i exposición no Multiusos de Xunqueira (Redondela)

- concertos- Casto Sampedro- Carlos do Viso- Cuarteto Caramuxo-

Do 15 de novembro ó 15 de xaneiro, Multiusos da Xunqueira, Redondela

(..)

29 novembro 19 h. As. Veciños Chan das Pipas

CHARLA CASTO SAMPEDRO. XAVIER GROBA, JULIO ALONSO MONTEAGUDO

30 novembro 20 h. As. Veciños de Ventosela

CHARLA CASTO SAMPEDRO. JOSÉ MARTÍNEZ CRESPO

1 decembro. Multiusos da Xunqueira

18 h. PRESENTACIÓN DA OBRA CASTO SAMPEDRO E A MÚSICA DO CANTIGUEIRO GALEGO DE TRADICIÓN ORAL, do profesor Xavier Groba González, editada en dous volumes polo Concello de Redondela en base á tese de doutoramento do autor.

Presenta Carlos Villanueva Abelairas, Catedrático de Música da Falcultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela

20 h. Actuación do CUARTETO CARAMUXO, tocando pezas do Cancionero

7 decembro. As. Veciños Vilar de Infesta

CHARLA CASTO SAMPEDRO. AMADO RICÓN

13 decembro. As. Veciños San Esteban de Negros

CHARLA. JULIO ALONSO MONTEAGUDO

14 decembro 20 h. Multiusos Piñeiral do Crego, Chapela

CHARLA a cargo de Julio Alonso Monteagudo e Xavier Groba.

Actuación do intérprete redondelán CARLOS DO VISO

15 decembro 20 h. As. Veciños Cidadelle

CHARLA. AMADO RICÓN

10 xaneiro 20 h. As. Veciños Reboreda

CHARLA. JOSÉ MARTÍNEZ CRESPO

11 xaneiro 20 h. As. Veciños Cabeiro

CHARLA. JULIO ALONSO MONTEAGUDO

12 xaneiro 2013. 20.30 h. Multiusos da Xunqueira

ACTO PECHE DA HOMENAXE.

CONCERTO DA ORQUESTA DE SAXOS tocando versións das pezas do Cancionero

(Ultima actualizaci??26-10-2012)

Sobre Rodas en Redondela (28 de Outubro no Multiusos de Xunqueira)

- concertos- Sobre Rodas-

O vindeiro domingo 28 de outubro ás 21.30 horas terá lugar a presentación do disco Sobre Rodas de Carlos do Viso e Luis "O Caruncho" no Multiusos da Xunqueira en Redondela.

(Ultima actualizaci??06-07-2012)

Corazón da Artesaní­a, I Encontro da Artesaní­a Tradicional e Popular de Galicia (A Golada)

- concertos- Tequexetéldere- Riobó- Sobre Rodas- Leilía-

O I Encontro da Artesanía Tradicional e Popular de Galicia organizado pola Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia, a través da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, converte Agolada no Corazón da Artesanía. Os Pendellos, declarados conxunto histórico artístico no ano 1985, énchense de vida creando un espazo de interrelación da artesanía, da música e da danza tradicionais e da gastronomía, proxectando unha imaxe fiel destes sectores económicos, culturais e tradicionai(...)

2010

(Ultima actualizaci??10-12-2010)

Este venres 10 de decembro o duo de zanfonas "SOBRE RODAS" estará na Casa dos Druidas

- concertos- Sobre Rodas- Carlos do Viso- Caruncho- Casa dos Druidas- aPenultima- CasDruidas-

Este venres día 10 de decembro o dúo de zanfonas "SOBRE RODAS" (Carlos do Viso, e Luis o Caruncho) estarán na "Casa dos Druidas" ( Vilaboa).

Serán testigos da gravación do concerto, que se incluirá no disco que estos magníficos interpretes terán proximamente no mercado.

(Ultima actualizaci??17-11-2010)

HOMENAXE AO GAITEIRO 2010

- concertos- Homenaxe ao gaiteiro-

Un ano máis dende fai 21 celebraremos unha nova edicion da Homenaxe ao Gaiteiro

Este ano ademáis do Grupo Etnográfico A Buxaina, que celebra o seu 25 aniversario de existenza, contaremos coa presenza do Coro Tradicional Cantares do Brión do centro cultural de Vincios e Os Terribles de Donas. Carlos do Viso estará tamén con nos como presentador dando continuidade e dinamismo os actos que compoñen o espectáculo.

A Homenaxe o Gaiteiro terá lugar o 21 de novembro as 18 horas no teatro Caixanova,(...)

2009

(Ultima actualizaci??12-11-2009)

DUF'09. VI Encontro Internacional de Pandeiros de Mao

- pandiero- aCentral Folque-

Entre o 11 e o 14 de novembro terá lugar en Pontevedra o VI Encontro Internacional de Pandeiros de Mao, DUF. País convidado: Brasil. Actividades: concertos, obradoiros, exhibicións, charlas, programación infantil. Festival co gallo desta familia de instrumentos con tanta presenza na Galiza (pandeiretas, pandeiras, adufes) e espallada por outras partes do mundo.Nesta VI edición dase continuidade a unha nova etapa iniciada na pasada edición na historia do festival: o equilibrio entre a oferta ao p(...)

(Ultima actualizaci??26-02-2009)

V Encontro coa Zanfona Contemporánea en Narón

- concertos- aCentral Folque-

Son os cegos os grandes cronistas, os contadores de historias, de feitos incríbeis que oíron e transmitiron, para engaiolar o maxín do seu público. É na feira, na romaría onde os ouvintes escoitan as máis escuras, enredantes e retranqueiras coplas. Romances reelaborados e actualizados. Son mundos compartidos do imaxinario popular. Son muxicas e charamelas. Os contos dos cegos andantes eran engalanados co chamamento dunha zanfona. A chamada de atención, o trebello musical que aínda nos segue a ab(...)

1 comentario

2008

(Ultima actualizaci??15-11-2008)

6ª edición de "Noites de Tasca" en Ordes, o 28 de Novembro

- Festa- Noites de Tasca-

Nova actualizada

A Asociación de Gaitas Os Viqueiras de Ordes organiza a

6ª edición de "Noites de Tasca"en Ordes (A Coruña) o vindeiro venres

28 de novembro no Bar "O Rincón do Pincho" (Rúa Alfonso Senra, 75)

a partires das nove da noite. Contaremos ca presenza do artesán,

músico e excepcional intérprete de percusión galega y zanfona, así

como de romances e canción tradicional: CARLOS DO VISO (O Viso,

Redondela). Despois haberá FOLIADA con "Os Viqueiras de Ordes" e

todo (...)

Resultado no XI Memorial Manuel Texo

- concertos-

O XI Memorial Manuel Texo celebrouse no día de onte na Casa da Cultura de Sta. Cruz de Ribadulla, Vedra.

Cunha participación de cinco cuartetos tradicionais, o xurado formado por Edelmiro Fernández, Iván Costa, Carlos do Viso, decidíu conceder os 3 primeiros premios a :

1º premio ( 1.100 € )_REDEA SOLTA (Castro Caldelas)

2ºpremio ( 300 € )_ANACOS DE BUXO ( Nigrán)

3ºpremio ( 300 € )_ABELENTE (Ourense)

Dende a organización querémosvos agradecer a tódalas persoas a vosa asistencia, e espe(...)

XI Memorial Manuel Texo. Vedra. 20 de Xullo

- concertos-

Grupos Clasificados para concursar no XI Memorial Manuel Texo de Vedra o Domingo 20 de Xullo ás 18:00h na Casa da Cultura de Sta. Cruz de Ribadulla son :

1-PICUÍÑA ( Marín)

2-ABELENTE (Ourense)

3-ANACOS DE BUXO ( Nigrán)

4-SEITURA ( Vedra)

5-RÉDEA SOLTA ( Castro Caldelas)

Xurado :

Edelmiro Fernández

Iván Costa

Carlos do Viso